gracias

INSCRIPCIÓN LISTAS XUNTA PSX E XEROCULTOR

 

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2019, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se acorda a apertura de novas listas para a incorporación de solicitudes para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia do grupo IV, categorías profesionais de xerocultor/a e de persoal de servizos xerais

Solicitudes

Os/as interesados/as en formar parte das listas, deberán presentar a instancia con-forme o modelo que se encontra á súa disposición no portal web corporativo da Xunta de Galicia, http://funcionpublica.xunta.gal, epígrafe de Listas de contratación.

As instancias dirixiranse á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería de Facenda e presentaranse nas oficinas de rexistro da Xunta de Galicia, nas oficinas de Correos e nos demais lugares previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

Taxas: 17,60 euros

Están exentos do pagamento, consonte o artigo 23.5 da Lei 6/2003 do importe total da taxa:

  • As persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 %.
  • As persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial

Do 50 % do importe da taxa:

  • As persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría xeral.
  • As persoas que figuren como demandantes de emprego desde, polo menos, os seis meses anteriores á data de publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galiciae non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego.

Descargar PDF

 

 

feed-image
Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info