CIG Saude | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | 061 | AgMedica


logocigsaudebarco4


<<  Novembro 2019  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
      1  2  3
  4  5  6  7  8  910
11121314151617
18192021222324
252627282930 
Frase pra baixar os modulos en firefox

regulación das comisiois de servizos Imprimir Correo-e
HCV
Luns, 21 Xuño 2010 15:28
maxadaEsta mañá levouse a cabo unha reunión extraordinaria entre a comisión de centro e a directora Xerenta do HCV. O único punto do dia era o criterio cos que se estaban a dar as comisiois de servizo no centro.

Un pouco de historia

A dirección anterior habia establecido dar todas as vacantes e contratos de longa duración que se deran as comisiois de servizo sen reservar praza ningunha ás listas de contratación, os criterios que establecia para dirimir a que persoa lle correspondia esta comisión baseábase nunhas instrucciois do SERGAS que establecian unha serie de prioridades que iban dende a violencia doméstica ata as cargas familiares ou familiares dependentes, isto deu lugar a varios problemas pola falla de baremos claros á hora de establecer a orde das comisiois por un lado, como o desamparo que tiña o persoal de listas de contratación que nalgunhas categorias non podía optar a ningún tipo de contrato de longa duración.

Cando a nova Xerencia tomou posesión, este foi un dos primeiros temas abordados pola comisión de centro, posto que tanto o persoal pendente de comisión de servizos omo o de listas de contratación non sabían a que aterse e se iban a ter opción ou non a acceder a algún tipo destes contratos. A resposta da dirección e co fín de conciliar as 2 situaciois foi "salomónica" dar o 50% das prazas a cada un dos colectivos, isto quedou refrexado en acta; pretendia tamén rescindir as comisiois de servizo que habia, pero a postura da comisión de centro por unanimidade foi a de non tocar o que estaba dado e empezar coas novas prazas, a primeira foi unha vacante de celador que xa estaba dada a unha comisión de servizos e que foi anulada antes da súa incorporación, alegaba a dirección que agora tocaba á lista de contratación.  

Pero resulta que ó longo deste ano producíronse varias incorporaciois mais, 2 comisiois de servizos seguidas no laboratorio e 2 mais no persoal auxiliar administrativo. Sen meter xente polo medio de listas de contratación. Ante esta situación, a comisión de centro solicitou unha entrevista urxente coa Xerenta que foi a que se produce esta mañá, nela a Xerenta alega que houbo un "erro" na interpretación dos últimos contratos e defendeu que a dirección tiña que ter unha mínima liberdade á hora de dar ou non as comisiois de servizo ou chamar ás listas de contratación. 
Obviamente estes argumentos non foron aceptados pola comisión de centro e esiximos que non se volveran dar este tipo de "erros" para o cal esixíamos regular a cobertura destes postos de traballo nun acordo interno mentres non se producira un a nivel SERGAS (dende CIG-Saúde plantexamos a súa regulación no propio pacto de contrataciois que se está a negociar), que aclarase que tipos de contrato son susceptibles a cubrir polas comisiois de servizos e cales non, así como definir o 50% que propuxo a propia xerenta no seu dia para compatibilizar os intereses dos 2 colectivos (o de listas e a xente con praza fora do HCV).

Esta negociación esperamos se produza para a semana que ven e saia un acordo que clarifique un pouco as posibilidades de traballo do persoal de listas, así como as de obter unha comisión de servizos no HCV e saber, en todo momento a cal dos dous lle corresponde. Pensamos que de chegar a un acordo entre as partes e que sexa repectado pola dirección habremos avanzado un pouco na erradicación do amiguismo e enchufismo dentro do noso centro, que por momentos parecera que ameazara con voltar.
 
mesa sectorial traslados 18 xuño Imprimir Correo-e
Traslados
Venres, 18 Xuño 2010 17:02

Esta de abaixo é a información que nos envian do acontecido na mesa sectorial de hoxe, deixamos enlace tamén as que parece van ser as prazas definitivas a convocar.

