CIG Saude | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | 061 | AgMedica


logocigsaudebarco4


<<  Novembro 2019  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
      1  2  3
  4  5  6  7  8  910
11121314151617
18192021222324
252627282930 
Frase pra baixar os modulos en firefox

Ampliado prazo para a realización do exame celador OPE SACYL Imprimir Correo-e
OPE
Martes, 26 Outubro 2010 19:28

Ampliado prazo para a realización do exame celador OPE SACYL ata o 31 xaneiro do 2011.

Publicada hoxe no BOCYL, a ORDEN SAN/1424/2010, de 15 de octubre, na que acordan: "Modificar la base 7.1. de la Orden SAN/1016/2010, de 5 de julio, en lo referente a la fecha de celebración del ejercicio de la fase de oposición, quedando redactada de la siguiente forma: « La celebración del ejercicio deberá tener lugar antes del día 31 de enero de 2011»."

 
retranca: numero especial do papa: secuestrado Imprimir Correo-e
Actualidade
Martes, 26 Outubro 2010 19:17
A Revista Retranca secuestrada pola imprenta

NOTA DE PRENSA (Galego):

A revista Retranca, especial visita do Papa, secuestrada pola imprenta

O número da revista Retranca que estaba a piques de saír, que tiña como tema central a próxima visita do Papa a Galicia, acaba de ser secuestrado pola imprenta. Os propietarios da empresa Imprenta Jiménez Godoy, radicada en Murcia, néganse a entregar os exemplares da revista para a súa distribución, aducindo o seu desacordo moral co contido da mesma.

Nunha conversa telefónica mantida con Kiko da Silva, director de Retranca, o dono de Imprenta Jiménez Godoy explicou que a revista, aínda que xa estaba impresa e lista para o envío á distribuidora, non se ía entregar porque a empresa que dirixe estaba en total desacordo “co ataque ao Papa e á Igrexa”. É a primeira vez que unha imprenta, cun traballo xa impreso e cun contrato de por medio, decide unilateralmente non entregar a publicación alegando a súa disconformidade cos contidos da mesma. Retranca deixa claro que foi a imprenta a que acudiu á nosa empresa para ofrecerse a imprimir a nosa publicación, sabendo de sobra que se trata dunha revista satírico-política.

Desde Retranca queremos tranquilizar aos nosos lectores anunciando que o número secuestrado estase a imprimir xa noutra imprenta e que chegará aos quioscos en breve.

Tamén queremos facer público que estamos tratando cos nosos avogados para tomar medidas contra os danos e prexuízos causados polo incumprimento de contrato da Imprenta Jiménez Godoy.

Retranca é unha revista galega de humor satírico que leva nos quioscos desde o ano 2007 e que o vindeiro sábado día 30 de outubro celebrará o seu terceiro aniversario cun acto no Café Moderno de Pontevedra ás 20.00 horas. Retranca, a primeira revista galega de humor que consegue sobrevivir sen subvencións, recibiu na súa curta existencia o Premio do Público do Salò do Cómic de Barcelona e acaba de recibir o Premio Ourense á Mellor Iniciativa de Banda Deseñada.

O número era un especial sobre a visita do Papa a Galicia, e conta como autores invitados a colaboradores de la revista EL JUEVES (Jordi March, Guillermo, Manuel Bartual , Fer e Bernardo Vergara) ademais dos colaboradores habituais da revista.

http://www.revistaretranca.com/

Contacto Kiko Da Silva

Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo

 
O incerto futuro da sanidade galega Imprimir Correo-e
Actualidade
Martes, 26 Outubro 2010 13:01

O incerto futuro da sanidade galega

Temos en Galicia a mala fortuna de estar gobernados por un grupiño ultraliberal que despreza o público e só acredita nas potencialidades e na eficiencia do sector privado.

Por Pablo Vaamonde | A Coruña | 20/10/2010

Mais, na vez de traballar nunha empresa e labrarse un futuro co seu espírito emprendedor, póñense á fronte dunha Autonomía para xestionar o diñeiro público, achegado por todos os cidadáns. Teñen amosado sobradamente o seu escaso interese polo beneficio colectivo e o benestar común. Tanto na construción de autoestradas como na xestión da educación ou da sanidade a estratexia é outra: xerar espazos de negocio para que grupos empresariais afíns poidan conseguir ganancias económicas á conta dos orzamentos públicos.

Mentres se queixan da mesquindade do goberno central e acusan a ZP de tódolos males da economía mundial, aquí van dando, á caladiña, os pasos precisos para que os orzamentos do Sergas poidan xerar ganancias privadas nas próximas décadas. Na vez de protexer e potenciar a sanidade pública, como é a súa obriga de gobernantes, están a lastrar o futuro da atención sanitaria de tódolos galegos. Esa será a consecuencia dos proxectos de construción dos novos hospitais e centros de saúde a cargo de empresas privadas, que o goberno galego deberá reembolsar durante décadas como se estivese a pagar unha hipoteca. Esta modalidade de construción, que resulta moito máis cara, reduce a dispoñibilidade orzamentaria para outros usos sanitarios e pon en risco a continuidade da sanidade pública. As comunidades de Madrid e Valencia, que optaron por este modelo hai tempo, teñen hoxe unha débeda sanitaria insostible.

O pasado día quince de outubro a Consellería de Sanidade publicou no DOG un decreto polo que regula a "xestión integrada" do Sergas. Deste xeito, as xerencias de Atención Primaria da Coruña e Santiago pasan a estar baixo o mando da xerencia hospitalaria. O enorme esforzo que fixo o goberno bipartito para potenciar e mellorar a Atención Primaria en Galicia vese, deste xeito, truncado, xa que desaparece este nivel asistencial e a súa autonomía de xestión. Os centros de saúde dependerán do hospital como se fosen un servizo máis do mesmo. Esta decisión representa un golpe definitivo contra da Atención Primaria e un serio revés para a sanidade pública. É un novo paso da estratexia ultraliberal: pronto sacarán a concurso a xestión dos centros de saúde, que poderán ser dirixidos por entidades privadas.

