CIG Saude | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | 061 | AgMedica


logocigsaudebarco4


<<  Novembro 2019  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
      1  2  3
  4  5  6  7  8  910
11121314151617
18192021222324
252627282930 
Frase pra baixar os modulos en firefox

cronograma OPE Imprimir Correo-e
OPE
Luns, 05 Xullo 2010 09:27

Por fín recibimos o cronograma do SERGAS, é este de abaixo:

Bos días: A continuación detallanse as previsións sobre as publicacións que terán lugar no presente mes de xullo relativos á OPE e ao concurso de traslados do organismo:

borraxin copia 

1º.- Está previsto que o venres, día 9 de xullo , sexan publicadas no DOG as puntuacións provisionais da fase de concurso das seguintes categorías:  

 - Costureiro/a .

 -  Enfermeiro/a especialista en saúde mental . 

 -  Fisioterapeuta .  

 -  Grupo administrativo da función administrativa .

 -  Perruqueiro/a .

 -  Técnico/a especialista en anatomía patolóxica e citoloxía .

 -  Técnico/a especialista en hixiene bucodental . 

 2º.- Igualmente,  o luns día 12 de xullo está previsto que sexan publicadas as puntuacións definitivas da fase de concurso da categoría de médico de familia de atención primaria e se abra o prazo dun mes para a presentación da documentación xustificactiva de que se compren os requisitos da convocatoria. 

3º.- Sobre mediados de xullo serán publicadas as notas provisionais dos exercicios da parte xurídica (cociñeiros) e de coñecemento de galego das categorías de cociñeiro, grupo técnico, de xestión e auxiliar da función administrativa e de PSX. O prazo para a presentación da documentación da fase de concurso destas categorías estímase que sexa aberto sobre finais do mes de xullo.

 4º.- Por outro lado se informa que na segunda quincena do mes de xullo poderán publicarse as baremacións provisionais dalgunha categoría máis.

 5º.- Respecto a OPE de Psiquiatría do ano 2006 está prevista a publicación das puntuacións provisionais dos distintos exercicios para mediados de xullo.

 6º.- Ase mesmo comunicase que o concurso de traslados para categorías de licenciados sanitarios de atención primaria e do resto de categorías (excepto FEAS) será convocado previsiblemente na segunda quincena do presente mes de xullo. 

7º.- Finalmente,  se estima que sobre mediados do presente mes de xullo serán publicados no D.O.G. as resolución definitivas do concurso de traslados de FEAS así como da OPE de FEAS. Nas devanditas resolucións se anunciarán as datas dos prazos posesorios de ámbolos dous procesos, que será o longo do vindeiro mes de setembro.

 
Información Mesa Sectorial Imprimir Correo-e
Actualidade
Venres, 02 Xullo 2010 12:53
Acábanos de chegar a información da Mesa Sectorial de onte. É a que segue:

Información Mesa Sectorial 1 de xullo de 2010.

  • Proxecto de Centro de servizos multicanle: o teléfono único do Sergas.

Puxeron unha presentación sobre o seu proxecto de unificar as distintas centrais de chamadas nun só número de teléfono (un 902) que servirá para pedir cita ou para realizar consultas sanitarias telefónicas. A súa intención é que empece a funcionar en xullo ou despois do verán. En principio daríase cita só para Médicos de Familia e Pediatría, e a idea é que se vaian incorporando o resto de axendas paulatinamente. Insistimos en que se citara para todas as axendas. O feito de que poñan un número para pedir cita non implicará que o persoal do grupo da función administrativa ( Aux. Administrativos e PSX ) dos centros deixe de ter que coller o teléfono para citar. A este respecto comentamos que no Plan de Mellora se recollía unha central de chamadas, que debería ser totalmente pública, e que liberara ao devandito persoal  de realizar esa tarefa, de xeito que poidan dedicarse ás outras tarefas administrativas que teñen encomendadas e outras que co Plan de Mellora se incorporarían. Tamén solicitamos que se habilitaran números de teléfono de prefixo provincial para poder chamar de xeito económico aquelas persoas que teñen tarifas planas contratadas, nas que non entran as chamadas aos 902.

