CIG Saude | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | 061 | AgMedica


logocigsaudebarco4


<<  Novembro 2019  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
      1  2  3
  4  5  6  7  8  910
11121314151617
18192021222324
252627282930 
Frase pra baixar os modulos en firefox

seleccionad@s curso de plan de emerxencias hospitalarias Imprimir Correo-e
Formación
Martes, 09 Novembro 2010 12:03
Relación de persoal seleccionado para o curso de plan de emerxencias hospitalarias que se celebrará do 15 ó 18 de outubro no salón de actos do HCV de 9 h a 14 horas.

SELECCIONAD@S


LÓPEZ FERNÁNDEZ SONIA
ARES ÁLVAREZ CONCEPCIÓN
SANTOS LOPEZ OLGA
CARRERA FORTES GERARDO
RODRIGUEZ  FERNANDEZ AURORA
RODRIGUEZ PAIS OLIVA
LOPEZ REDONDO Mª VICENTA
CEBRIÁN RIVERO Mª ANTONIA
MON PRIETO YOLANDA
RODRÍGUEZ RIVERA CRUZ
ACEBRÁS NÚÑEZ M PILAR
PEREIRA PÉREZ M AMPARO
COTELO VARELA M CARMEN
DÍAZ NIETO PILAR
ARIAS FERNÁNDEZ M JOSÉ
CAO MACÍAS M PILAR
ÁLVAREZ ANTÓN PETRA PILAR
VUELTA ÁLVAREZ SILVIA
ALONSO BLANCO NIEVES
PARADELO TORRES MANUELA




RESERVAS:

 1 GRANDE JARES Mª NIEVES
 2 FERNÁNDEZ GÓMEZ ANTÍA
 3 ÁLVAREZ ARIAS Mª ISABEL
 4 RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ JOSEFA
 5 REY FERNANDEZ ENRIQUE
 6 RODRIGUEZ RIVERA ANTONIO
 7 PÉREZ ÁLVAREZ LORENA
 8 GARCÍA ESTÉVEZ Mª ÁNGELES
 9 PACIOS FERNÁNDEZ M ELYDIA
10 RODRÍGUEZ ÁLVAREZ M DOLORES
11 LUIS GARCÍA PURIFICACIÓN
 
autobus manifestación en Ourense Imprimir Correo-e
Actualidade
Martes, 09 Novembro 2010 11:17

CIG-Valdeorras pon un autobús gratuíto para participar nas manifestacións do 18 de novembro

As/os interesados/as poderán anotarse até o lúns 15 no local da central no Barco de Valdeorras ou chamando por teléfono.

988 321 511

 

A CIG-Valdeorras fai un chamamento a todas/os as/os traballadoras/es para que acudan masivamente o vindeiro xoves día 18 de novembro a manifestarse en contra da Reforma Laboral e das Pensións. Para facilitar a participación, a central porá un autobús gratuíto que sairá ás 18:00 horas do Concello do Barco de Valdeorras e regresará ao mesmo lugar ao remate da mobilización.

 

Os/as interesedas/os en desprazarse mediante este BUS poderán anotarse até o Lúns 15 de Novembro ás 20.00 horas, no local da CIG-Valdeorras ou chamando ao teléfono 988 321 511. Se algún compañeiro/a de VILAMARTIN, A RUA, QUIROGA, MONFORTE,  quere participar na MANIFESTACION, que se desenvolverá en OURENSE, deberá comunícalo o sindicato para poder organizar as paradas.

 

Dende a CIG-Valdeorras anímase a todas/os as/os traballadoras/os a partícipar nas mobilizacións porque “ temos motivos suficientes para acudir a esta MANIFESTACION.

 

Temos que seguir loitando e por iso que que o Xoves 18 de Novembro  a túa presencia e fundamental para dar unha gran resposta a estas politicas do goberno.

 
Reuniois co SERGAS (OPE, traslados e contratación)) Imprimir Correo-e
Traslados
Luns, 08 Novembro 2010 12:45
A semana pasada tiveron varias reuniois sobre as futuras OPEs e traslados e o seu regulamento, a negociación está moi verde e aínda vai durar tempo, ademais nestas reuniois abordaronse temas que afectan ó momento actual, desglosamos unha a unha as reuniois celebradas e o que nelas se tratou. gif_con_bandeira

Na primeira reunión por parte da Administración expóñense os que se consideran puntos críticos del sistema, advertindo a posibilidade de que a estes se poda engadir calquera outro a proposta das organizacións sindicais.

En relación coas bases da convocatoria proponse:

- Inclusión do requisito de non ter a condición de persoal estatutario fixo da mesma categoría/especialidade para a participación na OPE.

-     Realización dun protocolo que regule as situacións derivadas da ausencia de capacidade funcional do profesional:

  • respecto da OPE: adaptacións dos postos de traballo
  • respecto do concurso de traslados: posuír a capacidade funcional necesaria para o acceso a praza a que se opta.

En relación co proceso, sinálanse como temas primorciais a tratar:


-         TRIBUNAIS:

  • Designación dos tribunais
  • Formación dos membros dos tribunais: proponse a elaboración dunha guia formativa para os membros dos tribunais cualificadores do proceso.
  • Definición das funcións de cada un dos membros do tribunal: realización dun documento onde se recolla a función de cada un dos membros do tribunal.

-         EXAME:


Infórmase da intención da Administración de replantearse o sistema de exame (bateria de preguntas, sistema mixto no que exista unha parte de elaboración polo tribunal e outra de bateria de preguntas..), coa finalidade de acadar un sistema que implique unha maior transparencia e seguridade cara ao aspirante, dando a posibilidade ás organizacións sindicais de que realicen as propostas que estimen oportunas nesta materia.


