gracias

NOTA DE PRENSA

573-26240-a-tou20enfadaopA sección Sindical de CIG-SAÚDE no Hospital Comarcal de Monforte quere denunciar o peche de 28 camas en Medicina Interna. Recordámoslle ao Xerente que a por desgraza a xente tamén enferma no verán.


Éste peche suporá un trastorno para todos os pacientes xa que terán que ser redistribuidos a outras plantas entre eles ás de Maternidade e Pediatría.


Como sempre a Dirección excúsase nas obras que hai que realizar. Non entendemos moi ben a que ven facer obras agora cando hai uns meses nos venderon o novo marabilloso Plan Funcional para o Hospital.


Por outra banda tamén queremos denunciar que seguimos recibindo material vello doutros hospitais como camas, sillóns, camillas... Esto non se pode consentir.

Os colchóns non son os adecuados para estas camas e quen sofre as consecuencias son os doentes. Tamén hai carencia de roupa, as almofadas son tercermundistas (teñen que unir dúas para ter un descanso cómodo).


Pedímoslle ao Sr. Xerente que mande estas camas para o HULA e que lle pida que nos manden para Monforte as que teñen alí.

A noticia n´A Voz
No Xornal dixital

 

feed-image
Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info