 

ATENCIÓN PRIMARIA

  • O Sergas cambia de opinión e oferta as vacantes ocupadas por interinos en Atención Primaria ( nos PAC ) coa condición de que non van a ofertar as RESULTAS.
  • Os cambios en Odontólogos son sin incrementar o número total das ofertadas, o que fixeron foi aplicar o criterio de menor antigüidade na praza e cambian unha que estaba ofertada e que o interino era máis antiguo por outra que o interino ten menor antigüidade.
  • Os cambios que hai en prazas de enfermaría e médicos de familia son fundamentalmente de turno ou para clarexar mellor o lugar onde están ubicadas as prazas.
  • Engaden unha praza nova de auxiliar administrativo en Ourense.

ESPECIALIZADA

Neste apartado os cambios que hai son únicamente aqueles que aportaron dende as Xerencias, os aportados polos sindicatos quedan para unha revisión posterior na semana que ben, quedando o Sergas en que nos remitirá un listado DEFINITIVO o mércores.

PREVISIÓNS

Preven sacar a convocatoria a primeiros de xullo en DOG, as incorporacións as manteñen para o mes de outubro, xunto coas da OPE, dun xeito gradual, primeiro as categorías pequenas e logos as máis grandes quedando para o final as de enfermaría.

FACULTATIVOS/FEAS

Xa teñen os traslados pechados na semana que ben nos adiantaran os destinos para que se difundan, se poden os colgarán tamén na web, a publicación en DOG, será o día inmediatamente anterior á elección de destino ( 25 xuño ) , xa que escollen destino o 26. A primeiros de xullo publicarase no DOG o nomeamento co destino e xa irá tamén a data de incorporación ( setembro ).

OPE RESTO

Notas a semana que ben as das categorías pequenas, o resto de categorías queda para primeiros de setembro, coa excepción de enfermaría que sairán as notas a finais de setembro, iniciando a incorporación en outubro.
 
retribuciois PAC Imprimir Correo-e
Traslados
Venres, 18 Xuño 2010 10:26
Algunha xente tennos preguntado como son as retribuciois de PAC en enfermaria, por se lle interesa ou non pedir traslado para alí.
Remitimos nun par de contestaciois á orde nóminas do 2010, pero parece que moitos aínda non se aclaran, polo que deixamos un esquema na imaxen adxunta do salirio bruto deste persoal.
Lembrade que a política de recorte levada a cabo pola xunta deixou os acordos de PAC, que parece ser que empeza a haber contactos para volver a negociar sobre a súa aplicación.

Esperamos vos serva de axuda á hora de elexir un PAC ou non.

pac
avisáronnos @s compañeir@s de Lugo que a táboa que publicamos en principio contiña un erro, pois puxemos como como valor da xornada complementaria os valores que se referían ó persoal de atención ordinaria en garda de PAC
A táboa agora publicada é a correcta, perdoade as molestias
.


 
manifestaciois 17 xuño Imprimir Correo-e
Recurtes Sociais e Salariais
Venres, 18 Xuño 2010 08:56

artigo roubado a avantar

galeria fotográfica de CIG-Saúde O Barco da mani de Ourense

Unhas 12.000 persoas participan nas manifestacións convocadas pola CIG en contra da reforma laboral

A central advirte que se non hai unha resposta contundente na rúa o poder económico e político continuará cos recortes á clase traballadora
Unhas 12.000 persoas participaron esta tarde nas manifestacións convocadas pola CIG en toda Galiza en resposta a aprobación dunha reforma laboral que suporá o recorte de dereitos máis importante dos últimos trinta anos. O texto aprobado polo goberno español, que atende ás demandas históricas da patronal de facilitar e abaratar o despedimento, deixa nunha total indefensión á clase traballadora, polo que dende a CIG se fixo un chamamento á dar unha resposta contundente na rúa que paralice este ataque, pero tamén para demandar que se adopten políticas para combater de xeito eficaz a crise dende un punto de vista favorábel á maioría social.
A manifestación, baixando a rúa Urzáiz de Vigo.

“Aquí estamos ante unha loita de poder, ante unha loita cun claro contido de clase, ante a unha loita por modelos de organización socioeconómica totalmente confrontados e polo tanto, ou conseguimos paralizar todo isto, ou a situación da clase traballadores nos próximos anos vai empeorar gravemente tanto nas condicións laborais como sociais, impóndose un modelo de relacións laborais desregularizado e controlado polo empresariado”.

Con esta contundencia se dirixiu o Secretario Xeral da CIG, Xesús Seixo, aos centos de manifestantes que esta tarde participaron na mobilización convocada pola central en A Coruña, e que en paralelo se estaba desenvolvendo nas cidades de Vigo, Compostela, Pontevedra, Lugo, Ourense, Ferrol e Vilagarcía, como resposta á aprobación no Consello de Ministros da nova reforma laboral.

