gracias

ACOMODOS INTERNOS

573-18369-a-tou20salton

ANUNCIO do 27 de novembro de 2019, da Xerencia da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, polo que se procede a darlle publicidade á resolución da mesma data pola que se convoca procedemento de mobilidade interna voluntaria entre unidades/servizos do Hospital Público de Monforte para o persoal fixo das categorías de persoal sanitario diplomado, sanitario de formación profesional e persoal de xestión e servizos
Descargar pdf
Descargar bases

 

ATAQUE AOS COMARCÁIS

 O peche do paritorio do H.C. de Verín é un paso mais na folla de ruta do SERGAS contra os hospitáis comarcáis. Dende hai algún tempo vemos como en case todos estes hospitáis hai unha falta de especialistas que o SERGAS non ten ningunha intención de cubrir. Como podedes comprobar no noso hospital non cubren a praza de dixestivo e temos verdadeiros problemas ca de cardio tamén, agora imos quedar tamén sin os dous médicos que tiñamos en admisión.
 A desculpa que poñen sempre é que non hai especialistas. Aquí compre decir, que é certo que non hai....Pero para os comarcáis. Para os Hospitáis grandes sempre atopan. A realidade é que non teñen ningún interés en atopar. De todolos xeitos algo de razón de que non atopan especialistas, teñen. Pero xa se encargan eles de que non haxa, primeiro permitíndolle aos colexios de médicos sacar prazas moi reducidas e segundo asinando en Madrid o goberno de Rajoy, cas centráis sindicáis UGT e CCOO a taxa de reposición.
 Esta taxa foi o remate final para os comarcáis porque como sabedes por culpa desta taxa só se poden substituir o 10% das persoas que se xubilen, é decir si se xubilan 100, cubrénse 10. En fin un desastre. Dende a CIG-SAÚDE levámolo denunciando dende o 2008.
 Por eso hoxe é moi importante a presenza de todos na concentración que hai ás 20,30 na Praza de España.
foto_vern
 

 

NOTA DE PRENSA

Ver noticia en Xornal de Lemos

nota_prensa_enf

 

PRAZAS A DEDO EN MONFORTE

573-30060-a-MOSKEAUPQNAOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN CON ROGO DE PUBLICACIÓN







CIG-SAÚDE quere denunciar a adxudicación a dedo de dúas prazas de enfermería no H.C. de Monforte.

Feitos:

Na última OPE de facultativos colleu plaza no servizo de admisión un médico de Vigo. Este facultativo non chegou nunca a incorporarse o hospital de Monforte, concedéuselle unha comisión de servizo e marchou para Vigo.

Acto seguido sae convocatoria desta praza como reserva de praza. Dita praza cóllea outro facultativo que tampouco chega a pisar o noso hospital, sona todo un pouco raro, non?

Este facultativo substituíse hai case dous anos cun enfermeiro nomeado a dedo, sin ningún tipo de requisito nin proceso selectivo.

É decir estamos substituíndo un facultativo cun enfermeiro sin pasar ningún tipo de proceso selectivo.

Pois agora vímonos de enterar que a outro facultativo que había vai quedar en Lugo por un motivo persoal co cal non temmos nada que decir.

O que si temos que denunciar é que se vai cubrir do mesmo xeito ca outra plaza.

É decir que se volve a cubrir outra plaza de facultativo con un enfermeiro e nomeado a dedo polo Director do Distrito. Outra vez sin ningún tipo de transparencia e sin pasar ningún tipo de proceso selectivo.

E por último, para rematar a desfeita estas dúas persoas son contratadas, e decir non teñen plaza en propiedade, co cal se lles está blindando un contrato de por vida ata que a xerencia decida.

E ainda mais é un agravio comparativo para todo o persoal do hospital que ten a súa praza xa que non poden acceder a estas prazas de ningún xeito, nin a través de acomodos internos, nin por medio dun proceso selectivo.




Por todo isto CIG-SAÚDE denuncia os dedazos que se están a producir neste hospital.

 

NOTAS OPE

573-15736-a-tou20acojonau4

As listaxes coas puntuacións provisionais da fase de concurso poderán consultarse na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), podendo acceder á información das distintas categorías premendo no seguinte enlace:
 
 
 
 
 
 
Cada aspirante poderá consultar o detalle da puntuación obtida nas distintas epígrafes do baremo no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.
 
 
 
 
 
 
RECLAMACIÓNS
 
Contra os resultados da baremación provisional, as persoas aspirantes poderán presentar reclamación ante o tribunal de selección no prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da respectiva resolución no Diario Oficial de Galicia, do 3 de decembro ao 17 de decembro de 2019
 
A estimación ou desestimación das reclamacións presentadas entenderase implícita na resolución pola que se aproben as puntuacións definitivas da fase de concurso, que se publicará no Diario Oficial de Galicia.
 
 

OPE E TRASLADOS

573-36683-a-ollopiollopServizo Galego de Saúde

·         RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario da categoría de técnico/a superior en prevención de riscos laborais.

