gracias

SERVIZOS MÍNIMOS FOLGA 19 DE XUÑO

xunta_de_galicia
ORDE do 14 de xuño de 2019 pola que se determinan os servizos mínimos durante a folga que afectará determinado persoal da Atención Primaria do Servizo Galego de Saúde os días 19 e 20 de xuño de 2019.
Descargar PDF

O persoal médico de Atención Primaria de Galicia comunicaron a convocatoria dunha folga que abranguerá, segundo o seu teor literal, «a todo o persoal facultativo sanitario que realiza o seu labor na Atención Primaria de Galicia, con independencia da súa vinculación contractual», incluíndo aquel que xa está afectado pola folga convocada con carácter indefinido nos puntos de atención continuada (PAC) do Servizo Galego de Saúde desde o 7 de xaneiro de 2019. A presente folga desenvolverase desde as 8.00 horas do día 19 de xuño de 2019 ata as 8.00 horas do día 20 de xuño de 2019.

Os servizos mínimos que se fixan no tramo ordinario de atención das unidades e servizos de atención primaria prestarán a asistencia urxente ou inaprazable da respectiva unidade, calquera que sexa a modalidade da prestación.

 

feed-image
Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info