CIG Saude | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | 061 | AgMedica


logocigsaudebarco4


<<  Novembro 2019  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
      1  2  3
  4  5  6  7  8  910
11121314151617
18192021222324
252627282930 
Frase pra baixar os modulos en firefox

Comunicado da Federación de Asociacións en Defensa da Sanidade Pública Imprimir Correo-e
Recurtes Sociais e Salariais
Luns, 20 Setembro 2010 09:40
Pegamos aqui o comunicado que a Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública (FADSP) ven de emitir ao respecto da folga xeral convocada para o próximo 29 de setembro:
cadeas
A Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Publica (FADSP) ante a convocatoria de folga xeral do día 29 de setembro ten que facer as seguintes consideracións:

1) A crise económica que estamos a padecer aumentou as desigualdades sociais que son a causa de maiores desigualdades en saúde. A peor consecuencia desta crise é o paro que xerou e a deterioración das condicións de traballo. A porcentaxe de traballadores que declara traballar en condicións estresantes na media da UE-15 pasou do 32% da poboación empregada a un 54% en 2008. Todo iso co consecuente impacto sobre a saúde, as enfermidades laborais por tensións aumentaron.

2) As desigualdades en saúde supoñen a peor das epidemias que vivimos, con altos custos en vidas e en sufrimento. A inxustiza social mata. Existen evidencias científicas que demostran que unha acción política nun sentido de loita contra esta secuela conseguiría en pouco tempo reducila de forma evidente e cun custo económico perfectamente asumible.

3) A maioría da poboación viu diminuír a súa capacidade adquisitiva, mentres se daba un enorme incremento dos beneficios empresariais. No Estado Español, este contraste entre a austeridade imposta ás clases populares e a bonanza e exuberancia dos beneficios empresariais é mesmo máis acentuado que no resto de Europa.

4) Inscríbense nesa dirección as medidas xa adoptadas polo goberno español "redución dos salarios dos empregados públicos, conxelación de pensións- , e a chamada reforma laboral: maiores facilidades para o despedimento e o seu abaratamento, incremento notable dos poderes da patronal na determinación das condicións de traballo e paralela indefensión dos traballadores". Naquela liña enmárcanse tamén os anunciados proxectos de reforma do réxime de pensións e das prestacións por desemprego.

5) España é o país da UE-15 co gasto público social por habitante máis baixo, o gasto sanitario español é dos máis baixos da Europa desenvolvida. Está a desmantelarse o escaso sistema de benestar social até agora vixente, e na sanidade o recorte nos servizos sanitarios públicos pode ser moi prexudicial para os niveis de saúde da poboación, agravando unha situación na que é de esperar un aumento da carga de enfermidade.

Por todo iso, porque é fundamental manter e reforzar os servizos públicos básicos, e evitar que os máis desfavorecidos e os que menos responsabilidade teñen sobre a crise sexan os que a acaben pagando, apoiamos a convocatoria e facemos un chamamento á poboación e aos profesionais da saúde para que a secunden masivamente.
 
Labordeta ata sempre Imprimir Correo-e
Actualidade
Domingo, 19 Setembro 2010 23:26
 
entrevista a Suso Seixo Imprimir Correo-e
Actualidade
Xoves, 16 Setembro 2010 12:16

“Temos que ser conscientes de que ou se dá unha resposta contundente o día 29 ou será imposíbel frear a perda de dereitos”

Entrevista ao Secretario Xeral da CIG, Suso Seixo, con motivo da convocatoria de folga xeral
Entrevistamos ao Secretario Xeral da CIG, Suso Seixo, a respecto da convocatoria de folga xeral: motivos, expectativas e consecuencias da mobilización. Seixo advirte que se non hai unha resposta contundente o día 29 de setembro, a situación para a clase traballadora será moi complexa e acelerarase a perda de dereitos coa aplicación de novas medidas regresivas (reforma do sistema de pensións, das prestacións do desemprego ou a negociación colectiva) que tardaremos anos en reverter.