Na segunda reunión isto foi o que aconteceu:

Ao comezo da reunión a Administración realiza dúas propostas:

  • Introducir como causa de suspensión de chamamentos a realización de estudos académicos oficiais, ao que, en principio, non nos opoñemos.
  • Sobre un escrito de persoal do COF de Monforte no que denunciaban a cobertura por substitución dun posto de Auxiliar Administrativo chamando pola lista de PSX e mediante un vínculo de acumulación de tarefas. A administración propón manter o contrato porque a persoa que se contratou vai facer funcións que superan ás de Aux. Admtvo (apertura e peche de portas, transporte de mostras…). Ante esta proposta, desde CIG-Saúde negámonos en redondo a aceptar que a xerencia correspondente cambie, inda que sexa de xeito provisorio, o cadro de persoal. Solicitamos que se revogue o nomeamento e que sexa cuberto por persoal da mesma categoría a cubrir. A Administración decide solicitar máis información sobre a situación concreta e tomar unha decisión ao respecto en base a ela.
Os seguintes puntos tratados na reunión foron os seguintes:

Temas levados á mesa por CIG-Saúde:

  1. TER embarazada. Ante a situación que se produciu na Dirección Provincial da Coruña ao excluir da lista de TER a unha muller embarazada alegando que non tiña a capacidade funcional para o posto, a Administración recoñece que ese feito foi totalmente irregular, mais tamén fala dos problemas que acarrean este tipo de situación en que non hai postos adecuados para mulleres en situación de gravidez. Como este tema xa foi tratado co servizo de prevención do SERGAS, elaboraron unha guia para unificar criterios. Faranlle chegar a todos os centros a guía para que estes  determinen que postos dentro dos servizos de RX poden ser ocupados por mulleres embarazadas. No mes de decembro, nunha reunión da comisión de seguimento, entregarannos esta informacións. Esto implicaría que as aspirantes terían que notificar a súa situación de embarazo. Desde CIG-Saúde manifestamos que en todos os centros deben de existir postos que poidan ser cubertos por mulleres embarazadas, Nos hospitais non hai postos fixos, rótase, logo é un problema de organización da empresa e non pode repercutir en que se penalice a xente sen ser chamada pola lista como lle corresponde. O embarazo non é unha IT, non é unha enfermidade. Solicitamos a adaptación de postos en todos os casos.

A guía está elaborada e pechada. Pedirán aos centros que conforme a esa guía envíen un listado de postos que se poden ou non adaptar.

  1. TER sen formación en resonancia. Tamén na Coruña saltaron na lista de TER unha persoa porque non tiña formación en resonancia. A Administración tamén recoñece esta irregularidade. Cómo se vai compensar á traballadora? O tema valorarase na seguinte Mesa de Seguimento, posto que inda non chegou oficialmente a ela.
Matronas. Hai unha serie de matronas que quixeron apuntarse nas últimas listas automáticas por promoción interna, pero por uns poucos días non cumprían o requisito dos dous anos con praza. Porén están traballando como matronas. Solicitamos que se habiliten nas listas de promoción interna correspondente. A Administración quere ter seguridade xurídica. Consultarán o tema e de poder facerse, será realizado. Comunicarán a solución que acaden. 
  1. TCAE Pool. Hai unha persoa que non lle foi puntuada a parte proporcional que lle correspondía por permanencia no Pool. O recurso de alzada tamén foi desestimado, alegando que na Dirección Provincial da Coruña acordaran facelo así para todo o mundo, mais isto prexudica á xente que estivo apuntada nas listas Pool. Comprobarán qué pasou e tentarán solucionalo.

Desde CIG-Saúde queixámonos da descoordenación entre o departamento de recursos e reclamacións e as decisións da Mesa. Asumen que isto é certo, e están buscando xeitos de solucionalo, como que a xente de recursos e reclamacións participe nas Mesas.

 

Na terceira reunión  o primeiro que fixemos foi alegar sobre o resumo elaborado polo SERGAS, posto que as nosas posicións están mal recollidas. Sobre a capacidade funcional o que dixemos é que debe valorarse aos/ás aspirantes posteriormente aos procesos selectivos e nunca antes deles. E en canto á posibilidade que plantexaba o SERGAS sobre impedir que se presente á OPE xente que xa teñan praza en propiedade da mesma categoría, comunicamos a nosa posición contraria ao non garantirse que se convoque o 100% de prazas a traslados. Quedaron en recollelo correctamente.

-          O primeiro tema que se tratou na reunión foi se ía ou non haber convocatorias de futuro. A Administración explicou que existe unha limitación orzamentaria sobre a taxa de reposición e sobre a convocatoria de OPE, que vai ser alegada a través de emendas, intentando que se exceptúe a Sanidade desta limitación. Se isto non se consegue, só van poder convocar certas categorías e en escaso número de prazas. Comprométense a que vai haber OPEs vindeiras, o que non poden é dicir con qué periodicidade nin en qué condicións. A Consellaría (din) ten o máximo interese en que se exceptúe a sanidade da limitación da taxa de reposición. En todo caso, a intención é convocar un concurso de traslados previo a OPE sobre outubro-novembro do 2011 (para que a xente que acade praza agora poida concursar) e posteriormente á resolución deste concurso faríase a OPE.

-          Capacidade funcional. Xa comentaran na anterior reunión que pretenden regular a valoración da capacidade funcional tanto para procesos de OPE como para contratacións. Naquel momento desde CIG-Saúde alegamos que as valoracións deben ser posteriores ao vínculo e nunca anteriores. Hoxe falaron de que traballan na elaboración dun documento amplo sobre este tema, non só para procesos selectivos senón tamén para outras situación (falaron de cando se excede a idade de xubilación).

En canto teñan o documento remitirano para que fagamos alegacións.

Desde CIG-Saúde preguntamos se tamén se para elaborar este documento se terá en conta a opinión dos/as médicos/as do traballo e contestan que cando faga falla serán consultados/as. A súa intención é establecer un protocolo de actuacións sobre o xeito de valorar a capacidade funcional en todos os procesos.

