LISTAS DE CONTRATACIÓN

Publícase hoxe no DOG a resolución pola que se fan públicos os resultados da baremación provisional no proceso de actualización de listas de selección temporal das categorías de Facultativo/a especialista de área de Psicoloxía Clínica, Farmacéutico/a de Atención Primaria e Médico/a especialista en Medicina do Traballo.

De conformidade co disposto no apartado II.3.2 do vixente Pacto, a baremación de méritos nas categorías de facultativo especialista de área de Psicoloxía Clínica e Medicina do Traballo efectuouse consonte o último baremo aprobado para a categoría de facultativo especialista de área, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 91, de data 14 de maio de 2013.

  • Listas provisionais (Facultativo/a especialista de área de Psicoloxía Clínica, Farmacéutico/a de Atención Primaria e Médico/a especialista en Medicina do Traballo). RESOLUCIÓN do 14 de abril de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización de listas de selección temporal de diversas categorías sanitarias. Descargar PDF