O que non quedou claro é que vai pasar co servizo que está externalizado. Parece ser que pensan manter a empresa contratada, pero non aclararon con qué funcións, ou quen vai levar o novo servizo.

  • Temas relativos á OPE:
  1. Comisión técnica de mellora continua de procesos selectivos. Teñen preparado un documento base sobre o proceso de OPE que enviarán para que sobre el e en base ás alegacións ou novos temas que se formulen se constitúa, tal como pediu a CIG no seu día,  unha comisión técnica sobre OPE á volta do verán, que tratará, entre outros, estes temas:
  • Calendario OPE, datas de convocatoria, prazos razoables que non afecten nin asistencialmente nin á conciliación familiar.
  • Convocatoria: requisitos (titulacións), novas categorías, baremos estables...
  • Estudo sobre as convocatorias para discapacitad@s.
  • Tribunais: elección de membros, funcionamento, formación...
  • Proceso de exames: tipos de exames, realización, custodia, publicación...
  • Resolución de procesos e tomas de posesión (situacións administrativas).
  • Plans de acollida nos centros.
  • Aplicativo informático.

Desde CIG fixemos fincapé unha vez máis na necesidade de determinar os itinerarios profesionais para evitar moitos dos problemas que se dan.

Tamén falamos das situacións administrativas, en concreto da excedencia por coidado de fill@ ou familiar a cargo. Adiantouse aqui o último punto da orde do día sobre o tema, o SERGAS pretende realizar unhas instrucións sobre a concesión ou denegación deste tipo de excedencias en función de que se pidan para os obxectivos para os que están marcadas, para evitar a picaresca que se produce con esta cuestión. Enviarán a proposta de instrucións.

  1. Posibles listaxes de vinculacións de FEAS que resulten cesados na OPE 2008. O SERGAS non está pola labor de configurar unhas listas de contratación para FEAS. Despois do debate, e da posición de todas as OO.SS da necesidade dunhas listas que ordene por méritos aos FEAS, quedou claro que o SERGAS non pensa configurar listas de FEAS nin co resultado da OPE nin no Novo Pacto de Contratacións, dándolle así carta branca a todas as situacións irregulares que se producen de mans dos Xefes de Servizo. O que vale para as outras categorías non vale para os FEAS, deben de ser doutro mundo.
  2. OPE Facultativos Especialistas de Área en Psiquiatría 2006. Están valorando cómo facer o acto de elección de prazas das dúas OPE (2006 e 2008) polo complicado do tema, posto que hai xente que obtivo praza nos dous procesos. Enviarán un calendario dos procesos en marcha, incluído este, e as prazas de Psiquiatría das dúas OPE.
  • Información sobre o Protocolo entre a Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde e a Deputación Provincial de Lugo aos efectos de levar adiante o proceso de traspaso dos medios de carácter persoal dos Hospitais Provincial “San José” e Psiquiátrico “San Rafael”. Este punto quedou adiado ata a Mesa Sectorial Monográfica do próximo día 7 de xullo.
  • Cuestións acerca da Orden de confección de nóminas do 24 de xuño de 2010. Déronnos unha explicación sobre a nómina de xuño que xa adiantaran por correo electrónico e que publicamos na web. A base de cotización desta última nómina non era a correcta porque non lles deu tempo a adaptar o aplicativo. O día 7 de xullo estarán en disposición de emitir unha nómina complementaria e “ficticia” posto que non suporá remuneración, só será para incorporar a base de cotización real. Tamén se comunicou que a orde de nóminas publicada no DOG na versión galega contén un erro nos complementos de Celador de atención directa, que non está na versión en español, nin foi aplicado como erro nas nóminas. Non entendemos moi ben porqué se producen estes erros porque os números escríbense igual en galego que en español, só se trataba de copiar e pegar...
  • Excedencia para coidado de fillos e familiares. Este punto foi tratado no punto 2.
Podedes descargar e imprimir esta información desde aqui.