Descargar PDF

·         RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicas as puntuacións provisionais da fase de concurso do proceso selectivo para o ingreso na categoría de grupo auxiliar da función administrativa, convocado pola Resolución do 1 de marzo de 2018.

Descargar PDF

·         RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicas as puntuacións provisionais da fase de concurso do proceso selectivo para o ingreso na categoría de celador/a, convocado pola Resolución do 1 de marzo de 2018.

Descargar PDF

·         RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicas as puntuacións provisionais da fase de concurso do proceso selectivo para o ingreso na categoría de enfermeiro/a, convocado mediante a Resolución do 1 de marzo de 2018.

Descargar PDF

 

CIG MONFORTE EN APOIO AO H.C. DE VERÍN

mani_vern_2A CIG-SAÚDE MONFORTE, estivo en Verín coa Plataforma en Defensa da Sanidade Pública,para defender que se manteñan os servizos nos hospitáis comarcáis. Pedimos que non se peche o paritorio e que se manteña o pediatra neste hospital.
Lembrámosvos que Monforte é un comarcal e o SERGAS segue coa súa estratexia de deesmantelalos para centralizar todo nos hospitáis de referencia.
Xa se sabe,"cando as barbas do veciño vexas cortar, pon as túas a remollar".

 

NOTA DE PRENSA XUNTA DE PERSOAL MONFORTE

                                                                  AOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN CON ROGO DE PUBLICACIÓN


A Xunta de Persoal do hospital Comarcal de Monforte quere mostrar o seu apoio á Xunta de persoal do H.C. de Verín e expresar o seu rexeitamento ó peche do paritorio e á perda do pediatra deste hospital.


O SERGAS segue co seu plan de deixar abandonados os hospitáis comarcáis e centralizar todo nos hospitáis de referencia.


Dende o SERGAS din que non se pode manter o paritorio atendendo o número de nacementos que hai, coma sempre mirando o lado económico. Nunca se poñen do lado das persoas.Esto vai totalmente en contra do fomento da natalidade, e do rural.

Por todo isto rexeitamos o peche deste servizo e a perda da plaza de pediatra.


Xornal de Lemos
A Voz de Galicia
Onda cero Monforte

 

DATAS PREVISTAS EXAMES OPE

datas_exames_2020

 

DÍAS DE LIBRE DISPOSICIÓN

573-18369-a-tou20saltonOs días de libre disposición e libre disposición adicionáis por antigüidade de 2019 poderán pedirse ata o 31 de marzo do 2020.

 

ACOMODOS INTERNOS

Onte a dirección mandou o concurso de acomodos internos para a súa publicación no DOG.
Está previsto que se publiquen en DOG o día 9 de decembro, polo que se poderá pedir dende o 10 de decembro de 2019 ata o 9 de xaneiro de 2020.

 

SERVIZOS MÍNIMOS FOLGA 27 E 28 DE NOVEMBRO

573-34221-a-facultatou2ORDE do 22 de novembro de 2019 pola que se determinan os servizos mínimos durante a folga que afectará determinado persoal da Atención Primaria do Servizo Galego de Saúde os días 27 e 28 de novembro de 2019.
Descargar PDF

Representantes dunha asemblea de persoal médico de Atención Primaria de Galicia comunicaron a convocatoria dunha folga que abranguerá, segundo o seu teor literal, «todo o persoal médico de familia e pediatras que realizan o seu labor na Atención Primaria de Galicia, con independencia da súa vinculación contractual»

A prestación sanitaria urxente no horario ordinario é desenvolvida polos profesionais dos servizos de atención primaria, polo que cómpre definir uns mínimos para garantir a asistencia urxente e o seguimento e tratamento dos procesos inaprazables, establecendo a seguinte dotación mínima de persoal médico de familia e pediatra:

En centros con catro ou menos profesionais: 1 efectivo.
– En centros con cinco a oito profesionais: 2 efectivos.
– En centros con nove a doce profesionais: 3 efectivos.
– En centros con trece ou máis profesionais: 4 efectivos.

2º. Polo que respecta ao tramo de asistencia nos puntos de atención continuada, deben fixarse, asemade, os servizos mínimos necesarios para garantir a atención urxente aos usuarios/as, que non se pode aprazar sen consecuencias negativas para a saúde. Con esa finalidade, para a determinación dos servizos mínimos establécese como criterio reitor a cobertura do 100 % da actividade urxente.
IMG-20180301-WA0016IMG-20180301-WA0017

 

TRASLADOS E OPE

Infórmase que está previsto que o luns, 2 de decembro se publique no Diario Oficial de Galicia a convocatoria do concurso de traslados aberto e permanente da categoría de técnico/a superior en prevención de riscos laborais así como as puntuacións provisionais da fase de concurso da ope de celador/a, enfermeiro/a e grupo auxiliar da función administrativa.

 

PRÓXIMAS PUBLICACIÓNS DOG

log_dogInfórmase que está previsto que o luns, 2 de decembro se publique no Diario Oficial de Galicia a convocatoria do concurso de traslados aberto e permanente da categoría de técnico/a superior en prevención de riscos laborais así como as puntuacións provisionais da fase de concurso da ope de celador/a, enfermeiro/a e grupo auxiliar da función administrativa.