A primeira pregunta é obvia pero inevitábel, cales son os motivos que levaron á CIG a convocar a folga xeral e cales as razóns polas que se fai necesaria?

Dende que se iniciou a crise, a CIG veu reclamando a necesidade da folga xeral como resposta ao que entendemos é o fracaso do modelo económico do capitalismo neoliberal e da política de recorte de dereitos e da precarización das condicións de traballo. Sabíamos que a crise que se iniciaba no sector financeiro pasaría é economía real, traendo consecuencias moi graves para a clase traballadora. Parecíanos fundamental naquel momento facer xa unha demostración de forza e denunciar un modelo baseado nunha economía altamente especulativa, que xera moito lucro para aqueles que controlan os mercados financeiros, pero que non crea riqueza nin fai un reparto minimamente igualitario da mesma.

É evidente que este posicionamento non tivo eco nas centrais sindicais estatais, que se negaron a aceptar unha proposta deste tipo, apostando pola vía de diálogo social no ámbito dunhas mesas  que non ían ofrecer alternativas políticas reais de saídas á crise dende unha perspectiva favorábel aos intereses da clase traballadora.

Así chegamos ao escenario actual, no que se teñen  adoptado medidas de recorte de dereitos laborais, cunha reforma laboral xa aprobada e con previsión de novas reformas tanto no sistema de pensións como na negociación colectiva ou nas prestacións de desemprego; mentres que non se tomou ningunha disposición contra os verdadeiros causantes da crise. É totalmente necesario facer unha demostración de forza e dar unha resposta contundente o día 29, se queremos que muden estas políticas. Do contrario, o que nos queda é afrontar unha situación moi dura con políticas que afondarán aínda máis no modelo neoliberal e de recorte de dereitos.

 
eneko Imprimir Correo-e
Actualidade
Xoves, 16 Setembro 2010 12:12
o blog de eneko
 
O colectivo Fala Ceibe pídelle ás Cortes de Castela e León que recoñezan o galego Imprimir Correo-e
Lingua e Cultura
Luns, 13 Setembro 2010 10:14

Artigo extraído e traducido de "Diario de León":

O colectivo cultural Fala Ceibe do Bierzo demándalle aos procuradores das Cortes de Castela e León que recoñezan o idioma galego na futura Ley de la Comarca del Bierzo e que, deste xeito, «favorezan o seu uso institucional nas administracións locais, o Consejo Comarcal, concellos e xuntas veciñais».

Os membros da asociación cren que é «inxusto» que o proxecto de reforma desta lei non inclúa a protección do galego, «lingua propia e territorial do Bierzo». Asimesmo, Fala Ceibe do Bierzo asegura que hai «unha intencionalidade política por parte da Junta de Castela e León en contra da presenza do idioma galego no contido do texto legal». Así o comunicaban onte a través dun comunicado, no que pedía a todos os colectivos, partidos políticos e intelectuais que se «impliquen na reinvindicación lingüística do Bierzo», para o que suxerían que se enviaran escritos á Comisión de Interior e Xustiza das Cortes de Castela e León pedindo maior protección «para o idioma galego».

Do mesmo xeito, o colectivo instaba á sociedade e ao Goberno galegos a «demostrar solidaridade cultural e lingüística» cos falantes de galego no Bierzo, xa que, segundo a asociación, hai unha necesidade de compromiso «co presente e o futuro do idioma galego neste territorio limítrofe e veciño».

Fala Ceibe do Bierzo xa remitiu unha emenda de adición á Lei da Comarca, reivindicando o seu uso como «singularidade cultural» e promovendo «a utilización institucional do galego en base ao criterio de información bilingüe» e a fixación de topónimos nesta lingua nos municipios occidentais.

 

Queremos sumarnos á petición xusta de Fala Ceibe para que o Galego sexa recoñecido legalmente na comarca veciña do Bierzo. Moitos azos na vosa reivindicación!

 
listas 061 Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Venres, 10 Setembro 2010 12:35

Chéganos este correo do SERGAS.

