CIG Saude | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | 061 | AgMedica


logocigsaudebarco4


<<  Novembro 2019  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
      1  2  3
  4  5  6  7  8  910
11121314151617
18192021222324
252627282930 
Frase pra baixar os modulos en firefox

desmobilización, que nos queda? os luns ó sol Imprimir Correo-e
Actualidade
Luns, 11 Outubro 2010 12:58
Dende a entrada do novo goberno na Xunta e o contextoo de crise na que nos atopamos, xunto co xiro do governo central á dereita mais reacia, o persoal do SERGAS vivimos dia sí dia non levando leches por todos lados, primeiro foi a suspensión dos acordos, despois a reducción de soldo no 2010 e a conxelación no 2011, a ameaza de privatización dos novso hospitais de Vigo, Lugo e novos centros de saúde.
Mentres a xente menos desfavorecida utilízase para "paliar" a crise, recortando os nosos dereitos. Inxéctase capital ós verdadeiros causantes dela, á banca.
Se sumamos a isto a reforma laboral aprobada no congreso que precariza dun xeito sen precedentes á clase obreira, agora cerne a ameaza de aumentar a idade de xubilación ós 67 anos, pasando de 15 a 20 anos o mínimo de tempo cotizado para acceder a unha pensión contributiva e o seu cálculo farase polos ultimos 20 anos en lugar dos 15 que eran ata o de agora.

A última folga xeral da administración en xeral e na sanidade en particular, hai que recoñecer que foi un verdadeiro fiasco, gústenos ou non esa é a lectura que facemos en base á porcentaxe de folguistas.

En tanto non tomemos conciencia que sólo movéndonos e participando na toma de decisiois dos sindicatos podemos conseguir rematar con este continuo abuso ó que nos vemos sometidos, pouco conseguiremos.

A situación que vivimos aínda que noutro ámbito foi refrexada no cine na pèlícula "os luns ó sol", onde os paralelismos coa nosa situiación son mais que notables, deixamos un par de anacos dela, porque nós a verdade sí que nos vemos bastante refrexados na reflexión que fai Santa (Javier Bardem).

Porque coa desmobilización actual e a pouca solidariedade entre compañeir@s conducen a iso "os luns ó sol".




 
publicaciois OPE Imprimir Correo-e
OPE
Luns, 11 Outubro 2010 09:32

Publicacións de hoxe no DOG referentes a:

* Resolución do 1 de outubro de 2010, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatuario (albanel, carpinteiro/a, lavandeira/o e pasadora/o de ferro) do Servizo Galego de Saúde, relativos á baremación provisional da fase de concurso.

 * Resolución do 14 de setembro de 2010, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se modifica a Resolución do 21 de maio de 2010, en estimación de recursos en vía administrativa do proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario (FEAS microbioloxía e psiquiatría) do Servizo Galego de Saúde, relativo á baremación definitiva da fase de concurso.

 
reinicianse as mobilizaciois en defensa da sanidade pública Imprimir Correo-e
Actualidade
Venres, 08 Outubro 2010 11:48

fonte: vieiros

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública rexeita a privatización do hospital vigués cun acto nos terreos onde se edificará

A campaña de mobilizacións terá continuidade o vindeiro 21 de novembro coa celebración dunha marcha en Santiago de Compostela
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública, da que forma parte a CIG, celebrou este xoves 7 de outubro un acto reivindicativo e unha rolda de prensa nos terreos onde se vai construír o novo hospital de Vigo para rexeitar a privatización do centro. Representantes sindicais, políticos, asociación de veciños, traballadoras e traballadores e xente contraria á privatización da sanidade pública déronse cita nun acto que terá continuidade nas vindeiras semanas.

Manuel Moreira, representante da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública e presidente da Xunta de Persoal da área sanitaria de Vigo, foi o encargado de facer a presentación e valorar os principais prexuízos que ocasionará a privatización do novo hospital de Vigo.

Este acto reivindicativo é a continuidade dunha campaña de mobilizacións que se irán realizando e que culminará cunha gran manifestación cidadá o 21 de novembro en Santiago de Compostela. Na marcha, organizada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Galiza, participarán moitas outras organizacións políticas, sindicais e cidadás
 
calendario OPE e traslados Imprimir Correo-e
Traslados
Mércores, 06 Outubro 2010 21:20

información facilitada polo SERGAS


CALENDARIO OPE  E CONCURSO DE TRASLADOS

CONCURSO-OPOSICIÓN

 

BAREMACIÓN PROVISIONAL:

27 setembro:

-       Celador

-       Grupo técnico da F.A.