Seixo lembrou na súa intervención final que esta reforma lexitima o recorte de dereitos máis importante adoptado no estado español no período de democracia, introducindo unha serie de medidas para facilitar e abaratar o despedimento, “e na perspectiva de que co tempo o que se vai consolidar é o despedimento por causas obxectivas, que supón para a patronal poder despedir con 12 días por ano, xa que 8 días estarán subvencionados polo FOGASA”.

Unha reforma inxustificábel

 
privatización residencias de ancianos Imprimir Correo-e
Actualidade
Venres, 18 Xuño 2010 08:45
este de abaixo é un comunicado de prensa d@s nos@s compañeir@s de CIG-Administración, pola similitude de coincidencias que ten coa política de privatización do SERGAS o publicamos.

NOTA DE PRENSA CO ROGO DA SÚA PUBLICACIÓN

A XUNTA INICIA O PROCESO DE PRIVATIZACIÓN DAS RESIDENCIAS DE MAIORES

 petandoA Consellaría de Traballo e Benestar inicia o proceso para privatizar as Residencias de Maiores.

A CIG-Autonómica solicita unha entrevista urxente coa conselleira de Traballo e Benestar co fin de evitar a entrega a empresas privadas o servicio de atención as persoas maiores.

 A CIG-Autonómica quere denunciar que a Xunta de Galiza, está a enviar a equipos de empresas privadas para que fagan un estudo de cómo privatizar as residencias. O alcance da privatización comprendería nun principio a todos os servizos das residencias excepto os servizos sanitarios. A Residencia da Volta do Castro en Santiago de Compostela, figura entre os primeiros centros de referencia para pasar á xestión privada. O alcance desta medida incluiría ao resto de residencias e centros de día que dependen da Xunta de Galiza. De levarse adiante mais de 2.000 residentes con praza nun servizo público verianse afectados pola privatización da súa asistencia.

Esta é a política de austeridade de Feijoo: alugar as residencias públicas a empresas privadas e logo pagarlles polo número de residentes a atender, poñendo a Administración toda a infraestructura, a propia residencia, instalacións, medios e loxística á súa disposición a un custo cero para esas empresas e sacando pingues beneficios que sairían do erario público. Para iso nos rebaixa Feijoo os salarios, para entregarlle o montante a empresas privadas.

Isto vai supor unha perda de calidade do servizo, unha privatización clara e aberrante, poñer aos nosos maiores en mans de factorías de facer cartos a costa dos problemas dos cidadáns.

A CIG-Autonómica ven de solicitar un encontro coa conselleira para que explique aos traballadores cales son as súas pretensións e en que se basea para privatizar uns servizos que son esenciais para a atención aos maiores e que supoñen unha garantía de prestacións de calidade e atención aos usuarios. 

Esixímoslle á Xunta a paralización deste proxecto de privatizacións das Residencias de Maiores e unha maior dotación de prazas para asistidos e a defensa dos servizos públicos tal e como é obriga da máxima responsable deste departamento.

 Compostela, 17 de xuño de 2010

Fernando García
 Secretario nacional da CIG-Autonómica     

 
asemblea celadores/as Imprimir Correo-e
Actualidade
Venres, 18 Xuño 2010 08:13

asmblea_celadores

O luns 21de xuño ás 14.00, imos a celebrar unha asemblea no salón de actos do HCV, onde se explicará o dictame de cualificación na categoria de celador que fixo o INCUAL, así como os perigos que corre esta categoria de desaparecer progresivamente de seguir adiante as políticas privatizadoras do Partido Popular en Galiza a imaxe do que se está a facer noutros servizos de saúde como Madrid e Valencia.
 Explicaranse tamén as propostas que CIG-Saúde ten ó respecto.
 
listas provisionais DUE 061 Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Mércores, 16 Xuño 2010 11:20

 

No DOG de hoxe publícase unha resolución que dá publicidade ás listas de contratación provisionais do 061 da categoría de DUE.

  

Podedes descargar a resolución premendo aqui e as listas podedes velas na páxina web do SERGAS.

  

Parece ser que hai un erro na baremación xa que puntuaron a OPE 2006, e na convocatoria recóllese que a OPE a puntuar sería a do 2009-10. Postos en contacto co SERGAS, confirman que ían tentar solucionalo. Publicarán un comunicado na súa web.

