CIG Saude | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | 061 | AgMedica


logocigsaudebarco4


<<  Novembro 2019  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
      1  2  3
  4  5  6  7  8  910
11121314151617
18192021222324
252627282930 
Frase pra baixar os modulos en firefox

Corrección de erros traslados Imprimir Correo-e
Traslados
Luns, 09 Agosto 2010 09:38

Publícase hoxe no DOG a corrección de erros sobre a Resolución que convoca Traslados no SERGAS.

Podedes vela aqui.

 
Máis aclaracións sobre os traslados Imprimir Correo-e
Traslados
Venres, 06 Agosto 2010 14:35
Chéganos outro correo do SERGAS, con aclaracións sobre varias das prazas sobre as que nos preguntástedes. Velaqui están esas aclaracións:

As  prazas a resultas  do Barco e de Galaria xa estan operativas no aplicativo.
Xap Pontevedra, os consultorios periféricos non sairon ofertados (tampouco o fixeron no anterior concurso de traslados) codifícanse co centro ao que estan adscritos, os interesados estan chamando á xerencia e infórmaselles onde estan as prazas.
Pola súa banda, prazas como Carballedo-Tenorio,  trátase de prazas nas que se prestan servizos en ambos centros.
PSX Xanceda y demas...,  realizouse a corrección tal cual nos indicastedes nun correo anterior, renvíocho para que o vexas:

Hai plazas que están mal, peor que antes por exemplo a psx de Xanceda, poñía centro "Mesia", ahora pon centro "Mesia" e en municipio"Ordes", cando son dous municipios distintos,deber ia ser centro "Xanceda" municipio "Mesia", a de Curtis o centro está en Teixeiro, as de Guitiriz pon 3 e 2 son en Guitiriz pero a terceira é en Parga e estan as 3 co mesmo código.Non sei no momento de pedir a que aternos.


Na corrección do luns sairá como se detalla a continuación (e asi volo enviei)

239894

Xanceda

M

1

Mesía

239150

Curtis-Teixeiro

M

1

Curtis

239030

Guitiriz

M

2

Guitiriz

239120

Parga

M

1

Guitiriz


 
Sobre os erros na convocatoria de traslados Imprimir Correo-e
Traslados
Venres, 06 Agosto 2010 08:31
Estannos a chegar, a raiz da nova corrección de erros, innumerables queixas por diversos problemas que seguen a aparecer na convocatoria ou no aplicativo informático. A xente non sabe a qué aterse en certas prazas que seguen a faltar ou a sair cun só código varias diferentes,  etc... Estamos recibindo innumerables avisos, vía teléfono, vía correo electrónico, vía comentarios na web... e nós continuamos a insistir en Recursos Humanos.

Mais a última resposta que obtivemos fainos chegar á conclusión de que nos toman polo pito do sereno. Polo que estivemos pensando que igual é mellor que todas esas innumerables queixas sexan dirixidas directamente alí. Asi que, amigos e amigas lectores/as desta web, que tendes atopado erros e non sabedes qué facer na solicitude, non sabedes cómo pedir algunha praza, se o aplicativo non vos responde ou se nel falta xustamente a praza que queredes pedir... podedes chamar ao número que vos indicamos para que vos expliquen cómo facer, porque este é o departamento que sabe, ou debería saber, cómo solucionar eses problemas:

Recursos Humanos SERGAS: 881 54 28 00

De corazón agardamos que vos fagan máis caso cá nos e que vos solucionen as vosas dúbidas.
 
Carta á Conselleira Imprimir Correo-e
Lingua e Cultura
Xoves, 05 Agosto 2010 11:33
Poñemos aqui copia da carta dirixida hoxe á Conselleira de Sanidade e máis á prensa, denunciando o uso de topónimos deturpados no aplicativo dos traslados do SERGAS:

Pilar Farjas Abadia.

Conselleira de Sanidade.

Despois de convocado mediante  Resolución do 22 de xullo publicada en DOG o 28 de xullo, concurso de traslados para diversas categorías do Servizo Galego de Saúde, viñemos constatando diversos erros e problemas nesa resolución, o que motivou que a Dirección de Recursos Humanos do SERGAS se vira obrigada a publicar unha corrección de erros que sairá o vindeiro venres día 6 de agosto (transcorrida unha semana do prazo estipulado para as solicitudes e cando moita xente xa rexistrou a solicitude), corrección que aínda contén diversos erros, como reiteradamente temos advertido.