Resoltas as reclamacións presentadas contra a publicación das listas provisionais da categoría de persoal de enfermería no ámbito do 061,  as listas definitivas publicaranse o vindeiro martes 14 de setembro.

 
Oferta de cursos Imprimir Correo-e
Formación
Martes, 07 Setembro 2010 11:41

Esta é a oferta de cursos a realizar no Barco para o que queda de ano. Os cursos son gratuitos.

Se estades interesad@s nalgún deles, poñédevos en contacto con nós para facer a inscrición.

 

Dirixidos a todas as categorías:

  • CURSO BÁSICO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS.
  1. Do 20 de setembro ao 15 de outubro de 18 a 21 hs.
  2. 55 horas.
  3. Inscrición aberta ata o 16 de setembro.
  4. Para formalizar a matrícula, pasar polo local de CIG-Saúde.
  • CURSO: INTERNET E CORREO ELECTRÓNICO.
  1. Do 18 ao 22 de outubro de 16 a 20 hs.
  2. 20 horas.
  3. Inscrición aberta ata o 13 de outubro.
  4. Para formalizar a matrícula, cubrir formulario en www.forga.org
  • CURSO: PLAN DE EMERXENCIAS HOSPITALARIAS (MAÑÁ).
  1. Do 15 ao 18 de novembro, de 9’30 hs a 14’30 hs.
  2. 20 horas.
  3. Inscrición aberta ata o 8 de novembro.
  4. Para formalizar a matrícula, cubrir formulario en www.forga.org
  • CURSO: PLAN DE EMERXENCIAS HOSPITALARIAS (TARDE).
  1. Do 22 ao 26 de novembro, de 16 hs a 20 hs.
  2. 20 horas.
  3. Inscrición aberta ata o 18 de novembro.
  4. Para formalizar a matrícula, pasar polo local de CIG-Saúde.

 

Dirixidos a Auxiliares de Enfermaría:

  • CURSO: ÚLCERAS POR PRESIÓN: VISIÓN ACTUAL DE PREVENCIÓN E TRATAMENTO.
  1. Do 13 ao 17 de decembro, de 16 hs a 20 hs.
  2. 20 horas.
  3. Inscrición aberta ata o 9 de decembro.
  4. Para formalizar a matrícula, pasar polo local de CIG-Saúde.
 
publicación listaxes automáticas Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Luns, 06 Setembro 2010 12:51

Mañán,  martes día 7 de setembro, publicaranse as listas provisionais nas categorías de Persoal Médico de Familia, Puericultor/a, Persoal Médico de Urxencias Hospitalarias, Pediatra, Matrón/a,Cociñeiro/Cociñeira, e Persoal de Enfermería (DUE), todos eles relativos á convocatoria automática de 1 de xullo de 2010.

 
psquiatria: aclaraciois SERGAS Imprimir Correo-e
OPE
Venres, 03 Setembro 2010 12:29

Este de abaixo é o correo que recibimos do SERGAS

Bos días: estanse a recibir consultas neste departamento sobre a incorporación dos FEAs de Psiquiatría que acadaron destino no concurso de traslados convocado por Resolución do 21 de xaneiro de 2010 e resolto por Resolución do 7 de xullo de 2010.

Como recordaredes nos pasados meses a Administración sanitaria fixo pública a sua intención de resolver de xeito simultáneo as OPEs de FEAs de Psiquiatría correspondentes ao ano 2006 e 2008, de xeito que os aspirantes seleccionados na OPE do ano 2008 ainda on elixeron destino xa que se pretende facer a elección de destino de ámbalas dúas OPEs en unidade de acto.

A resolución da OPE de FEA de Psiquiatría do ano 2006 estímase que estará resolta no vindeiro mes de outubro, polo que a partires desa data realizarase o acto de elección de destino e procederase á incorporación dos facultativos tanto de ámbalas dúas OPEs como dos adxudicatarios do concurso de traslados.

