REUNIÓN DE CIG-SAÚDE COA XERENCIA

Despois de ter solicitada coa xerencia unha reunión dende hai unha semana por fin hoxe nos recibiron.

Os temas que tratamos foron os seguintes:

-Os contratos dos catro facultativos(trauma,xine,farmacia e ollos).Os cales están cun  contrato para facer gardas.

Por parte da xerencia se nos di que non se poden ofertar contratos mellores por falta cartos.

A resposta da Cig é que nos non nos podemos permitir o luxo de deixar marchar facultativos porque xa hai bastantes problemas para que veñan a un hospital comarcal.Esto conleva a un aumento da lista de espera,a reorganización destas consultas e incluso a supresión de algunha delas.

-Xerencia Ünica.

Comentannos que van a vir da "consejería" a informar o todo o persoal de que vai ser a Xerencia  Única.

A nosa contestación foi que nos non estamos a favor da Xerencia Única porque vai a ir en prexuicio do noso hospital.

-Usuarios que se derivan a clínicas privadas.

O problema ven porque neste momento so contamos con tres anestesistas e non se están a cubrir as prazas que faltan.

Estamos agardando que se nos conteste a un escrito presentado o 25 de setembro sobre a actividade suspendida no hospital.

Esto foi o que deu de si a reunión.

 

Por certo decir tamén que o Xerente está puntualmente informado da nova pandemia de griPe P que está asolar ao SERGAS,xa que tiña enriba da mesa do seu despacho un folleto informativo da Cig-saude.Alégranos moito que esté tan ben informado.