gracias

RESULTADOS ELECCIÓNS SINDICÁIS 2019

agradecemento_2019
porcentaje_monforte
delegados_monforte_2019
Premer para descargar imaxe e ver resultados comparativos 2015 e 2019
delegados_2019_2015

 

DESCONVOCADA A FOLGA

folga_desconvocada

 

ASAMBLEA HOSPITAL MONFORTE

comit_folga

 

MENTIRAS QUE ANDAN DICINDO POR AHÍ

A CIG-Saúde denuncia a falta de rigor das informacións relativas á folga no Hospital de Monforte

Lembra que coa mobilización preténdese evitar o desmantelamento do centro hospitalario

2018-05-03_concentracion_Hospital_Monforte_001
Persoal do Hospital de Monforte iniciou unha folga parcial, de dous días á semana, o pasado 24 de abril, contra o desmantelamento do centro sanitario e das consecuencias que isto vai ter na atención ás/aos doentes da comarca. Por iso esta folga non só é secundada polo persoal, senón que conta co apoio masivo da poboación, que será quen sufra este grave recorte.
 
A secretaria nacional da CIG-Saúde, María Xosé Abuín explica que “cantos máis servizos se pechen e menos persoal haxa neste hospital, con máis frecuencia terá a poboación que desprazarse ao HULA para recibir asistencia”.

Explica ademais que se chegou a esta convocatoria de folga ante a negativa da dirección do centro hospitalario e da Xerencia de Lugo a establecer un diálogo coa representación sindical. “Puxéronse, de forma reiterada, en coñecemento da Xerencia os problemas que se estaban dando derivados da falta de persoal e do cambio nas súas condicións de traballo, ademais das repercusións que isto tiña para as usuarias e usuarios da sanidade pública na zona de influencia do Hospital de Monforte”, di.

A isto engade que “non só non fixeron caso, senón que consentiron e apoiaron as políticas de persoal que está a levar a cabo a subdirectora de enfermería, que provocaron que no canto de crearse un clima laboral normalizado, este se enrarecera cada vez máis por mor dos continuos cambios de quendas ou de unidades sen xustificación algunha”.

Medidas que, segundo a secretaria nacional de CIG-Saúde, “tiñan como único obxectivo reafirmar o seu poder e non xestionar os recursos humanos con intelixencia e respecto absoluto ás/aos profesionais”. Nese sentido lembra que fronte a unha concentración de traballadores/as diante da Xerencia en demanda de diálogo “chegou a saír a bailar diante deles”.
2018-05-03_concentracion_Hospital_Monforte_004
Por iso, a CIG-Saúde desmente as informacións que se están publicar en medios da Ribeira Sacra, nos que se afirma que hai presións sobre quen non secundan a folga ou para dotar de medios a caixa de resistencia, que é xestionada polos propios traballadores/as dos centros. “Eses medios esqueceron contrastar a información co comité de folga ou cos traballadores e traballadoras que a secundan. Preferiron dar unha única versión, para beneficio exclusivo da consellaría de Sanidade poñendo así en cuestión a súa credibilidade diante do persoal e da poboación que sabe que é o que está ocorrendo”.

Abuín lembra ademais que “a CIG e o resto de organizacións sindicais do comité de folga foron os primeiros en dirixirse á dirección do centro para que se iniciara unha investigación seria e rigorosa sobre o acontecido cunha lata de cervexa aparecida nunha caixa de material cirúrxico”, así como demandaron que se adoptaran medidas de seguridade “para evitar que se volvera a producir un incidente destas características”.

Ver nova completa en Avantar
 

CONCENTRACIÓN 03/05/18

Dende o Comité de Folga queremos darvos novamente as grazas pola vosa asistencia as concentracións que se celebraron onte as 12:00h e as 17:00.
Mogollón de xente acudiu apoiarnos e SOS que se desprazou a nosa localidade. Grazas a todos.. 

3m
2t
4t
5t
6t
7t
3t

 

FOLGA 24/04/2018

grazas_folga_24_04_18

 

MÍNIMOS FOLGA HOSPITAL MONFORTE A PARTIR DO 24/04/2018

ORDE do 19 de abril de 2018 pola que se determinan os servizos mínimos durante a folga que afectará o persoal do Hospital de Monforte a partir do día 24 de abril de 2018
Descargar PDF

 

O CHUVI DA MARCHA ATRÁS EN LIMITAR CAMBIOS DE TURNO

Hoxe vimos un enlace moi interesante na prensa de Vigo. Días atrás saiu a noticia que o Hospital Álvaro Cunqueiro quería limitar os cambios de turno aos traballadores cun máximo mensual de dous mensuais pero resulta que agora se botaron atrás.
Se vos interesa a noticia deixamos o enlace da prensa.
O Faro de Vigo

 

AMORTIZACIÓN PRAZA TELEFONISTA HOSPITAL MONFORTE

O H.C de Monforte ten previsto amortizar unha praza de telefonista e reconvertela en auxiliar administrativa. REXEITAMOS ESTA AMORTIZACIÓN. Se se necesita unha praza en administración que a creen e que se manteña a de telefonista.
Se se trasladan as chamadas ao Hospital Lucus Augusti a calidade na atención ao público nunca vai ser coma a que poden dispensar as traballadoras de
Monforte xa que elas coñecen o funcionamento interno do noso Hospital e sempre poderán resolver axeitadamente calquera dúbida que poida xurdir e derivar, en caso de ser necesario, ao departamento correspondente.
A intención da noxa Xerencia é que os fines de semana a centraliña sexa atendida por telefonistas do Hula. O día de mañán ¿que pasará? ¿desmantelarán a centraliña e levarana para Lugo?