 
HCV ou Mesa provincial de contratación? quen é o responsable? Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Martes, 26 Outubro 2010 11:18
Hoxe quedámonos coa boquiña aberta coas resoluciois que deu a Mesa Provincial de Contratación de Ourense.
Polo que nos comenta o representante da nosa central nela, a maioria dos temas controvertidos foron de O Barco e a Mesa botaba balois contra o HCV e viceversa.
dmo
O caso é que ningún dos 3 casos que se plantexaron dos que temos coñecemento foi para adiante, e os tres constituen vamos a definir como "graves erros" na xestión das listas.

Non temos por costume de publicar o que acontece nas resoluciois normais da mesa, porque ata o de agora as noticias que nos chegaban do seu funcionamento e as súas resoluciois na maioría dos casos era a prevista, a pesares que nalgunha outra ocasión estivemos a punto de denunciar temas concretos e que ó final non o fixemos posto que o persoal afectado así nolo pediu; pero o de hoxe xa colma o vaso.

Por un lado tratouse a reducción da duración de acumulaciois de tarefa ata o tempo que lle permitira facer ó primeiro da lista; este tema xa foi tratado hai tempo, posto que dende CIG-Saúde de O Barco decatámonos que era precisamente o persoal de mais arriba nas listas o mais perxudicado debido ó tope que establece o SERGAS dos 6 meses para este tipo de contratos. Naquela reunión acordouse que se miraría o tempo que lle restaba por facer á persoa que lle correspondera por lista e reducir o contrato ó tempo restante. Pois ben a Mesa di que é o HCV quen o debe mirar e o HCV di que pensaba que era a Mesa quén o debería facer. Resultado que a traballadora que reclama perde o contrato que lle corresponde.

Outro dos casos que se tratou hoxe (este plantexado dende a comisión de centro) foi o contrato dado a unha traballadora que xa tiña esgotado o tempo por acumulación de tarefas, desta vez ofértanselle 6 meses que según as directrices do SERGAS non se lle poderían ofertar. Resolución; está pasado o prazo de cese en 15 dias e segue a mesma traballadora; (haberá que telo en conta para futuras prórrogas).

Por último tratouse a reclamación doutra traballadora que reclamaba un contrato por IT, que debido a movimentos extranos dos dias de baixa a cubrir dentro dun determinado servizo, se lle adxudicou a outra persoa. Desta vez a Dirección do HCV asumiu a súa culpa pero a pesar disto a resolución foi contraria á persoa reclamante.

Señores e señoras da Dirección provincial e da Dirección do HCV, descoñecemos quén é mais ou menos responsable destes despropósitos, o que sí que temos moi clariño é que non son as persoas ás que se está perxudicando unha e outra vez. Ou se toman en serio o seu cometido ou dimitan e deixen os seus postos a xente con mais capacidade que se tomen en serio as cousas.

Agora empezamos a entender o reseu rexeitamento a que se publiquen os chamamentos.

BASTA XA DE TANTO MAMONEO!!!!
 
Historia da Lingua Galega Imprimir Correo-e
Lingua e Cultura
Martes, 26 Outubro 2010 10:41
A lingua dos habitantes dos castros

É curioso, pero en Galicia non se falou semprehistoria_do_galego
galego
. Non, ho, castelán tampouco, nin inglés.

Na altura na que en Galicia non se falaba aínda galego, hai máis de dous mil anos, en Madrid nin sabían que era iso do castelán. Madrid, ademais, aínda non existía. En Londres, que tampouco existía, tamén non sabían nada do inglés.

Que se falaba logo aquí naquela altura? Pois, como os “galegos” de entón non escribían, da lingua que falaban pouco quedou. Só podemos saber algo polos nomes dos lugares, que se foron transmitindo de xeración en xeración, e por algunas palabras que aínda conservamos: Samil, Barallobre, Cambre, toxo, alpendre, burato, touciño...

Así empeza o texto que unha blogueira fíxonos chegar, un PDF que trata da historia da língua galega, con ilustraciois e moi ameno de ler, seu autor é Pepe Carreiro e foi editado por edicións A nosa terra;
podedes descargalo, clicando aquí
 
Orzamentos: porta aberta á privatización Imprimir Correo-e
Actualidade
Venres, 22 Outubro 2010 09:03
Dende CIG-Saúde iniciamos unha campaña contra os orzamentos da Xunta que golpean unha vez no seu persoal e abren as portas á privatización da sanidade

CIG-SAÚDE REXEITA OS PROXECTOS DE LEI DOS ORZAMENTOS DO ESTADO E DA XUNTA DE GALIZA
POR METER DE CHEO A SANIDADE PÚBLICA NA SENDA DA PRIVATIZACIÓN.


ESTES ORZAMENTOS CONFIRMAN A INTENCIÓN DO GOBERNO DO ESTADO E DO GOBERNO DA XUNTA DE PRIVATIZAR A SANIDADE PÚBLICA.


Boletín Oficial das Cortes Xerais. Congreso das/os Deputados. 2 de outubro de 2010. Proxecto de Lei dos Orzamentos Xerais do Estado paro ao ano 2011. Recolle no seu articulado o seguinte:

Artigo 22.
Dous. No ano 2011, as retribucións do persoal ao servizo do sector público non poderán experimentar ningún incremento respecto ás vixentes a 31 de decembro de 2010.


Artigo 22.
PAGAS EXTRAS.

Seis.2. As/os traballadoras/es percibirán en cada unha das pagas extras de xuño e decembro do 2011 en concepto de soldo
base e trienios as seguintes contías:
..............................................................................................................

Artigo 23.
Oferta de Emprego Público.