-          Instruccións funcionamento tribunais (función de cada membro, elaboración e custodia de exames…). Tomarán como base para elaboralas o documento de función pública de 2007, que nos remitirán. Pretenden explicitar e deixar claras as función dos membros do tribunal e separalas das do persoal colaborador pertencente a RRHH. Fan moito fincapé nas recusacións ou inhibicións de membros por ter familiares no proceso. Desde CIG-Saúde lembrámoslles que nós xa lle enviamos unha proposta a este respecto e que esperábamos que a tiveran en conta.

Sistemas de información. O departamento informático traballa xa na elaboración dun plan de mellora para avanzar na informatización e seguridade dos procesos.

Información sobre o proceso actual:

 

  • Calendario de OPE actual. Entregan un calendario, que xa foi remitido ás comarcas.
  • OPE Psiquiatría. A baremación definitiva podería estar en novembro. Fannos entrega dun documento modelo que servirá para que os/as aspirantes desta especialidade realicen a solicitude de prazas. A idea é facelo mediante solicitude e non en acto presencial, para facilitar a selección ao resolverse dúas OPEs ao  mesmo tempo. Unha vez recibidas as solicitudes de destino, ben a través dun programa informático elaborado ao efecto, ben manualmente (falaron de que igual non pagaba a pena elaborar o programa informático ao ser poucas as solicitudes a tramitar) realizarase a orde e adxudicación de destino. Facilitarán a presenza das OOSS neste proceso, e, en todo caso, están a disposición das persoas afectadas para aclarar calquera dúbida. Unha vez rematado este proceso publicarán un listado provisorio con período de reclamacións.
  • Están a elaborar as instruccións de ceses e incorporacións para as tomas de posesión. Serán similares ás anteriores, mais van introducir unha claúsula de acollida para a xente da quenda de discapacidade, para que sexan remitidas á UPRL e adaptar o posto se é necesario. Están elaborando uns plans de acollida para as incorporacións futuras, pero non van estar preparados para esta OPE.

Nas instruccións incluirán indicacións sobre “xornadas formativas de acollida”  (falaron por exemplo de persoal de primaria que vai a especializada, para que non estea tan perdido).

Haberá unha próxima reunión da Comisión Técnica en xaneiro, enviarán a convocatoria co día exacto cando envién a documentación que vaian tendo elaborada.

Sólo recollemos os puntos levados pola nosa central para evitar susceptibilidades d@s compañeir@s do resto de organizaciois sindicais.

 



 
outra volta de torca nas filtraciois Imprimir Correo-e
OPE
Venres, 05 Novembro 2010 13:56

artigo de la voz de galicia

EMPREGO PÚBLICO A Xunta detectou que un opositor do Sergas corrixiu o seu exame e obtivo a segunda mellor nota


O PSdeG esixe a revisión das probas, tras destapar o caso no Parlamento


csi

O debate político aberto en torno ao controvertido proceso selectivo convocado polo Servizo Galego de Saúde (Sergas), e no que cinco persoas vinculadas a unha subdirectora xeral deste organismo obtiveron algunhas das mellores puntuacións, sufriu onte unha envorca de porca máis no Parlamento, onde compareceu Esperanza Fernández, directora xeral de Recursos Humanos, quen se escudou na investigación interna da Xunta e no informe do Valedor do Pobo para recalcar que «non é posible soster a existencia de filtracións».

Fernández Lago destacou que o Sergas empregou todos os seus medios para «esclarecer vos feitos», aínda que os grupos da oposición encargáronse de agrearlle a comparecencia. Se a nacionalista Ana Luísa Bouza falou de «irregularidades» e abertamente de «filtracións», o socialista José Manuel Lage foi aínda máis aló para evidenciar «a gravidade dous feitos» ao sacar á luz o informe elaborado sobre este caso pola Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa, dependente do conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, na que se constata que un dos opositores, cuxas iniciais son J.?V.?B., ata colaborou na corrección do seu propio exame, logrando ademais a segunda mellor nota no grupo administrativo.

 

Causa de abstención


Concretamente, o informe de Reforma Administrativa, do que tamén se fixo eco o valedor do pobo, Benigno López, sinala que a corrección das probas do Sergas «levouse a cabo por dous auxiliares dá división que participaron como colaboradores, J.?V.?B e I.?T.?N., coa particularidade de que ou primeiro participou como opositor incumprindo polo tanto vos criterios de actuación», dado que, segundo as regras, estaba «incurso en causa de abstención».

«¿Existe algún opositor que teña participado na corrección dúas exames do Sergas?», inquiriu varias veces Lage Tuñas á directora xeral antes de destapar o caso, pero sen obter resposta algunha por parte de Fernández Lago. En cambio, esta si argüiu que o Sergas «non se quedou de brazos cruzados» cando lle chegaron os «rumores de filtracións», aínda que insistiu en que non se detectaron «probas fehacentes» que acrediten este feito.

Bouza, pola súa banda, insistiu en que nesta oposición se produciu «un cúmulo de casualidades imposibles» e preguntou se Sanidade ía apartar do proceso aos seus traballadores afectados. Lage pediu «responsabilidades políticas» por este caso, empezando pola dimisión de Fernández Lago, e a revisión do proceso selectivo.

Pero o caso do opositor que corrixiu o seu propio exame non foi a única irregularidade do proceso. O informe interno da Xunta, citado por Lage, tamén detalla que rompeu a cadea de custodia das probas, pois o lapis de memoria que gardaba os cuestionarios pasou por varias mans antes de chegar a F.P.P., a persoa encargada de gardalo ata a súa impresión.

 
benvido? non ó despilfarro Imprimir Correo-e
Actualidade
Venres, 05 Novembro 2010 13:36

BENEDICTO_2

imaxe na nosa sede en compostela na víspera da visita do Papa
 
aclaraciois acoplamentos internos Imprimir Correo-e
HCV
Venres, 05 Novembro 2010 10:54
A resolución de abaixo, xa publicada por nós anteriormente, parece que está creando confusiois entre o algún persoal do HCV, polo que procedemos a aclarar o motivo de alargar o prazo das solicitudes da convocatoria de acoplamentos internos.

