gracias

CONVOCATORIA OPE VARIAS CATEGORÍAS

Servizo Galego de Saúde

CONVOCATORIAS OPE

·         RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso nas categorías de médico/a de urxencias hospitalarias e médico/a asistencial do 061.

Descargar PDF

·         RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso na categoría de médico/a de admisión e documentación clínica.

Descargar PDF

·         RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en diversas especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área.

Descargar PDF

 

ACLARACIÓNS INSCRICIÓN OPE

Bo día,

Para evitar posibles erros na inscrición que poden ter consecuencias graves para os/as aspirantes, vos envío esta aclaración sobre as quendas de acceso e o pago de taxas.

 

O/a aspirante pode inscribirse en 3 posibles quendas: Logo de finalizado o prazo de inscrición non se permitirá ningún cambio na modalidade de acceso.

 

-          Promoción interna:

1º. Ter a condición de persoal estatutario fixo doutra categoría de nivel académico igual ou inferior a aquela a que se pretende acceder.

2º. Estar en servizo activo en institucións sanitarias do Sistema público de saúde de Galicia e con nomeamento como persoal estatutario fixo durante, polo menos, dous anos na categoría de procedencia.

Deberán pagar as taxas que lle correspondan.

-          Quenda libre: deberán pagar as taxas que lle correspondan

-          Discapacidade xeral: 2 posibilidades

1.       Dispor no prazo de presentación de solicitudes do recoñecemento dunha discapacidade igual ou superior ao 33 %: está exento do pago de taxas

2.       Cando non dispoñan no momento de presentar a inscrición do certifica­do de recoñecemento do grao de discapacidade, deberán acreditar o seguinte:

§  O/a aspirante deberá ter solicitado o recoñecemento do grao de discapacidade ao órgano competente antes do remate do prazo de solicitudes

§  Deberá achegar a solicitude de recoñe­cemento de discapacidade

§  Deberán sinalar no formulario electrónico de inscrición a dita circunstancia no espazo habilitado para o efecto

§  Deberán efectuar o pagamento da taxa correspondente

Neste caso, cando se publiquen as listas provisionais de admitidos/as e excluídos/as sairá como excluído/a, e terá que achegar o certificado de recoñecemento do grao de discapacidade:

-          Se non lle chegou ou recoñece unha discapacidade inferior ao 33%, nas listas definitivas sairá admitido/a na quenda libre.

-          Se no prazo de reclamacións achega o certificado de discapacidade, pasará á figurar como admitido/a na quenda de discapacidade xeral e poderá solicitar a devolución das taxas aboadas.

 

Saúdos

 

CONVOCATORIA VARIAS CATEGORÍAS

Servizo Galego de Saúde

CONVOCATORIAS OPE

·         RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en diversas categorías de persoal sanitario de formación profesional.

Descargar PDF

·         RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso na categoría de pinche.

Descargar PDF

·         RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso nas categorías de logopeda e terapeuta ocupacional.

Descargar PDF

·         RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso na categoría de cociñeiro/a.

Descargar PDF

 

INFORMACIÓN COMISIÓN SEGUIMENTO PACS 18/12/2019

comisin_pacs_17_12_19

 

FELIZ NADAL

nadal_2

 

MESA SECTORIAL 13-12-2019

mesa_sectorial_1mesa_sectorial2

 

INFORMACIÓN REUNIÓN COMISIÓN SEGUIMENTO DE ACORDO PACS

cig_informa
Complemento de nocturnidade e festividade.


O pasado 18/12/2019 celebrouse  a Reunión de comisión de seguimento do acordo de PACs


Mercedes Castro, subdirectora do SERGAS explicou que o complemento do 100% da atención continuada xa esta incluído nos orzamentos do ano 2020. Será retribuido aos traballadores na nómina de xaneiro

 

ACLARACIÓN CONVOCATORIA 2020 COMPETENCIAS PROFESIONAIS

cig_informa

Ante as dúbidas que están xurdindo sobre a nova da Convocatoria 2020 Competencias Profesionais decir que non ten nada que ver coa convocatoria da carreira profesional

As competencias profesionais é un título que se obtén en Formación Profesional a través do tempo traballado e superación dunhas probas do ciclo formativo

Hai diferentes ciclos: Emerxencias sanitarias, Farmacia e parafarmacia... e outras titulacións que non son da rama sanitaria como poden ser Xestión administrativa,  Construción, Instalacións eléctricas e automáticas..

