gracias

IMPUGNACIÓN EXAME DE CELADOR

Os nosos compañeiros do Barco fixeron un modelo de impugnación para quen queira impugnalo por todas as irregularidades que houbo.Tamén colgamos a nota de prensa que dende Cig-saúde enviamos aos medios de comunicación.

Este fin de semana celebrouse en Silleda o exame da oposición para o Sergas da categoría de CELADORES, o mesmo constaba de 2 partes diferenciadas:
1. Unha parte específica, con temario propio.
2. Unha parte común tamén con temario propio.
Unha vez rematado o exame nas suas partes, os opositores constataron que na parte específica había un número de preguntas ( aproximadamente 6 ), que non debían de figurar nese exame en concreto pois pertencian ao temario da parte común.
Por todo isto dende CIG-Saúde pedimoslle ao Sergas que busque unha solución, xa que non parece de recibo realiza-los cambios de temarios entre os distintos exercicios.
Tamén se constatou que o nivel dun grande número de preguntas non correspondía coa titulación esixida para á categoría.

Un saúdo

Xan Ramón Fernández Cid
Executiva CIG-Saúde

mans_arribaDende a sección sindical de O Barco elaboramos un modelo de reclamación para quén queira impugnalo, tamén volo deixamos por se a alguén lle interesa:

DE: O TEU NOME
A: Tribunal OPE SERGAS categoría Celador
Dirección Recursos Humanos SERGAS
Directora Xerente SERGAS


O TEU NOME , con número de carné XXXXX inscrita como aspirante para o proceso de Concurso-oposición do SERGAS convocado por resolución de 18 de febreiro de 2009 da Xerencia do Servizo Galego de Saúde (DOG do 26de febreiro de 2009), modificada pola resolución de 8 de xullo de 2009 da Xerencia do Servizo Galego de Saúde (DOG do 14 de xullo de 2009), na categoría de CELADOR, con domicilio a efectos de notificación en ..... DIRECCIÓN,

EXPÓN: que tendo concorrido ao acto único da fase de oposición do proceso no que me atopo inscrita, celebrado o pasado día 8 de novembro de 2009, e comprobando que o primeiro exercicio non se axusta ao estipulado na convocatoria, posto que as preguntas 5, 9, 22, 23, 24, 31, 32 e 48 versan sobre saúde laboral, que forma parte do temario común e non do temario específico, cando na convocatoria di claramente que o temario común será avaliado no segundo exercicio (non eliminatorio), tal e como se pode comprobar na correspondente documentación (exercicio e convocatoria modificada).

SOLICITA: que sexa anulado tal exercicio por incumprimento da convocatoria.

O Barco, 12 de novembro de 2009.

NOME.

 

feed-image
Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info