gracias

NOTA DE PRENSA DE CIG-SAUDE

 

 

                                    AOS  MEDIOS  DE  COMUNICACION

 

         A  Sección Sindical de C.I.G.-Saúde no Hospital Comarcal de Monforte quere denunciar o desmantelamento que se está a producir no Hospital.

          Dende que o PP chegou á Xunta estase a rexistrar unha diminución nos servizos xa que hai cinco especialistas menos:

-         dous pediatras                       

-         unha farmacéutica

-         un xinecólogo

-         unha traumatóloga                                        

     cabreadisimo_cos_dentes_afiados Tamén no mes de marzo había cinco anestesistas e agora só hai tres, o que produce un incremento considerable nas listas de espera e un trastorno constante á poboación, xa que teñen que desprazarse a Lugo para recibir tratamentos que deberiamos estar en condicións de ofertar aquí.    A estes especialistas ou ben non se lle renovou o contrato ou ben se lles permitiu marchar sen buscarlles substitutos. É evidente que non se garante a estabilidade no emprego e se facilita a partida de facultativos necesarios no noso hospital,  perpetuando os incrementos nas listas de espera e minguando a carteira de servizos progresivamente.

          Tamén hai que falar do desmantelamento da aparataxe propia, xa que levaron un respirador para o Hospital de Lugo, no servizo de raios hai un ecógrafo que leva case dous meses avariado e non se amaña, no mes de marzo ían a comprar un aparato para facer colonoscopias, coa chegada da nova Dirección paralizouse a compra e estase usando un prestado e vello. Din que non teñen cartos pero nomean un Director Médico, cargo que nunca houbo  neste Hospital, e despois non substitúen ó persoal que está disfrutando os seus días libres.

         Todo esto parece estar enmarcado na campaña realizada estes días na nosa área, pola Directora Xeral de Asistencia Sanitaria, Nieves Domínguez, que veu vendernos  que a área sanitaria de Monforte non ía desaparecer, pero mentres tanto estes antecedentes fan  crer que esta xente  o único que fai e desmantelar o Hospital para facer a área única en Lugo e centralizar alí todos os servizos, os concertos e derivacións á privada, etc. Xa están desviando un número importante de pacientes cirúrxicos a Lugo, isto é só un anticipo do que nos espera xa que os doentes da área de Monforte terán que ir o especialista a Lugo, deixando o noso hospital como un mero Centro de Especialidades.

         A centralización non está xustificada en nada obxectivo, fai que os recursos sexan consumidos por un só centro en detrimento dunha área que conta con cerca de 60000 hab que ven como merman as prestacións e a calidade das mesmas.

         A CIG-Saúde demanda que traballadores e usuarios non sexan os que paguen os desaguisados desta nova política privatizadora e reclama modelos sanitarios PÚBLICOS e coherentes.

        

 

 

                                                                                Monforte, a 29 de Outubro de 2009  

 

feed-image
Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info