A base 8.8 da Resolución do 21 de xaneiro de 2010, pola que se convocou o concurso de traslados  establece que " esta convocatoria  resolverase de modo simultáneo, en canto á toma de posesión dos novos destinos, respecto do proceso selectivo convocado polas resolucións da Secretaria Xeral do Servizo Galego de Saúde do 11 de decembro de 2008."

Do meso xeito,  o punto terceiro da Resolución do 7 de xullo de 2010, pola que se aproba a resolución definitiva do concurso de traslados establece que " De conformidade co establecido na base 8.8 da convocatoria, a toma de posesión dos novos destinos adxudicados nesta resoluicón efectuarase de modo simultáneo á dos aspirantes seleccionados no proceso selectivo convocado polas resolucións da Secretaria Xeral do Servizo Galego de Saúde do 11 de decembro de 2008."

Por todo elo, a incorporación aos novos destinos dos FEAs de Psiquiatría que resultaron adxudicatarios no concurso de traslados do ano 2010 non poderá producirse ata que estean resoltas as OPEs desa categoría dos anos 2006 e 2008.

 
calendario oficioso OPE Imprimir Correo-e
OPE
Venres, 03 Setembro 2010 10:51
Os responsables da Executiva de CIG-Saúde, tiveron un contacto telefónico con responsables do SERGAS onde se nos informa que para a semana que ven mandarán un cronograma da OPE, pero xa avanzaron o seguinte:

Durante este mes de setembro publicaranse tódalas listas pendentes da OPE, excepto as de enfermaria e TCAE.

As categorias con menos prazas teñen previsto que podan tomar posesión a partir de novembro, intentarán que as administrativas (aux administrativo e PSX) sexan incluidas neste prazo.

As categorias mais grandes xa quedarían para o ano que ven (a ver se no cronograma da semana que ven son mais explícitos).

Un apunte de contratación:

Parece ser que se reanudarán as negciaiois sobre o novo Pacto na última semana de setembro.

Todo isto é oficioso, polo que hai que estar á espera da información que remita o SERGAS por escrito.
 
acoplamentos internos HCV Imprimir Correo-e
HCV
Venres, 03 Setembro 2010 08:55
reloxoSae hoxe publicada no DOG a resolución que anuncia a convocatoria de acoplamentos internos no HCV.
Estamos á espera de que se nos confirme a ampliación do tempo de solicitude, dadas as datas nas que estamos, dende a comisión de centro plantexamos que a ampliación sexa ata o dia 8 de outubro.

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE
Resolución do 2 de agosto de 2010, da Dirección Xerencia do Hospital Comarcal
de Valdeorras, pola que se anuncia a convocatoria e as bases do concurso de mobilidade
interna voluntaria do persoal estatutario fixo, correspondentes ás categorías
de persoal sanitario diplomado e de formación profesional, e de persoal de xestión
e servizos deste centro sanitario.

Conforme os criterios reitores das bases de mobilidade voluntaria do persoal estatutario fixo, correspondentes
ás categorías de persoal sanitario diplomado e de formación profesional, e de persoal de
xestión e servizos das institucións sanitarias de atención especializada do Servizo Galego de Saúde
aprobadas pola mesa sectorial o 23 de decembro de 2009, a Dirección Xerencia do Hospital Comarcal
Valdeorras, tras un proceso de negociación coa comisión de centro deste centro sanitario, e con base
nas competencias atribuídas polo Decreto 311/2009, do 23 de maio (DOG nº 109, do 5 de xuño), polo que
se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, e a Orde do 15 de xuño de 2009 (DOG
nº 119, do 15 de xuño), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

ACORDA:
Anunciar a convocatoria de traslados internos no Hospital Comarcal de Valdeorras así como as súas
bases reguladoras, o baremo (anexo I), xunto coa relación de todos os postos que se poden solicitar en
cada categoría (anexo II), modelo de solicitude (anexo III), así como ordenar a súa publicación nos taboleiros
de anuncios do hospital e a intranet do Hospital Comarcal de Valdeorras.