-       Grupo de xestión da F.A.

-       Pinche

-       Técnico especialista en imaxe para o diagnóstico clínico

-       Telefonista

-       Terapeuta ocupacional

 

4 de outubro:

-       Calefactor

-       Electricista

-       Enxeñeiro técnico

-       Fontaneiro

-       Mecánico

-       TEL

-       Traballador social

11 de outubro:

-       Albanel

-       Carpinteiro

-       Lavandeira

-       Pasador de ferro

 

18 de outubro:

-       Cociñeiro

-       Grupo auxiliar da F.A.

-       Persoal de servizos xerais

-       Técnico xestión sistemas e T.I

-       Técnico superior sistemas e T.I.

-       Técnico especialista sistemas e T.I.

 

Segunda quincena de outubro:

-       Persoal de enfermaría (ATS/DUE)

-       Técnico en coidados auxiliares de enfermaría.

-       FEA de Psiquiatría (OPE 2006)

 

 

BAREMACIÓN DEFINITIVA:

Segunda quincena de outubro:

-       Costureira

-       Enfermeiro especialista en saúde mental

-       Perruqueiro

-       T.E. anatomía patolóxica e citoloxía

Primeira quincena de novembro:

-       Resto de categorías, coa posible excepción das últimas publicadas provisionalmente o 18 de outubro.

-       FEA de Psiquiatría (OPE 2006)

 

Segunda quincena de novembro:

 

-       Categorías publicadas provisionalmente o 18 de outubro.

-       Persoal de enfermaría (ATS/DUE) e Técnico en coidados auxiliares de enfermaría.

 

 

 

CONCURSO DE TRASLADOS

BAREMACIÓN PROVISIONAL:

Segunda quincena de outubro:

-       Todas as categorías excepto Técnico en coidados auxiliares de enfermaría, Persoal de enfermaría (ATS/DUE) e Médicos de Familia de A.P.

 

Primeira quincena de decembro:

-       Técnico en coidados auxiliares de enfermaría, Persoal de enfermaría (ATS/DUE) e Médicos de Familia de A.P.

 

BAREMACIÓN DEFINITIVA:

Segunda quincena de novembro:

-       Todas as categorías excepto Técnico en coidados auxiliares de enfermaría, Persoal de enfermaría (ATS/DUE) e Médicos de Familia de A.P.

Segunda quincena de decembro:

 

-       Técnico en coidados auxiliares de enfermaría, Persoal de enfermaría (ATS/DUE) e Médicos de Familia de A.P.

 

 

ACTOS DE ELECCIÓN E TOMAS DE POSESIÓN   OPE/CONCURSO

Todas as categorías poderían elixir destino a finais do mes de novembro/ primeira quincena de decembro, incorporándose despois, desde a segunda quincena de decembro, ou ben en xaneiro.

Técnico en coidados auxiliares de enfermaría, Persoal de enfermaría (ATS/DUE) e Médicos de Familia de A.P., poden elixir destino en decembro e poderíanse incorporar a finais do mes de xaneiro 2011.

 
con respecto ás reclamaciois de OPE Imprimir Correo-e
Traslados
Mércores, 06 Outubro 2010 09:12
Estamos aconsellando a todo o persoal que se acerca polo noso local a reclamar, que aínda que os puntos reclamados non sirvan para coller praza se reclame igualmente, posto que aínda non sabemos de que forma se convocarán as listas de contratación que se podan convocar mais adiante.
Posto que aínda non está descartado que utilicen como referencia esta OPE para convocalas polo novo modelo (en proceso de negociación), e no que probablemente a nota acadada nas OPEs vai servir como referencia para esta futura convocatoria.

Non sabemos nada seguro, pero vai ben curarse en saúde por se as moscas.
 
publicación listas definitivas dos listados paralelos Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Luns, 04 Outubro 2010 11:31

Mañán, martes día 5 de outubro, publicaranse as listas definitivas nas categorías de Persoal Médico de Familia, Puericultor/a, Persoal Médico de Urxencias Hospitalarias, Pediatra, Matrón/a,Cociñeiro/Cociñeira, e Persoal de Enfermería (DUE), todos eles relativos á convocatoria automática de 1 de xullo de 2010.