 
Elección de destino FEAS Imprimir Correo-e
OPE
Martes, 15 Xuño 2010 12:22

Vimos de recibir este correo SERGAS sobre a elección de prazas de FEAS. Podedes descargar o calendario premendo aqui .

 

 Bos días: para voso coñecemento achégase calendario do acto de elección de prazas do persoal facultativo da OPE 2008, que terá lugar o sábado día 26 de xuño de 2010 no salón de actos da Consellería de Sanidade (San Lázaro S/N; Santiago de Compostela), e que, co data de hoxe, será publicado na páxina web do organismo.

Nos vindeiros días publicarase do mesmo xeito a relación de prazas que serán ofertadas no devandito acto de elección.

Esta publicación ten un valor meramente informativos, xa que necesariamente deberá ser publicada no Diario Oficial de Galicia unha resolución pola que se convoque aos aspirantes e se relacionen as prazas que se oferten. Sáúdos.

 
Información Novo Pacto Imprimir Correo-e
Novas de Contratacións
Venres, 11 Xuño 2010 11:08

Información da reunión de negociación do pacto de contratacións celebrada o día 10 de xuño de 2010.

libro

descarga aquí o novo borrador do  pacto de contrataciois


Nesta reunión a Administración presenta un novo documento, segunda parte do anterior, e establécese un debate sobre os novos apartados do documento. Temos un prazo dunha semana para alegar sobre o novo.

As alegacións remitidas sobre o documento anterior non foron debatidas, quedando para unha próxima reunión.

A Administración presenta o novo pacto enmarcado no concepto de área: promoción interna de área, listaxes de curta duración de área…

No debate que se produciu dos novos puntos, e a espera de concretar as nosas alegacións, comentamos o seguinte:

 

a.-II.2. Disposicións Especiais.

2.- Nomeamento de curta duración.

A Administración propón listaxes de área.

b.- III Xestión do chamamento.

3.- Realización do chamamento.

Neste documento regúlanse o nº de chamadas a realizar.

4.- Suspensión de chamamentos. Propuxemos que se ampliase até os 12 anos a idade dos fillas/os, tal como está establecido.

Reposición nas listaxes

Reposición despois dunha suspensión solicitada a petición da/do interesada/o.

O texto recolle a incorporación inmediata pola Administración, para non demorar a suspensión. Como CIG-SAÚDE comentamos que isto podía producir situacións de desigualdade, propuxemos que para garantir a igualdade na reposición o pacto debería de recoller o seguinte:

As reposición nas listaxes faranse ao mesmo tempo para todas/os as/os solicitantes, establecendo un procedemento de reposición de dúas veces no mes. O día 15 de cada mes repoñeranse as/os aspirantes que o soliciten mediante escrito. O último día de cada mes repoñeranse as solicitudes chegadas con posterioridade a o día 15. A comisión de seguimento terá información documentada das reposicións nas listaxes.

6.- Revogación de nomeamento.

Inclúen un novo punto 6.2 de revogar o nomeamento se non hai incorporación efectiva.

Disposicións especiais

Promoción interna: será de área. Solicitamos, unha vez máis, que se oferten todos os vínculos de previsión superior aos dous meses, aínda que o contrato inicial sexa de 15 días ou inferior.

III 2.3. Nomeamentos de curta duración.

Non compartimos o de ampliar a quince días (15) o nº de días máximo de contrato.

No referente a que se lles oferten os vínculos superiores a dous meses quedamos en posicionarnos.

IV.- Réxime de penalizacións.

IV . Por renuncia ao nomeamento.

Neste documento recóllese unha nova redacción de penalizacións. A Administración propón que o persoal penalizado nas listaxes de pool pase tamén ao final da lista xeral.

No resto de temas hai que alegar.

Coas alegacións enviadas polas comarcas, elaboraremos o noso documento de alegacións atendo aos posicionamento maioritario expresado por cada comarca.

Preguntámoslle á Administración se tiña intención de facer unha nova convocatoria de pacto, para todas as categorías, unha vez rematada esta negociación. A Administración díxonos que si, á espera de que rematen a plataforma informática, según eles vai a bo rirtmo. A previsión podía ser que esta convocatoria se realizase no 1º trimestre do próximo ano.