O Barco de Valdeorras, 2 de agosto de 2010.
María Jesús Magadán Álvarez
Directora xerente do Hospital Comarcal de Valdeorras
 
a fenda sanitaria Imprimir Correo-e
Actualidade
Xoves, 02 Setembro 2010 10:35

Un dos nosos blogueiros mándanos esta noticia publicada en Galicia hoxe.com

informe

A fenda sanitaria

Co menor investimento per cápita, o maior gasto farmacéutico e á cola en xenéricos, o Sergas non aproba o exame: o sistema galego é o terceiro peor do Estado

LAURA CAMINO . SANTIAGO

Case nin comezou o curso e o Sergas xa recibiu o seu primeiro suspenso: o sistema sanitario galego é o terceiro peor de todo o Estado. Constátao un demoledor informe da Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública, que coloca ao carón da nosa comunidade, no grupo dos cates -CCAA con servizos deficientes- ás autonomías de Madrid, Canarias e Valencia.

Co maior gasto farmacéutico do Estado, á cola en xenéricos, o menor investimento per cápita e a máis longa espera para o especialista, a Administración galega ten un duro traballo de recuperación. Sobre todo tendo en conta o baixón sufrido, desde a sétima posición pola cola que ocupaba o ano 2009 á terceira na que quedou no actual informe, que encabezan Navarra e Asturias.

Así as cousas, o gasto sanitario por habitante en Galicia ascende a 1.333 euros, o que sitúa a nosa comunidade no posto once da lista. Neste capítulo, os responsables do informe poñen o acento nas de- sigualdades entre comunidades: un galego recibe case 300 euros menos que un habitante do País Vasco -que lidera o ránking cun gasto de 1.623 euros-. A diferenza é aínda maior se se compara a esta última autonomía coa de Baleares, que é a que pecha a relación: 557 euros menos.

O das listas de espera é outro dos puntos negros máis visibles en Galicia, a comunidade na que hai menos posibilidades de acadar unha cita para o especialista nos 15 días seguintes á data de solicitude, cun 11% fronte ao 25,4% de Navarra.

A situación é relativamente mellor no que a cita de atención primaria se refire, cun 43,2% de probabilidade, sétimo posto dunha lista que abre Asturias (68,5 por cento) e pecha Canarias, cun 11 por cento.

En termos xerais, e sempre segundo o informe, Galicia ten a terceira peor evolución de cara á mellorar as listas de espera, só por riba de Aragón e Cantabria, que están á cola, e afastada de Navarra, que experimentou a maior mellora.

Segundo declarou onte o voceiro da federación, Marciano Sánchez Bayle, na presentación do informe, o obxectivo deste non é outro que comparar as comunidades autónomas entre elas, posto que, segundo lamentou, "aínda que o sistema sanitario español, en xeral, ten unha situación boa, dentro do Estado existen diferenzas preocupantes".

Así, expuxo que mentres que no ano 2009 a ratio entre a mellor e a peor comunidade foi de 1,71, este ano incrementouse ata un 2,15, o que pon en evidencia "unha gran disparidade xeográfica dos servizos sanitarios" que "pon en perigo a necesaria cohesión e equidade entre territorios", indicou Sánchez.

Constátanse esas grandes diferenzas entre capítulos tan esenciais da asistencia sanitaria como o número de camas por cada mil habitantes, unha media que en Galicia se sitúa nunha media de 3,73. Cataluña é, neste contexto, a comunidade mellor situada, cunha media de 4,50 camas por milleiro de habitantes, que contrastan coas afastadas 2,69 que oferta Valencia. Son diferenzas que, a xuízo do responsable do citado informe, "limitan as posibilidades de hospitalización".

Doutra banda, e respecto do persoal dispoñible, o informe recolle unha media galega de 1,81 por cada mil habitantes, sendo Castela e León a mellor posicionada neste capítulo (2,31) e a comunidade de Baleares a do último posto (1,38).