nota_prensa_A_Voznota_prensa_O_Progreso
nota_prensa

 

RELACIÓN DEFINITIVA DE ADMITIDOS/AS E EXCLUIDOS/AS NO CONCURSO DE TRASLADOS DE PERSOAL LICENCIADO SANITERIO

 

 

TRASLADOS INFO

 

Hoxe, 22 de xaneiro de 2018 publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación definitiva de admitidos/as e excluídos/ as e a resolución provisional do concurso de traslados para a provisión de diversas prazas básicas de persoal estatutario licenciado sanitario, convocado pola Resolución do 23 de maio de 2017.

 

As listas coa relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as por categoría, as puntuacións provisionais desagregadas por epígrafe do baremo e os destinos provisionais, se é o caso, asignados, están publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).



Os/ as concursantes admitidos/as disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para formular reclamación contra os resultados da baremación e adxudicación provisionais: do martes 23 de xaneiro ao luns 12 de febreiro de 2018.

 

TRASLADOS ESPECIALISTAS





573-35096-a-trasladaos

TRASLADOS LICENCIADOS ESPECIALISTAS, URX, ADMISIÓN E DOCUMENTACIÓN E 061



Infórmase que está previsto que o próximo luns, 22 de xaneiro se publique a relación definitiva de admitidos/as e excluidos/as e a resolución provisional do concurso de traslados para a provisión de prazas de persoal licenciado sanitario (facultativos especialistas de área, médico de urxencias hospitalarias, médico de admisión e documentación clínica, médico asistencial 061).

 

O prazo de reclamación contra as puntuacións e adxudicación provisional de destinos é de 15 días hábilesiniciándose o prazo a partir do día seguinte da publicación en DOG.  

 

As reclamacións que se presenten deberán dirixirse á Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde.

 

CALENDARIO LABORAL

CALENDARIO LABORAL 2016 GALIZA

 

TRASLADOS DE PERSOAL DE XESTIÓN E SERVIZOS

 

LISTAS DE CONTRATACIÓN

Publícase hoxe no DOG a resolución pola que se fan públicos os resultados da baremación provisional no proceso de actualización de listas de selección temporal das categorías de Facultativo/a especialista de área de Psicoloxía Clínica, Farmacéutico/a de Atención Primaria e Médico/a especialista en Medicina do Traballo.

De conformidade co disposto no apartado II.3.2 do vixente Pacto, a baremación de méritos nas categorías de facultativo especialista de área de Psicoloxía Clínica e Medicina do Traballo efectuouse consonte o último baremo aprobado para a categoría de facultativo especialista de área, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 91, de data 14 de maio de 2013.

  • Listas provisionais (Facultativo/a especialista de área de Psicoloxía Clínica, Farmacéutico/a de Atención Primaria e Médico/a especialista en Medicina do Traballo). RESOLUCIÓN do 14 de abril de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización de listas de selección temporal de diversas categorías sanitarias. Descargar PDF
 

FELIZ ANO

573-28074-a-573-28074-a-toucomendo20lagosta


       FELIZ 2014
Cig-saúde deséxavos feliz ano, que o sergas deixe de recortarnos e que se cumpran todos os vosos desexos.

 

PREVISIONS TRASLADOS E OPE

Hoxe na reunión da Mesa Sectorial trasladóusenos a seguinte previsión sobre concurso de traslados e OPE:

Categorías sanitarias, convocatoria de traslados no último trimestre de 2013. Posteriormente haberá OPE, coa restricción de prazas da taxa de reposición.

Categorías de xestión e servizos, traslados no 2014, e non para todas as categorías. Posiblemente non haberá OPE.

O luns publicaremos a información completa da Mesa Sectorial.

 

NON FOI SEN TEMPO

573-37083-a-tou20de20festapHoxe ven publicado no xornal El Progreso que o Xerente de Monforte cesará e no seu lugar virá Lorenzo Armenteros que foi Xerente de Atención Primaria de 1997 ata 2005.

A verdade e que facelo peor que o Xerente actual e moi difícil, pero están a punto de sacar o decreto de área e en canto entre en vigor todos sabemos que as decisións non se tomarán aquí senon en Lugo. Polo tanto temos as nosas dúbidas de que este Xerente consiga mellorar algo o Hospital, xa que as decisións non se van tomar desde aquí.

De tódolos xeitos temos sensacións contraditorias, xa que facelo peor que este é moi difícil, pero o novo tampouco vai ter moito marxe de manobra xa que se limitará a acatar as ordes que lle den en Lugo.

En fin o único bó que vai traer a área sanitaria vai ser o cese do actual Xerente, unha persoa distante, na que non podías confiar, que casi non falaba con ninguén e coa que era imposible chegar a acordos, xa que o único q che decía sobre as propostas que lle levabas era, "se estudiará", "lo miraremos"...En fin penoso.

 

MANIFESTACIÓN NA DEFENSA DA ÁREA

mani_16_M

 

feed-image
Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info