Como marca a propia resolución, é debido a un erro na primeira convocatoria, que non contemplaba as resultas no mesmo proceso, como ata o de agora se viña facendo no HCV no Pacto anterior.

Unha vez dito isto cabe aclarar que estas resultas son única e exclusivamente as que se xeneren polos acoplamentos internos; en ningún caso as prazas que podan quedar vacantes no concurso de traslados externos, polo tanto as vacantes nos servizos que se produzan no concurso de traslados externos, serán convocadas na seguinte acoplamento interno, é decir o do 2011.



Martes, 02 Novembro 2010 12:20

resoluci_acoplament

 
CONCURSO DE TRASLADOS Imprimir Correo-e
Traslados
Venres, 05 Novembro 2010 09:23

Publicación D.O.G :

Rematada a tarefa de baremación dos méritos alegados e acreditados polos concursantes, procede aprobar a resolución provisional do concurso de traslados.jaiteiro

Enfermeiro/a especialista en Obstetricia-Xinecoloxía (matrón/a), fisioterapeuta, técnico/a especialista en Anatomía Patolóxica e Citoloxía, técnico/a especialista en Hixiene Bucodental, técnico/a especialista en Laboratorio de Diagnóstico Clínico, técnico/a especialista en Imaxe para Diagnóstico Clínico, técnico/ a especialista en Radioterapia, terapeuta ocupacional, calefactor/a, carpinteiro/a, celador/a, cociñeiro/a, costureiro/a, fontaneiro/a, grupo administrativo da función administrativa, grupo auxiliar da función administrativa, grupo de xestión da función administrativa, grupo técnico da función administrativa, lavandeiro/a, logopeda, mecánico/a, pasador/a de ferro, perruqueiro/a, persoal de servizos xerais, pinche, técnico/a de xestión de sistemas e T.I., técnico/a especialista de sistemas e T.I., técnico/a superior de sistemas e T.I., telefonista, traballador/a social

As correspondentes listaxes de adxudicación atópanse expostas nos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, así como nos diferentes centros de xestión de

atención primaria e especializada e na páxina web www.sergas.es

 

prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución provisional, para formular reclamacións contra ela ou, de ser o caso, para emendar aquelas causas de exclusión das listaxes provisionais de admitidos e excluídos que sexan susceptibles de emenda.

 
cronmograma ope traslados Imprimir Correo-e
Traslados
Xoves, 04 Novembro 2010 17:14

O SERGAS ven de entregarnos o seguinte calendario sobre os procesos pendentes de OPE e Traslados, que xa vos adiantamos a semana pasada en boa parte.

OPE:

BAREMACIÓN PROVISIONAL:

12/15 de novembro: Persoal de Enfermaría (ATS/DUE).

 

BAREMACIÓN DEFINITIVA:

11 de novembro:

-Enfermeiro/a especialista en obstetricia e xinecoloxía (matronas)

- Logopeda

-Perruqueiro/a

- T.E. anatomía patolóxica e citoloxía

Segunda quincena de novembro: Resto de categorías publicadas antes do 18 de outubro.

Finais de novembro:

- TCAE

-Categorías publicadas o 18 de outubro.

- FEA Psiquiatría (OPE 2006)

Primeira quincena de decembro: Persoal de enfermaría (ATS/DUE).

 

TRASLADOS:

BAREMACIÓN PROVISIONAL:

5 de novembro: todas as categorías excepto TCAE, Persoal de enfermaría, Médicos/as de Familia, Odontólogos/as, Farmacéuticos/as e Pediatras de A.P.

Segunda quincena de novembro: TCAE e Persoal de enfermaría.

Finais de novembro: Médicos/as de familia, Odontólogos/as, Farmacéuticos/as e Pediatras de A.P.

 

BAREMACIÓN DEFINITIVA:

Finais de novembro/principios de decembro: Todas as categorías publicadas o 5 de novembro.

Segunda quincena de decembro: TCAE, Persoal de Enfermaría, Médicos/as de Familia, Odontólogos/as, Farmacéuticos/as e Pediatras de A.P.

 

ACTOS DE ELECCIÓN E TOMAS DE POSESIÓN:

Todas as categorías iniciais poderían elixir destino na primeira quincena de decembro, incorporándose despois, desde a segunda quincena de decembro ou ben en xaneiro.

TCAE, Persoal de Enfermaría, Médicos/as de Familia, Odontólogos/as, Farmacéuticos/as e Pediatras de A.P. poden elixir destino na primeira quincena de xaneiro e poderíanse incorporar a finais do mes de xaneiro de 2011.

 
contra as reformas do capital e as políticas antisociais da Xunta Imprimir Correo-e
Recurtes Sociais e Salariais
Xoves, 04 Novembro 2010 11:20
fonte avantar

A CIG maniféstase en Compostela “contra as reformas do capital e as políticas antisociais da Xunta”

A central sindical está disposta a convocar unha folga xeral, con ou sen CCOO e UGT, se o goberno pretende aprobar a reforma das pensións
Máis de 1.500 persoas participaron na manifestación da CIG celebrada este mércores en Compostela baixo o lema “Contra as reformas do capital e as políticas antisociais da Xunta”. Unha convocatoria coa que a central sindical reinicia as mobilizacións e na que, alén de reiterar o rexeitamento á reforma laboral e ás pretensións do goberno de reformar o sistema de pensións e a negociación colectiva, se denunciaron os regresivos orzamentos presentados polo goberno do PP para 2011 e a política de privatizacións emprendida por Núñez Feijoo.

A manifestación saía pasadas as 11 da mañá de San Lázaro, das portas mesmo do local sindical, cara o edificio administrativo da Xunta de Galiza en San Caetano. Paradoxicamente, dun dos edificios da rúa da que partía a marcha, estaba colgada unha gran pancarta publicitaria da Xunta de Galiza coa imaxe de Bieito XVI. E é que foi precisamente por mor das medidas de seguridade impostas pola visita do Papa a Compostela -evento no que a Xunta de Galiza non recorta gasto algún, todo o contrario- polo que a manifestación, que incialmente estaba previsto que saíra da Alameda compostelá, tivo que modificar o seu percorrido, malia faltar aínda 3 días para a súa chegada.

