gracias

CONVOCATORIA OPE CONCURSO-OPOSICIÓN VARIAS CATEGORÍAS

ope_informa_logo_grande
RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso nas categorías de odontólogo/a de atención primaria e pediatra de atención primaria
Descargar PDF

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso na categoría de técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría.
Descargar PDF

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso na categoría de médico/a de familia de atención primaria.
Descargar PDF

Prazo de presentación de solicitudes:

Desde o 4 de xuño ao 3 de xullo de 2019, ambos días incluídos.

Taxas:

- Odontólogo/a de atención primaria, pediatra de atención primaria e médico/a de familia: 42,24 €.
- Técnico/a en coidados auxiliares de enfermería: 25,81 €

Exención no aboamento da taxa:
- Persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 %
- Persoas membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial.

Bonificación do 50 % taxas:
- Persoas membros de familias numerosas de categoría xeral
- Persoas que figuren como demandantes de emprego desde, polo menos, os seis meses anteriores á data da convocatoria das probas selectivas e non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego.

Méritos:

Os méritos a ter en conta son os recollidos no anexo IV das respectivas resolucións.
Valoraranse con referencia ao día inmediatamente anterior, inclusive, ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Deben rexistrarse no sistema informático, Fides/expediente-e, e acreditarse documentalmente como establece a convocatoria ata o útlimo día de prazo de presentación de solicitudes, en caso contrario no se terán en conta para este proceso selectivo.

Non será necesaria a acreditación documental do cumprimento dos seguintes méritos: experiencia profesional como persoal estatutario nas institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades públicas adscritas á Consellería de Sanidade, e a formación recibida e impartida pola Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento.

Poderán deixarse sen validar e catalogar, sen prexuízo da súa validación e catalogación nun momento posterior, aqueles méritos que non teñan incidencia na puntuación que se vai asignar na fase de concurso por ter acadado a persoa aspirante, cos méritos xa validados e catalogados, a puntuación máxima na respectiva epígrafe do baremo

 

 

feed-image
Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info