CIG Saude | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | 061 | AgMedica


logocigsaudebarco4


<<  Setembro 2017  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
      1  2  3
  4  5  6  7  8  910
11121314151617
18192021222324
252627282930 
Frase pra baixar os modulos en firefox

ENQUISA “ necesidades formativas” Imprimir Correo-e
Formación
Luns, 18 Setembro 2017 07:48

Asunto: Plan de Formación AFEDAP 2018

Estimados/as compañeiros/as,

 Ao longo deste mes de setembro temos a disposición de todo o persoal do Servizo Galego de Saúde unha enquisa para recoller as súas necesidades formativas. Agradézovos a súa difusión.

 Enlace: http://www.necesidadesformativas.gal/

Os resultados obtidos serán de gran valor para preparar o Plan de Formación AFEDAP 2018.

Informacion enviada dende o sergas.

 
Xornada CIBERACOSO: VIOLENCIA DE XÉNERO E MOCIDADE Imprimir Correo-e
Formación
Luns, 18 Setembro 2017 07:40

Información sobre a Xornada CIBERACOSO: VIOLENCIA DE XÉNERO E MOCIDADE, que terá lugar o 10 de outubro de 2017,

no Consello da Cultura Galega, organizada pola Comisión de Igualdade e coa coordinación de Carme Adán Villamarín e Nieves Santomé Couto.

Podes consultar o programa completo.

O pensamento feminista en xeral e os feminismos organizados en concreto contribuíron decisivamente a que a violencia contra

as mulleres saíra do peor dos lugares, o da inexistencia produto do silenciamento. Rachar o silencio implica coñecer, deixar de

mirar para outro lado, e permite abrir vías para afondar nas lóxicas sociais e culturais que estruturan a dita violencia.

 

Atender as súas constantes, variacións e reactualizacións para poder intervir ata conseguir erradicala é un obxectivo necesario.

Para iso, o esforzo por dotármonos de conceptos, termos e espazos de reflexión que permitan pensar, comprender e atender e

sta realidade en toda a súa complexidade foi e segue a ser fundamental.


As mozas sofren a violencia en diferentes contornas, na familiar, na escolar e tamén nas primeiras relacións afectivas.

A reprodución de estereotipos sexistas, a comprensión do amor como dominación e control ou a “normalización” da cultura

da violación fan necesario desenvolver ferramentas educativas e lexislativas que permitan previr e tratar todas as novas formas

de violencia. As redes sociais e o ciberespazo poden devir en espazos de liberdade e transformacións e, tamén, en novas trampas

para reproducir os modelos de submisión e violencia contra as mulleres.


Atendendo a isto, desde a Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega consideramos importante contribuír ao

debate social, e articulamos unha xornada que, desde unha óptica multidisciplinar, antropolóxica, educativa, xurídica,

policial, entre outras, permita afondar na relación violencia e mocidade nas contornas vinculadas coas novas tecnoloxías.

Propoñemos unha achega ás novas formas de violencia que, acotío e a través do ciberespazo, se traducen en formas de

control e dominación sobre as mozas.


Nesta xornada contaremos coa participación de Rita Laura Segato (profesora de Antropoloxía e Bioética na Cátedra UNESCO

da Universidade de Brasilia), Paz Filgueira Paz (xuíza experta en violencia de xénero), Ana Torres Jack (psicóloga e

orientadora educativa. Autora de Máis aló do azul e do rosa.

Como previr a desigualdade de xénero e a violencia machista desde a familia), Sonia Rama (inspectora da Policía Nacional

e investigadora da USC) e Antonio Rial Boubeta (investigador). Na Sesión "Mulleres con voz", participarán mulleres que,

despois de vivir o silencio da violencia, falarán das súas experiencias empregando a palabra como forma de intervención

e transformación.


Máis información e INSCRICIÓN.