Durante a marcha foron numerosas as consignas repetidas polos manifestantes en contra da reforma laboral, reclamando outra folga xeral e denunciando que “A Xunta de Galiza, recorta e privatiza”, en referencia aos orzamentos presentados polo goberno galego e que están en proceso de tramitación no Parlamento de Galiza.

Uns orzamentos que para o secretario xeral da CIG, Suso Seixo, son negativos porque o capital privado está a reducir os seus investimentos e a Xunta de Galiza tiña que incrementar o investimento público para compensar esa caída pero o que fai é reducilo, recortando ademais os orzamentos destinados a Ensino, Sanidade e Servizos Sociais nun ataque implacábel contra os servizos públicos. Ataque que se reproduce tamén no recorte dos orzamentos en apoio ao noso idioma e á nosa cultura.

Seixo denunciou que o PP se agocha tras dos acordos asinados con CCOO, UGT e a patronal para transmitir a imaxe de que “aquí non pasa nada”, eludindo as súas responsabilidades e acusando ao goberno central de ser o culpábel da crise. Fronte a iso, o secretario xeral da CIG reclamou da Xunta de Galiza investimento produtivo para que se favoreza a creación de emprego; medidas dirixidas a mudar a política fiscal, subindo os impostos ás rendas máis altas e a creación dunha banca pública. A este respecto, lamentou que as caixas “que coa súa fusión tiñan que xogar un papel de apoio ao tecido produtivo”, vaian camiño cara a súa privatización.

Ao tempo, advertiu que estes orzamentos responden ao modelo que “defendeu e defende o PP”, que está a favorecer políticas encamiñadas a dar entrada ao capital privado. “Un modelo que xera grandes desigualdades sociais e a concentración da riqueza no empresariado e nun grupo de asalariados selectos”, dixo.

Neste sentido salientou que o salario do 25% dos traballadores e traballadoras galegos/as non chega ao Salario Mínimo Interprofesional (SMI) e que 6.000 asalariados galegos gañan o equivalente á suma dos salarios de 280.000 traballadores/as.

Para a CIG o PP está cómodo cunha reforma que “persegue fundamentalmente incrementar e crear novas fontes de beneficio para o capital privado, dándolle entrada nos servizos públicos, precarizando as nosas condicións laborais e restando dereitos á clase traballadora”.

Por iso o secretario xeral da CIG advertiu que esta é unha “loita de poder entre o capital e a clase traballadora na que os gobernos van intentar facernos crer que coa mobilización non se consegue nada”. Unha loita que terá como consecuencia ou “un afondamento neste sistema insolidario e antiobreiro, que xera unhas condicións sociais inxustas ou que camiñemos cara outro modelo máis xusto e solidario”.

Novas mobilizacións e probábel folga xeral

Tamén salientou o éxito da folga xeral en Galiza e a masiva participación nas manifestacións convocadas pola CIG durante esa xornada. Un éxito que se conseguiu, dixo, “grazas ao traballo e esforzo dos compañeiros e compañeiras da CIG” e a pesar do “silenciamento e manipulación” dos medios de comunicación, que “intentaron dar a imaxe de que nós non a convocabamos” e que se fixeron eco da campaña posta en marcha pola dereita para desvirtuar ás organizacións sindicais e para desmobilizar á clase traballadora.

Malia iso asegurou que “nin o goberno galego, nin o español escoitaron as voces de miles de traballadores e traballadoras que saíron á rúa, só escoitan a voz do capital financeiro” e lembrou que a CIG xa advertira que só coa folga xeral non se ía conseguir que mudaran as políticas que se estaban a impor.

Por iso anunciou que o vindeiro día 18 de novembro a central sindical ten convocadas mobilizacións en todas as comarcas e que estas continuarán en decembro porque “a CIG estase preparando para outra folga xeral, se o escenario non cambia”.

A CIG, segundo explicou, abrirá un debate en todas as comarcas e se as outras centrais sindicais agardan a que se aproben as reformas anunciadas lanzará unha convocatoria en solitario malia saber que é un escenario complicado. Xunto a iso anunciou que a central sindical contactará con outras organizacións sindicais nacionalistas para facer coincidir esta convocatoria en Galiza coa convocatoria noutras nacións do estado. “Temos o firme convencemento de que só coa mobilización a clase traballadora pode defender as súas conquistas e avanzar cara outro modelo máis xusto e solidario”.

Manifestación o 21 de novembro en defensa da Sanidade Pública

No acto interveu tamén a secretaria nacional de CIG-Saúde, María Xosé Abuín, quen fixo un chamamento a mobilizar, de aquí ao 21 de novembro, a todos os galegos e galegas para que a manifestación convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública sexa un éxito.

Abuín aproveitou para denunciar a política de recortes imposta polo PP desde a súa chegada á Xunta de Galiza. Recortes que se traducen nunha diminución, en dous anos, de 232 millóns de euros nos orzamentos destinados á sanidade pública. “Está en xogo a privatización do noso sistema sanitario” alertou, para reiterar a importancia de que se articule unha resposta masiva ás políticas que Feijoo pretende impor nesta materia.


 
29 S: agora ven a represión xudicial Imprimir Correo-e
Actualidade
Xoves, 04 Novembro 2010 11:14

noticia de avantar

A CIG rexeita a condena imposta ao compañeiro detido en Ourense durante a xornada de Folga Xeral do pasado 29 de setembro

A central subliña que a propia sentenza recolle numerosas incongruencias sobre os feitos xulgados
A CIG compareceu este martes en rolda de prensa para valorar a sentenza xudicial pola cal o compañeiro detido o pasado 29 de setembro durante a xornada de folga xeral resultou condenado a 8 meses de prisión por resistencia á autoridade. Dende a CIG de Ourense amosáronse “abraiados e escandalizados” pola grande mostra de represión que supón esta resolución, especialmente tendo en conta as múltiples incongruencias existentes sobre os feitos xulgados.