Un. Durante o ano 2010, o número total de prazas de novo ingreso do persoal do sector público será, como máximo, igual ao 10 por cento da taxa de reposición efectiva e concentrarase nos sectores, funcións e categorías profesionais que se consideren prioritarias…

Dous. Durante o ano 2011 non se procederá á contratación de persoal temporal, nin ao nomeamento de persoal estatutario temporal o de funcionarios salvo en casos excepcionais e para cubrir necesidades urxentes e inaprazables.
A contratación de persoal interino por vacante computará aos efectos de cumprir o límite máximo da taxa de reposición na oferta de emprego público correspondente .


A Xunta de Galiza recollerá integramente estas medidas na Lei de Orzamentos, así nolo comunicou o Director Xeral de Orzamentos, nas reunión da Mesa Xeral da Función Pública celebrada o día 18 de outubro de 2010.

A Xunta de Galiza aplaude estas medidas, xa que forman parte do seu modelo de sistema público. No Consello Interterritorial de Saúde celebrado ese mesmo día (18 de outubro de 2010) a Conselleira de Sanidade non manifestou nada en contra.

A CIG-SAÚDE dirixiuse por escrito ás organización políticas con representación no Parlamento doEstado Español e no Parlamento de Galiza (BNG, Esquerda Unida, PSOE e PP) para que na presentación de emendas rexeiten estas medidas.

En qué condicións imos traballar se só se cubre o 10% das ausencias, e o crecemento do cadro de persoal foi de 0% durante o ano 2010, e no ano 2009 o SERGAS non cubriu as vacantes xa orzamentadas nese ano?
Qué oferta de emprego vai convocar o SERGAS, so o 10% das vacantes que non creou?


 
A administración galega en estado de sitio Imprimir Correo-e
Actualidade
Venres, 22 Outubro 2010 08:58

A ADMINISTRACIÓN GALEGA EN ESTADO DE SITIO


O anteproxecto de Lei de Organización e Funcionamento da Administración Xeral e o Sector Público Autonómico de Galiza consagra os chiringuitos, incrementa o número de altos cargos, substitúe direccións xerais por axencias, confirma as contratacións de persoal por parte desas entidades e permite retribucións dos seus cargos por riba das do Presidente da Xunta.


1. CRECEMENTO DESMESURADO DO NÚMERO DE ALTOS CARGOS
Esta lei establece un aumento considerable do número de órganos superiores e directivos da Xunta de Galiza. Crea novos órganos e da cobertura legal a outros xa existentes.

 peidop

· O antigo Secretario Xeral recupera a denominación de Secretario Xeral Técnico.
· Aparece un novo tipo de Secretario Xeral que se configura como Viceconselleiro ou como figura homóloga dos Secretarios de Estado do goberno español. Na práctica xa se viña utilizando esta figura.
· Dan carta de natureza a unha nova figura, o Vicesecretario Xeral, que na práctica xa introduciu Feijoo en todas as consellarías.

 

Así, a estructura de órganos superiores e directivos da Xunta, excluíndo aos conselleiros, quedaría do seguinte xeito:

 

cadro

 

Todos estes cargos crearanse segundo o principio de discrecionalidade do goberno, o cal vai xerar unha hipertrofia da estructura superior da Xunta de Galiza. Os Secretarios Xerais, como viceconselleiros de facto vanse ocupar de áreas funcionais da Administración e polo tanto poderá haber máis de un por consellaría.

2. EXTENSIÓN DA DISCRECIONALIDADE NOS NOMEAMENTOS ATA AS XEFATURAS DE SERVIZO
Con este anteproxecto pérdese a oportunidade de definir as xefaturas de servizo como postos de traballo. Se ben as xefaturas de servizo non teñen rango de órgano directivo, esta lei mantén a situación actual de equiparalas ás subdireccións xerais no tocante á súa creación.
O resto de unidades administrativas se crearán a través de RPT, excepto as xefaturas de servizo e as subdireccións xerais. As xefaturas de servizo son tratados por tanto como órganos e non como postos, o cal pode levar a restituír o criterio de libre designación para o seu nomeamento, como puidemos comprobar recentemente coa resistencia da Administración a sacalos a concurso de traslados e a modificar o tipo de cobertura nas RPT.

 
a crise en 5 minutos Imprimir Correo-e
Actualidade
Xoves, 21 Outubro 2010 10:04
 
ACCESO EXCEPCIONAL Ó TITULO DE ENFERMEIRO@ ESPECIALISTA Imprimir Correo-e
Formación
Martes, 19 Outubro 2010 10:47

DIPLOMADOS SANITARIOS

¡Atención! Finalización prazo presentación solicitude acceso excepcional ao título de Enfermeira/o especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria, Enfermaría Pediátrica e Enfermaría Xeriátrica: 22 marzo de 2011 (6 meses despois da publicación da oferta EIR)

Real Decreto 450/2005, do 22 de abril, sobre especialidades de Enfermaría (B.O.E. do 6 de maio): Acceso excepcional ao título de especialista en enfermaría
A Disposición transitoria segunda do Real Decreto 450/2005, do 22 de abril, sobre especialidades de Enfermaría, en relación ao acceso excepcional ao titulo de especialista, contempla a posibilidade de acceso ao título de Enfermeira/o especialista a todas/os as/os tituladas/os que acrediten o exercicio profesional e suquirofanoperen unha proba de avaliación da competencia, nos termos e polo procedemento previstos

.

Poderase solicitar máis dun título de enfermeira/o especialista para o cal é indispensable presentar para cada unha das especialidades pedidas unha solicitude cumplimentada e firmada, acompañada de toda a documentación necesaria. Pero de ter aprobadas a probas de máis dunha habería que escoller, xa que só se pode obter unha delas por esta vía excepcional.