Se queres máis información:

  • Asesoría de información e orientación profesional. Teléfono: 981 546 538.
  • Asesoría de acreditación de competencias. Teléfono: 981 540 219.
 

OPE VARIAS CATEGORÍAS

573-36683-a-ollopiollopInfórmase que está previsto que o xoves, 26 de decembro se publique no Diario Oficial de Galicia a convocatoria de concurso-oposición para o ingreso nas categorías de cociñeiro/a, logopeda, pinche, técnico/a superior de anatomía patolóxica e citoloxía, técnico/a de farmacia, técnico/a superior de hixiene bucodental, técnico/a superior de imaxe para o diagnóstico, técnico/a superior de laboratorio de diagnóstico clínico, técnico/a superior de radioterapia e terapeuta ocupacional.

 

O venres, 27 de decembro publicarase a convocatoria dos procesos selectivos para o acceso ás categorías de médico/a de admisión e documentación clínica, médico/a asistencial do 061, médico/a de urxencias hospitalarias e facultativo/a especialista de área nas especialidades de: alergoloxía, análises clínicas, anatomía patolóxica, anestesioloxía e reanimación, anxioloxía e cirurxía vascular, aparello dixestivo, cardioloxía, cirurxía cardiovascular, cirurxía ortopédica e traumatoloxía, cirurxía torácica, cirurxía xeral e do aparello dixestivo, dermatoloxía médico cirúrxica e venereoloxía, endocrinoloxía e nutrición, farmacia hospitalaria, hematoloxía e hemoterapia, medicina física e rehabilitación, medicina intensiva, medicina interna, medicina nuclear, medicina preventiva e saúde pública, medicina do traballo, microbioloxía e parasitoloxía, nefroloxía, neurocirurxía, neurofisioloxía clínica, neuroloxía, obstetricia e xinecoloxía, oftalmoloxía, oncoloxía médica, otorrinolaringoloxía, pediatría e as súas áreas específicas, pneumoloxía, psicoloxía clínica, psiquiatría, radiodiagnóstico, radiofísica hospitalaria, reumatoloxía, uroloxía e xeriatría.

 

O prazo de inscrición estará aberto desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia ata o 31 de xaneiro de 2020.

 

 

CONVOCATORIA 2020 COMPETENCIAS PROFESIONAIS

xunta_de_galiciaPublicouse a Orde do 29 de novembro de 2019 pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais (código de procedemento ED517B).

  • A solicitude de participación no procedemento deberá presentarase obrigatoriamente por vía electrónica na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gale requirirá cubrir previamente os datos na aplicación informática que se atopa no enderezo www.edu.xunta.es/acreditacion, desde onde deberá xerarse o formulario normalizado. Esta aplicación está activa a partir do 13 de xaneiro de 2020.
  • Os datos relacionados coa documentación xustificativa do historial profesional e/ou formativo e dos requisitos de participación no procedemento deberán cargarse na devandita aplicación informática.
  • O prazo de presentación de solicitudes será desde o 13 de xaneiro ata o 7 de febreiro de 2020.
  • Só serán aceptadas as solicitudes que sexan entregadas por sede electrónica.

Para saber máis Descargar Orde

 

UNHA VEZ MAIS O SERGAS VENDENDO FUME

UNHA_VEZ_MAIS_O_SERGAS_VENDENDO_FUME

 

MANIFESTO DE APOIO Á PROBLEMÁTICA DO HOSPITAL DE VERÍN

Pronunciamento en contra do peche do paridoiro e das urxencias pediátricas no Hospital de Verín. Por unha Sanidade pública e de calidade en clave de xénero no rural galego.

Tras observar como durante estes últimos anos foron desaparecendo postos de traballo no Hospital Público de Verín en áreas tan importantes como Medicina Interna paliativos, Bloque cirúrxico, Traumatoloxía, Enfermería, etc, chegando incluso a desaparecer servizos como o de Dermatoloxía, agora o goberno da Xunta pretende darlle a puntilla a este hospital público pechando o Paridoiro e as Urxencias pediátricas.