Varios dos problemas que mencionamos son achacables ao aplicativo informático habilitado para a xeración de solicitudes e ás instrucións de uso que se publicitaron ao efecto.

Mais comprobamos que este aplicativo non contén só erros e problemas de diversa índole, senón tamén, e o que é máis grave, unha ilegalidade manifesta, ao figurar como provincias, sen posibilidade de ser corrixido in situ e sen posibilidade de xerar a solicitude se non se plasma a provincia, *Orense e *La Coruña, que, como ben debe saber vostede, son formas ilegais, pois as formas correctas e únicas recoñecidas legalmente son Ourense e A Coruña. Non só figura tal deturpación no aplicativo, senón que no manual de instrucións do mesmo, aparece en varias ocasións nas imaxes que se plasman a modo de exemplo o topónimo deturpado *La Coruña.

Comprobamos unha vez máis a política lingüística do goberno do que vostede forma parte, que toma o galego como un “estorbo” e fai o posible por ocultalo e denostalo. Pois ben, señora Conselleira, lembrámoslle a vostede, que sendo Conselleira da Xunta de Galiza xa debería sabelo, que o galego é a lingua propia de Galiza, e os topónimos galegos as únicas formas legalmente recoñecidas, polo que emprazámola a que, sen máis dilación, proceda a tramitar a corrección do aplicativo informático que xera as solicitudes de traslados para que deixe de incorrer en ilegalidade.

Desde CIG-Saúde queremos denunciar a pasividade, torpeza e desidia, por non dicir mala praxe, desta administración coa nosa lingua e cos nomes de lugar do noso país. Esiximos un mínimo de respecto e, como ademais é preceptivo na administración galega, unha política de promoción e defensa da nosa lingua propia, o galego, que desde ese goberno están a torpedear constantemente.

 

Atentamente.

 

Compostela, 5 de agosto de 2010.

Asdo.: Mª Xosé Abuín Álvarez.

Secretaria Nacional de CIG-SAÚDE

 
SORPRESA! Nova corrección de erros Imprimir Correo-e
Traslados
Xoves, 05 Agosto 2010 11:01
Ben, parece ser que o SERGAS quere enmendar os erros cometidos e acaban de enviarnos unha nova corrección de erros que agardan, din, que sexa a definitiva. Nós, por de pronto xa atopamos algún erro que quedou sen solventar. A ver qué dicides vós. E, en todo caso, as outras problemáticas que denunciábamos onte seguen ai.

A resolución enviada a DOG podedes vela aqui e será publicada o luns día 9 en lugar de mañá como se anunciaba.
 
O SERGAS incurre en ilegalidade manifesta Imprimir Correo-e
Lingua e Cultura
Mércores, 04 Agosto 2010 15:55
Asombrad@s estamos, despois de todas as deficiencias que enumeramos no artigo anterior con respecto aos traslados, agora resulta que inda existe outra máis grave, xa que o SERGAS está a incurrir en ilegalidade manifesta, porque no aplicativo informático que habilitaron para rexistrar as solicitudes de traslados, figuran como provincias galegas *Orense e *La Coruña, topónimos ilegais, por ser os correctos e únicas formas recoñecidas legalmente Ourense e A Coruña. Ademais, tal e como está configurado o aplicativo, non hai máis remedio que poñer unha desas formas deturpadas, xa que non se pode modificar nin se pode rexistrar o formulario sen poñer ese dato.
Pódese ver perfectamente na imaxe que tendes abaixo ou no propio manual de instruccións do aplicativo, onde aparecen varias imaxes de exemplos con algúns datos entre os que figura a provincia de *La Coruña.

topdettras


Mañá poñerémonos en contacto co SERGAS para denuncialo e que pasen a corrixilo.