 
Baremacións Provisorias OPE Imprimir Correo-e
OPE
Luns, 04 Outubro 2010 08:38
Publicadas hoxe as baremacións provisorias das categorías que se anunciaron días atrás:

- Calefactor/a

- Electricista

- Enxeñeiro/a Técnico/a

- Fontaneiro/a.

- Mecánico/a

- TEL

- Traballador/a social.

Lembrade que tedes 10 dias hábiles de prazo para reclamar a partir de mañá.

Podedes velas na páxina web do SERGAS.

electricista ordeadas por puntos.pdf

traballadora social

TEL ordeadas por puntos
 
Rosario Villadangos "c'est fini" Imprimir Correo-e
OPE
Xoves, 30 Setembro 2010 09:47
Como xa saberedes tod@s, a subdirectora xeral de Recursos Humanos do Sergas Charo Villadangos foi cesada do seu cargo polas filtraciois que denunciamos no noso antigo blog o dia 3 de febreiro pasado, 8 meses mais tarde parece  que se empezan a tomar medidas.
csi
noticia extraída de La voz de Galicia

A Xunta releva á responsable das

 oposicións do Sergas

Familiares e empregados da súa área tiveron a mellor nota entre miles de candidatosA cúpula de Sanidade destituíu do seu cargo a Rosario García Villadangos, ata agora subdirectora xeral de Recursos Humanos do Sergas e máxima responsable dunhas controvertidas probas nas que familiares e empregados do seu departamento, onde se elaboraron e custodiaron os test, apareceron coas notas máis altas entre miles de aspirantes.

A substitución desta funcionaria prodúcese seis meses despois de que saltase á luz pública o caso de posibles filtracións en catro categorías das oposicións do Sergas. Un asunto que o PSdeG levou ata o Valedor do Pobo e que propiciou dúas investigacións internas: unha de Presidencia e outra da propia Consellería de Sanidade. O departamento que dirixe Pilar Farjas insiste en que, a día de hoxe, non hai constancia de ningunha ilegalidade, nin de fallos na cadea de custodia dunhas probas sobre cuxos resultados non se fixo nin unha soa denuncia oficial. Sanidade nega que a substitución de García Villadangos obedeza á aparición de irregularidades no proceso de elaboración e custodia dos exames. E vincúlao a unha petición expresa da propia subdirectora, sometida por este caso a unha presión enorme.

«Foi ela a que solicitou o cambio por razóns persoais; queremos que quede claro que a súa actuación foi legal e non está en dúbida», puntualiza o departamento de Pilar Farjas. O posto de subdirectora de Recursos Humanos ocuparao Paula Oliete Trillo. Persoal do Sergas consultado por este xornal desmente a versión da renuncia e advirte de que foi unha destitución que Sanidade preferiu aprazar ata que se arrefriase o caso para non dar argumentos políticos á oposición.

A comezos do pasado mes de febreiro foron os propios sindicatos os que informaron a Pilar Farjas e á propia directora de Recursos Humanos, Esperanza Fernández Lago, de que había fortes indicios de filtracións en catro categorías das oposicións do Sergas. As investigacións oficiais abertas desde a Xunta non arroxaron ata agora ningunha proba, pero a acumulación de casualidades e a forza dos indicios deste caso deron pé ao Valedor a ter aberta unha investigación.

 
modelo reclamación Imprimir Correo-e
OPE
Xoves, 30 Setembro 2010 09:30
Como xa van varias persoas que o solicitan, trasladamos o modelo de reclamación que publicamos na OPE pasada.

Este de abaixo é un modelo de reclamación feito por nós para reclamar puntos que vos poideran faltar nalgún dos apartados de baremación, puxemos en cursiva os datos e explicaciois que tedes que aportar. é importante que aportedes de novo a documentación sobre o que non vos foi puntuado, así como o certificado onde consta que aportastes esa documentación.
para a xente que está excluida e que en realidade aportou a documentación que esixía o SERGAS básicamente é o mesmo sen reclamar puntuación posto que non ven refrexada pero aportando o certificado do rexistro conforme presentastes esa documentación e reenviándoa de novo, se nas listas definitivas resultárades con menos puntos dos que pensades que debérades ter, entón habería que facer un recurso de reposición ante RR.HH. do SERGAS, pero ese xa é outro tema que de facer falla trataríamos no seu dia.
podedes presentar as reclamaciois nas Xerencias de Atención Primaria, nos hospitais do SERGAS ou na Dirección Provincial, lembrade que é un escrito básico e que podesdes aportar nel tódolos argumentos que consideredes oportunos.