 

 
destino facultativos OPE Imprimir Correo-e
OPE
Venres, 02 Xullo 2010 10:26
Aquí abaixo tedes enlace ós destinos do persoal facultativo da OPE en curso.

Alergoloxia.pdf
 -  Analisis.pdf - Anatomia.pdf - Anestesia.pdf - Anxioloxia.pdf - Aparello_dixestivo.pdf - Cardioloxia.pdf - Cirurxia_cardiovascular.pdf - Cirurxia_oral.pdf - Cirurxia_pediatrica.pdf - Cirurxia_plastica.pdf  - Cirurxia_toracica.pdf  - Cirurxia_xeral.pdf - Dermatoloxia.pdf - Endocrinoloxia.pdf - Farmacia_hospitalaria.pdf - Hematoloxia.pdf - Medicina_fisica.pdf - Medicina_intensiva.pdf - Medicina_preventiva.pdf - Medico_061.pdf - Medico_traballo.pdf - Medico_urxencias.pdf - Microbioloxia.pdf - Nefroloxia.pdf - Neumoloxia.pdf - Neurofisioloxia.pdf - Neuroloxia.pdf - Obstetricia.pdf - Oftalmoloxia.pdf - Oncoloxia_medica.pdf - Oncoloxia_radioterapica.pdf - Otorrino.pdf - Pediatria_suas_areas.pdf - Psicoloxia.pdf - Radiodiagnostico.pdf - Radiofisica.pdf - Reumatoloxia.pdf - Traumatoloxia.pdf - Uroloxia.pdf - Xeriatria.pdf
 
dúbidas sobre a nómina de xuño Imprimir Correo-e
Actualidade
Martes, 29 Xuño 2010 11:15

Son varias as preguntas e comentarios  que nos están entrando no blog, decindo que se non houbo desconto e se pagou de mais, polo que vamos a intentar clarificar este asunto.
gaivotapilpil_copia
Antes de nada decir que sí houbo desconto, podedes comprobalo contrastando as nóminas de maio e xuño e veredes que sí se aplica o desconto correspondente a cada categoría, con respecto a eses 200 ou 300 € mais que se refrexan na nómina, que sí é certo que hai esta diferenza comparandoa coa nómina de maio, débese á  incorporación ás pagas extras do complemento específico que cando se negociou no marco de Función Pública. fíxose nos seguintes prazos:


PAGA EXTRA PORCENTAXE DO ESPECÍFICO

Xuño 2007 .......... 23,87 %
Decembro 2007 ... 23,87 %
Xuño 2008 .......... 33,33 %
Decembro 2008 ... 66,66 %
Xuño 2009 .......... 66,66 %
Decembro 2009 .... 100 %

Pero ademais na Mesa Sectorial do SERGAS negociouse incluir os demáis complementos fixos (Prod.Fixa+PRD) nesa mellora da Paga Extra.

A diferenza que hai do que se cobraba no 2007 ata que se regularizou completamente en decembro do 2009 esta suba non foi incorporado na nómina da paga extra , senon que aparece refrexado na nómina ordinaria de xuño en concepto de específico adicional.

 
publicación especialidades enfermaria Imprimir Correo-e
Formación
Martes, 29 Xuño 2010 09:55

Hoxe publica o BOE os programas das especialidades de Enfermaría Familiar e Comunitaria e de Enfermaría Pediátrica

Con esa publicación queda aberto o prazo para solicitar o título desas especialidades pola via excepcional (por anos de servizos prestados nesas funcións), que non rematará ata seis meses despóis de que se anuncie a primeira proba de acceso EIR a cada especialidade.