Os feitos denunciados aconteceron diante dunha entidade bancaria na que non se produciron danos de ningún tipo. Aínda así, explicaron en rolda de prensa o Secretario Comarcal da CIG de Ourense, Etelvino Blanco e o responsábel do sector de CIG-Administración Autonómica en Ourense, Alfonso Diz, “a forza policial decidiu cargar contra os traballadores e traballadoras alí presentes”.

Blanco e Diz subliñaron que, segundo a propia sentenza, das seis testemuñas que compareceron no xuízo ningunha, salvo o propio axente demandante, viu a presunta agresión, e nin sequera as dúas testemuñas da acusación, compañeiros do axente que denunciou, manifestaron ter visto nada ao respecto.

Así mesmo, apuntaron, existen incongruencias como a que se deduce do parte de lesións asinado polo forense. En dito parte faise referencia a lesións no costado esquerdo, mentres que o axente denunciante sempre fala de feridas no costado dereito, tal e como se recolle na sentenza. “Resúltanos curioso que manifeste non lembrar con que man foi a suposta agresión”, puntualizaron.

“Dende a CIG amosamos o noso asombro pola rápida actuación da xustiza sempre que se aplica aos máis débiles en contraposición a cando se lle aplica aos poderosos como Fabra, Gürtel ou o caso do Prestige que leva máis de 8 anos de instrución”.

Durante a comparecencia, Blanco e Diz manifestaron o “noso convencemento na inocencia do noso compañeiro”. Por iso, denunciaron que “nos parece totalmente desproporcionada a imposición de pena a quen nada fixo e que, a causa da actuación arbitraria da policía, se ve castigada de forma inxusta cunha sentenza coma esta que abala unha conduta dunha policía máis propia de países non democráticos que da policía dun estado democrático”.

 
TCAE cruzadas por CIG Compostela Imprimir Correo-e
OPE
Xoves, 04 Novembro 2010 10:46
"Roubamos" o post da sección de CIG-Saúde Santiago onde colgaron as listas cruzadas e dan as explicaciois necesarias., parabens polo traballo compañeir@s.

LISTAS TCAE ORDENADAS E CRUZADAS

A tardiña convirtiuse en noitiña, sentímolo...

  1. A lista está cruzada coas notas provisorias que sairon na páxina web do SERGAS, polo que, é posible que despois das reclamacións poidan sufrir algunhas modificacións.
  2. Existen, según a convocatoria, un total de 535 prazas:
  3. As prazas que non se cubran pola quenda de promoción interna, pasan a quenda de acceso libre.
  4. Están cruzadas coas listas de contratación, é dicir, aparece o sitio onde está inscrito esa persoa nas listas de contratación, o que indica máis ou menos, cun alto índice de probabilidade a praza que supostamente collerá na OPE. Recordar, que a xente á hora de coller destino na OPE pode coller o que queira, non ten por que ir ligado as listas de contratación.
  5. É unha lista ORIENTATIVA, non ten ningún valor á hora de reclamación. Tedes que ver, na páxina do SERGAS, se tendes algún erro á hora da baremación. Repetimos, que esta lista está feita coa publicación da páxina do sergas, e as posibles reclamacións, de efectualas, as tedes que basar no que eles publican.
  6. De existir algún espazo en branco nos sitios da lista de contratación é que non consta nas listas do SERGAS.

Quenda de Discapacitados: 38 prazas

Quenda de Promoción Interna: 268 prazas

Quenda de Acceso Libre: 229 prazas

preme aquí NOTAS_TCAE_CRUZADAS_E_ORDENADAS boton

 
Listas de puntuación OPE de TCAE Imprimir Correo-e
OPE
Mércores, 03 Novembro 2010 17:07

Publicada hoxe no DOG a resolución que publica as puntuacións obtidas polos/as aspirantes da categoría de técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, na  páxina web do SERGAS.

Ábrese prazo de dez días hábiles, contados a partir de mañá, para que os/as interesados /as poidan presentar, de ser o caso, reclamación contra a puntuación outorgada nesta baremación, dirixida expresamente á Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde.

Nota: como sabedes, hoxe estabamos en Santiago na manifestación convocada pola CIG contra a Lei de Orzamentos e non puidemos preparar a lista por orde de puntuación. En canto poidamos colgarémola na web. Mentres, ofrecémosvos unha ligazón a un arquivo de puntuacións ordeadas que colgaron @s nos@s compañeir@s de Lugo.

Listas cruzadas e ordeadas por CIG-Saúde Santiago

Está habendo bastantes reclamaciois, graciñas @s nos@s compañeir@s de Lugo e Santiago que fixeron un estupendo traballo coas listas elaboradas, que permite que nos centremos nas reclamaciois que nos están entrando ó local e no resto de actividade sindical.

 
Valoración da ADSP do Orzamento Sanitario da Xunta de Galiza Imprimir Correo-e
Recurtes Sociais e Salariais
Martes, 02 Novembro 2010 10:38
Valoración da ADSP do Orzamento Sanitario da Xunta de Galiza para o ano 2011: máis precariedade para a sanidade pública.

