gracias

ORZAMENTOS 2010:O PP AMOSA A SUA VERDADEIRA CARA

Aqui vai unha síntese que nos envían da Central de Santiago onde se amosa a verdadeira cara do PP en materia orzamentaria, depois de encherse, e enchernos, a boca de austeridade, esta redúcena os traballadores 'rasos', iles segen o mesmo.

Artigo 13.3. Tres.- Para efectos do disposto na alínea anterior as retribucións que percibirá o persoal funcionario que ata a Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2007 viñan referenciadas aos grupos de titulación previstos na lexislación da función pública galega, e que se corresponden nos mesmos termos cos grupos recollidos no texto refundido da Lei da función pública de Galicia aprobado polo Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, pasan a estar referenciadas aos grupos e subgrupos de clasificación profesional establecidos no artigo 76 e na Disposición transitoria terceira da Lei 7/2007, do 12 de abril, pola que se aproba o Estatuto básico do empregado público, sen experimentar outras variacións que as derivadas dos incrementos previstos nesta lei. As equivalencias entre ambos os sistemas de clasificación son as seguintes:

Grupo A Decreto lexislativo 1/2008 Subgrupo A1 Lei 7/2007Grupo B Decreto lexislativo 1/2008 Subgrupo A2 Lei 7/2007Grupo C Decreto lexislativo 1/2008 Subgrupo C1 Lei 7/2007Grupo D Decreto lexislativo 1/2008 Subgrupo C2 Lei 7/2007Grupo E Decreto lexislativo 1/2008Agrupacións profesionais Lei 7/2007

Séguese sen contemplar a clasificación de persoal do Estatuto Básico do Empregado Público, por este motivo os Técnicos Superiores seguen a estar no grupo C1, en vez de estar clasificados como grupo B. O mesmo pasa coas Auxiliares de Enfermaría, que seguen estando nun nivel de clasificación inferior ao requisito de titulación esixido

Artigo 13.4.Catro.- Os acordos, convenios ou pactos que impliquen crecementos retributivos superiores deberán axustarse ao establecido neste artigo, resultando inaplicables no caso contrario. Debido ás actuais circunstancias económicas excepcionais e conforme ao previsto na alínea Dez do artigo 38 da Lei 7/2007, do 12 de abril, pola que se aproba o Estatuto básico do empregado púbrico, difírese a aplicación dos pactos ou acordos asinados que supoñan incrementos retributivos para o ano 2010.

Suspensión acordos retributivos sen data de recuperación dos mesmos. Suspendense o acordó 2008/2012, o da Carreira Extraordinaria do persoal de xestión e servizos e sanitario de formación profesional e o de PACs.Artigo 16.Retribucións dos altos cargos e outro persoal directivo.Un.- Continúan vixentes para o 2010 as retribucións totais e exclusivas dos altos cargos, incluídas as pagas extraordinarias, establecidas no punto Un do artigo 15 da Lei 16/2007, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2008, sen prexuízo da percepción de catorce mensualidades da retribución por antigüidade que puider corresponderlles de conformidade coa normativa vixente.

Eiqui si que non dubidan, os altos cargos manteñen as suas retribucións ( é ou non é unha tomadura de pelo )

Artigo 18.Retribucións das persoas titulares das delegacións territoriais da Xunta de Galicia.As retribucións das persoas titulares das delegacións territoriais da Xunta de Galicia, para o ano 2010, serán identicas na súa contía ás establecidas para os postos con rango de dirección xeral. Sen prexuízo da percepción de catorce mensualidades da retribución por antigüidade que puider corresponderlles de conformidade coa normativa vixente.

Mais tomadura de pelo, aos Delegados Territoriais se lles sobe o soldo en 200 euros ao mes, pasan a ter categoría de Directores Xerais.

Artigo 30.Oferta de emprego público e convocatoria de prazas para o ano 2010.

 Un.- Durante o ano 2010, o número total de prazas de novo ingreso do persoal do sector público ao que se refire a alínea Seis do artigo 13 desta lei, será, como máximo, igual ao 15% da taxa de reposición de efectivos e concentraranse nos sectores, funcións e categorías profesionais que se consideren absolutamente prioritarios ou que afecten ao funcionamento dos servizos públicos esenciais.A limitación a que se fai referencia na alínea anterior non será aplicable:a) Ao Servizo Galego de Saúde en relación coa cobertura das correspondentes prazas nos seus hospitais e centros de saúde.

Neste ano xa incumplen a excepción que eles mesmos fan co Sergas, xa que eliminan prazas no Plan Mellora de Atención Primaria e no Plan de Saúde Mental.

 

feed-image
Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info