 

POSTURA DE CIG-SAÚDE ANTE A FOLGA DE 27 E 28 DE NOVEMBRO

573-32753-a-tou20cabreao2CIG-Saúde entende que a convocatoria de folga é a resposta das/os profesionais ante o desmantelamento da atención primaria que está a provocar a Consellería de Sanidade, medida que esixe unha solución global para toda a Atención Primaria.

Por todo isto, desde CIG-SAÚDE apoiamos esta mobilización. E apoiaremos todas as mobilizacións que se fagan en defensa da sanidade pública, e en contra das políticas que provocan que as/os profesionais non poidan realizar un traballo de calidade. A poboación tamén ten que participar das mobilizacións xa que o que está en perigo é a súa saúde.
huelga_27_28_nov

 

ADMITIDAS- EXCLUÍDAS LINGUA GALEGA

Achegámosvos os enlaces nos que podedes acceder ás Resolucións da Dirección Xeral de Recursos Humanos polas que se declaran, con carácter definitivo, as persoas aspirantes admitidas e excluídas, así como as exentas e non exentas do exercicio de lingua galega, e se nomean os tribunais cualificadores no concurso-oposición para o ingreso nas seguintes categorías de persoal estatutario:
 
 
- Odontóloga/o de atención primaria e Pediatra de atención primaria
 
 
 
Médica/o de familia de atención primaria.
 
 
 
- Fisioterapeuta.
 
 
 
Diversas especialidades da categoría de Enfermeira/o especialista.
 
 
 
- Técnica/o en coidados auxiliares de enfermería.
 
 
 
Persoal de servizos xerais, polos sistemas de acceso libre, promoción interna e discapacidade xeral.
 
 
  
 
As listas coa relación definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluidas de cada categoría e especialidade, con indicación do motivo de exclusión, e as declaradas exentas e non exentas da realización do exercicio de lingua galega, poderanse examinar na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), podendo acceder á referida información premendo no segunte enlace:
 
 
 
Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado pola persoa solicitante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.
 
 
RECURSOS
 
Contra estas resolucións as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Potestativamente, e con carácter previo, poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun (1) mes contado desde a mesma data.
 
 
 
 

O LASTRE DO "GRUPO DE EXPERTOS" EN PRIMARIA

Este grupo de expertos(non sei en qué) ven de facer unha valoración despectiva das enfermeiras que se trasladan dende hospitalaria a primaria, chámalles lastres(compre ter pacencia).
Non lles da a cabeciña para pensar que o que fan estas enfermeiras é mellorar a calidade asistencial de primaria cos experiencia aportada de tantos anos traballados no hospital.
En fin...Si estes son os expertos, imos de carallo.

Enfermeiras

 

BORRADOR CONCURSO ESPECÍFICO ENFERMEIRA ESPECIALISTA EN PEDIATRÍA

573-36683-a-ollopiollopHoxe celebrouse a Comisión Técnica para o Concurso Específico de Enfermeira Especialista en Pediatría
O SERGAS presentou a seguinte documentación sobre a convocatoria e requisitos dos candidatxs que queiran optar a estas prazas. 

¿CANTAS PRAZAS SE RECOLLEN?
Nel recóllense un total de 172 prazas para o concurso, disgregadas por áreas sanitarias.

¿QUENES PODEN PARTICIPAR? 
As prazas obxecto do concurso son as correspondentes ás enfermeiras que na data de publicación do decreto da creación da categoría , decreto 81/2016, do 23 de xuño, reunían os requisitos. 

Criterios para a determinación do número de prazas do concurso.

  • Ser persoal estatutario fixo a data do Decreto 81/2016, do 23 de xuño.
  • Estar en posesión do título de especialista (persoal que nesa data estivese en posesión do título de enfermeira especialista)
  • Traballar nunha unidade de pediatría de primaria ou hospital
  • Ter o título en FIDES, que é de onde as xerencias extraeron os datos.
  • Pode participar todo o persoal que reúna as condicións anteriores, aínda que na actualidade non preste servizo nunha unidade de pediatría.


Polo texto, falan dunha primeira convocatoria porque queren facer o concurso en dúas veces, como se 172 foran moitas prazas

Descargar borrador convocatoria
Descargar Decreto 81/2016

 

PRÓXIMA PUBLICACIÓN DOG TRIBUNAIS E LISTAS DEFINITIVAS E NON EXENTOS GALEGO

DOG_25_11_2019

 

CUADRO RESUMO FESTIVOS LOCAIS DISTRITO MONFORTE

Resolución sobre o calendario laboral do ano 2020 para a Provincia de Lugo (BOP 06/11/2019)
Descargar PDF Resolución páxina 3
Descargar imaxe resumo festivos 2020
Descargar PDF resumo festivos 2020

Recordar que está pendente que se publique a resolución no DOG. Según información facilitada pola Diputación de Lugo previsiblemente non se faga ata antes do 20/11/2019
resumen_festivos_2020

 
Máis artigos...

feed-image
Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info