LISTAS DE CONTRATACIÓN

573-47409-a-libroO xoves 11 de marzo sairá a resolución do 5 de marzo de 2010, da Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, pola que se procede a dar publicidade ás listaxes definitivas de persoas aspirantes a vinculacións temporais nas institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en diversas categorías sanitarias e de xestión e servizos, correspondentes ao proceso de incorporación de novos méritos e selección de novas persoas aspirantes, formalizado pola resolución do 1 de abril de 2009 do citado centro directivo.

As listaxes definitivas estarán expostas nos taboleiros de anuncios das direccións provinciais e das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, así como na páxina web do Organismo (www.sergas.es).

Contra esta resolución, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada perante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde (de ser ocaso, recurso-potestativo de 'reposición, polo que respecta ao persoal médico de urxencias hospitalarias), no prazo dun mes contado a partir do dia seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Técnico/a en coidados auxiliares de enfermería

Persoal de enfermería (DUE)

Persoal médico de familia

Persoal médico de urxencias hospitalarias

Pediatra

Odontólogo e odontóloga

Matrón e matrona

Cociñeiro e cociñeira

 

Non foi sen tempo.