Fora de pacto preguntamos polos recursos de alzada, segundo a Administraciin remataron os recursos de alzada de médicas/os odontólogas/os, agora empezaron cos de enfermeiras/os e os de TCAE quedaran para despois do verán.


 
O cronograma por fin Imprimir Correo-e
Traslados
Venres, 11 Xuño 2010 11:35

Mensaxe recibida do SERGAS:

Bos días: para xeral coñecemento se informa:

- ACTO DE ELECCIÓN DE DESTINO DE PERSOAL FACULTATIVO DA OPE 2008:

Se realizará no edificio da Consellería de Sanidade (San Lázaro S/N Santiago de Compostela) na mañá do sábado día 26 de xuño de 2010.

- EXERCICIOS PENDENTES DE REALIZACIÓN:

- Os exercicios de coñecemento da lingua galega de cociñeiros, pesoal de servizos xerais, grupo auxiliar da F.A, grupo tecnico da F.A. e grupo de xestión da F.A se realizarán o día 29 de xuño de 2010 Na Escola Galega de Administración Sanitaria (FEGAS).

- Igualmente ese mesmo día realizaranse os exercicios da parte común (jurídica) de cociñeiros e o terceiro exercicio dos grupos técnicos e de gestión da función administrativa.

As horas concretas de realización destes actos serán anunciadas no Diario Oficial de Galicia e anticipadas na nosa páxina web. Grazas.
 
nova reunión traslados Imprimir Correo-e
Traslados
Venres, 11 Xuño 2010 11:23

Temos nova convocatoria de mesa negociadora de traslados, seguimos recollendo alegaciois, ata o de agora as que nos fixestes chegar xa as remitimos á santiago para que as comproben as secciois sindicais da CIG desas zonas.

Bos días: pola presente convócase ao representante desa organización sindical a unha reunión que terá lugar o vindeiro venres, día 18 de xuño, ás 12:00 horas co obxecto de seguir coa negociación do concurso de traslados.

Igualmente se solicita que no caso de ter alegacións, sexan enviadas previamente co obxecto de poder proceder ó correspondente estudo previo. Grazas.

 
Manifestación contra a Reforma Laboral Imprimir Correo-e
Recurtes Sociais e Salariais
Venres, 11 Xuño 2010 11:03
A reforma laboral máis negativa da historia para a clase traballadora, está a punto de ser aprobada polo Goberno, mentres milleiros de traballadoras-es seguen  engrosando as listas de paro.
Con ela, preténdese abaratar e facilitar o despedimento, promover a precariedade a través das ETT e de novos contratos temporais. Ademais, atentan directamente contra as nosas retribucións cun pacto social que conxela os salarios ou establece incrementos ridículos e conxelando as pensións.
Ás empregadas e empregados públicos baixannos o salario nun 5% de media, nunha decisión unilateral do Goberno, inxusta e desproporcionada,
facéndonos pagar as políticas neoliberais e especulativas dos derradeiros anos.
As seguintes medidas previstas son a reforma das pensións, aumentando a idade de xubilación e o periodo de cotizacións, dificultando a xubilación a
tempo parcial ou anticipada. Os máis débiles e os máis necesitados sofriremos as consecuencias destas reformas, para ser os empresarios e a banca os grandes beneficiados.
Para dar resposta a todas estas agresións debemos mobilizarnos, por iso a CIG temos convocado MANIFESTACIÓNS en toda Galiza o xoves, 17
de xuño. En Ourense saímos ás 8 da tarde dende o Pavillón dos Remedios e debemos asistir masivamente para manifestar o noso rexeitamento a estas medidas, no camiño de convocar unha Folga Xeral que pare ó Goberno.

É IMPRESCINDIBLE A TÚA PRESENZA.

XOVES, 17 DE XUÑO, ÁS 20 HS, PAVILLÓN DOS REMEDIOS, OURENSE.
 
seguen a mexar por nós Imprimir Correo-e
Recurtes Sociais e Salariais
Xoves, 10 Xuño 2010 11:52

Chéganos este correo dende a executiva de CIG-Saúde, está claro que veñen épocas duras tanto a nivel retributivo como en condiciois de traballo.
 Ata que tomemos conciencia e digamos BASTA XA DE ABUSOS!! e nos mobilicemos maioritariamente; vainos a chover de todo ó persoal do SERGAS.

na_corda_frouxaComo xa saberedes hoxe estábamos convocados a unha reunión no Sergas, na cal nos ian informar da aplicación dos descontos ao persoal do Sergas, en aplicación do Real Decreto Lei 8/2010.