Suma e sigue, a ver qué outras deficiencias, erros ou ilegalidades atopamos mañá.
 
improvisan e así nos vai... Imprimir Correo-e
Traslados
Mércores, 04 Agosto 2010 11:09
Estamos comprobando, a medida que se vai consumindo o prazo de presentación de solicitudes de traslados, que con este SERGAS, coa súa líña de improvisación, de facer as cousas lentas pero ás presas, deixalo todo para o final e non facer caso das suxestións que se lle achegan, etc... non fan máis que xurdir problemas reais, tanxibles, que se poderían ter evitado de facer as cousas con sentidiño, ao seu tempo e facendo caso dalgunha cousiña que xa se lles dixo daquela.

O caso é que, como saberedes, na última reunión que tivo a ben ter esta administración coas organizacións sindicais para tratar o tema dos traslados, sobre a última proposta de prazas a ofertar que nos deron, as organizacións sindicais fixemos as nosas alegacións (moitas delas xa coñecidas por vós, porque fóstedes vós quen nolas fixo chegar) e o SERGAS quedou en enviar, a semana seguinte, o cadro definitivo coas nosas alegacións recollidas ou os motivos polos que non se recollían.
Ese cadro de prazas nunca chegou. Pasaron 3 semanas, e a administración, sempre tan "dilixente", enviou o cadro de prazas a DOG sen que nós tiveramos coñecemento del non sendo a posteriori.
tou_sinalando_p
Como sabedes tamén, e vistos os erros que aparecían nese cadro de prazas a traslados (como prazas de aux. admtvo do CTG que están paralizadas xudicialmente, ou prazas que aparecían en centros ubicados en concellos distintos aos que realmente corresponden e tantos outros erros) que a administración non tivo máis remedio que enviar unha corrección de erros ao DOG e... volveu cometer a mesma falta: envíannos a corrección cando xa fora remitida a DOG. Sabedes que esta corrección sairá publicada o próximo venres día 6 (cando xa vai consumido parte do prazo para solicitar e algunha xente xa terá solicitado) e segue contendo erros graves que vós mesm@s puidéstedes detectar, porque algúns xa nolos fixestes chegar.

A maiores do cadro de prazas, comprobamos que as instruccións de cumplimentación do formulario de solicitude non hai por onde collelas. Deberon copialas do anterior concurso sen matarse a revisalas e sen pensar que polo medio, a web do SERGAS cambiou e, polo tanto, o acceso ao apartado de Recursos Humanos e á sección de traslados xa non é igual, e nin sequera o formulario está no mesmo sitio, polo que, calquera persoa que se presente e queira acceder a través da páxina web e non do fides, é dicir, calquera persoa de fóra do SERGAS que se presente a este concurso de traslados, xa pode armarse de paciencia e ser habilidosa porque de seguir as instruccións que aparecen na convocatoria ou colgadas na propia web nunca chegará a facer a solicitude. Para estas persoas, deixamos aqui o enlace directo ao acceso do aplicativo.

E non queda ai a cousa. Como esta administración "está polo software libre" (entendede as aspas como ironía ou retranca) resulta que só se se accede ao aplicativo desde o Internet Explorer se poderá emitir unha solicitude, porque se o facedes desde o Firefox, ou desde outro navegador que non sexa de Microsoft (á que tantos favores paga este goberno da Xunta) ides aviados, xa que non vos vai permitir xerar a solicitude, porque se deshabilitan algúns dos botóns que hai que premer.

Asi que, xa sabedes, para participar neste concurso de traslados, primeiro hai que sortear os obstáculos das prazas que conteñen erros, averiguar si son así ou non son así, ou chamar a Recursos Humanos para saber a qué aterse (e inda así, veremos), despois teredes que ser o suficientemente "avispad@s" para ser capaces de chegar ao aplicativo a pesar das instruccións que dá o SERGAS, e para rematar, ou sodes clientes de Microsoft, ou non hai solicitude que valla.

E a todo isto, hai que ter en conta que todos estes atrasos e atrancos teríanse evitado se desde o primeiro momento o SERGAS sacara a concurso o 100% das prazas e non andara con bailes de unhas si e outras non... e tamén, claro está, se nos escoitara algunha vez cando lle remitimos alegacións ou suxestións, porque houbo tempo abondo para que tiveran en conta todos estes problemas.

 
Corrección de erros dos traslados Imprimir Correo-e
Traslados
Martes, 03 Agosto 2010 08:12
Vimos de recibir comunicación de que a corrección de erros que estaba pendente con respecto aos traslados será publicada no DOG o vindeiro venres, 6 de agosto. Non  indican qué correccións van incluir na resolución, polo que haberá que agardar á publicación para sabelo.

