NOTA DE PRENSA

hospital-monforte
NOTA PRENSA ÍNTEGRA

AOS MÉDIOS DE COMUNICACIÓN CON ROGO DE PUBLICACIÓN

A sección sindical de CIG-SAÚDE no H.C. de monforte quere denunciar a eliminación do Subdirector de Xestión no hospital comarcal de Monforte de Lemos, esto supón un paso mais na nosa dependencia de Lugo.


A partir de agora toda a xestión pasará a levarse dende o HULA quedando Monforte sempre a expensas do que alí decidan.

Os únicos directivos que quedarán en Monforte, serán o Xerente Executivo e a Subdirectora de Enfermería.

A figura do Subdirector de Xestión, aparte de xestionar os cartos e as obras que se produciran no hospital, era tamén a encargada do persoal non sanitario polo tanto calqueira problema que xurda teremos que tratalo en Lugo ca dificultade que esto supón.

Este problema xa o denunciamos no momento no que saíu o decreto de Xestión Integrada, unha das cousas que contemplaba era a desaparición das subdireccións de xestión dos hospitáis comarcáis. Chamáronnos alarmistas pero o final por desgracia cumpríuse o que nós deciamos.

Outro pasiño mais para rematar co noso hospital.

Vicente Vázquez Vázquez, responsable local de CIG-SAÚDE no hospital.


Monforte 4 de novembro de 2019

Nota prensa A Voz de Galicia
Nota prensa Xornal de Lemos
Nota prensa Diario de Lemos
Avantar