gracias

RESOLUCIÓN CARREIRA PROFESIONAL SERGAS 2020

log_dog
RESOLUCIÓN do 13 de agosto de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican os criterios de avaliación que se aplicarán no ano 2020 para acceder aos graos I a IV de carreira profesional
Descargar PDF

Na convocatoria para acceder aos graos I a IV de carreira profesional, que se executará no ano 2020, aplicaranse os criterios de avaliación que figuran como anexo IV do Acordo de carreira profesional (DOG núm. 144, do 30 de xullo de 2018), coas seguintes adaptacións:

  • Para o persoal licenciado sanitario: a participación nos obxectivos asistenciais e o seu cumprimento, referiranse aos exercicios 2015 a 2019.
  • Para todos os colectivos: valoraranse as actividades realizadas pola persoa solicitante entre o 1 de xaneiro de 2015 e o día inmediatamente anterior ao da publicación, no Diario Oficial de Galicia, desa convocatoria correspondente ao ano 2020.


Desas actividades, que figuran relacionadas nas letras a) a i) do anexo IV, descontarase a contía (de horas de formación, anos de supervisión...) que xa foi aplicada anteriormente, dun modo efectivo e necesario, para acadar unha avaliación positiva e o conseguinte recoñecemento de grao.

Descargar DOG núm. 144, do 30 de xullo do 2018 (ORDE do 20 de xullo de 2018 pola que se publica o Acordo sobre as bases da carreira profesional no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas a esta consellería e ao dito organismo

 

feed-image
Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info