Atención á actualización: finalmente si que foi enviado o documento de corrección de erros. Podedes descargalo aqui .
 
Aclaración sobre a cualificación de celador Imprimir Correo-e
Actualidade
Martes, 03 Agosto 2010 08:01
O sábado pasado publicábamos una noticia sobre a resposta que a Xefa de Servizo de Deseño e Acreditación de Cualificacións da Consellaría de Traballo enviou a raiz da nosa proposta de incluir aos celadores dentro da familia profesional sanitaria. Parece ser que esta resposta positiva foi moi ben acollida entre @s celador@s e foi recollida en diversos foros de opinión, entre os que se atopa unha páxina web moi visitada por este persoal.

O caso é que nesta páxina falan de que se incurre nun erro ao falar de nivel II, polo que queremos aclarar que non se trata de ningún erro, a CIG procura facer as cousas con contido e visión de futuro e por iso se fala de nivel II. Desde CIG-Saúde solicitamos que o nivel d@s celador@s sexa nivel II e o das auxiliares nivel III. Isto esta vinculado á nova clasificación do artigo 76 do Estatuto básico, se algún día se aplica:

 

Celadores: nivel II, grupo C2

 

Auxiliares: nivel III, grupo C1.

 

Polo tanto, do que se trataría é de que @s celador@s dean un salto na clasificación profesional, pasando do grupo E a o grupo C1, e de ai a nosa petición de nivel II. Non é, como vedes, un erro.

 
O orgullo de ser da CIG Imprimir Correo-e
Actualidade
Luns, 02 Agosto 2010 08:56
Copiamos (e suscribimos 100%) este artigo que publican @s nos@s compañeir@s de Monforte:

Onte podiamos ler nos xornais o gran pacto social firmado por C.C.O.O. , U.G.T. e o goberno do señor Feijoo. Non sei como non se lles cae a cara de vergoña. Despois dos recortes sociais levados a cabo polo PP, tanto no ensino como na sanidade (intentando privatizar todo o que poden e mais), agora veñen estes e firman un acordo de "diálogo social". Pero a qué estamos xogando?

Eso si ,na foto saen todos preciosos.

Nestes momentos é cando un se sinte orgulloso de pertencer a un sindicato que non se presta a este tipo de xogos. Podemos ir coa cabeza ben alta, con este goberno hai pouco que pactar e moito que loitar, sobre todo porque ainda anuncian mais recortes de cara ao ano que ven.

O que mais me fode de todo isto é que a xente pense:"sodes todos iguais". Non,non somos nin parecidos. E xa vai sendo hora de que empecedes a diferenciar.

 

A noticia en El País.

A noticia en El Correo Gallego (de onde extraemos a foto).

cp6f03853461_407595

 


Un novo apunte, a conta disto:
 
galegando Imprimir Correo-e
Lingua e Cultura
Sábado, 31 Xullo 2010 13:11

 
Cualificación de celador@s Imprimir Correo-e
Actualidade
Sábado, 31 Xullo 2010 08:28
Podedes descargar aqui o escrito que nos remite a xefa de servizo de deseño e acreditación das cualificacións, da Consellaría de Traballo. No devandito escrito aceptan a proposta que fixo CIG-SAÚDE de incluir a cualificación profesional deste colectivo dentro da familia profesional de sanidade. Daranlle traslado da mesma ao Instituto Nacional de Cualificacións.
 
Información Comisión Técnica OPE-Traslados Imprimir Correo-e
OPE
Xoves, 29 Xullo 2010 15:28

O martes houbo unha primeira reunión da Comisión Técnica de Provisión de Prazas, que pretende sentar as bases sobre as que se regulen os procesos de provisión vindeiros (OPEs, Concursos de Traslados). Esta é a información sobre esa reunión:

 

INFORMACIÓN SOBRE A COMISIÓN TÉCNICA DE PROVISIÓN DE PRAZAS 27 - XULLO - 2010.

