gracias

DOCUMENTACIÓN QUE TEÑEN QUE PRESENTAR XS ASPIRANTES QUE SACAN PRAZA. OBRIGATORIEDADE DO CURSO BÁSICO DE IGUALDADE E VIOLENCIA DE XÉNERO

facebook_1577493724600O día 19/02/2020 saiu no DOG a Resolución de baremación definitiva da fase de concurso e á publicación dos/das aspirantes seleccionados/as das categorías de enfermeirx, celadorxs e grupo auxiliar da función administrativa.

¡¡¡PARABÉNS A TODXS XS QUE SACADES PRAZA!!!

Tedes ata o 20/03/2020 para presentar a documención.
Descargar documentación celadorx
Descargar documentación enfermeirx
Descargar documentación grupo función auxiliar administrativo

Ademáis nas bases da convocatoria De conformidade coa disposición adicional 2ª do Decreto 70/2017, do 13 de xullo (DOG nº 145, do 1 de agosto), como condición para o perfeccionamento do nomeamento que se expida, os/as aspirantes seleccionados/as deberán realizar, con carácter obrigatorio, e nun prazo non superior aos seis meses contados desde a data de publicación no Diario Oficial de Galicia do correspondente nomeamento como persoal estatutario fixo, as actividades formativas para a obtención do nivel básico de coñecemento en materia de igualdade de xénero e prevención e loita contra a violencia de xénero, previstas no artigo 4 da citada regulación, que se impartirán polo Servizo Galego de Saúde.

O Decreto 70/2017, do 13 de xullo, polo que se regula a formación en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero do persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia. Neste Decreto establécense 3 niveis de coñecemento: 

  • Nivel básico: Acreditará unha competencia inicial que permita a inclusión progresiva do principio de igualdade nos procesos habituais de traballo, cunha duración  en calquera dos contidos recollidos no artigo 1 (Igualdade de xénero, mainstreaming, perspectiva de xénero, feminismo, conciliación, corresponsabilidade, sexismo, violencia de xénero, violencia machista ou violencia contra as mulleres, trata de seres humanos con fins de explotación sexual, acoso sexual ou por razón de xénero ou calquera outra denominación que implique visibilizar a situación de desvantaxe social das mulleres).Nivel básicoNivel básico:mínima de 20 horas

  • Nivel medio: acreditará unha competencia media que permita integrar o enfoque de xénero en ámbitos materiais concretos de competencia das administracións públicas: subvencións, contratos, produción normativa ou xestión administrativa, e o coñecemento e comprensión da violencia de xénero, cunha duración mínima de 150 horas en calquera dos contidos recollidos no artigo 1.

  • Nivel superior: acreditará unha competencia alta que permita o coñecemento e aplicación práctica do enfoque integrado ou mainstreaming de xénero, cunha duración mínima de 500 horas en calquera dos contidos recollidos no artigo 1
Se queres saber máis sobre a obligatoriedade do curso básico de  igualdade de xénero e prevención e loita contra a violencia de xénero Premer ligazón

O SERGAS publicou un curso de ACIS de autoformación de Básico en Igualdade de Oportunidades e Contra a Violencia de Xénero. Senón o tedes recordade que é obrigatorio facelo nun prazo máximo seis meses contado desde a data de publicación no Diario Oficial de Galicia do correspondente nomeamento como persoal estatutario fixoformacin_igualdad_e_violencia_2020_online


 

feed-image
Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info