No que si destaca a nosa comunidade é no gasto farmacéutico: está á cabeza do Estado en desembolso per cápita, con 331 euros -seguida por Estremadura (326)-. E é que as disparadas cifras de gasto en medicamentos, segundo denuncia a sección galega da Federación, non contan con medidas de contención como o necesario, aconsellable e tan valorado apoio aos xenéricos. A nosa comunidade, malia ser esta unha prioridade manifestada pola consellería de Sanidade, segue á cola en implantación de medicamentos "sen marca": só un 4,17 por cento dos fármacos que se dispensan nas boticas do país son xenéricos, unha porcentaxe que case se multiplica por catro en Andalucía (14,8 por cento).

Cunha taxa de satisfacción de 5,91 -segunda máis baixa- e unha valoración de 81,20 sobre cen -a terceira pola cola- á Administración galega quédalle "moito cóbado que fincar" para aprobar en Sanidade.


 
traslados pediatria: corrección de erros Imprimir Correo-e
Traslados
Martes, 31 Agosto 2010 08:58
publicase hoxe no DOG unha nova corrección de erros nos traslados de pediatras.
podedes consultala no DOG premendo aquí..
 
Nova corrección de erros da resolución de traslados Imprimir Correo-e
Traslados
Luns, 30 Agosto 2010 08:46

Parece ser que se vai publicar en DOG unha nova corrección de erros da resolución de convocatoria dos traslados, exclusivamente para "arranxar" a denominación de dúas prazas de resultas de pediatría. Non sabemos se se vai aproveitar a corrección para enmendar esoutros erros que se nos foron facendo chegar. O correo que recibimos de Recursos Humanos non o indica. O seu texto é o seguinte:

 

Bos dias,
enviamos a DOG (esperamos a publicación para principios da próxima semana) una nova corrección de erros sobre duas resultas de pediatria, en concreto:
- a praza de  pediatra de Curtis (la praza sale a resultas Curtis mañana) modificase, saindo Curtis-Teixeiro-Sobrado-Vilasantar (como en realidade a ten o propietario)
- identica situación pasa coa resulta de Carballo que sae como resulta de Carballo mañá, cando en realidade o propietario é Carballo-Malpica mañá.

estas dúas correccións son imprescindibles para que no moemnto de adxudicar a posible resulta non se ocasionen problemas asistencias graves, por este motivo publicamos a corrección.

Perdoade por os inconvintes que esto poda xerar.
Un saúdo

 
Godello Folk Imprimir Correo-e
Lingua e Cultura
Mércores, 18 Agosto 2010 10:09
Como estamos en agosto e nótase que tododiós está de vacacións, pois nós imos tamén recomendar unha actividade de lecer. Esta fin de semana, o venres 20 de agosto concretamente, poderemos achegarnos á Rúa para gozar con boa música no Godello Folk deste ano. Os grupos que actuarán serán Brañas Folk e Os Cuchufellos, moi recomendables. Deixámosvos aqui, para abrir boca, un vídeo dos Cuchufellos e outro de Brañas Folk. O venres, todo o mundo á Rúa Vella!

 

 


 
A Consellaría de Sanidade ao seu: privatizar e máis privatizar Imprimir Correo-e
Actualidade
Venres, 13 Agosto 2010 13:02
Sairon hoxe na prensa varios artigos que poñen, unha vez máis, de manifesto a política sanitaria deste goberno: privatizar e gastar os cartos da cidadanía en pagar prebendas.