Se queres ver o decreto de especialidades de enfermaria, clika aquí .

 
apertura listas automáticas Imprimir Correo-e
Martes, 29 Xuño 2010 09:48

Anuncio polo que se procede a dar publicidade á resolución da Dirección de

Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, polo que se anuncian os

prazos da convocatoria automática prevista para a selección temporal nas

categorías de médicos de familia, médicos de urxencias hospitalarias, pediatras,

matronas, persoal de enfermaría (ATS-DUE) e cociñeiros nas institucións

sanitarias do Sergas, e (DUE) no ámbito da Fundación Pública Urxencias

Sanitarias de Galicia-061.

A citada convocatoria automática para presentación de solicitudes á selección

temporal no SERGAS nas categorías de médicos de familia, pediatras, matronas,

persoal de enfermaría (ATS/DUE) e cociñeiros está prevista na norma xeral 6.3.1. do

Pacto de selección temporal publicado no Diario Oficial de Galicia nO 104 de 1 de xuño

de 2004, a categoría de médico de urxencias hospitalarias na Resolución da División

de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional de data 26 de abril de 2006

(DOG n° 90 de 11 de maio), e (DUE) no ámbito da Fundación Pública Urxencias

Sanitarias de Galicia-061 na Resolución do 24 de marzo de 2010, da Dirección de

Recursos Humanos (DOG n° 77 de 26 de abril).

o prazo para achegamento de solicitudes está fixado dende o día 1 ata o día

15 de xullo do 2010, ámbolos dous inclusive.

Os modelos normalizados de solicitude estarán a disposición dos interesados

nas Direccións Provinciais do Sergas e na páxina web do Sergas (www.sergas.es).

 

 
Seminario sobre protección radiolóxica Imprimir Correo-e
HCV
Martes, 29 Xuño 2010 08:59
Captura

Recibimos esta convocatoria da Dirección de Enfermaría do HCV. Trátase dunha actividade interesante desde o punto de vista da Saúde Laboral, polo que recomendamos acudir a tod@s aquel@s que poidades:
  
Infórmase do
seminario que sobre protección radiolóxica se fará o vindeiro 29 de xuño as 16 horas no salón de actos do centro. consideramos importante esta formacion polo que vos pedimos que deade-lo apoio a esta iniciativa. sobre todo nos servizos de quirofano, raios, e nas unidades onde mais se utiliza a radioloxia portatil. Esta formacion inclúe a tódolos grupos profesionais.
 
orde do dia mesa sectorial 1 de xullo 2010 Imprimir Correo-e
Actualidade
Martes, 29 Xuño 2010 08:44

Chéganos do SERGAS a orde do dia da mesa sectorial do dia 1 de xullo.

Asunto: Mesa sectorial

Órgano convocante: Subdirección Xeral de Relacións Laborais, Réxime Xurídico e Recursos e Reclamacións

 Orde do día:

  • Proxecto de Centro de servizos multicanle: o teléfono único do Sergas.
  • Temas relativos á OPE:
  1. Comisión técnica de mellora continua de procesos selectivos
  2. Posibles listaxes de vinculacións de FEAS que resulten cesados na OPE 2008.
  3. OPE Facultativos Especialistas de Área en Psiquiatría 2006. 
  • Información sobre o Protocolo entre a Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde e a Deputación Provincial de Lugo aos efectos de levar adiante o proceso de traspaso dos medios de carácter persoal dos Hospitais Provincial “San José” e Psiquiátrico “San Rafael”.
  •  Cuestións acerca da Orden de confección de nóminas do 24 de xuño de 2010.
  • Excedencia para coidado de fillos e familiares. 

