gracias

ACLARACIÓNS INSCRICIÓN OPE

Bo día,

Para evitar posibles erros na inscrición que poden ter consecuencias graves para os/as aspirantes, vos envío esta aclaración sobre as quendas de acceso e o pago de taxas.

 

O/a aspirante pode inscribirse en 3 posibles quendas: Logo de finalizado o prazo de inscrición non se permitirá ningún cambio na modalidade de acceso.

 

-          Promoción interna:

1º. Ter a condición de persoal estatutario fixo doutra categoría de nivel académico igual ou inferior a aquela a que se pretende acceder.

2º. Estar en servizo activo en institucións sanitarias do Sistema público de saúde de Galicia e con nomeamento como persoal estatutario fixo durante, polo menos, dous anos na categoría de procedencia.

Deberán pagar as taxas que lle correspondan.

-          Quenda libre: deberán pagar as taxas que lle correspondan

-          Discapacidade xeral: 2 posibilidades

1.       Dispor no prazo de presentación de solicitudes do recoñecemento dunha discapacidade igual ou superior ao 33 %: está exento do pago de taxas

2.       Cando non dispoñan no momento de presentar a inscrición do certifica­do de recoñecemento do grao de discapacidade, deberán acreditar o seguinte:

§  O/a aspirante deberá ter solicitado o recoñecemento do grao de discapacidade ao órgano competente antes do remate do prazo de solicitudes

§  Deberá achegar a solicitude de recoñe­cemento de discapacidade

§  Deberán sinalar no formulario electrónico de inscrición a dita circunstancia no espazo habilitado para o efecto

§  Deberán efectuar o pagamento da taxa correspondente

Neste caso, cando se publiquen as listas provisionais de admitidos/as e excluídos/as sairá como excluído/a, e terá que achegar o certificado de recoñecemento do grao de discapacidade:

-          Se non lle chegou ou recoñece unha discapacidade inferior ao 33%, nas listas definitivas sairá admitido/a na quenda libre.

-          Se no prazo de reclamacións achega o certificado de discapacidade, pasará á figurar como admitido/a na quenda de discapacidade xeral e poderá solicitar a devolución das taxas aboadas.

 

Saúdos

 

feed-image
Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info