gracias

ANÁLISE DA ENTRADA DE CAPITAL PRIVADO NA CONSTRUCCIÓN DE HOSPITAIS POLA ASOCIACIÓN GALEGA POLA DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA

money 

Ante as declaracións do Presidente do Colexio de Médicos de Pontevedra, Campos Villarino, nas que asegurou que non lle preocupa o uso de fórmulas privadas para construír os novos hospitais públicos (suponseque os de Vigo, Pontevedra, e o resto de infraestruturas sanitarias que Galicia necesita con urxencia) alegando que en tempos de crises o financiamento público non é suficiente e a súa proposta de acabar co actual sistema sanitario universal e gratuíto para a poboación, a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública quere puntualizar:

 

1.- Que recorrer ao financiamento privado a través das Concesións de Obra Pública non supón que as empresas privadas poñan o diñeiro en lugardo sistema público: o único que varía respecto da fórmula tradicional é que a administración sanitaria en lugar de pedir prestado directamente o diñeiro para construír os centros faino a través dunha asociación de empresas construtoras, aseguradoras e bancarias, o que encarece o custo final dos mesmos xa que os intereses son máis elevados para estas ao que hai que sumar os beneficios que deben repartir dividendos cos seusaccionistas. Os hospitais de Valencia, Madrid ou Reino Unido multiplicanpor sete o seu custo real.

 

2.- Todo o diñeiro para construír os centros sanitarios sae das arcas públicas coa única diferenza de que con esta fórmula páganse a conta do capítulo funcionamento do sistema (Capítulo II) en lugar do Capítulo de investimentos (Cap VIN); isto obriga a reducir o diñeiro dispoñible para os centros de saúde, atención especializada, saúde pública, programa damuller, vacinacións, etc.

 

3.- Ademais, as estratexias das empresas privadas para obter beneficios xeran problemas de calidade nos materiais de construción e equipamento (1)

 

4.- Os novos hospitais quedan durante anos en mans privadas que só buscan maximizar os seus beneficios á conta da atención sanitaria dos cidadáns (2) . O pago do canon ás empresas privadas obriga á sanidade pública a reducir  persoal (no Reino Unido por cada 200 millóns de libras de incremento de custos perdéronse 1.000 postos de traballo o que supuxo o 25% do persoal, mentres que en Madrid os médicos por habitante destes hospitais oscilan entre 0,46 e 0,73 por mil, fronte 1,3-2,4 por mil dos públicos (64-70% menos) e o seu índice de camas un 68% inferior con 0,95 fronte a 3 camas por mil dos centros públicos. Esta situación repercute na atención, dado que a mortalidade hospitalaria estadirectamente relacionada cos índices de médicos e enfermeiras por cama, como está amplamente documentado na literatura médica.

 

6.- Os enormes custos desta política (que pode absorber entre o 30 e o60% do prepuesto sanitario) están levando á quebra a sanidade da Comunidade Valenciana (3)  , como antes ocorreu no Reino Unido ou Madrid. Recentes informes do Banco Mundial (4) cuestionan a viabilidade futura destas fórmulas, especialmente en tempos de crises.

 

7.- Non entendemos por que unha entidade como o Colexio de Médicos de Pontevedra. que debería velar por unha asistencia de calidade aos cidadáns, atrévese a propor medidas que restrinxen a universalidade da asistencia sanitaria e apoyan a introdución de taxas polo uso dos servizos.

 

8.- En base a isto, desde a nosa Asociación volvemos esixir que se acabe coa obrigatorieda de de pertencer a uns Colexios que unicamente representan aos sectores máis conservadores da profesión médica.

 

(1) Informe Inspección Provincial de Traballo da Seguridade Social de Madrid, maio de 2009

(2) Bulletin of the World Health Organization 2006;84:890-896" Alianzas publico-privadas para os hospitais: a experiencia de países comoAustralia, España e o Reino Unido

(3) Sindicatura de Comptes Valenciana Informe de Fiscalización da ContaXeral da Generalitat do exercicio 2007

(4) A IFC, ou sexa, a rama do Banco Mundial que financia actividades dosector privado, opina que a restrición crediticia dificultará aínda máis o financiamento de PPP. Considera que posiblemente se atrasen ou cancelen os PPP propostos por un valor de USD 110.000 millóns, e que outros PPP en proceso de execución, por valor de USD 70.000 millóns, están en perigo debido ao aumento dos custos de financiamento dos proxectos para o sector privado.

 

**Manuel Martin GarciaPortavoz Asociacio Galega para a Defensa da Sanidade PúblicaTno 669704177

 

 
 

feed-image
Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info