gracias

EN RESPOSTA AO SR. XERENTE

Aquí podedes escoitar as declaracións a partir do min 1:10:20, mais ou menos.


573-66348-a-peidoEN RESPOSTA AO SR. XERENTE


Onte tiven a inmensa sorte de escoitar ao Sr. Xerente do hospital nunha entrevista.

Imos analizar a entrevista punto por punto para desmontar a cantidade de mentiras que alí contou.

1) Paridoiro.

Di que o paridoiro de Monforte non corre perigo, que vai seguir funcionando coma ata de agora. Como para fiarse, o mesmo lles dixo Feijoo hai uns meses, e o mesmo decían da área sanitaria de Monforte.

2) Contratacións.

Minte cando di que non son prazas de admisión. Son dúas prazas creadas a DEDO para dúas persoas contratadas, as cales se lles blinda o seu contrato, xa que si estiveran nunha interinidade coma él di, terían que cesar nos acomodos internos e esto non vai suceder.

Minte cando dí que non son prazas de nova creación, xa que non existían neste hospital, e no lugar no que estas persoas tiñan a interinidade contratáronse dous acúmulos.

Pero o mais alucinante de todo isto é que dende a CIG-SAÚDE temos pedido aumento de persoal para as plantas , que é onde verdadeiramente se necesita, e o Sr. Xerente sempre nos dixo que non se podía porque eso dependía de Santiago. Se ve que cando él quere non depende tanto.

Por certo di o Sr. Xerente que estas prazas teñen que reunir un “perfil”, xa nos imaxinamos que tipo de “perfil” necesita.

Outra cousa que nos chama a atención é que a estas prazas non poida acceder ningunha persoa do hospital en ningún concurso de traslados, nin a través de calqueira concurso público.

En canto ao que di que un deles leva dous anos desempeñando o posto, decir que é certo e que no seu momento non soupemos ver o que estaba preparando para denuncialo xa.

Como CIG-SAÚDE entonamos o noso mea culpa, e pedimos perdón aos traballadores por o ter denunciado antes.

3) Prazas de especialistas.

Seguimos cas mentiras, agora mesmo neste hospital falta un dixestivo e están sen cubrir as baixas dunha cardióloga e unha pediatra.

Ademais tampouco contamos xa nin cun médico codificador nin en admisión.

E por si esto fora pouco tampouco temos xa Subdirector de Xestión e dende hai tempo falta tamén o enxeneiro en meantemento.

Téñolle que recoñecer que conta unha verdade, que hai falta de especialistas, eso é así. Pero hai falta de especialistas porque eles mesmos se encargan de que así sexa creanco cousas a nivel estatal como a taxa de reposición asinada polo Partido Popular en Madrid coas centráis sindicáis estatais. Este é un acordo polo que so se pode substituir ao 10% das persoas que se xubilen, é decir de cada 100 que se xubilan substitúense 10.

Outro problema polo que non hai especialistas é que non aumentan as prazas de mir, se as tiveran aumentado non estaríamos agora con estes problemas. O que si é certo e que non hai especialistas pero so para os comarcáis.

Sr. Xerente pode enganar a cidadanía de Monforte, pero neste hospital todo o mundo sabe quen minte.













 

feed-image
Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info