Tratábase dunha primeira reunión de toma de contacto. A primeira reunión xa de traballo será na 2ª quincena de setembro, e posteriormente de forma mensual, con idea de que teña continuidade como comisión de seguimento.

fotografo

Puxéronse sobre a mesa os principais puntos que se ían tocar nas sucesivas reunións:

  • Instruccións de incorporacións e ceses da OPE en marcha. Envían un documento con estas instruccións para que lles fagamos chegar as nosas alegacións antes de 10 días. Podedes descargalo abaixo.

  • Plans de Acollida dos centros. Irán enviando os borradores dos distintos Plans de Acollida a medida que os vaian elaborando para que poidamos traballar sobre eles e facer as nosas alegacións.

  • Criterios estables de baremación.

  • Convocatoria:

    • O SERGAS falou de tratar o tema de que na convocatoria se recolla dalgún xeito (como xa se fai noutros servizos de saúde) que as persoas que se presenten á OPE non poidan ser propietarias dunha praza da mesma categoría noutro servizo de saúde. Ante isto, desde a CIG-Saúde xa puxemos enriba da mesa que non se pode falar deste tema sen que se garanta a convocatoria do 100% das prazas. Neste sentido o SERGAS respondeu que a súa intención é que se valore convocar e resolver os traslados previamente á OPE.

    • Quenda de discapacidade. Capacidade funcional, adaptación de postos...

    • Baremos: actualización e mellora. Neste punto como CIG-Saúde lembrámoslles que se na negociación do novo Pacto de Contratacións se optou pola vía de utilizar o baremo OPE, os baremos para ambos procesos deberían de ser os mesmos. É dicir, para selección temporal e definitiva o baremo a utilizar terán que ser os mesmos e non como sucedía ata agora que había cousas que se valoraban para un proceso e para outro non. Neste sentido, esiximos que se negocien os baremos dos dous procesos conxuntamente.

  • Traslados: valorar se existe a necesidade de cambiar o baremo, dándolle tamén unha valoración a outros parámetros ademais da experiencia.

  • Oposición: Tribunais (criterios de nomeamento, guía de formación dos tribunais, guía de funcionamento...)

Desde CIG-Saúde insistimos na necesidade dunhas instruccións de incorporacións e ceses que fosen clarificadoras para que non se deran casos de confusión como os vividos na última OPE. Nomeadamente esiximos que se clarifiquen as incorporacións das persoas seleccionadas pola quenda de discapacidade e das persoas que se atopan en situación de IT, para que se saiba con certeza cómo se van realizar estes procesos. No caso da quenda de discapacidade esiximos que sexan valoradas pola UPRL antes da toma de posesión para que lle sexan ofertados os postos adecuados á súa capacidade funcional.

* Documento Borrador de Instruccións Incorporacións e Ceses da OPE 2009 entregado .
 
Reclaman sancións para os policias que ameazaron a unha xornalista de el pais Imprimir Correo-e
Lingua e Cultura
Mércores, 28 Xullo 2010 11:19

fonte Vieiros
A Policía española amosa un ano máis o seu desprezo polo galego durante o Día da Patria

Reclaman sancións para o axente 'antidisturbios' que ameazou a unha xornalista con "darle unas hostias" por usar o nome oficial dunha praza en Compostela
A celebración Día da Patria en Santiago de Compostela deixou un ano máis distintos exemplos do desprezo da Policía española polo idioma galego. Varios xornalistas foron insultados e ameazados por utilizar a lingua e a toponimia propias do país. O BNG e a Mesa pola Normalización Lingüística reclaman que se investiguen estes sucesos e se sancione aos axentes implicados.
Luis Davila amosou a súa particular visión do tema.

Aínda que ano tras ano se tiñan rexistrado incidentes similares, a actitude dos policías españois desprazados á capital galega con motivo da celebración do Día da Patria acadou este ano maior relevancia despois de que un rotativo madrileño con delegación en Galiza recollese unha das denuncias. Nesta ocasión a vítima foi unha xornalista andaluza do propio medio de comunicación. Segundo relata o diario, un axente que se atopaba na noite do 24 instigando unha concentración independentista na porta Faxeira dirixiuse á redactora, que viña de preguntarlle a unha viandante pola praza da Peixería Vella, para espetarlle que “se llama Pescadería Vieja y tú, que eres de fuera, deberías saberlo”. A continuación recomendoulle que correse, “no vaya a ser que te demos unas hostias”.