Lugar e data de reunión: Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2010 ás 11:00 horas na sala 02-03 da Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde

 Convocados:

  • Subdirección Xeral de Xestión e Políticas de Persoal
  • Subdirección Xeral de Planificación, Selección e Desenvolvemento Profesional
  • Dirección de Asistencia Sanitaria
  • Organizacións sindicais: CIG; CC.OO; UXT; CSI-CSIF; CEMSATSE e USAE

 

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2010

 O subdirector xeral de Relacións Laborais, Réxime Xurídico

e Recursos e Reclamacións 

Francisco Javier  Pena Corredoira

 ORGANIZACIÓNS SINDICAIS: CIG; CC.OO; UXT; CSI-CSIF; CEMSATSE E USAE

 DIRECCIÓN DE ASISTENCIA SANITARIA

 SUBDIRECCIÓN XERAL DE PLANIFICACIÓN, SELECCIÓN E DESENVOLVEMENTO PROFESIONAL

 SUBDIRECCIÓN XERAL DE XESTIÓN E POLÍTICAS DE PERSOAL

 
Contestación do SERGAS sobre as nóminas Imprimir Correo-e
Recurtes Sociais e Salariais
Venres, 25 Xuño 2010 13:25
O SERGAS enviou unha resposta ao escrito que nós lle remitimos sobre o suposto atraso que ían sufrir as nóminas deste mes. En concreto o escrito di:

Bo día:
En contestación ao voso escrito referindo posibles atrasos no aboamento da nómina, paso a trasladarvos a resposta da directora de Recursos Humanos.
En primeiro termo, ataxar a vosa inquedanza pois todo está previsto desde o pasado mércores para que a nómina sexa aboada en prazo. En segundo lugar, enfatizar que esto é posible grazas ao inxente e rápido esforzo despregado polos profesionais de SSCC, de Informática e tamén das xerencias de atención primaria e especializada. En tercer termo, cómpre recordar que as medidas extraordinarias das que se deriva a dita redución foron establecidas no Real Decreto-Ley 8/2010 de 20 maio do Goberno de España que impuxo mui curtos prazos para facelas efectivas. Desde o momento da súa publicación, a Comunidade Autónoma e concretamente, o Servizo Galego de Saúde concentrou todos os seus esforzos -tal e como manifestou na reunión mantida cos sindicatos sobre este asunto- para facer as adaptacións precisas dunha nómina de alta complexidade e numerosísimos conceptos.
¿De donde procede pois a información referida?. En caso de que o saibades, agradecería que llo fixérades saber por esta mesma canle.
Saúdos,
María Ponte
Xefa de servizo de relacións laborais

Alédanos saber que só eran rumores, mais estaremos atentos/as, non vaia ser...
 
Manifestación en Defensa da Sanidade Pública e da Área da Mariña Imprimir Correo-e
Área Sanitaria
Xoves, 24 Xuño 2010 12:17
Lembrámosvos que o sábado, día 26 de xuño, a partir das 12 hs da mañá, e coa saída programada desde o Hospital da Costa de Burela, levarase a cabo a manifestación en Defensa da Sanidade Pública e da Área da Mariña á que, pensamos, todas e todos deberíamos acudir. A problemática que están a padecer en Burela é moi similar á que se nos plantexou aqui na área do Barco: a Consellaría de Sanidade pretende impoñer unhas áreas integradas que sobardan a actual división en áreas da sanidade galega, e disfrazándoas coa integración de primaria e especializada, pretende facernos crer que a súa intención é manter as áreas. Pode ser que manteñan as áreas, pero non así a xestión, que, sabémolo ben claro, e onte volveuse confirmar no Parlamento, pretenden facer depender de entidades provinciais.
Polo tanto, e ante a persistencia da Consellaría en levar a cabo unha política sanitaria que non vai traer máis que prexuizos para @s usuari@s, con privatizacións, supresión de servizos, fusión de áreas e demais actividades neoliberais, convidámosvos a secundar a manifestación do sábado en Burela e facerlle ver así á Consellaría que non pasaremos por unha Sanidade Pública empobrecida e vendida ás empresas que só buscan lucro á costa da nosa saúde.