O que queda claro é que de NEGOCIACIÓN nada de nada, o Sergas son unas “mandados” que se van a limitar única e exclusivamente a acatar o que regule Función Pública, e que con respecto ás retribucións complementarias consiste no seguinte:

 Desconto do 4% en tódalas retribucións complementarias ( Complemento Específico, Atención Continuada, Carreira e CPV ) 

Para as Agrupacións profesionais ( antiguo grupo E ) según indican van a aplicar o que xa contempla o Real Decreto Lei de aplicarlles só un desconto do 1%, aínda que indican que iso o fan porque queren xa que o que contempla o Real Decreto Lei nese artigo non é norma básica. 

Como CIG-Saúde indicamos que non compartiamos as medidas e rexeitamos de forma categórica as mesmas, esixindo tamén a convocatoria inmediata dunha MESA DE NEGOCIACIÓN, xa que pensabamos que tiñamos marxe para poder negociar no ámbito do Sergas os descontos nas retribucións complementarias, indicaron que eles non van a negociar nada e que o único que van a facer é convocar unha nova xuntanza para volver a informarnos cando teñan máis avanzado o traballo para a Orde de nóminas para o persoal do Sergas. 

Despachamonos a gusto ( a única satisfacción que puidemos ter ) calificando as medidas de indecentes e inxustas , pero está claro que por un oido lles entra e polo outros lles sae, nin puñetero caso nos fixeron.

 
prazas a traslado Imprimir Correo-e
Traslados
Mércores, 09 Xuño 2010 18:13
Acábannos de chegar as prazas a traslado que ofertara o SERGAS, aínda non tivmos tempo nin de velas samos dunha reunión da plataforma solo para publicalas), pero as deixamos colgadas xa, pola importancia que teñen, se detectades que falla algunha comentaino) nós a noite as revisaremos con calma.

traslados_10DEF.xls

 
Radiografía dos funcionarios en España Imprimir Correo-e
Recurtes Sociais e Salariais
Mércores, 09 Xuño 2010 08:23
Quixemos recoller no noso blog, un artigo do diario el pais, no que se desmonta en boa medida moitos dos tópicos sobre os traballadores e traballadoras da administración, a raiz da folga levada a cabo onte.

Radiografía dos funcionarios en España    
ter
Un de cada sete traballadores está a soldo dunha Administración.- O 40% non ten praza en propiedade

A case ninguén se lle caeu unha bágoa polo tijeretazo aos funcionarios aprobado polo Goberno nun país no que aínda perdura a dura crítica que Larra fíxolles ¡fai 177 anos! Os demais traballadores, aburados por axústelos, a temporalidade e un paro que golpea a máis de catro millóns e medio de persoas, envexan a súa estabilidade laboral, as súas vacacións de sultán e os seus almorzos eternos. Tamén está xeneralizada a idea de que é un corpo vago e sobredimensionado. Pero, están xustificadas esas críticas?

Case o 40% dos empregados públicos non ten praza en propiedade, a maioría goza dos mesmos 22 días laborables que calquera e os soldos -de entre 1.200 e 3.000 euros ao mes- tampouco son como para volverse tolos. En canto a que sobran funcionarios, a pregunta máis ben sería de onde, xa que 43 de cada 100 son profesores e sanitarios nun país no que ambos os servizos son universais e gratuítos. Ademais, no ranking europeo por volume de funcionarios España non está na cabeza, senón á metade da táboa. "Non somos privilexiados nin do século XIX, somos médicos, enfermeiros, bombeiros, policías, profesores e persoas que che realizan os trámites que necesitas. Non estamos dispostos a pedir perdón por traballar ao servizo do Estado, un posto que nos gañamos tras un proceso de selección libre, transparente e aberto a todo o mundo", deféndese Miguel Borra, secretario nacional de Formación do sindicato de funcionarios CSI-CSIF. Están a piques de porse en folga contra o recorte dos seus soldos para que, xunto a outras medidas, España logre pór coto ao seu déficit, pero quen son?

Cantos son?