2009
2010
2011
Cap I Personal
1.555.950
1.614.083
1.560.041
Cap II Gasto corriente
883.523
861.360
828.740
Cap IV Farmacia
985.449
990.520
932.929
Cap VI Inversiones
150.326
124.000
64.954
TOTAL
3.655.699
3.632.911
3.464.494
O orzamento presenta un déficit inicial de 629 millóns de euros como consecuencia de que os ingresos (non financeiros) non chegan para financiar os gastos correntes e o endebedamento da CCAA (149 millóns de euros)
O orzamentos inicial do Sergas reduciuse en 167millóns respecto do pasado ano e de 233 millóns respecto ao liquidado en 2008 (cando o PP fíxose cargo da Xunta de Galicia), o que fará que a débeda creza aínda máis neste ano.
O gasto de persoal descende en 54 millóns (6,3%), o gasto corrente destinado ao funcionamento dos hospitais e centros de saúde perde 33 millóns (3,8%) e os investimentos para o mantemento dos centros sanitarios e renovar o seu equipamento 59,1 millóns (4,8%) .0
O prepuesto da P volve sufrir un recorte de 90 millóns de euros respecto do 2010 (6,5%) o que deixa a súa participación no 10,2% do prepuesto total do SERGAS (habería que recordar que a este recorte habería que sumar os 62 millóns de investimento en AP previstos no Plan de Melllora ). O prepuesto hospitalario descende en 63 millóns de euros (3%) que aínda que é a metade da educción do de primaria supón un serio recorte que repercutirá sobre o persoal, a oferta de servizos e as listas de espera.
Consecuencias
1.- A paralización do Plan de Mellora de Atención Primaria que contemplaba un aumento dos persoais e do equipamento tecnolóxico, o que perpetuará a masificación e a baixa capacidade resolutiva dos centros de saúde.
2.- A redución da actividade dos hospitais e centros de saúde e da súa oferta de servizos e o desvío dos pacientes, non atendidos por este motivo, a centros privados e ás listas espera.
3.- A perda de especialistas en hospitais e centros de saúde e a redución de contratos do de persoal para substitucións por enfermidade, permisos e vacacións (este ano reducíronse os contratos nun 40%), polo que os médicos e enfermeiras están volvendo emigrar a outras comunidades autónomas ou ao estranxeiro.
4.- A deterioración dos centros sanitarios que paralizaron os Plans Directorios que levan anos pendentes de aplicación. A maioría dos hospitais están envellecidos e necesitan con carácter urxente renovar e ampliar os seus edificios e equipamento tecnolóxico. O gasto corrente destinado ao funcionamento dos centros reduciuse en 227 millóns e os investimentos para obras de renovación dos mesmos en 81.
5.- A quebra económica do sistema a curto prazo
-          Redúcese o gasto e increméntase déficit de saída, e en pouco tempo (tres anos) haberá que a pagar ás empresas concesionarias dos contratos público-privados (PFI) o canon por construír e xestionar os novos centros (os hospitais de Vigo e Pontevedra, os plans directorios dos de Ourense e Coruña ou os 19 novos centros de saúde que se licitará este ano). Estes contratos aprazan o pago da débeda ao momento da entrega, multiplican por seis os seus custos e deixan en mans privadas durante polo menos 20 anos os centros sanitarios. O canon a pagar en tres ou catro anos suporá 300-500 millóns anuais o que reducirá a un 3,9% do orzamento o diñeiro dispoñible para o funcionamento dos centros sanitarios públicos (obrigará a paralizar a súa actividade).
-          O capítulo de investimentos finánciase, basicamente, con recursos procedentes da Unión Europea (42,5%) que desparecerán a partir do 2013, e con endebedamento (40,6%) que está sendo limitado polas políticas neoliberais da UE e do os gobernos europeos
O orzamento prevé unha redución no gasto farmacéutico (933 millóns en farmacia extra hospitalaria o que suporía de 221 millóns respecto dese ano), que non é crible dado o crecemento deste gasto ao longo do pasado anos (6-7%) e á ausencia das medidas globais para afrontar os múltiples determinantes do mesmo .

 
previsión pendentes ope traslados Imprimir Correo-e
OPE
Venres, 29 Outubro 2010 11:16
Acabamos de pornos en contacto co SERGAS, pola dilatación das publicaciois anunciadas no cronograma, estas de abaixo son as novas previsiois.

OPE
  • Aux enfermaría: madado ó DOG, prevese a súa publicación o mércores 3 de novembro.
  • Enfermeira: está case rematada a baremación; prevese que saia no DOG na semana do 8 ao 12 de novembro.
TRASLADOS

Excepto enfermeiras e TCAE esperase a publicación en breve, falta procesar, non nos deron data exacta.

Enfermeiras e TCAE: aquí hai unha boa noticia, adiantase a publicación para a segunda quincena de novembro.

Esta información foi via telefónica, polo que poidera conter erros, esperamos sexa remitida por escrito dende o SERGAS as centrais sindicais.
 
Escrito sobre os orzamentos dirixido á Directora de RRHH Imprimir Correo-e
Recurtes Sociais e Salariais
Venres, 29 Outubro 2010 10:44
Este de abaixo é o escrito enviado ó SERGAS dende CIG-Saúde para a consolidación de plantillas

Esperanza Fernández Lago.

Directora de RRHH SERGAS

 

Neste momento estase a tramitar a Lei de Orzamentos da C.A para o ano 2011, o orzamento do SERGAS, capítulo I, vén desglosado por centros de xestión e o cadro de persoal de cada un deles.

Como non podería ser doutra maneira, e así o esperabamos, o incremento do cadro de persoal é tan mínimo, que case máis que mínimo é nulo, e o incremento no nº de persoal está motivado pola transferencia do persoal dos hospitais dependentes da deputación de Lugo.

Con este orzamento rómpese definitivamente o acordo de Mesa Sectorial do ano 2006, referente á estabilidade do persoal. O devandito acordo recolle o compromiso da Administración de aflorar en cada exercicio presupostario as vacantes dese ano, para que con posterioridade puidesen ser ofertadas na oferta pública de emprego OPE .

Se non se consolidan as devanditas prazas no orzamento correspondente, estas prazas estarán suxeitas ao xogos da Administración, é dicir, agora existen, agora non existen. Con esta situación non sabemos como a Administración vai defender a continuidade asistencial e a continuidade dos equipos.

