gracias

CONCURSO TRASLADOS ABERTO E PERMANENTE 2020

traslados_sergasDende primeiros de octubro do 2019 está disponible no FIDES a copia en estado EDITABLE do teu formulario de inscrición no CONCURSO DE TRASLADOS ABERTO E PERMANENTE correspondente ao ciclo anual do ano 2020.

No caso de que queiras DESISTIR da túa participacion no concurso de traslados aberto e permanente debes proceder segundo o establecido na base sexta da resolución do 20 de novembro de 2017 pola que se aproban as bases de dito concurso.


No caso de estar interesado/a en PARTICIPAR NO CICLO DO ANO 2020, debes saber que:

  • Tes dispoñible a copia editable da tua solicitude de participacion coa última selección de destinos.
  • Se resultaches excluido/a por non cumprir o requisito de participación de antigüidade no último destino definitivo inferior a un ano ou non tes seleccionado ningun destino tamen terás a túa inscricion no estado editable.
  • Se desexas modificar os destinos seleccionados ou calquera outro apartado do formulario relativo a capacidade funcional, conciliación da vida laboral e familiar, etc. tes de prazo ata o 15 de xaneiro. 

Toda modificación que queiras realizar no formulario debes confirmala mediante o REXISTRO ELECTRÓNICO habilitado no Fides/Expedient-e  consignando a túa sinatura dixital.

No relativo a DOCUMENTACIÓN que debes presentar, ten en conta que:

  • No caso de participar desde unha praza en propiedade noutro servizo de saúde, debes presentar certificado actualizado de servizos prestados dirixido a mesma Unidade de Validación da inscrición. Non é preciso achegar documentacion acreditativa do resto de requisitos (nomeamento, toma de posesión) no caso de non existir variación na situación administrativa. 
  • Os apartados relativos á capacidade funcional e conciliación da vida familiar, deben acreditarse novamente só no caso de existir modificación das condicions de participación achegando a documentación que acredite a dita modificación.

RECORDA:

  • A data límite de cómputo de méritos para cada ciclo anual é o 15 de decembro.
  • A data limite para acreditar os requisitos e/ou méritos para este novo ciclo anual é o 15 de xaneiro de 2020.
  • En cada ciclo anual de adxudicación incluiranse as solicitudes de participación e petición de prazas que consten rexistradas en Fides/expedient-e e presentadas mediante rexistro electrónico ata o 15 de xaneiro.


IMPORTANTE:
Recorda confirmar que a túa  solicitude foi correctamente rexistrada visualizando o xustificante de entrada no Rexel (Rexistro electronico da Xunta de Galicia)

Se queredes saber máis do procedemento deixamos uns enlaces da páxina do SERGAS. Os links son copiados a fecha de 21/10/2019. Se tes dúbidas podes porte en contacto connosco.
Participación no 2º ciclo e sucesivos
Cadro resumo concurso de traslados aberto e permanente
Manual de rexistro formulario de inscripción
Preguntas frecuentes concurso aberto e permanente
Requisitos técnicos para a inscripción

 

feed-image
Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info