 
Especialidades sanitarias Imprimir Correo-e
OPE
Luns, 18 Setembro 2017 07:34

MINISTERIO DE SANIDAD, SERVICIOS SOCIALES E IGUALDAD

Especialidades sanitarias

·         Orden SSI/876/2017, de 12 de septiembre, por la que se aprueba la oferta de plazas y la convocatoria de pruebas selectivas 2017 para el acceso en el año 2018, a plazas de formación sanitaria especializada para Médicos, Farmacéuticos, Enfermeros y otros graduados/licenciados universitarios del ámbito de la Psicología, la Química, la Biología y la Física.

PDF (BOE-A-2017-10580 - 256 págs. - 11.416 KB)
Publicado no BOE o dia 15-09-17
 
listas de contratación varias categorias Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Venres, 15 Setembro 2017 08:57
  • RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a orde de 
  • prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das 
  • listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario.Descargar PDF

      As categorías son:

      - Facultativo/a especialista de área de medicina do traballo,
      - Facultativo/a especialista de área de psicoloxía clínica,
      - Farmacéutico/a de atención primaria,
      - Fisioterapeuta,
      - Logopeda,
      - Médico/a asistencial do 061,
      - Médico/a coordinador do 061,
      - Odontólogo/a de atención primaria,
      - Terapeuta ocupacional e
      - Traballador/a social

 
NOVA CONCENTRACION POLAS ÁREAS Imprimir Correo-e
Actualidade
Mércores, 13 Setembro 2017 12:56

area_Captura.JPG_13-9-17  20170913_120630

 
PREVISIONS OPE-TRASLADOS:MESA SECTORIAL DE 2-8-2017 Imprimir Correo-e
Traslados
Martes, 08 Agosto 2017 12:31

OPEs 2016 que xa están convocadas: os examen serán na 2° quincena de outubro- 1° quincena de novembro

OPE Celador de discapacidade intelectual:

- Comisión técnica en setembro

- Convocatoria en outubro

OPEs sen convocar da oferta de emprego 2016: van a esperar á publicación da oferta de emprego 2017.

Publicación da oferta de emprego 2017, no último trimestre do 2017.

Concurso de traslados FEAS: publicación das listas provisionais de admitidos/excluidos a finais de setembro.

Concurso de traslados aberto e permanente: creen que están en disposición de facer a primeira convocatoria en outubro tanto para persoal sanitario como non sanitario.

 
OPE ANDALUCIA Imprimir Correo-e
OPE
Martes, 08 Agosto 2017 12:28

Andalucía publica su OPE 2017: 3.553 plazas para personal del SAS

La convocatoria aprobada mantendrá los temarios del último concurso-oposición celebrado el pasado año

https://www.redaccionmedica.com/autonomias/andalucia/andalucia-publica-su-ope-2017-3-553-plazas-para-personal-del-sas-7777

 
REXEITAMOS A SUPRESION DASAREAS SANITARIAS DE O BARCO,A MARIÑA,MONFORTE E O SALNÉS Imprimir Correo-e
Actualidade
Martes, 08 Agosto 2017 11:54

Captura.JPG_CARTAZ_AREA

CIG-Saúde pide a retirada do anteproxecto que SUPRIME as áreas sanitarias do Barco, A Mariña, Monforte e o Salnés

Advirte que reforma presentada pola Consellaría suporá afastar a atención sanitaria da cidadanía e recortar servizos e persoal

   A CIG-Saúde solicita a retirada inmediata do anteproxecto de Lei presentado onte na mesa sectorial do SERGAS, polo que se suprimen as actuais áreas sanitarias do Barco, A Mariña, Monforte e O Salnés. O obxectivo do PP con esta reforma é avanzar nas políticas de desmantelamento da sanidade pública -dando cabida á iniciativa privada-, provocar unha perda do número de camas e servizos nos hospitais comarcais, dificultar a accesibilidade aos servizos sanitarios, paralizar a reforma da atención primaria, reducir o número de traballadores/as e precarizar as súas condicións laborais.