Lembrade: Sábado 26 de xuño, ás 12 hs, desde o Hospital da Costa, en Burela.
 
Bolsa e traslados Sacyl Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Xoves, 24 Xuño 2010 09:44
Está aberto o prazo de presentación de instancias para incorporarse á bolsa de contratación do SACYL, para as categorías de Limpadora, Pasadora de Ferro, Lavandeira e Pinche ata o 7 de xullo, e para as categorías de Celador, Telefonista e Peón ata o 1 de xullo. Máis información premendo aqui.
 
Tamén podedes baixar a solicitude desde esta ligazón.

Tamén está aberto o proceso de traslados para as categorías de Enfermeir@s, Matrona/matrón e Fisioterapeutas. Podedes ver as convocatorias aqui.
 
Traslados FEAS Imprimir Correo-e
Traslados
Xoves, 24 Xuño 2010 08:08
O SERGAS enviounos unha mensaxe na que nos avisa de que hoxe van publicar na páxina do SERGAS os listados de traslados de FEAs.

Bos días: na mañá de hoxe será publicada na páxina web do organismo a baremación definitiva, coa adxudicación definitiva de destinos, do concurso de traslados de persoal facultativo.

 

Nos primeiros dáis do mes de xullo será publicada no DOG a correspondente resolución na que se especificarán os prazos de toma de posesión.

 

Nas seguintes categorías non existen aspirantes:

 

Anxioloxía

Cirurxía cardiovascular

Cirurxía oral

Oncoloxía radioterápica

Xeriatría

Medicina do Traballo.

 
Retraso no pago da nómina Imprimir Correo-e
Recurtes Sociais e Salariais
Mércores, 23 Xuño 2010 18:02
Parece ser que nalgunhas xerencias están informando de que se pretende retrasar o pago da nómina do mes de xuño, pagando a extra e demorando o pago da ordinaria porque seica non lles deu tempo a modificar o aplicativo para facer os descontos. Ante estas noticias, esta mañá enviamos este escrito a Recursos Humanos:

Esperanza Fernández Lago.

Directora de RRHH SERGAS.

 

Bo día: estamos a recibir información de distintas xerencias de que a nómina do mes de xuño vai sufrir retraso no seu abonamento motivado pola redución salarial que as/os traballadores imos sufrir nos nosos salarios.

Como principio básico de dereito das/os traballadoras/es a nómina , utilizando un símil relixioso, é sagrada, polo que se debe de abonar  sen ningún retraso.

Si á Admón non lle deu tempo a modificar o programa informático, isto non se lle pode imputar as/os profesionais. Na Mesa Sectorial a Admón comprometeuse  a abonar a nómina sen retraso algún.

Non nos parece de recibo que a Admón abone a nómina da paga extra en substitución da nómina mensual, as dúas nóminas deben de abonarse na data correspondente.

A CIG-SAÚDE solicita que se abonen as dúas nómina sen ningún retraso.

Agardando a súa resposta.

 

Compostela, 23 de xuño de 2010.

 

Asdo: Mª Xosé Abuín Álvarez.

Secretaria Nacional de CIG-SAÚDE

 
Delegados/as da área pública da CIG concéntranse en contra da aplicación dos recortes aos empregados/as da administración Imprimir Correo-e
Recurtes Sociais e Salariais
Mércores, 23 Xuño 2010 17:47
noticia extraída de Avantar:

Coincidindo co debate no Parlamento do decreto para trasladar as medidas de redución do déficit público
Delegados e delegadas da área pública da CIG desenvolveron unha concentración na mañá deste martes diante do Parlamento de Galiza para amosar o seu rexeitamento ás medidas de redución do déficit público adoptadas polo goberno estatal e que a Xunta de Galiza vai aplicar aos empregados/as públicos, sen minimizar o seu impacto, a pesar de ter capacidade para facelo. As Federacións de Administración, Ensino e Saúde denunciaron novamente a hipocrisía do PP e demandaron que antes de recortar as retribucións dos traballadores/as se reduzan os numerosos gastos superfluos da administración.
 