Outra traballadora dun medio dixital galego tamén foi insultada por un axente 'antidisturbios' cando camiñaba acompañada dunhas amigas. Nesta ocasión preguntoulles se tiñan algún problema porque el non falase galego, para a continuación dicirlles que “a ver si camináis tan lento cuando vayamos de trás de vosotras”. Pero aínda foi máis alá e díxolles rindo: “Tú, con lo gorda que estás, debes de andar cerca de los 90 quilos”.

Reclaman sancións

Diante disto, tanto o BNG como a Mesa pola Normalización Lingüística reclaman que se investiguen os casos e se adopten medidas disciplinarias contra os axentes implicados. A formación nacionalista presentou unha iniciativa parlamentaria no Congreso español e a Mesa solicitou ao Ministerio do Interior que depure responsabilidades por estes novos exemplos de criminalización do idioma.

Tamén vén sendo habitual que ano tras ano os axentes españois veten a entrada a distintas rúas da capital galega a persoas que portan bandeiras da patria ou simboloxía nacionalista. Feitos similares foron denunciados tamén nesta ocasión.

 
Aviso sobre a convocatoria de traslados Imprimir Correo-e
Traslados
Mércores, 28 Xullo 2010 10:38

Onte comentámoslle ao SERGAS que no borrador do concurso de traslados faltaban prazas que si se recollían nos documentos anteriores, hoxe volvimos falar con eles e dixéronnos que están a preparar unha corrección de erros.

 
MESA SECTORIAL 27 DE XULLO DE 2010 Imprimir Correo-e
Actualidade
Mércores, 28 Xullo 2010 10:35

INFORMACIÓN DA REUNIÓN DA MESA SECTORIAL CELEBRADA O DÍA 27 DE XULLO DE 2010.


Previa á reunión de Mesa Sectorial tivemos unha reunión das organizacións sindicais, agora parece que todas as organizacións sindicais coincidimos no diagnóstico do que está a facer o SERGAS coa política sanitaria e moi particularmente coa política de persoal.

Unha vez iniciada a xuntanza de Mesa Sectorial, a Directora de RRHH do SERGAS pretende dar por aprobado o Plan de Ordenación de Recursos Humanos (PORH), limitando o debate do documento á periodicidade coa que se convocarían os concursos de traslados e OPE. O resto do articulado do documento  parece que non ten máis debate, pois a Admón non acepta ningunha das alegacións presentadas e dá por rematada a negociación. A súa intención é publicar o PORH mediante unha Resolución de Orde, para a axilizar a súa entrada en vigor, por iso non o tramitan como Decreto xa que canto antes sexa efectivo seica mellor.

Na quenda de intervencións das organizacións sindicais demos lectura ao escrito conxunto, por parte da Admón comunicóusenos que o consultarían coas instancias superiores e daríannos a contestación pertinente. A nosa impresión é que por parte do SERGAS onte deron por rematada a negociación.

 

Conclusións de CIG-SAÚDE sobre PORH.

Na rolda de intervención como CIG-SAÚDE, denunciamos unha vez máis a actitude da Admón. É impresentable que unha Admón pretenda sacar adiante dúas normas de tanto calado sen o mínimo consenso sindical.

O documento que pretende aprobar a Admón non é un PORH, senón unha norma que lle permita a Admón xogar coas/os traballadoras/es no seu beneficio e no beneficio das súas políticas privatizadoras.

 

Para a CIG-SAÚDE o PORH debe ser un instrumento vinculado directamente a un proxecto de adecuación de persoal, esixe por tanto a realización previa dun diagnóstico de necesidades actuais e futuras, globais ou para ámbitos determinados, que non aparece por ningures no borrador do SERGAS.

Se non hai diagnóstico de necesidades mal pode haber proposta de solucións ou medidas a adoptar, agás que do que se trate por parte do SERGAS non sexa outra cousa que lexitimar a través dun PORH unha serie de medidas de flexibilidade para logo dispor delas cando e como lle conveña.

Este documento en vez de concretar as medidas, limítase a reiterar que no futuro se deseñarán tales medidas, previo paso ou non pola Mesa Sectorial.

 

CIG-SAÚDE solicitamos, unha vez máis, a retirada deste documento e a presentación por parte do SERGAS dun verdadeiro Plano de Ordenación de RRHH.

