NOTA DE PRENSA DA PLATAFORMA EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA

Perante as declaracións aparecidas na prensa sobre o suposto interés partidista que subxace detras das reivindicacións da Plataforma queremos deixar constancia dos seguinstes puntos.

A plataforma como tal é unha asociacion plural e independente que non ten vinculación orgánica con ningún partido, e que está aberta a calquera persoa a título individual, sexa cal sexa a sua simpatia ou militancia política, sempre que estea dacordo cos puntos que defendemos no noso manifesto. Os acordos e  as accións a desenvolver tómanse democraticamente e por maioria despois de as debater.

Porque nace a plataforma, e precisamente agora ? Nace  porque defendemos a Sanidade Pública que ten demostrado ser a mellor maneira de garantir unha atención de calidade e que chegue a todos os cidadáns independentemente do seu poder económico. Dende a chegada do novo goberno da Xunta de Galicia os paso que están a dar son poñer en cuestión o modelo de atención sanitaria pública, que temos a través dos seguintes pasos

  • diminuir o investimento para a sanidade, total e porcentualmente, como se pon de manifesto nos últimos orzamentos da Xunta
  • Dar entrada a grupos económicos privados no finanzamento e na construcción dos novos hospitais, que a cambio se faran cargo da explotación e xestion de distintas partes  dos mesmos ( evidentemente coa finalidade de gañar cartos, intoducese asi a rentabilidade económica como lei motiv principal, por riba da atencion á cidadanía). Inicialmente a parte propiamente sanitaria non se privatizaria, pero só é cuestion de tempo como xa se estan a facer os governos do PP en Madrid e Valencia (exemplo paradigmatico é o hospital de Alzira en Valencia )
  • Como do que se trata é de poñer exemplo cercanos, e que non se nos acuse de ver pantasmas, temos en Monforte a privatización do centro sociosanitario da Residencia do Morin, que foi vendido integramente a Caixa Galicia e Caixa Nova, eliminando a xestión pública xa prevista polo anterior goberno da Xunta.

 

A plataforma tamén nace pola alarma creada pola conselleira no mes de xuño de 2009 respecto a desaparición das areas Sanitarias da Mariña, Monforte e Valdeorras.

O modelo que ten en mente a conselleria de sanidade pretende  centralizar a xestion da Sanidade a nivel provincial, coa disculpa de mellorar a coodenación entre atención primaria e especializada quere crearse unha area de Xestión Integrada con sede en Lugo. Inicialmente a propia conselleira falou da desaparsición das areas Sanitarias da Mariña , Monforte e O Barco , ante as protestas cidadans  rectificou declarando que se manteñen as areas sanitarias, pero non descartou  que se centralice a xestión en Lugo.

Estamos convencidos de que se Area de Monforte perde a capacidade de xestión e planificación dos seus propios recursos, e pasa a depender dun único xerente provincial, o deterioro será imparable quedando un hospital a medio prazo gravemente disminuido , porque o que vai primar unha vez máis serán criteriso economicistas por riba das necesdidade da poboación.

 

A plataforma tamén nace pola preocupación polo Hospital de Monforte,

O deterioro na actividade nos últimos meses, con marcada diminución no numero de intervencions cirurxicas, aumento de traslados a centros concertados, plantilla escasa , sobrecargada e sen cobertura das baixas,  precarización nos contratos, contratos lixo que disuaden aos profesionais para vir a Monforte.

Este deterioro é publico e notorio , non so para a cidadania, senon tamén para os sindicatos medicos, por exemplo a CESM, que lle fai chegar as queixas a conselleria. Chama atencón que as cousas comezan a moverse dende que a Plataforma denuncia a situación. Carta da CESM o dia anterior a asemblea informativa da Plataforma e resposta da conselleria ao dia seguinte da asemblea autorizando a Cesm a ofrecer a traves da sua WEB unha oferta de emprego “de tapadillo “ para contratar de forma immediata a medicos con interinidade dende o primeiro dia  (enlace web)