Requisitos para solicitar o acceso ao título de especialista
As/os aspirantes deberán atoparse nalgunha das seguintes situacións:
a)    Ter exercido coma enfermeira/o as actividades propias da especialidade polo menos 4 anos
b)    2 anos de exercicio profesional + formación: 40 créditos de Formación Continua  acreditada de polo menos 40 créditos (obtidos polo sistema de acreditación establecido na Comisión Nacional de Formación Continuada do Sistema Nacional de Saúde) no  campo da respectiva especialidade ou título de postgrado universitario de 20 créditos ou 200 horas no campo da especialidade
c)    1 ano de exercicio profesional + 3 anos como profesor/a de EUE en áreas relacionadas coa especialidade
► Estes requisitos deberase dispor deles a data 22 de setembro do 2010; data da publicación da convocatoria da proba anual na que, por primera vez, se ofertaron prazas de formación destas especialidades.
► A formación complementaria pódese facer durante o prazo da presentación das solicitudes establecido, 22 de marzo do 2011.
Documentación a presentar para a admisión á proba obxetiva
* Solicitude asinada (existe un modelo na páxina Web do Ministerio de Educación para a xestión on-line deste proceso ou pasa por algunha das nosas sede sindicais para obter o modelo de solicitude)
* Fotocopia compulsada do Documento de Identidade ou Pasaporte en vixencia
* Fotocopia compulsada do Título de ATS/DUE recoñecido ou homologado no Estado Español
* Fotocopia compulsada da Formación complementaria (só se fora preciso)
* Fotocopia compulsada do certificado/s do exercicio profesional, firmado polo xerente ou responsable legal da Institución, ou polo Director de Enfermaría ou máximo responsable de  Enfermaría, ou polo Director de Recursos Humans/Xestión no que consten os seguintes datos:
Categoría profesional
As características xerais dos postos/unidade onde se desenvolveu a actividade dentro do campo da especialidade solicitada.
Características das persoas/doentes atendidas
As actividades máis relevantes levadas a cabo coma enfermeira/o no campo específico da especialidade solicitada, durante o desempeño do posto.
As datas de inicio e fin do periodo exercido neste campo.
A firma do responsable que  emitiu o certificado
O selo corporativo da Institución.

Proba de avaliación
Haberá tres datas de convocatoria para a realización da proba obxetiva correspondente a cada unha das especialidades. Cada enfermeiro/a que fora admitido/a á proba poderá presentarse a un máximo de dúas convocatorias. O exame consta dunha 1ª parte de 100 preguntas test (negativos 0,35) cun valor total de 100 puntos e una segunda parte de 5 casos con 5 preguntas test cada un, que tamén valerá 100 puntos.
A avaliación da proba obxetiva da/o aspirante, sobre unha escala de 0 a 200 puntos, estará integrada pola suma das puntuacións que obteña a/o aspirante en cada unha das dúas partes que a compoñen. A calificación final de cada aspirante será de "apto" ou "non apto". Para ser considerado "apto", a puntuación mínima que a/o aspirante deberá ter é a de 40 puntos en cada una das partes, sendo preciso que queden completados con cando menos 100 puntos na suma de ambas; en caso contrario, será considerado "non apto".
O obxetivo da proba é “Constatar que os aspirantes dispoñen de coñecementos, habilidades e actitudes necesarias para o adecuado exercicio da especialidade”. O exame versará sobre as materias determinadas no programa da especialidade. Cada profesional poderá presentarse ao examen de cantas especialidades teña dereito pero finalmente só poderá obter un título por esta vía.

Presentación de solicitudes
A presentación da documentación debe realizarse nalgún dos lugares indicados a continuación:
1.No rexistro da Secretaría Xeral de Universidades do Ministerio de Educación , C/Albacete, nº5, 28071, Madrid.
2.Nos rexistros centrais ou periféricos do Ministerio de Educación.
3.Nos rexistros da Administración Xeral do Estado.
4.Nos rexistros das Subdelegacións do Goberno.
5.Nos Consulados de España no extranxeiro.
6.Naqueles Concellos que suscribiron o convenio de Ventanilla Única coa Administración Xeral do Estado.
7.Nos rexistros das Administracións das CC.AA.
8.Por correo certificado (selando en correos a solicitude e tamén a fotocopia da solicitude que unha vez selada sirve de resgardo)
9.Nos restantes lugares previstos no artigo 38.4 da Ley 30/1992 do 26 de novembro do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.

 
prazas non cubertas discapacitados Imprimir Correo-e
Traslados
Martes, 19 Outubro 2010 10:00
Xa expuxemos nun post anterior que a resolución da convocatoria da OPE marca unhas prazas mínimas a cubrir polo persoal en quenda de discapacitados.

............................ No suposto de que as prazas cubertas por persoas con discapacidade acade unha taxa do tres por cento do total das prazas convocadas na correspondente categoría, as prazas non cubertas acumularanse ás restantes do acceso libre.

No suposto de que as prazas cubertas por persoas con discapacidade non acadase a taxa do tres por cento do total das prazas convocadas na correspondente categoría, as prazas non cubertas acumularanse á cota do sete por cento da oferta seguinte, cun límite dun doce por cento.

Pois ben, na OPE 2006 a solución que deu o SERGAS foi a de deixar todas estas prazas non cubertas (deuse solo en persoal facultativo) para a OPE do 2008. Desta vez nembargantes o que se fixo cos facultativos foi reservar sólo ata  3%  das prazas, pasando entre este 3% ata ó 7%  para a quenda libre.

A información que demos no post anterior (xa correxida), estaba errada, posto que interpretamos que o SERGAS iba a facer o mesmo que na anterior OPE, pero non, na presente OPE cambiou o criterio da forma que explicamos.

Polo tanto as prazas  da quenda de discapacitados que se reservarían para a seguinte OPE serían  ata o 3% excluindo os aprobados que en PSX serían 8,97 restando 3 que acadaron praza deixaría en 5-6 as prazas a reservar para a OPE seguinte e o resto sumarianse a quenda de libre nesta OPE (11-12).

En aux administrativo o resto é de 3,51 prazas que terían que reservar para a seguinte OPE polo que sengadirían as listas de libre 5-6 prazas mais.

Xa sabemos que é complicado de entender, polo que pedimos ó SERGAS,(todo isto nolo comunicou sólo de palabra), que nolo enviara por escrito.

