PLENO NO CONCELLO SOBRE A ÁREA SANITARIA

Mentres o Xerente do Hospital lle pasaba as diapositivas ao dr.Sousa,na charla sobre disfunción sexual,diante dunhas quince persoas,celebrábase o pleno no concello sobre o futuro da área sanitaria de Monforte,cun salón de plenos cheo ata a bandeira.

 No debate comenzou como sempre o sr.Dámaso decindo por enésima vez que a plataforma estaba manipulada polo BNG,que non era verdade que o hospital fora ser xestionado dende Lugo e que o único que podía pasar có decreto era que millorara.

En primeiro lugar decir que a plataforma non está manipulada por ninguén,que hai persoas con distintas sensibilidades políticas,libres para opinar o que queiran sin ter que renderlle contas a ninguén,non como él que ten que acatar as directrices que veñen do seu partido en Santiago.

En segundo lugar decir que o hospital ía ser xestinado dende Lugo casi con total seguridade.Non sei si agora, despois de todas as movilizacións feitas polos Monfortinos, conseguiron que se recuara dende a consellería.Ogallá fose así.

E terceiro dubidamos moito que se sae adiante o decreto se vaia a mellorar o hospital,porque se lles rescindíu o contrato a sete especialistas,podéndollo renovar e se lle fai ós que quedan contrato mes a mes(como no caso do anestesista),si a xerencia vai estar en Lugo xa nos dirá o señor Dámaso como pretenden mellorar esto.

Despois de dúas horas de debate,a portavoz do BNG retou o sr. Dámaso a que asumira responsabilidades e presentara a súa demisión como concelleiro e como diputado si o final sae o decreto e a xestión pasa a depender de Lugo.Por suposto o sr.Dámaso puxo cara de póker e non dixo nin mu.

O final,¡¡¡¡¡SORPRESA!!!! o PP votou a favor da proposta da plataforma polo que se aprobou por unanimidade(non sabemos si levarán un tirón de orellas por parte de Santiago, ou votaron a favor pensando nas próximas eleccións municipais).

Deixmos aquí unha ligazón da noticia publicada n'A Voz.