gracias

SERVIZOS MÍNIMOS FOLGA 27 E 28 DE NOVEMBRO

573-34221-a-facultatou2ORDE do 22 de novembro de 2019 pola que se determinan os servizos mínimos durante a folga que afectará determinado persoal da Atención Primaria do Servizo Galego de Saúde os días 27 e 28 de novembro de 2019.
Descargar PDF

Representantes dunha asemblea de persoal médico de Atención Primaria de Galicia comunicaron a convocatoria dunha folga que abranguerá, segundo o seu teor literal, «todo o persoal médico de familia e pediatras que realizan o seu labor na Atención Primaria de Galicia, con independencia da súa vinculación contractual»

A prestación sanitaria urxente no horario ordinario é desenvolvida polos profesionais dos servizos de atención primaria, polo que cómpre definir uns mínimos para garantir a asistencia urxente e o seguimento e tratamento dos procesos inaprazables, establecendo a seguinte dotación mínima de persoal médico de familia e pediatra:

En centros con catro ou menos profesionais: 1 efectivo.
– En centros con cinco a oito profesionais: 2 efectivos.
– En centros con nove a doce profesionais: 3 efectivos.
– En centros con trece ou máis profesionais: 4 efectivos.

2º. Polo que respecta ao tramo de asistencia nos puntos de atención continuada, deben fixarse, asemade, os servizos mínimos necesarios para garantir a atención urxente aos usuarios/as, que non se pode aprazar sen consecuencias negativas para a saúde. Con esa finalidade, para a determinación dos servizos mínimos establécese como criterio reitor a cobertura do 100 % da actividade urxente.
IMG-20180301-WA0016IMG-20180301-WA0017

 

feed-image
Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info