Cecais cumpra decir que varias persoas con discapacidade teñen impugnada esta incorporación de prazas que fixo o SERGAS na OPE de facultativos, solicitando que se reservaran todas para a convocatoria vindeira.

 
Filtraciois: exclusión da OPE Imprimir Correo-e
OPE
Martes, 19 Outubro 2010 08:51

artigo extraido de La Voz de Galicia

NEPOTISMO A familiar da relevada subdirectora xeral do Sergas, excluída das 2 oposicións

O marido de Rosario García Villadangos, empregado na área de Procesos Selectivos, a piques de lograr praza

A familiar da subdirectora xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde recentemente relevada, Rosario García Villadangos, foi excluída das dúas oposicións do Sergas a que se presentou: auxiliar administrativo e persoal de servizos xerais. En ambas obtivera altas cualificacións e figuraba nos primeiros postos de entre miles de aspirantes. É máis, foi número un no exame temático das dúas (antes dos de informática e galego). Onte publicáronse os resultados do proceso de baremación de méritos -última fase puntuable antes de gañar praza ou non como funcionario- e esta muller, cuñada do marido de García Villadangos, aparece como excluída do concurso-oposición de auxiliares administrativos por non achegar a documentación requirida (acreditación do graduado escolar, ciclo medio de xestión administrativa ou equivalente, e dos méritos de formación que o tribunal debe valorar) e tamén do de persoal de servizos xerais, por non cumprir requisitos da convocatoria.

En canto ao marido da xa ex subdirectora xeral do Sergas -de garda de seguridade na Dirección Xeral de Recursos Humanos pasou a realizar unha asistencia técnica de auxiliar administrativo e finalmente a traballar como laboral indefinido no departamento de Procesos Selectivos do Sergas-, aparece nas listaxes provisionais de ambas as oposicións con cualificacións que o sitúan en postos bastante destacados (17 de 145 e 60 de 295).

A Xunta desvincúlase da exclusión da cuñada do marido de Rosario García Villadangos. Fuentes do Sergas consultadas onte recordaron que se trata dun concurso-oposición e que, como tal, «non só hai que superar un exame senón tamén acreditar documentalmente en tempo e forma os méritos alegados». Neste sentido, esgrimen que a decisión se corresponde con «unha valoración técnica que realiza o tribunal conforme á convocatoria». A iso estas fontes engaden que «a exclusión non é algo extraordinario, sucede outras veces e con outros opositores». Dos 145 que chegaron a esta última fase da oposición de auxiliar só outro aspirante máis foi excluído; dos 295 que o fixeron na de persoal de servizos xerais, unicamente caeu a devandita familiar de Rosario García.

O Sergas rexeita realizar calquera outra valoración do asunto que poida relacionalo co escándalo xerado ao redor destas oposicións cando sindicatos, partidos da oposición parlamentaria e ata persoal do Sergas denunciaron «un claro caso de nepotismo». Namentres, Rosario García Villadangos foi relevada e o Valedor do Pobo acaba de constatar que houbo «incumprimentos e irregularidades» nas probas.

 
Artigo de el pais sobre as filtraciois Imprimir Correo-e
OPE
Luns, 18 Outubro 2010 18:13

artigo extraido de "el pais"

CARLOS MARTÍNEZ BUJÁN

Oposiciones en el Sergas

enxufeEl informe que acaba de hacer público el Valedor do Pobo, en relación con las irregularidades existentes en dos pruebas selectivas convocadas por el Sergas, pone al descubierto indiciariamente una forma de corrupción de extraordinaria gravedad: varias personas que trabajaban en el mismo departamento en el que se elaboraba el proceso de selección obtuvieron las puntuaciones más altas entre más de 7.500 aspirantes. Sin embargo, la respuesta de la Consellería de Sanidade (avalada por el presidente Núñez Feijóo) ha ido dirigida a minimizar la trascendencia de los hechos y a ofrecer una versión del contenido del informe del Valedor que no se corresponde con la realidad y que puede inducir a error a los ciudadanos.

El equívoco fundamental que introduce la consellería es mezclar indebidamente dos cuestiones que deben ser deslindadas: una cosa es llegar a la conclusión de que no se han podido encontrar "pruebas fehacientes de filtraciones" (algo que reconoce el Valedor, si bien con importantes matices), y otra cosa, muy distinta, es negar que hayan existido muy graves irregularidades en el proceso selectivo, las cuales, en cambio, quedan claramente demostradas.

Empezando por lo segundo, en el informe del Valedor se destaca, ante todo, el hecho de que deberían haberse abstenido tres miembros de los tribunales (miembros que pertenecían a la Subdirección Xeral de Recursos Humanos), porque algunos de los opositores trabajaban a su servicio y uno, en particular, era el esposo de la propia subdirectora general.

Se resalta además que tres de los opositores realizaron previamente labores de colaboración en la preparación de las pruebas a las órdenes de los citados miembros de los tribunales, e incluso uno de ellos participó después en el proceso de corrección de los exámenes en la categoría a la que él se presentó, llegando al extremo de efectuar la corrección mecánica de su propio examen. Los organizadores de las pruebas admitieron que "no había un control exhaustivo" y que, de hecho, las tareas relativas a la confección de las pruebas "eran realizadas muchas veces por compañeros directos de los opositores, compartiendo oficina en horario laboral habitual de mañana".

También se detectaron irregularidades en el proceso de custodia e impresión de los contenidos de los exámenes, dado que de ello se encargó una compañera de algunos de los opositores, la cual realizó su labor en un ordenador de la oficina, coincidiendo con el horario laboral de sus compañeros, y sin que existiese un registro de entradas y salidas de personas en la sala de impresión.

En fin, a juicio del Valedor quedan sobradamente "acreditadas" las "numerosas y considerables irregularidades" que afectaron al proceso selectivo, las cuales "refuerzan la sospecha fundada de que pudo darse una situación de ventaja" de determinados opositores y originan "la correspondiente responsabilidad de sus protagonistas, que deberá sustanciarse adecuadamente".

