gracias

PROPOSTA CIG-SAÚDE XORNADA PACS

pacs_en_folga
CARTA ENVÍADA AO COMITÉ DE FOLGA PACS EN GUERRA
PROPOSTA DE REDACCIÓN XORNADA PACs


A xornada ordinaria do persoal de PACs é de 1451hs, esta xornada considérase efectivamente realizada porque para a súa configuracións xa se descontaron os descanso regulamentarios. Sen prexuízo que , de xeito individual, esta xornada poida ter as reducións correspondentes polo desfrute dos LDs e vacacións de antigüidade recollidos no Estatuto Básico da/o Empregada/o Público.

Todos os permisos e licencias que se recollen na LEI 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia para o conxunto das/os empregados públicos, os permisos recollidos en posteriores normas e a Incapacidade temporal, terán a consideración de neutros no cómputo da xornada ordinaria.

E dicir, que independentemente da situación de desfrute ou incapacidade temporal, que de xeito individual, teña cada profesional, o seu cómputo de xornada ordinaria será de 1451 horas anual.

O que conleva, que a partires das 1452hs o persoal percibirá, integramente, a retribución correspondente á xornada complementaria efectivamente realizada.

Con este acordo ponse fin ás penalizacións na xornada e nas retribucións que o persoal de PACs viña recibindo.

Como parte deste acordo, o SERGAS comprometese a emitir unha instrución para que todas as xerencias convoquen ás comisións de centro de primaria, no último trimestre do ano para negociar o plan funcional do seguinte ano, coa intención de chegar a un acordo sobre a confeccións dos calendarios.

Compostela, 5 de xullo de 2019

 

feed-image
Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info