CURSOS ACIS 2020

RESOLUCIÓN conxunta do 27 de decembro de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos e da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde, pola que se convoca o Plan de formación continua para o persoal deste servizo.
Descargar PDF

Só se poderá solicitar a participación nun máximo de seis actividades formativas por ano.
Prazos de inscrición A partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata un mes antes do inicio de cada actividade formativa
Anulación de reserva: Se a/o aspirante seleccionada/o para a realización dunha actividade formativa decide non asistir a ela, deberá comunicar a súa renuncia a través da páxina web da Acis cunha antelación mínima de catro (4) días naturais ao da data fixada para o inicio da citada actividade. De non facelo así, e agás motivo xustificado, baseado en causa de forza maior ou acontecemento imprevisible, non será admitida/o en ningunha outra actividade formativa no transcurso dos doce (12) meses seguintes.