Cabe sublimar como feito chamativo, que en este orzamento non se consolide nin unha soa praza do anunciado crecemento do cadro de persoal do hospital Lucus Agusti de Lugo. Condenando ao persoal a unha perpetua situación de precariedade laboral, ou a que nun prazo razoable poida desaparecer o persoal contratado eventualmente.

Consideramos que ante a gravidade destes feitos, a Administración sanitaria e o SERGAS deben de realizar unha política activa na consolidación do cadro de persoal, na eliminación da precariedade laboral e na garantía da calidade asistencial; e non deixar que sexa exclusivamente a Consellaría de Facenda quen decida que persoal hai ou non no SERGAS.

Agardando desta Administración que se corrixan os cadros de persoal que recolle o proxecto de Lei dos Orzamentos 2011, e que nel se recolla a consolidación dos cadros de persoal coa correspondente transformación en praza de cadro orzamentada de toda praza que exista nos centros con carácter estructural, e que se veña desempeñando durante o ano 2010, ao igual que o orzamento do ano 2011 debe recoller como prazas orzamentadas o incremento do cadro de persoal do novo Hospital de Lugo.

Agardando se teñan en consideración as presentes alegacións.

 

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2010.

 

Asdo: Mª Xosé Abuín Álvarez.

Secretaria Nacional de CIG-SAÚDE.

 
acordo comisión de centro xerencia sobre as comisiois de servizo Imprimir Correo-e
HCV
Venres, 29 Outubro 2010 09:30
Onte tivemos comisión de traballo coa dirección do HCV sobre as comisiois de servizo e sobre permisos.
tv
Comisiois de Servizos:

Un pouco de historia: ata o de agora cada Xerencia aplicaba os criterios que tiña en gaña á hora de traer ou non comisiois de servizo para cubrir prazas vacantes. Na dirección anterior o criterio que se aplicaba era o de dar toda vacante  que houbera ás comisiois.
As anteriores direcciois nin iso aplicaron e daban comisiois a dedo ou usaban ás listas de contratación según lles interesara.
Cando entrou esta dirección empezou anulando comisiois que xa estaban concedidas, e nembargantes trouxo outras solicitadas posteriormente, cando lle preguntamos a que era debido díxonos que a súa intención era dar o 50% das prazas a listas e o otro 50% a comisiois de servizo. Pero decatámonos de que isto en varios casos non se correspondía coa realidade, polo que antes de iniciar movidas denunciando esta situación, dende a Comisión de Centro decidimos que era mellor intentar buscar acordo por escrito e darlle unha regulamentación que intentara casar na medida do posible os intereses de comisiois e persoal de listas, posto que de non mediar acordo escrito seguiríamos coa incertidume do persoal de ambos de non saber se teñen opción ou non ser chamados para este ipo de contratos e o que é pior, non habería un documento que os amparara á hora de ir ó xulgado a reclamar.

Polo tanto pensamos que o acordo acadado casa os intereses de ambos posto que regula por un lado a qué contratos terán acceso as comisiois, (só vacantes e cobertura de comisiois de servizo de xente con praza no HCV e vaise a outros centros, quedando o resto de contratos para as listas de contratación) e por outro o procedemento de chamamento, 1 para cada colectivo, para establecer a orde que corresponde terase en conta o último contrato dado a cada un, polo que se a última praza cuberta foi por comisión tocaralle á seguinte a listas e viceversa. Acordamos que no propio acordo virían refrexados o último chamamento feito (estamos a falar só de coberturas en vacante e por comisión noutros centros) desglosados por categorías.

Negociación de permisos

Aquí por desgraza non conseguimos demasiado avance, somente tratamos por encima este asunto, debido a que a dirección tiña outra reunión, polo que simplemente demos unhas pinceladas moi por riba á regulamentación das vacaciois, os permisos en noites,  horas por deber inexcusable (aquí chocamos contra un muro), acompañamento a familiares ó médico, aquí xa non deu para mais e quedamos en mandar un documento coas reivindicaciois de comisión de centro.
 
A sociedade de radioloxía oponse á concentración de gardas entre Verín, Monforte e O Barco Imprimir Correo-e
Área Sanitaria
Xoves, 28 Outubro 2010 20:25
Artigo extraido do blog da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco:

A sociedade de radioloxía oponse á concentración de gardas entre Verín e O Barco

Parece que non só as Plataformas pensamos que acumular gardas de radioloxía de tres hospitais nun só é un xeito de aforrar a costa da saúde de certas poboacións. Tamén a Sociedade Galega de Radioloxía se pronunciou recentemente nese senso. Podedes ver a nova na súa páxina web: http://www.radioloxiagalega.es/sgr/index.php

Deixámosvos aqui o comunicado completo:

Carta aberta da SGR en relacion co uso da Telerradioloxia na nosa Comunidade

A Xunta Directiva da Sociedade Galega de Radioloxía, ante a inquietude xerada entre a Comunidade Radioloxica de Galicia pola presentacion da Plataforma Diagnostica do SERGAS considerou oportuno facer publicas as suas liñas de opinión que podan ser utiles tanto para os Radiologos da Sociedade como para as autoridades Sanitarias Galegas en relacion co desenrolo futuro da telerradioloxia na nosa Comunidade. Tras tres reunions o grupo de traballo acadou o consenso nos 8 puntos que se expoñen a continuacion e que tratan de conxugar o coñecemento cientifico ao respecto coa sua aplicacion no entorno da nosa comunidade.
 
<< Inicio < Anterior 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 Seguinte > Final >>

20100407_hospitalvigo_04
573-81933-a-carrabxo
573-82097-a-pedra
573-82150-a-berro
573-82153-a-dixo
573-82384-a-manifa
573-82578-a-SERVIZOS20PUBLICOS-1
573-82696-a-qg
573-82703-a-DESPIDO20BARATO
573-82728-a-pontevedra
573-82843-a-queremos
573-83156-a-dspi2
573-83252-a-pon
573-83361-a-qgconcerto
573-83720-a-santiago
I1133
www.cig-saude.info | O Barco | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | Cee | 061 | AgMedica

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info