Plan Mellora: qué están a facer con el? Imprimir Correo-e
Atención Primaria
Mércores, 23 Xuño 2010 09:21

Esta é unha mensaxe do noso compañeiro da executiva Manolo Moreira, representante de CIG-Saúde na Comisión de Seguimento do Plan Mellora, que se reuniu recentemente, emitindo un informe sobre a situación do Plan e editando un folleto explicativo para a cidadanía, para que se saiba o que está a pasar en Atención Primaria. Deixámosvos a mensaxe do noso compañeiro e os dous documentos abaixo.


O PLAN DE MELLORA DE ATENCION PRIMARIA DE GALICIA é un Plan que nos afecta a todas e todos os profesionais de A.P. e que se desenvolve como consecuencia da demanda de melloras laborais e de atención ao paciente, que se levan a cabo durante o ano 2006, e que se concreta na firma do devandito Plan polas Organizacións Profesionais e Sindicais e polo Presidente da Xunta de Galicia o 2 de Abril de 2007.

concentracion_ap_

Co cambio de dirección na Consellería e no Sergas no ano 2009, en relación co PLAN DE MELLORA DE A.P. produciuse unha parálise en canto ao desenvolvemento e seguimento do mesmo e que a nivel orzamentario concrétase nun descenso do orzamento dun 4.2% respecto ao do 2009 (mentres creceu o de A. Especializada). O ano 2008 crecera un 4,4%.

Se a isto engadimos a análise do BORRADOR DO PROXECTO DE DECRETO que crea a ESTRUTURA ORGANIZATIVA DE XESTIÓN INTEGRADA DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE, no que a participación organizativa da A.P. pasa totalmente desapercibida, fainos pensar que a Atención Primaria está a vivir un momento crucial que pode condicionar o seu desenvolvemento futuro.

As Organizacións Profesionais e Sindicais que formamos parte da Comisión de Seguimento deste plan queremos facer pública esta situación e manifestar a nosa intención de defender o cumprimento do Plan de Mellora da Atención Primaria.

Engadimos dous documentos, un para a cidadanía, no que tratamos de explicar o que supón a perda do Plan de Mellora, e outro para as e os profesionais, cunha reflexión sobre o propio Plan e o futuro da Atención Primaria.

Contamos coa túa colaboración para difundir o documento para a cidadanía imprimíndoo e repartíndoo entre as usuarias e usuarios do teu Centro de Saúde.

Manuel González Moreira

Representante de CIG-Saúde na Comisión de Seguimento do Plan de Mellora

 

* Informe  da Comisión de Seguimento do Plan Mellora de Atención Primaria.

 

* Folleto para difundir.
 
Escrito para entregar para garantir o dereito á educación en galego Imprimir Correo-e
Lingua e Cultura
Mércores, 23 Xuño 2010 09:10

Queremos Galego iniciou unha campaña para que aquelas persoas que tendes fillos/as en Educación Infantil poidades cubrir os vosos datos neste formulario e o enviedes á Plataforma, que remitirá todos os que cheguen á Consellaría de Educación. Deixámosvos aqui a explicación da campaña. Podedes descargar e difundir o formulario.

 

paradrapopESCRITO PARA ENTREGAR COMO NAI/PAI/TITOR-A DUN NENO OU DUNHA NENA NA EDUCACIÓN INFANTIL, PARA GARANTIR O DEREITO Á EDUCACIÓN EN GALEGO

A Xunta aprobou, a pesar do rexeitamento da comunidade educativa, un novo decreto que, entre outros problemas, non garante que un neno ou unha nena poida recibir ningún ensino en galego na etapa de infantil.

