banner

TRASLADOS ABERTOS E PERMANENTES 2019

traslados_sergas

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e se aproba a oferta de destinos no ciclo de adxudicación correspondente ao ano 2019 do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario sanitario e de xestión e servizos

As listas coa relación provisional de admitidos/as e excluídos/as en cada unha das categorías están publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es)

As persoas excluídas disporán dun prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para poder corrixir, se é o caso, o defecto que motivou a exclusión, mediante solicitude que deberán dirixir á unidade de validación a que se dirixise a solicitude de participación no concurso

As persoas que, tendo presentado debidamente a súa solicitude de participación para este ciclo, non consten como admitidas nin excluídas, disporán do mesmo prazo para formular a súa reclamación

A relación de prazas ofertadas por categoría e os centros en que poden existir resultas está publicada na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), na sección de emprego público/concurso de traslados/concurso de traslados aberto e permanente 2019.Ademais, poderá ser consultada polo/a solicitante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos

Os/as profesionais que figuren na relación de participantes deste ciclo disporán dun prazo de quince días naturais, contado desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poder modificar a través de Fides/expediente, no seu formulario de participación, a selección de destinos efectuada, se así o desexan

As modificacións que se realicen na selección de destinos deberán presentarse por rexistro electrónico e non requirirán a entrega de ningunha documentación. Terase en conta a última modificación presentada por rexistro electrónico, dentro do prazo indicado

Aquelas solicitudes de participación que, logo do prazo anteriormente sinalado, non conteñan a selección de, polo menos un destino, non terán a consideración de solicitude validamente presentada e quedarán excluídas automaticamente do ciclo de adxudicación en curso.

Prazo de 15 días naturais ( do 29 de marzo ao 12 de abril de 2019)  para poder modificar a través do FIDES a relación de destinos a solicitar

Descargar pdf

Ir páxina SERGAS

 

feed-image
Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info