As motivacións son as seguintes:

  1. Unha recomendación, non normativa, que aconsella a non apertura de novas maternidades en zonas con posibilidades inferiores a 600 nacementos ao ano. Esquecendo que esas mesma recomendacións tamén propoñen a revisión e avaliación das opcións, non o peche, das maternidades xa abertas con partos inferiores a 600 ao ano. Esquecendo tamén que esta cifra non a cumpre ningún dos hospitais comarcais galegos, polo que se entende que no futuro tamén se vai propor o peche dos seus paridoiros, así como os de tódalas clínicas e hospitais privados galegos que no acaden esas cifra, aos cales, por certo, se derivan as pacientes da sanidade pública por falta de persoal.

  2. O suposto perigo de perda de destreza dos profesionais sanitarios para atender partos xustificándoo na baixa natalidade da zona, co fin de agachar a falta de dotación de pediatras na sanidade pública galega. Esa suposta falta de destreza solucionaríase proporcionando formación aos profesionais ou creando equipas itinerantes sen eliminar o servizo. Ata o de agora os pediatras nin sequera poderían ter perdido destreza porque a súa praza non era en Verín, eran itinerantes.

  3. A suposta pouca distancia e tempo de traslado dende o Distrito Sanitario de Verín ao Hospital Universitario de Ourense, que dende a EOXI situaron en 43 minutos. Dato totalmente falso, pois ese tempo só se cumpre nun concello dos 11 que conforman o Distrito Sanitario de Verín (Verín, Monterrei, Cualedro, Castrelo do val, Oímbra, Laza, Riós, Vilardevós, A Gudiña, A Mezquita e Vilariño de Conso). Calquera pode comprobar que a gran maioría das poboacións que existen nestes concellos están a mais dunha hora de Ourense e incluso algunhas a mais de 1h:40m. Calquera tamén se pode imaxinar que pode pasar se xurde unha urxencia pediátrica dun neno de 0-14 anos en Pradoalbar, Mormentelos, Chaguazoso, etc, por poñer un exemplo, todos eles a mais de 1h:40m de Ourense. E non estamos falando so de potenciais pacientes que residan alí todo o ano, se non tamén dos posibles pacientes que pasen os seus períodos vocacionais nesas aldeas, que non son poucos, debido a gran emigración sufrida por todas as poboacións do rural ourensá.

Por todo isto e

  • Porque non queremos que se perdan postos de traballos da sanidades pública no Hospital Comarcal de Verín nin queremos que os seus traballadores se vexan obrigados a un traslado forzosa do seu posto de traballo a Ourense.

  • Porque non deron ningún motivo nin existe ningunha escusa técnica, médica ou política que xustifique o peche das urxencias pediátricas, deixando a moitas crianzas en perigo.

  • Porque os propios protocolos de transporte sanitario do SERGAS recomendan evitar que a muller grávida paira no transporte e a propia Xerencia da EOXI de Ourense recoñece que os profesionais do Hospital de Verín van ter que seguir atendendo os partos urxentes que non poidan chegar a Ourense, pero sen contar con pediatra nin servizo de paridoiro.

  • Porque non queremos que as mulleres e as crianzas do rural poñan en perigo a súa saúde e a súa vida e teñan menos dereitos que nas zonas urbanas.

Dende a Xunta de Persoal de Servizos Centrais da Xunta de Galicia reclamamos o mantemento dos postos de traballo do Paridoiro e das Urxencias pediátricas, por unha sanidade pública e de calidade en clave de xénero que non desatenda as necesidades sanitarias do rural galego.

 

EN RESPOSTA AO SR. XERENTE

Aquí podedes escoitar as declaracións a partir do min 1:10:20, mais ou menos.


573-66348-a-peidoEN RESPOSTA AO SR. XERENTE


Onte tiven a inmensa sorte de escoitar ao Sr. Xerente do hospital nunha entrevista.

Imos analizar a entrevista punto por punto para desmontar a cantidade de mentiras que alí contou.

1) Paridoiro.

Di que o paridoiro de Monforte non corre perigo, que vai seguir funcionando coma ata de agora. Como para fiarse, o mesmo lles dixo Feijoo hai uns meses, e o mesmo decían da área sanitaria de Monforte.

2) Contratacións.

Minte cando di que non son prazas de admisión. Son dúas prazas creadas a DEDO para dúas persoas contratadas, as cales se lles blinda o seu contrato, xa que si estiveran nunha interinidade coma él di, terían que cesar nos acomodos internos e esto non vai suceder.