Esta norma foi promulgada de forma unilateral, sen ter en conta a opinión de sindicatos, organizacións estudantís, asociacións de nais e pais, institucións culturais como a Real Academia Galega e o Consello da Cultura Galega, ou un informe de altísimo nivel xurídico do Consello Consultivo. Este último organismo advertiu á Xunta de que este decreto conculca dereitos na educación infantil.

Que un neno ou unha nena poida recibir ningún ensino na lingua propia até que faga os seis anos de idade é unha situación que non se produce en ningunha outra comunidade do Estado español e que leva o galego a unha situación preautonómica, alén de conculcar o dereito a un ensino igualitario e de calidade.

Por iso, desde Queremos Galego animamos a todas as nais, pais ou titoras e titores de nenas e nenos na etapa de educación infantil a que cubran o formulario e o remita ao enderezo da nosa plataforma cívica: Queremos Galego, Rúa do Vilar, 15 – 1º dereita, 15705 Santiago de Compostela.

Desde Queremos Galego entregaremos todos os escritos (que serán compilados de acordo coa Lei de protección de datos) no rexistro da Xunta, dirixidos ao Conselleiro de Educación, e achegarémoslle tamén as copias correspondentes a cada centro de ensino á dirección do mesmo, para que teñan constancia.

Este documento está pensado para todas as familias que, falen galego ou castelán, desexen que o seu fillo ou a súa filla teña as garantías para unha educación en galego. Subliñamos isto porque o actual decreto non só dificulta que unha familia falante de galego poida ter ensino neste idioma para o seu fillo/a, senón que imposibilita que un neno dunha familia falante de castelán poida adquirir competencias comunicativas en galego.

Ademais pedimos a todas as nais pais que respondan á pregunta formulada pola Consellaría de Educación: EN GALEGO. A pregunta está formulada de tal xeito que non se quere ter en conta en que lingua se quere escolarizar ás fillas e fillas senón en que lingua falan as nais e pais.

 
prazas OPE FEAS Imprimir Correo-e
OPE
Martes, 22 Xuño 2010 12:20

Plazas definitivas da OPE de facultativos, que serán publicadas hoxe na páxina web e esperamos que saian publicadas no DOG o vindeiro venres.

Copia_de_OPE_2010_feas.pdf

 
recuperamos as dúas TCAES do servizo de diálise do HCV Imprimir Correo-e
HCV
Martes, 22 Xuño 2010 10:49

Esta de abaixo é o correo enviado polo Director de enfermaría do HCV, con respecto á cuestión plantexada dende a comisión de centro de recuperar as das TCAES que o HCV tiña cedidas á fundaciçon que leva o servizo de diálise, agora sçolo falla que o prazo de incorporaciçon non se alongue demasiado:

Bos dias : Tal como habiamos quedado na reunion da comision de centro, falouse coa Fundacion renal Iñigo Alvarez de Toledo (FRIAT) e chegouse o acordo de "devolucion", das duas TCAE para o HCV, estamos pendente de que se faga con relativa celeridade, pero non de forma inmediata pois se precisa contratar e formar persoal por parte da FRIAT en todo caso o proceso de retorno xa está en marcha.

 
Saramago: a flor mais grande do mundo Imprimir Correo-e
Luns, 21 Xuño 2010 16:53

 



 
<< Inicio < Anterior 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 Seguinte > Final >>

20100407_hospitalvigo_04
573-81933-a-carrabxo
573-82097-a-pedra
573-82150-a-berro
573-82153-a-dixo
573-82384-a-manifa
573-82578-a-SERVIZOS20PUBLICOS-1
573-82696-a-qg
573-82703-a-DESPIDO20BARATO
573-82728-a-pontevedra
573-82843-a-queremos
573-83156-a-dspi2
573-83252-a-pon
573-83361-a-qgconcerto
573-83720-a-santiago
I1133
www.cig-saude.info | O Barco | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | Cee | 061 | AgMedica

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info