Para a CIG-, a Consellaría "está a confundir a xestión integrada, coa modificación  do mapa sanitario", xa que se suprimen as actuais áreas sanitarias para crear unhas áreas maiores na súa extensión territorial, afastando deste xeito a resolución dos problemas "da cidadanía e das/os traballadoras/es".

Dificultar a accesibilidade ao sistema

Agora, a planificación sanitaria realízase atendendo as necesidades da poboación, mais con este cambio "a planificación farase en función dos recursos sanitarios existentes, se non hai recursos non hai asistencia",   os grandes hospitais de referencia absorberán a maior parte dos recursos sanitarios e a poboación terá que desprazarse desde o seu domicilio até estes centros, que nalgúns casos están a máis de 100 km.

"Lamentamos que  a introdución de sistemas de xestión integrada no Servizo Galego de Saúde non  teña  como obxectivo a mellora da accesibilidade ao sistema sanitario público.

Con esta medida, a Xunta do PP só pretende dificultar a accesibilidade da poboación ao sistema sanitario público"

Pola contra, a CIG aposta por un decreto para crear as Áreas de Verín, Barbanza e Cee, e para habilitar esas áreas como ámbitos susceptíbeis de seren xestionados de forma integrada con Atencion Primaria.

É dicir, densenvolver unha xerencia de área sanitaria próxima, con funcións de identificación de necesidades de saúde,  planificación e xestión asistencial, de saúde pública e saúde laboral e socio-sanitaria. Isto posibilitaría un modelo integral "que favoreza o coñecemento dos problemas de saúde da súa zona e, ao mesmo tempo, a eficacia e a continuidade da atención, co lóxico beneficio para os usuarios e usuarias".

Reforzar a atención primaria

O Goberno galego quere a centralización da xestión e recursos da sanidade pública, a CIG-Saúde denuncia o abandono por parte da Consellaría "do maior proxecto pactado para traballar pola continuidade asistencial": o Plan de Mellora da Atención Primaria.

As actuais EOXIs condicionan de xeito negativo a Atención Primaria, xa que perderon autonomía no desenvolvemento dos seus proxectos  e quedaron  funcionalmente subordinadas ás estratexias de xestión do centro hospitalario de referencia. "A atención primaria precisa de maior impulso para mellorar a súa calidade, a dotación de persoal e recursos, e acadar un correcto funcionamento da súa carteira de servizos, actualmente subdesenvolvida".

Precarización do emprego

Dende CIG-Saúde tamén se teme que o SERGAS pretenda utilizar a reforma da actual da Lei para o traslado forzoso das/os profesionais e para os desprazamento forzoso entre centros, "cun posíbel cambio da normativa e das regras de xogo na mobilidade voluntaria tanto interna (nos actuais centros) como externa (nos concursos de traslados)".

 
tomadura de pelo do sergas na Mesa Sectorial Imprimir Correo-e
Actualidade
Martes, 08 Agosto 2017 10:31

CIG-Saúde cualifica de “nova tomadura de pelo” ao persoal da sanidade pública a Mesa sectorial deste mércores

Santiago de Compostela, a 2 de agosto de 2017

Captura.JPG_nota_M._S._acordos

 
enxeñeiro/a técnico/a, grupo de xestión da función administrativa, grupo técnico da función administrativa, técnico/a de grao medio en Prevención de Riscos Laborais, técnico/a superior de Prevención de Riscos Laborais, técnico/a especialista de Sistemas e Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Xoves, 29 Xuño 2017 08:10
  • Listas de contratación: RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario.

Descargar PDF

 
lista definitiva de admitidos/excluídos e os membros dos tribunais Imprimir Correo-e
OPE
Martes, 13 Xuño 2017 07:42
  • RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación definitiva das persoas aspirantes admitidas e excluídas, así como das exentas e non exentas do exercicio de lingua galega, e se nomea o tribunal cualificador do concurso-oposición para o ingreso na categoría de técnico/a superior en prevención de riscos laborais, convocado mediante a Resolución do 22 de decembro de 2016.