Minte cando dí que non son prazas de nova creación, xa que non existían neste hospital, e no lugar no que estas persoas tiñan a interinidade contratáronse dous acúmulos.

Pero o mais alucinante de todo isto é que dende a CIG-SAÚDE temos pedido aumento de persoal para as plantas , que é onde verdadeiramente se necesita, e o Sr. Xerente sempre nos dixo que non se podía porque eso dependía de Santiago. Se ve que cando él quere non depende tanto.

Por certo di o Sr. Xerente que estas prazas teñen que reunir un “perfil”, xa nos imaxinamos que tipo de “perfil” necesita.

Outra cousa que nos chama a atención é que a estas prazas non poida acceder ningunha persoa do hospital en ningún concurso de traslados, nin a través de calqueira concurso público.

En canto ao que di que un deles leva dous anos desempeñando o posto, decir que é certo e que no seu momento non soupemos ver o que estaba preparando para denuncialo xa.

Como CIG-SAÚDE entonamos o noso mea culpa, e pedimos perdón aos traballadores por o ter denunciado antes.

3) Prazas de especialistas.

Seguimos cas mentiras, agora mesmo neste hospital falta un dixestivo e están sen cubrir as baixas dunha cardióloga e unha pediatra.

Ademais tampouco contamos xa nin cun médico codificador nin en admisión.

E por si esto fora pouco tampouco temos xa Subdirector de Xestión e dende hai tempo falta tamén o enxeneiro en meantemento.

Téñolle que recoñecer que conta unha verdade, que hai falta de especialistas, eso é así. Pero hai falta de especialistas porque eles mesmos se encargan de que así sexa creanco cousas a nivel estatal como a taxa de reposición asinada polo Partido Popular en Madrid coas centráis sindicáis estatais. Este é un acordo polo que so se pode substituir ao 10% das persoas que se xubilen, é decir de cada 100 que se xubilan substitúense 10.

Outro problema polo que non hai especialistas é que non aumentan as prazas de mir, se as tiveran aumentado non estaríamos agora con estes problemas. O que si é certo e que non hai especialistas pero so para os comarcáis.

Sr. Xerente pode enganar a cidadanía de Monforte, pero neste hospital todo o mundo sabe quen minte.













 

CONCENTRACIÓN VERÍN DIANTE DO PARLAMENTO

SOS-Concentracion-Verin-Parlamento-17122019

 

ACOMODOS INTERNOS

573-18369-a-tou20salton

ANUNCIO do 27 de novembro de 2019, da Xerencia da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, polo que se procede a darlle publicidade á resolución da mesma data pola que se convoca procedemento de mobilidade interna voluntaria entre unidades/servizos do Hospital Público de Monforte para o persoal fixo das categorías de persoal sanitario diplomado, sanitario de formación profesional e persoal de xestión e servizos
Descargar pdf
Descargar bases

 

ATAQUE AOS COMARCÁIS

 O peche do paritorio do H.C. de Verín é un paso mais na folla de ruta do SERGAS contra os hospitáis comarcáis. Dende hai algún tempo vemos como en case todos estes hospitáis hai unha falta de especialistas que o SERGAS non ten ningunha intención de cubrir. Como podedes comprobar no noso hospital non cubren a praza de dixestivo e temos verdadeiros problemas ca de cardio tamén, agora imos quedar tamén sin os dous médicos que tiñamos en admisión.
 A desculpa que poñen sempre é que non hai especialistas. Aquí compre decir, que é certo que non hai....Pero para os comarcáis. Para os Hospitáis grandes sempre atopan. A realidade é que non teñen ningún interés en atopar. De todolos xeitos algo de razón de que non atopan especialistas, teñen. Pero xa se encargan eles de que non haxa, primeiro permitíndolle aos colexios de médicos sacar prazas moi reducidas e segundo asinando en Madrid o goberno de Rajoy, cas centráis sindicáis UGT e CCOO a taxa de reposición.
 Esta taxa foi o remate final para os comarcáis porque como sabedes por culpa desta taxa só se poden substituir o 10% das persoas que se xubilen, é decir si se xubilan 100, cubrénse 10. En fin un desastre. Dende a CIG-SAÚDE levámolo denunciando dende o 2008.
 Por eso hoxe é moi importante a presenza de todos na concentración que hai ás 20,30 na Praza de España.
foto_vern
 

 

NOTA DE PRENSA

Ver noticia en Xornal de Lemos

nota_prensa_enf

 

PRAZAS A DEDO EN MONFORTE

573-30060-a-MOSKEAUPQNAOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN CON ROGO DE PUBLICACIÓN







CIG-SAÚDE quere denunciar a adxudicación a dedo de dúas prazas de enfermería no H.C. de Monforte.