De: pon o teu nome e apelidos
A: presidente do tribunal de poñer categoria da OPE 2009 do SERGAS (RR.HH. do SERGAS Compostela)

don/a pon o teu nome e apelidos con D.I. e domicilio a efectos de notificación en pon a tua dirección
EXPON:

1º Que me presentei á OPE 2009 do SERGAS na categoria de poñede a categoria, aprobando os exames da fase de oposición, presentando a documentación esixida en tempo e forma como consta na copia de rexistro que adxunto.

2º Que nas listas provisorias da fase de concurso publicada o dia 28 de maio de 2008 na páxina web do SERGAS se me adxudica unha puntuación total de "x" puntos, desglosade por apartados os puntos que tedes (formación, experiencia, etc.) pondo en negrita o apartado onde pensades que vos faltan os puntos

3º Que non podo estar de acordo ca puntuación que se me adxudica posto que como se demostra ca documentación presentada debéranme corresponder x puntos desglosados do seguinte xeito (aquí poñedes apartado por apartado os puntos que considerades que se deben ter en conta)

en base ó exposto solicito dese tribunal que se revise a documentación presentada por min e se resolva positivamente esta impugnación concedéndoseme x puntos

en onde residades a data que o enviedes

sinatura
 
fooooooooolga!! Imprimir Correo-e
Actualidade
Martes, 28 Setembro 2010 09:28

Captura_folga

 
reforma de pensiois Imprimir Correo-e
Actualidade
Martes, 28 Setembro 2010 08:01

Reforma das pensións 1985


. Aumenta o período mínimo de cotización para acceder a unha pensión de 10 a 15 anos
. Amplía o período de cálculo da pensión de 2 a 8 anos
. O aumento das pensións será en función do IPC previsto

Reforma das pensións 1997

.  Amplía o período de cálculo da pensión de 8 anos (reforma 1985) a 15 anos

Proxecto de reforma da pensións de 2010

.Ampliar a idade de xubilación os 67 anos
.Ampliar o período mínimo necesario para ter dereito a pensión de 15 a 20 ou 25 anos
.Ampliar o número de anos para calcular a base reguladora da pensión 20 ou toda a vida laboral
.Ampliar o número de anos para acadar o cen por cen da Pensión de 35 a 40

SEGUES A PENSAR QUE NON HAI RAZÓNS PARA SECUNDAR A FOLGA XERAL DO 29????????????
¡AINDA ESTAMOS A TEMPO¡
 
Previsión de publicacións OPE Imprimir Correo-e
OPE
Luns, 27 Setembro 2010 12:26

Recibimos a seguinte información:

 

Bos días: está pevisto que o vindeiro luns, día 4 de outubro, sexa publicada a baremación provisional da fase de concurso da OPE 09 das seguintes categorías:

 - Calefactor/a

- Electricista

- Enxeñeiro/a Técnico/a

- Fontaneiro/a.

- Mecánico/a

- TEL

- Traballador/a social.

 
Provisionais OPE por orde de puntuación Imprimir Correo-e
OPE
Luns, 27 Setembro 2010 11:32
Procedemos a publicar os listados provisionais de OPE ordeadas por puntuación das categorías de CELADOR, PINCHE e TER.
As dúas primeiras foron elaboradas por nós, agradécemosvos que nos comuniquedes os posibles erros que conteñan. Nestas listas figuran marcadas en cor azul as persoas que entrarían pola quenda de discapacidade. En cor vermella marcamos o número de orde que suporía o corte. Tomade estas listas con toda a prudencia do mundo, non son listas oficiais, son listas ordeadas que elaboramos nós sobre as publicadas polo SERGAS.

As listas de TER foron elaboradas por un lector anónimo que nolas remitiu para a súa publicación.

Listas CELADOR por orde de puntuación (elaboradas por CIG-Saúde O Barco) . Efectivamente, tal e como expresou algunha xente en comentarios e por e-mail, o erro de cálculo cometímolo onte ao non descontar as 9 persoas da quenda de discapacidade que están por enriba do corte. Está claro que non se pode estar a todo, e co traballo destes últimos días, líasenos a cabeza máis do que xa a temos. Nós tamén nos equivocamos e tamén debemos pedir desculpas. Publicamos o arquivo corrixido, inda sendo FOLGA, para non sementar máis confusión.