Descargar PDF

  • RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación definitiva das persoas aspirantes admitidas e excluídas, así como das exentas e non exentas do exercicio de lingua galega, e se nomean os tribunais cualificadores do concurso-oposición para o ingreso nas categorías de técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información, técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información e traballador/a social, convocado mediante a Resolución do 22 de decembro de 2016.

Descargar PDF

  • RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación definitiva das persoas aspirantes admitidas e excluídas, así como das exentas e non exentas do exercicio de lingua galega, e se nomea o tribunal cualificador do concurso-oposición para o ingreso na categoría de médico/a de admisión e documentación clínica, convocado mediante a Resolución do 22 de decembro de 2016.

Descargar PDF

  • RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación definitiva das persoas aspirantes admitidas e excluídas, así como das exentas e non exentas do exercicio de lingua galega, e se nomean os tribunais cualificadores do concurso-oposición para o ingreso nas categorías de odontólogo/a e pediatra de atención primaria, convocado mediante a Resolución do 22 de decembro de 2016.

Descargar PDF

  • RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación definitiva das persoas aspirantes admitidas e excluídas, así como das exentas e non exentas do exercicio de lingua galega, e se nomean os tribunais cualificadores no concurso-oposición para o ingreso en diversas especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área, convocado mediante a Resolución do 22 de decembro de 2016.

Descargar PDF

  • RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación definitiva das persoas aspirantes admitidas e excluídas, así como das exentas e non exentas do exercicio de lingua galega, e se nomean os tribunais cualificadores do concurso-oposición para o ingreso nas categorías de médico/a asistencial do 061, médico/a coordinador/a do 061 e médico/a de urxencias hospitalarias, convocado mediante a Resolución do 22 de decembro de 2016.

Descargar PDF

 
Cualificacións profesionais Imprimir Correo-e
Actualidade
Luns, 12 Xuño 2017 09:56
  • Real Decreto 581/2017, de 9 de xuño, polo que se incorpora ao ordenamento xurídico español a Directiva 2013/55/UE do Parlamento Europeo e do Consello, de 20 de novembro de 2013, pola que se modifica a Directiva 2005/36/CE relativa ao recoñecemento de cualificacións profesionais e o Regulamento (UE) n.º 1024/2012 relativo á cooperación administrativa a través do Sistema de Información do Mercado Interior (Regulamento IMI).

PDF (BOE-A-2017-6586 - 161 págs. - 4.595 KB)

 
CONCURSO DE TRASLADOS FEAs. Imprimir Correo-e
Traslados
Luns, 05 Xuño 2017 08:55
  • CONCURSO DE TRASLADOS FEAs.

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso de traslados para a provisión de diversas prazas básicas de persoal licenciado sanitario deste organismo.

Descargar PDF

   O prazo para a presentación das solicitudes de participación no concurso será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

 
CORRECCIÓN DE ERROS Imprimir Correo-e
OPE
Venres, 02 Xuño 2017 08:06

Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos

  • CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 24 de maio de 2017 pola que se fan públicos o lugar e a data de realización dos exercicios da fase oposición do proceso selectivo para a cobertura de postos de traballo desta axencia mediante contratación laboral fixa, convocado pola Resolución do 20 de xaneiro de 2015.

Descargar PDF 

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

20100407_hospitalvigo_04
573-81933-a-carrabxo
573-82097-a-pedra
573-82150-a-berro
573-82153-a-dixo
573-82384-a-manifa
573-82578-a-SERVIZOS20PUBLICOS-1
573-82696-a-qg
573-82703-a-DESPIDO20BARATO
573-82728-a-pontevedra
573-82843-a-queremos
573-83156-a-dspi2
573-83252-a-pon
573-83361-a-qgconcerto
573-83720-a-santiago
I1133
www.cig-saude.info | O Barco | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | Cee | 061 | AgMedica

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info