Pues bien, esta conclusión es de la máxima trascendencia para entender la otra afirmación del Valedor, a la que se aferra la Consellería de Sanidade para interpretar incorrecta y equívocamente su informe, esto es, la de que "con los elementos obrantes no se pudo probar la filtración de las pruebas". Y es que hay que aclarar que el Valedor no llevó a cabo en este asunto una "investigación con sus propios medios" (algo que solo realiza en casos muy excepcionales), sino que sus conclusiones se basaron exclusivamente en la investigación realizada por la Consellería de Sanidade y por la Dirección Xeral de Avaliación y Reforma Administrativa, un órgano que depende de la Consellería de Presidencia. Por tanto, el Valedor se limitó a interpretar los datos que se le suministraron y a efectuar una serie de recomendaciones. Ahora bien, pese a todo, apuntó (lo que no es poco) que de tales irregularidades se deriva una "responsabilidad para sus protagonistas" y una "sospecha fundada" de que pudo haber filtraciones.

Por mi parte, me limito a añadir algo a la prudencia del Valedor: la sospecha fundada de filtraciones equivale a sospecha de graves delitos de violación de secretos, tanto del funcionario que los revela o que permite que otros accedan a documentos secretos como del particular que se aprovecha de ellos. Y se trata de indicios tan poderosos que deberían ser puestos en conocimiento del juez penal para que los investigue con sus propios medios, que son muchos, mientras que los sospechosos tampoco son tantos.


 
Baremación provisional concurso OPE Imprimir Correo-e
OPE
Luns, 18 Outubro 2010 15:26

Publícase no DOG do 18 de outubro de 2010 a resolución do 11 de outubro de 2010, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatuario do Servizo Galego de Saúde, relativos á baremación provisional da fase de concurso.

Publícanse as puntuacións obtidas polos aspirantes das categorías:

Abrirase o prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para que os interesados poidan presentar, de ser o caso, reclamación contra a puntuación outorgada nesta baremación, dirixida expresamente á Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde.

Intentaremos organizar e ordear as listas con mais persoal a medida que nolo permita o traballo, colgamos de momentoas listas que nos enviou Alberto que desinteresadamente quere compartir con tod@s as listas do grupo da función administrativa.

 

aux administr orden por puntos

PSX ordeado por puntos

 

OLLO!!


O punto 3 das normas xerais da convocatoria dí o seguinte:

 

.............................. No suposto de que as prazas cubertas por persoas con discapacidade acade unha taxa do tres por cento do total das prazas convocadas na correspondente categoría, as prazas non cubertas acumularanse ás restantes do acceso libre.

 No suposto de que as prazas cubertas por persoas con discapacidade non acadase a taxa do tres por cento do total das prazas convocadas na correspondente categoría, as prazas non cubertas acumularanse á cota do sete por cento da oferta seguinte, cun límite dun doce por cento.

O SERGAS di que vai dar a solución que deu para o persoal facultativo. Que expoñemos nun post mais arriba.
 
borrador novo pacto de contrataciois Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Domingo, 17 Outubro 2010 20:50
Á espera de recibir información detallada do acontecido na reunión do venres do Pacto de contrataciois que probablemente teñamos mañá, pero como non estaremos no local pola mañá posto que imos Ourense a amosar o noso apoio a un compañeiro de CIG-Administración por "incidentes cos axentes do desorden público", deixamos o último borrador entregado polo SERGAS na mentada reunión.
Déusenos prazo de dez días para facer as alegacións ao texto, nese prazo teranse que reunir o noso grupo de traballo para facelas.
Seguiremos informando

15102010_borrador_pacto2.doc
 
celadores PAC: un novo conflicto Imprimir Correo-e
Atención Primaria
Venres, 15 Outubro 2010 10:52
Foto0233
Estes dias os celadores dos PACs das provincias de Ourense e Lugo veñen de recibir a noticia que as súas Xerencias, queren implantarlle unha xornada anual de 1570 horas efectivas, saltándose á torera todos os acordos que marcan a xornada anual efectiva en 1430 horas anuais.

Ista intención de implantar istas horas dase na XAP de Ourense e Lugo, non no resto de Galiza. A orde partiu do propio director de xestión que lle ordenou ao xefe de persoal subalterno que emitise unha circular na que dicía que non se faría ningún cómputo de xornada ata o 31 de Decembro, polo tanto a xente non pode saber canto se pasa de xornada,

Os celadores dos PACs de Ourense tiveron unha reunión, barallándose a posibilidade de non traballar máis unha vez superadas as 1430 horas ou que se pagase ou que se disfrutaran en días (que polo que comentaba a xente pasabanse en 100 e pico horas polo que é imposible ainda así difrutalas na primeira quincena de Xaneiro)
 
se non estamos xuntos fódennos Imprimir Correo-e
Actualidade
Xoves, 14 Outubro 2010 13:35
A raiz do enlace que puxemos o outro dia dos luns ó sol, ocurríusenos adaptalo un pouco a situación que estamos a vivir o persoal do SERGAS coa ameaza de privatización.

 
Resolución do Valedor do Pobo sobre as filtraciois Imprimir Correo-e
OPE
Xoves, 14 Outubro 2010 13:02

Extraido da web do valedor do pobo

Resolución do Valedor do Pobo sobre as irregularidades detectadas nos procesos selectivos do Sergas

13 de Outubro do 2010

Valedor

O alto comisionado parlamentario, Benigno López González, dirixiu con data de hoxe a súa resolución á Consellería de Sanidade despois de constatar, por medio dos informes da inspección, incumprimientos e irregularidades en procesos selectivos do Sergas.

