RELACIÓN DEFINITIVA DE ADMITIDOS/AS E EXCLUIDOS/AS NO CONCURSO DE TRASLADOS DE PERSOAL LICENCIADO SANITERIO

 

 

TRASLADOS INFO

 

Hoxe, 22 de xaneiro de 2018 publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación definitiva de admitidos/as e excluídos/ as e a resolución provisional do concurso de traslados para a provisión de diversas prazas básicas de persoal estatutario licenciado sanitario, convocado pola Resolución do 23 de maio de 2017.

 

As listas coa relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as por categoría, as puntuacións provisionais desagregadas por epígrafe do baremo e os destinos provisionais, se é o caso, asignados, están publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).



Os/ as concursantes admitidos/as disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para formular reclamación contra os resultados da baremación e adxudicación provisionais: do martes 23 de xaneiro ao luns 12 de febreiro de 2018.