Feitos:

Na última OPE de facultativos colleu plaza no servizo de admisión un médico de Vigo. Este facultativo non chegou nunca a incorporarse o hospital de Monforte, concedéuselle unha comisión de servizo e marchou para Vigo.

Acto seguido sae convocatoria desta praza como reserva de praza. Dita praza cóllea outro facultativo que tampouco chega a pisar o noso hospital, sona todo un pouco raro, non?

Este facultativo substituíse hai case dous anos cun enfermeiro nomeado a dedo, sin ningún tipo de requisito nin proceso selectivo.

É decir estamos substituíndo un facultativo cun enfermeiro sin pasar ningún tipo de proceso selectivo.

Pois agora vímonos de enterar que a outro facultativo que había vai quedar en Lugo por un motivo persoal co cal non temmos nada que decir.

O que si temos que denunciar é que se vai cubrir do mesmo xeito ca outra plaza.

É decir que se volve a cubrir outra plaza de facultativo con un enfermeiro e nomeado a dedo polo Director do Distrito. Outra vez sin ningún tipo de transparencia e sin pasar ningún tipo de proceso selectivo.

E por último, para rematar a desfeita estas dúas persoas son contratadas, e decir non teñen plaza en propiedade, co cal se lles está blindando un contrato de por vida ata que a xerencia decida.

E ainda mais é un agravio comparativo para todo o persoal do hospital que ten a súa praza xa que non poden acceder a estas prazas de ningún xeito, nin a través de acomodos internos, nin por medio dun proceso selectivo.




Por todo isto CIG-SAÚDE denuncia os dedazos que se están a producir neste hospital.

 

NOTAS OPE

573-15736-a-tou20acojonau4

As listaxes coas puntuacións provisionais da fase de concurso poderán consultarse na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), podendo acceder á información das distintas categorías premendo no seguinte enlace:
 
 
 
 
 
 
Cada aspirante poderá consultar o detalle da puntuación obtida nas distintas epígrafes do baremo no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.
 
 
 
 
 
 
RECLAMACIÓNS
 
Contra os resultados da baremación provisional, as persoas aspirantes poderán presentar reclamación ante o tribunal de selección no prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da respectiva resolución no Diario Oficial de Galicia, do 3 de decembro ao 17 de decembro de 2019
 
A estimación ou desestimación das reclamacións presentadas entenderase implícita na resolución pola que se aproben as puntuacións definitivas da fase de concurso, que se publicará no Diario Oficial de Galicia.
 
 

OPE E TRASLADOS

573-36683-a-ollopiollopServizo Galego de Saúde

·         RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario da categoría de técnico/a superior en prevención de riscos laborais.

Descargar PDF

·         RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicas as puntuacións provisionais da fase de concurso do proceso selectivo para o ingreso na categoría de grupo auxiliar da función administrativa, convocado pola Resolución do 1 de marzo de 2018.

Descargar PDF

·         RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicas as puntuacións provisionais da fase de concurso do proceso selectivo para o ingreso na categoría de celador/a, convocado pola Resolución do 1 de marzo de 2018.

Descargar PDF

·         RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicas as puntuacións provisionais da fase de concurso do proceso selectivo para o ingreso na categoría de enfermeiro/a, convocado mediante a Resolución do 1 de marzo de 2018.

Descargar PDF

 

CIG MONFORTE EN APOIO AO H.C. DE VERÍN

mani_vern_2A CIG-SAÚDE MONFORTE, estivo en Verín coa Plataforma en Defensa da Sanidade Pública,para defender que se manteñan os servizos nos hospitáis comarcáis. Pedimos que non se peche o paritorio e que se manteña o pediatra neste hospital.
Lembrámosvos que Monforte é un comarcal e o SERGAS segue coa súa estratexia de deesmantelalos para centralizar todo nos hospitáis de referencia.
Xa se sabe,"cando as barbas do veciño vexas cortar, pon as túas a remollar".

 
Máis artigos...

feed-image
Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info