 

::::Texto íntegro da resolución

 

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2010.O Valedor do Pobo, Benigno López González, entregou con data de hoxe á Consellería de Sanidade o seu escrito de resolución (achégase íntegro en .pdf) pola investigación aberta o pasado mes de maio sobre presuntas irregularidades rexistradas en oposicións do Sergas. Nel resúmense as actuacións emprendidas desde a institución para aclarar o sucedido e dáse conta dos sucesivos informes remitidos desde a administración. Como colofón, inclúe unha recomendación, que se reproduce a continuación, tras constatar a inspección algúns incumprimentos:

 

 

“Que, á vista dos incumprimentos e irregularidades nos procesos selectivos do SERGAS obxecto da presente queixa, constatados a través da inspección realizada pola Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa e dos que se da detallada conta no informe correspondente elaborado por ese órgano, con urxencia se proceda a dar efectividade a todas as indicacións do referido informe. En concreto debera resolverse:

-A separación dos actuais procesos selectivos das persoas que forman parte dos tribunais e que deberan terse abstido de formar parte deles.

-A realización dunha avaliación estatística para comprobar ata que punto atopámonos ante unha casualidade moi improbable, de acordo co parámetro de comportamento dos concorrentes nas diferentes categorías.

-E a profunda revisión dos procedementos selectivos que inclúa a definición dun protocolo preciso de actuación que garanta a confidencialidade do proceso, as funcións e responsabilidades dos membros dos tribunais, concretando con nitidez as actuacións que en cada fase teñen que realizar, e a participación que, no seu caso, deba de ter o persoal da Dirección Xeral de Recursos Humanos do SERGAS encargado da organización dos procesos selectivos, asegurando en todo caso a designación formal deste persoal ben como membros dos tribunais, ben como persoal colaborador dos mesmos.

Finalmente deberan realizarse informes da DXARA para cada un dos tribunais nos que se valoren adecuadamente as eventuais responsabilidades dos opositores implicados, de acordo co xa concluído no informe de inspección, de tal forma que os tribunais podan coñecer con detalle as irregularidades individuais e decidan sobre as consecuencias que as mesmas podan ter para eses opositores implicados".

O Valedor do Pobo deu tamén traslado do escrito aos tres representantes do grupo socialista no Parlamento de Galicia,  promotores da queixa.

 
Curso de Internet e Correo Electrónico Imprimir Correo-e
Formación
Xoves, 14 Outubro 2010 12:04

Realizado hoxe o sorteo entre as persoas que se inscribiron para participar no curso "Internet e Correo electrónico" aqui tendes a lista de seleccionadas, así como a de reservas e a de persoas inscritas non seleccionadas.

O curso comeza o próximo luns día 18, na Academia Gosub do Barco (Rúa Santa Rita), a partir das 16 hs.

 
a unhos recortansenos dereitos a outros controles Imprimir Correo-e
Actualidade
Mércores, 13 Outubro 2010 10:27

Mentres se recortan os dereitos do persoal na xunta e establécese a mobilidade destes; lexíslase a favor dos asesores da Xunta e recupérase a dedocracia.

artigo extraido de "el pais"

Feijóo permitirá mantener negocios privados a los asesores de la Xunta

El personal de confianza se libera del régimen de la Ley de Incompatibilidades

De forma silenciosa, en la misma Ley de Presupuestos en la que la Xunta quiere recuperar el nombramiento a dedo de los jefes de servicio, Feijóo pretende imponer un cambio sustancial en el régimen de incompatibilidades que rige para los cargos públicos. Se trata de una modificación de la norma que promovió Fraga en 1996, por la que se eximirá a los asesores de la Xunta de atenerse al sistema de incompatibilidades que deben respetar los demás cargos de la Administración autonómica.

La modificación figura entre la documentación remitida por la Consellería de Presidencia a los sindicatos para discutir hoy la reforma de otra ley, la de Función Pública. El Gobierno gallego colgará ambos cambios normativos del proyecto de Ley de Presupuestos. En la de incompatibilidades, la modificación afecta a un único artículo, el 2, en el que figura la relación de cargos públicos a los que les incumbe el régimen de control. Desaparece el personal de confianza y de asesoramiento especial, tanto de la Xunta como de organismos autónomos, sociedades y entes públicos y fundaciones, unas 200 personas, y se les sustituye por los jefes de Gabinete del presidente y los conselleiros, 11 en la actualidad.

Como consecuencia de este cambio, asesores y demás cargos de confianza de la Administración gallega ya no estarán sujetos al férreo régimen que deben atender los miembros del Gobierno, secretarios generales, directores, delegados, responsables de organismos autónomos y cualquier otro puesto cuyo nombramiento se efectúe por decreto del Consello de la Xunta.

Así, dejarán de ejercer sus funciones con dedicación absoluta, y podrán combinar su actividad pública con cualquier otra profesión por cuenta propia o ajena y con cargos en empresas y sociedades concesionarias. A diferencia de como viene ocurriendo desde 1996, también podrán ocupar cargos de dirección, representación o asesoramiento de todo tipo de sociedades mercantiles y civiles y consorcios. La reforma legal les permitirá asimismo compatibilizar el cargo en la Xunta con la percepción de pensiones de jubilación, y cobrar más de una remuneración, periódica o eventual, con cargo a los presupuestos públicos.

Con su salida del ámbito de aplicación de la Ley de Incompatibilidades, asesores y personal de confianza perderán la obligación de inhibirse del conocimiento de los asuntos en cuyo despacho interviene empresas o sociedades en las que han participado ellos o sus familiares. También podrán poseer la titularidad de participaciones sin límite en empresas con conciertos o contratos con el sector público, ya sea estatal, autonómico o local.

La medida beneficia al personal que nombran para su asesoramiento tanto el presidente de la Xunta como los conselleiros y el resto de altos cargos, ya sean de la Administración autonómica como de organismos públicos o fundaciones. A diferencia del resto de cargos, con la modificación de la ley dejarán de estar obligados a formular las declaraciones de actividades y de bienes patrimoniales, en las que debían incluir todos sus negocios, la totalidad de sus bienes y obligaciones y las participaciones en todo tipo de empresas y sociedades.

