gracias

PUBLICACIÓN NO DOG NOVA ORDE DE NÓMINAS COA SUBIDA DO 2%

xunta_de_galiciaORDE do 29 de xaneiro de 2020 pola que se actualizan con efectos do 1 de xaneiro de 2020 a contía das retribucións do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2020.
Descargar PDF

O Real decreto lei 2/2020, do 21 de xaneiro, polo que se aproban medidas urxentes en 
materia de retribucións no ámbito do sector público (BOE do 22 de xaneiro) establece que para o ano 2020, as retribucións do persoal ao servizo do sector público non poderán experimentar un incremento global superior ao 2 % respecto ás vixentes en 31 de decembro de 2019, en termos de homoxeneidade para os dous períodos da comparación, tanto polo  que respecta a efectivos de persoal como á súa antigüidade.

Establece, ademais, que se o incremento do produto interior bruto (PIB) a prezos constantes en 2019 alcanzase ou superase o 2,5 % engadiríase, con efectos do 1 de xullo de 2020, outro 1 % de incremento salarial. Para un crecemento inferior ao 2,5 %, o incremento diminuíra proporcionalmente en función da redución que se produza sobre o dito 2,5 %, de maneira que os incrementos globais resultantes serán:

  • PIB igual a 2,1: 2,20 %.
  • PIB igual a 2,2: 2,40 %.
  • PIB igual a 2,3: 2,60 %.
  • PIB igual a 2,4: 2,80 %.

Este incremento será de aplicación unha vez se aprobe mediante Acordo do Consello de Ministros e se dea traslado ás comunidades autónomas.

 

feed-image
Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info