Listas PINCHE por orde de puntuación (elaboradas por CIG-Saúde O Barco).

Listas TER por orde de puntuación (elaboradas por anónimo).

Agradecemos tamén outra colaboración dunha persoa que nos remitiu as listas ordeadas por puntuación de celador. Colgámolas aqui tamén (Listas CELADOR por orde de puntuación elaboradas por unha lectora do blog).

Outro lector remitiunos tamén este arquivo , coas listas de CELADOR ordeadas de diversos xeitos. Agradecémosllo igualmente.
 
Publicadas listas provisionais de baremación Imprimir Correo-e
OPE
Luns, 27 Setembro 2010 07:53

Publícase hoxe resolución do 16 de setembro de 2010, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatuario deste servizo, relativos á baremación provisional da fase de concurso das categorías de:

CELADOR/A,

GRUPO TÉCNICO DA FUNCIÓN ADMINISTRATIVA

GRUPO DE XESTIÓN DA FUNCIÓN ADMINISTRATIVA

PINCHE

TÉCNICO/A ESPECIALISTA EN IMAXE PARA O DIAGNÓSTICO CLÍNICO

TELEFONISTA

TERAPEUTA OCUPACIONAL

 

As listas podedes velas na páxina do SERGAS, picando aqui. Ábrese prazo de dez días hábiles, contados apartir de mañá, para rexistrar reclamacións de ser o caso.

 
FOLGA XERAL: ASEMBLEA HCV Imprimir Correo-e
HCV
Venres, 24 Setembro 2010 10:40

ASEMBLEA DE PERSOAL

Asunto: folga xeral 29 de setembro


Lugar: salón de actos do HCV


Data: 27 de setembro ás 13,30h.


Convoca: Comisión de Centro do HCV


Na asamblea explicarase as consecuencias da nova reforma laboral e tamén a

intención do governo con respecto das pensións.

 

Esta reforma sí nos afecta de xeito moi negativo.


Nas nosas mans está parala


 PARTICIPA!!!

-----------------------------------------

O mesmo luns  27 ás 19 horas a unión sindical da CIG de O Barco, levará a cabo


unha asemblea no salón de actos de o concello de O Barco para explicar os


motivos da folga xeral

 
nota de prensa ministerio sobre especialidades Imprimir Correo-e
Formación
Martes, 21 Setembro 2010 12:27

Informamos da nota de prensa que fixo o Ministerio de Sanidade e Consumo sobre a oferta de prazas para a formación de especialistas, a novidade está que pensan ofertar NOVAS ESPECIALIDADES de Enfermaría:

134 prazas enfermaría familiar e comunitaria

52 prazas enfermaría pediátrica

12 prazas enfermaría xeriátrica.

 Lembrar que a partires da publicación no BOE da oferta iniciarase o prazo dos 6 meses para solicitar a especialidade pola vía extraordinaria que contemplaba o Real Decreto 450/2005 de especialidades de enfermaría na sua disposición transitoria segunda. ( achego copia do Real Decreto )


nota_prensa_ministerio_especialidades.pdf


 
publicación fase concurso varias caegorias Imprimir Correo-e
OPE
Martes, 21 Setembro 2010 08:35

Está previsto que o vindeiro luns, día 27 de setembro sexa publicada a baremación provisional da fase de concurso de la OPE das seguintes categorías:

 

- Celador

- Grupo técnico da F.A.

- Grupo xestión da F.A.

- Pinche

- Técnico especialista en imaxe para o diagnóstico clínico

- Telefonista

- Terapeuta ocupacional.

Nesta semán esperamos poder enviar un calendario aproximado das datas de futuras publicacións tanto da OPE como do concurso de traslados.
 
<< Inicio < Anterior 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 Seguinte > Final >>

20100407_hospitalvigo_04
573-81933-a-carrabxo
573-82097-a-pedra
573-82150-a-berro
573-82153-a-dixo
573-82384-a-manifa
573-82578-a-SERVIZOS20PUBLICOS-1
573-82696-a-qg
573-82703-a-DESPIDO20BARATO
573-82728-a-pontevedra
573-82843-a-queremos
573-83156-a-dspi2
573-83252-a-pon
573-83361-a-qgconcerto
573-83720-a-santiago
I1133
www.cig-saude.info | O Barco | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | Cee | 061 | AgMedica

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info