gracias

ÁREA ÚNICA

Esto da área única estase a converter no misterio máis grande desde a Santísima trinidade.Agora parece que xa da hasta medo nomeala así e hoxe pola mañán tivemos no Hospital de Monforte una Xornada sobre Xestión Integrada.

Os obxectivos desta xornada eran dar a coñecer o modelo de xestión integrada.A primeira en intervir foi Dna.Nieves Domínguez,Directora xeral de asistencia.´

Nos como Cig-saúde dixémoslle si nos podía explicar qué sinifica xestión integrada? si é que Primaria se vai integrar en Hospitalaria ou si os hospitais comarcais se van integrar nos hospitais de referencia e vai ser todo unha única área(palabras tabú).

Ainda a estas horas da tarde non sei o que me trapelexou.Mareou a perediz de tal forma que non respostou.Volta para aquí,volta para alá e nada.

 

Despois folou Ramón Morera Ex-Xerente Territorial Camp Tarragona.

Isto xa foi a bomba.A min pareceume estes predicadores que saen na tv. decindo que a súa relixión e a mellor."ALELUYA HERMANOS".

Ben pois iste señor un dos exemplos de integración que puxo é o chamado Kaiser,e o que veu a decir é que os especialistas están nun centro diferente de onde terían que ingresar os pacientes no caso de ter que ingresar.

Pregunta da Cig. Esto quere decir que os pacientes se terán que deplazar para facer a ese centro a facer as probas? No noso caso terán que ir a Lugo?

Outro igual, empezou a darlle voltas e tampouco aclarou nada.

 

A continuación falou o señor Álvaro Santos,Asesor de Planificación estratéxica da Consejería de Sanidad de Castilla la Mancha.

Este xa foi a monda lironda.Despois de facer unha loubanza da xetión integrada(ALELUYA HERMANOS),veunos  a decir que "el gasto sanitario no mejora la salud".Non, pero o recorte do gasto tampouco a mellora.O revés eu creo que a empeora.

Despois dixo que eles tiñan un centro de especialidades e que alguha zona tiña que percorrer 100 km para poder ir ata alí.

Entón nos preguntamos si teríamos que facer o mesmo,desplazarnos a Lugo cando tiveramos que ir a un especialista. 

Resposta: Bueno... a lo mejor,enalgunas especialidades.Claro aquí no te van operar del corazón(tampouco me operan agora).

Outra preguna que fixemos foi si os especialistas iban vir a Monforte a pasar consulta desde Lugo como nos dixera a nos o Xerente de Monforte.Deu a entender que en Puertollano algúns si que o facían.Eu esto sigo sin creelo.

Para finalizar dixo tamén que os médicos de primaria poden pedir probas especiais(TAC,resonancia,ECO,etc).

Pon o exemplo de un señor que lle doe o hombro e o de cabeceira pide xa  unha resonancia si pasar polo trauma.

Nos cremos que esto é un erro porque o mellor si fora antes o trauma evitábase facer unha resonancia porque non a necesitaba.

A continuación falou Agustín Cañizares .Xerente da Área Única de Puertollano.

Este foi moi breve e pasou sin pena nin gloria.Co único que me quedei foi que había que incentivar por medio da productividade.Quedeime coas gnas de preguntarlle si só os facultativos ou o reto do persoal tamén.

 E poúltimo falou Luís Verde(así é como os tiñamos que poñer a todos"verdes")Director da área sanitaria de Ferrol.

Este veu a decir que había hospitais de primeira e hospitais de terceira(o de Monforte)Nos lle dixemos que a este paso sería de cuarta ou de quinta.E que o que tiñamos que intentar era que fora de segunda para algún día chegar a ser de primeira.

Como dixo o xerente na súa toma de posesión "en este hospital se va a hacer medicina del siglo XXI".Eu creo que co que están a facer imos cara o século XIX.

 

Para rematar pregunteille a señora Nieves Martínez sobre as declaracións feitas na Voz de Galicia polo parlamentario do PP Manuel Balseiro nas que di que o control económico ,de persoal,de obras e de suministros estaría dirixido desde Lugo e non quixo respostarme.Pero inmediatamente saltou o representante do SATSE, perdendo por completo os papeis,xa que non sei que tiña que decir él,cando eu lle estaba preguntando a outra persoa.Empezou a berrar como un poseso" Mentiroso, eso é mentira,esas declaración leinas eu é non di nada de eso.Xa está a ciga a terxiversar todo.Non me extraña que ande a xente decindo que vai pechar o hospital.Ide a tarde a escoitar o bloque(en referencia a asamblea informativa convocada polo BNG sobre a área única).En fin para este señor só decirlle que pode consultar o artigo na Voz de Galicia do 28-9-09 titulado" sanidade continúa sin aclarar si el hospital de Lugo gestionará los de Burela y Monforte.

Decir que desde Cig-saúde sempre procuramos ir documentados a estes actos.

Esto foi o que deu de si esta Xornada.

 

ALELUYA HERMANOS.

 

 

 

 

 

feed-image
Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info