Se trata de la segunda modificación que experimenta el artículo 2 de la Lei de Incompatibilidades de Galicia en sus 14 años de existencia. En 2006, el bipartito aprovechó la Lei de Transparencia y Buenas Prácticas para establecer un cambio, aunque en el sentido contrario al ahora emprendido, al extender las limitaciones a los asesores y personal de confianza de presidentes y directores de organismos autónomos, sociedades públicas y fundaciones, entre otros entes.

La nueva reforma se tramitará en el mismo proyecto que los Presupuestos y la de Función Pública, conocida el martes, que recuperará el nombramiento a dedo de al menos 700 cargos administrativos, a partir de los jefes de servicio. El diputado del PSdeG José Manuel Lage arremetió a este respecto contra lo que considera un premio a los funcionarios por su "obediencia partidaria" y no por "su capacidad".

Según Lage, el consellerio de Presidencia, Alfonso Rueda, y Feijóo "cuelan por la puerta de atrás" la movilidad forzosa de los funcionarios "sin criterios objetivos ni medibles". El diputado socialista considera que las políticas de la Xunta "huyen de la austeridad" y "evitan una reforma en profundidad" de la Administración. Ante ello, Lage animó a los sindicatos "a rebelarse" contra la discrecionalidad de la que "quiere hacer uso" la Xunta, al "clasificar a los funcionarios en buenos o malos", en función de sus preferencias políticas.

La CIG no esperó a la petición de los socialistas para criticar la reforma de la Lei de Función Pública, que, acusó, consagra la elección "a dedo" de las jefaturas de servicio y la posibilidad de mandar "en cualquier momento a cualquier lugar" de la comunidad al personal funcionario. El sindicato nacionalista lamentó que "no se deja tiempo material" para la exposición pública y el debate democrático del documento, con el que "se pretende una reforma reaccionaria" de la ley "por la puerta de atrás" y que estará en vigor el día 1 de enero.


 
mobilidade funcionarios Imprimir Correo-e
Actualidade
Mércores, 13 Outubro 2010 09:48
Como saberedes o governo da Xunta quere instaurar entre os funcionarios públicos un sistema de mobilidade, polo cal e baixo a disculpa de racinalizar as necesidades, pode desprazar ó seu persoal dun lado para outro; isto NON afecta a sanidade nin a ensino, polo menos de momento.....

Este de abaixo é información que está a distribuir CIG-Administración entre o persoal, pensamos que é de interese traela ó noso espazo.

CÓMO ME VAI AFECTAR A “MOBILIDADE Á CARTA” QUE PRETENDE IMPLANTAR A XUNTA DE GALICIA?
(ART. 30BIS LFPG)
acojonau
CASO PRÁCTICO Nº1:


Laura, unha funcionaria que tras 12 anos en Servizos Centrais consegue praza por concurso de traslados na Delegación de Ourense. Pouco despois e dadas as “necesidades funcionais” da delegación, é necesario cubrir unha vacante por xubilación nun centro público da Rúa. Dadas as limitacións orzamentarias, as listas non se moven e o seu xefe decide que a unidade pode funcionar
sen unha persoa. Como non hai ningún criterio establecido, o xefe decide que lle toca a ela marchar en comisión de servizos forzosa eses 9 primeiros meses por ser a nova. Laura fala co seu xefe do maiores que están os seus país e de que leva moito tempo esperando por esta praza nun concurso de traslados. O seu xefe coméntalle que é o que hai, que a lei permíteo e que hai medidas de
“conciliación familiar” e que pode pedir unha excedencia se o precisa.

CASO PRÁCTICO Nº2:

Antonio conseguiu no último concurso unha xefatura de sección en Servizos Centrais; leva xa 12 anos viviendo en Santiago. Está contento no seu traballo aínda que non se leva de todo ben coa súa xefa. Porén, a súa unidade se postula como candidata para nutrir de persoal unha nova axencia a sede da cal vai estar en Vigo a través dunha readscrición dos postos de traballo. Na súa unidade
son 18 persoas e se precisa readscribir un total de 12 postos. Como se trata de marchar para Vigo en seguida saen 6 persoas volutarias. Sen embargo, as outras 6 terán que saír entre as outras 12 persoas restantes. Comezan as discusións: hai compañeiros que din que por sorteo, outros que os que teñen fillos que non poden entrar, outra perosa que acaba de mercar un piso... Ao final, como non se poñen de acordo a súa xefa con carácter discrecional di que escollerá ela tendo en conta as situacións persoais de cada un. Antonio témese o peor xa que a súa relación non é de todo boa con ela...

CASO PRÁCTICO Nº3:

María traballa de bedel nun centro de Educación de Coruña. Como o centro é relativamente grande existen 2 prazas que complementan as súas funcións e o traballo lévase ben. Sen embargo, o director do centro observa que cando están as dúas persoas, pasan demasiado tempo a falar entre elas. Xa que logo, decide empezar a encomendarlles tarefas que non lle son propias. Ao principio a
María non lle parece mal pois chega momentos que está ata aburrida. Sen embargo, esas tareas puntuais comezan a ser a cotío. María falao co seu compañeiro e deciden falar co director do centro. Estes dille que a consellaría ten necesidades máis perentorias noutros centros, incluso fóra da provincia, e que está mirando de readscribir unha das súas prazas a outro centro. Xa que logo,
se non fan todas esas tarefas, aínda que non lle sexa propias, el non pode informar que se xustifque alí a presenza de dous bedeis.
http://autonomica.cigadmon.org
 
<< Inicio < Anterior 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 Seguinte > Final >>

20100407_hospitalvigo_04
573-81933-a-carrabxo
573-82097-a-pedra
573-82150-a-berro
573-82153-a-dixo
573-82384-a-manifa
573-82578-a-SERVIZOS20PUBLICOS-1
573-82696-a-qg
573-82703-a-DESPIDO20BARATO
573-82728-a-pontevedra
573-82843-a-queremos
573-83156-a-dspi2
573-83252-a-pon
573-83361-a-qgconcerto
573-83720-a-santiago
I1133
www.cig-saude.info | O Barco | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | Cee | 061 | AgMedica

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info