gracias

O ORGULLO DE PERTENCER A C.I.G.

axa1Onte podiamos ler nos xornais o gran pacto social firmado por C.C.O.O. , U.G.T. e o goberno do señor Feijoo.Non sei como non se lles cae a cara de vergoña.Despois dos recortes sociais levados a cabo polo PP,tanto no ensino como na sanidade(intentando privatizar todo o que poden e mais),agora veñen estes e firman un acordo de "diálogo social".Pero a qué estamos xogando?

Eso si ,na foto saen todos preciosos.

Nestes momentos é cando un se sinte orgulloso de pertencer a un sindicato que non se presta a este tipo de xogos.Podemos ir coa cabeza ben alta,con este goberno hai pouco que pactar e moito que loitar,sobre todo porque ainda anuncian mais recortes de cara ao ano que ven.

O que mais me fode de todo isto é que a xente pense:"sodes todos iguais".Non,non somos nin parecidos.E xa vai sendo hora de que empecedes a diferenciar.

 

feed-image
Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info