 

No mes de setembro teremos unha nova reunión das organizacións sindicais de Mesa Sectorial para analizar as posibilidades de adoptar medidas concretas contra os dous documentos do Sergas: xestión integrada e PORH. Independentemente das actuacións que poidamos facer de futuro co resto das organizacións, nós faremos unha campaña intensiva de explicación dos documentos do SERGAS e das nosas alegacións.

 
OPE: publicación listados Imprimir Correo-e
OPE
Mércores, 28 Xullo 2010 10:24

O SERGAS informa que mañá dia 29 de xullo sairá publicado no DOG:

 

- o listado provisional de baremación da fase de concurso de matronas, logopedas e TERadioterapia

- o listado definitivo da fase de oposición e apertura de prazo de presentación de méritos para a fase de concurso de: PSX, aux. administrativo, grupo A e B da FA e cociñeiros.
 
OPE siquiatria: puntuaciois definitivas Imprimir Correo-e
OPE
Martes, 27 Xullo 2010 09:32

CIG-SAÚDE INFORMA:

Resolución do 16 de xullo de 2010, da Dirección de Recursos Humanos, relativa á publicación de puntuacións definitivas, conclusión da fase de oposición e a apertura do prazo da fase de  oncurso do proceso selectivo para ingreso na especialidade de facultativo/a especialista de área de psiquiatría.

jaiteiroAbrir o prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, para que estes aspirantes presenten a documentación acreditativa dos méritos que aleguen nos seguintes lugares:

a) Na Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade.

b) Na Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde.

c) Nas xefaturas territoriais de Sanidade dos departamentos territoriais da Xunta de Galicia.

d) Nas direccións provinciais do Servizo Galego de Saúde.

e) Nos servizos de persoal dos centros ou complexos hospitalarios do Servizo Galego de Saúde.

f) Nos servizos de persoal das xerencias de Atención Primaria do Servizo Galego de Saúde.

g) A través de calquera dos procedementos do artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento

administrativo común.

Os méritos alegados nesta fase de concurso entenderanse referidos como máximo ata o día 28 de xaneiro de 2007.

Todos/as os/as aspirantes que superaran a fase de oposición deberán achegar obligatoriamente fotocopia compulsada do seu DNI e fotocopia compulsada do título exixido para o ingreso na correspondente categoría. Ademais, os/as que accedan polas quendas de promoción interna e de discapacitados deberán achegar, ademais da documentación anterior, orixinal ou certificación compulsada acreditativa, segundo os requisitos descritos nos puntos 2 e 3 da base segunda da respectiva convocatoria.

puntuación definitiva

 
Un policía ameaza a unha andaluza por usar o galego Imprimir Correo-e
Lingua e Cultura
Luns, 26 Xullo 2010 11:07
Noticia extraída de el pais.

Estaba na Alameda de Compostela e quería chegar á praza de Pescadería Vella. Ao cruzar no semáforo da entrada ao casco histórico na noite do sábado, en plenas festas do Apóstolo, unha xornalista do PAÍS, andaluza, preguntou a unha señora por onde tiña que ir usando o nome oficial do lugar, en galego. Fíxoo á beira dun grupo de independentistas que se concentraban pacíficamente, rodeados por decenas de axentes da Policía Nacional. Un antidisturbio agarrouna do brazo: ""Aquí no hay nada que se llame Pescadería Vella, se llama Pescadería Vieja. Tú, que eres de fuera, deberías saberlo",", reprendeulle. Acto seguido espetoulle: "Corre, no vaya ser que te demos unas hostias". Foi antes de que os antidisturbios comezasen a cargar contra os concentrados.
 
<< Inicio < Anterior 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 Seguinte > Final >>

20100407_hospitalvigo_04
573-81933-a-carrabxo
573-82097-a-pedra
573-82150-a-berro
573-82153-a-dixo
573-82384-a-manifa
573-82578-a-SERVIZOS20PUBLICOS-1
573-82696-a-qg
573-82703-a-DESPIDO20BARATO
573-82728-a-pontevedra
573-82843-a-queremos
573-83156-a-dspi2
573-83252-a-pon
573-83361-a-qgconcerto
573-83720-a-santiago
I1133
www.cig-saude.info | O Barco | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | Cee | 061 | AgMedica

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info