gaivotapilpil_copiaPara empezar, enterámonos hoxe, léndoo en varios xornais (por exemplo, no Faro de Vigo) de que a señora Farjas xa está facendo concertos con centros privados para que lle "saquen de enriba" as peticións de Interrupción Voluntaria de Embarazo que vaia habendo, e seica fai os concertos porque hai moita "obxección de conciencia" entre o persoal. Vaia, e como se enteraron de que hai tantísima obxección de conciencia? Parece ser que por un cuestionario que lle pasaron ao persoal e do que, a pesar da nosa insistencia, non houbo maneira de coñecer o contido. Pedímolo na última mesa sectorial e non houbo quen nolo fixera chegar. Asi que, sen coñecer o contido nin os resultados desa "enquisa" (porque tampouco os fixeron públicos en ningures), queren facernos crer que é tanta a obxección de conciencia que non teñen máis remedio que concertar con clínicas privadas os abortos, porque non hai quen os faga na pública. Xa, e qué máis?
Ante isto, desde CIG-Saúde vimos de enviarlle este escrito á Conselleira, para que nos faga chegar o texto dese famoso cuestionario e os resultados tan contundentes que avalan a privatización que están a realizar, esta xente, que non é nada amiga de privatizar, xa sabedes.

E inda por riba, tamén nos almorzamos hoxe cunha nova en Xornal.com que dí: "Sanidade delega nunha empresa a adxudicación do hospital de Vigo.O centro hospitalario pasou de custar 300 millóns a 1.400 co cambio de goberno na Xunta de Galicia". A iso chamámoslle nós AUSTERIDADE, así con maiúsculas.

Sigan privatizando, sigan...
 
Homenaxe ao loitador antifranquista Segundo Vilaboy Imprimir Correo-e
Lingua e Cultura
Venres, 13 Agosto 2010 08:08
Recibimos esta información, que publicamos por se é do voso interese. Pensamos que todas as homenaxes que se fagan á xente que loitou e padeceu, e mesmo morreu, polas súas ideas e por defenderse do ataque fascista do franquismo, nunca serán suficientes:

Xornada homenaxe ao combatente e loitador antifranquista

Segundo Vilaboy Martínez

Ferrol, 28 de agosto de 2010.

 

Ferrolán, traballador dos estaleiros e Secretario Político do comité ferrolán do Partido Comunista, foi asasinado no ano 47 a garrote no cárcere de Caranza despois de ser detido, torturado e paseado pola Garda Civil durante días polos distintos lugares da comarca coa intención de que delatara aos seus camaradas, cousa que non foron quen de conseguir.

 

Obreiro e comunista, adicou toda a súa vida á loita pola liberdade da súa clase. Podemos lembrar a súa participación, canda aos seus irmáns, na coñecida como folga do aceite nos estaleiros. Segundo Vilaboy era un combatente e un loitador, un exemplo de compromiso e adicación á loita antifranquista, e ademais, como lembran os máis achegados, unha gran persoa, un verdadeiro Camarada, alguén no que se podía confiar, todo un exemplo a seguir.

 

Actos da xornada

 

17:00 Ofrenda Floral no cemiterio de Catabois. Cadro 352.

 

18:30 Charla a cargo de Bernardo Máiz Vázquez(Historiador). "Segundo Vilaboy no Antifranquismo Galego(1936-1954)". Bar Chimarrao(Rúa Sartaña 61)

 

21:30 Concerto:

RPG 7

MOSSIN NAGANT

MENCER VERMELLO

 

Bar Chimarrao(Rúa Sartaña 61)

Entrada 5€

 

Máis información na web www.homenaxeasegundovilaboy.blogspot.com
 
<< Inicio < Anterior 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 Seguinte > Final >>

20100407_hospitalvigo_04
573-81933-a-carrabxo
573-82097-a-pedra
573-82150-a-berro
573-82153-a-dixo
573-82384-a-manifa
573-82578-a-SERVIZOS20PUBLICOS-1
573-82696-a-qg
573-82703-a-DESPIDO20BARATO
573-82728-a-pontevedra
573-82843-a-queremos
573-83156-a-dspi2
573-83252-a-pon
573-83361-a-qgconcerto
573-83720-a-santiago
I1133
www.cig-saude.info | O Barco | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | Cee | 061 | AgMedica

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info