PRÓXIMAS PUBLICACIÓNS DE TRASLADOS MÉDICOS DE FAMILIA E NOMEAMENTO DE VARIAS CATEGORÍAS

log_dogInfórmase que está previsto que o luns, 11 de novembro se publique no Diario Oficial de Galicia a Resolución pola que se inician os prazos de incorporación do concurso de traslados da categoría de médico de familia.

Os/as profesionais que resulten adxudicatarios/as de destino neste proceso e estean a prestar servizos no Sistema Público de Saúde de Galicia cesarán o primeiro día hábil seguinte a esta publicación, iniciándose a partir do día seguinte a este os correspondentes prazos posesorios.

Infórmase así mesmo que o martes, 12 de novembro publicarase no Diario Oficial de Galicia a resolución de nomeamento dos aspirantes seleccionados no proceso selectivo das categorías de médico/a de familia, técnico/a superior en documentación sanitaria, enxeñeiro/a técnico/a, grupo técnico da función administrativa e grupo de xestión da función administrativa.

Os aspirantes que obtivesen destino neste proceso dispoñen do prazo dun mes para a súa incorporación, que se inicia o día seguinte ao da súa publicación.