En España hai máis de 2,5 millóns de traballadores ao servizo da Administración (2.659.010 persoas, segundo o último boletín estatístico de xullo de 2009). Iso é moito, pouco ou regular? Tendo en conta unha poboación de máis de 46 millóns, cada funcionario toca a 17 habitantes aos que atender. Con todo, a verdadeira dimensión da súa forza laboral mídese, máis que pola cociente por habitante, ao comparalos coa poboación activa ocupada -18.394.200 persoas segundo a EPA do primeiro trimestre de 2010-. O resultado é que un de cada sete traballadores con emprego en España está en nómina dalgunha das tres Administracións públicas (estatal, autonómica ou local), o 14,46%. Outro dato revelador que retrata á economía española é que hai case tantos funcionarios como empresarios e autónomos -3.130.800, segundo a EPA, o 17,02%-.

Do total, só un 21,9% (583.447) traballa para a Administración pública estatal (ministerios, Axencia Tributaria, prisións, xustiza, Forzas Armadas, Policía Nacional, Garda Civil ou entidades públicas empresariais...), mentres que o groso da man de obra pública, o 50,6% (1.345.557), cobra das comunidades autónomas. Na Administración local (concellos, deputacións e cabildos) atópase o 23,6% dos traballadores públicos (627.092) e completan o cadro as universidades, que dan traballo ao 3,9% dos funcionarios (102.894).

A maior parte do funcionariado, o 20,7%, traballa nun concello, o clásico oficinista que cobra tributos e tramita documentos, pero o groso do corpo confórmano profesores e sanitarios. Xuntos suman 43 de cada 100 (o 20,3% dedícase á docencia non universitaria e o 18,5%, ao Sistema Nacional de Saúde). Os menos son os que emprega Patrimonio Nacional (0,6%, 1.435 traballadores), seguidos das forzas de seguridade autonómicas (0,9%, 23.826). A administración de xustiza, sumando a estatal (0,9%) e a autonómica (1,4%), supón só o 2,3%.

E en Europa?

 
INFORMACIÓN MESA XERAL DE FUNCIÓN PÚBLICA 7-06-08 Imprimir Correo-e
Recurtes Sociais e Salariais
Martes, 08 Xuño 2010 06:57
agDeixámovos a información recibida do que aconteceu onte na mesa de función pública.
Como poderedes ver todos aqueles acordos que tíñamos de executar no tempo, como o caso do 100% das pagas extras, os eliminan, ademais de ter conxelación para rato, en definitiva, ata as tripas querennos quitar.


O día anterior á convocatoria de folga a Admón galega convoca a Mesa Xeral de Función Pública para presentar o proxecto de Lei pola que se modifica a Lei 9/2009, do 23 de decembro, de Orzamentos Xerais da Comunidade Autónoma de Galiza para o 2010. Esta Lei é preceptiva para aplicar a Lei 8/2010.

                A CIG rexeitou o documento presentado por ser totalmente demagóxico e que non vai servir en absoluto para reducir o gasto público, xa que a Admón segue a manter intacta toda a súa Admón paralela. Solicitamos da Admón Galega que, en aras á súa competencia, presente un recurso de inconstitucionalidade que permita parar o Decreto Lei do Estado

Se para o persoal funcionario e laboral a reunión foi una farsa,  na que a Admón só pretende cubrir o tramite de negociación,  para o persoal estatutario  a reunión foi indignante e una falla de respecto absoluto, xa que tanto o Director Xeral de Función Pública como o Director de Orzamentos saben de funcionarios e laborais, pero de estatutario non saben nada; e cando se lles fai una pregunta  danlle á cabeza. Nesta reunión estivo presente a Directora de RR.HH do SERGAS, que non abriu a boca. Unha vez máis a Consellaría de Sanidade pretende encubrir os seus actos nas actuacións do goberno; eles non teñen nada que ver.

                O documento que hoxe presentan recolle  o 5% de redución no  soldo base,  trienios e no complemento de destino que marca o  Decreto Lei do Estado.  Pero ademais, o Decreto que  vai a aprobar o goberno do PP para o persoal estatutario recolle a redución do 4% en todas as retribucións complementarias. A súa hipocresía non é parangonable con nada.

               

Texto do Decreto da Xunta de Galiza:

“ Unha redución do 5% en todas as retribucións complementarias: complemento de destino,  carreira profesional,  atención continuada: noites, festivos e gardas. Esta redución aplicarase en termos anuais respecto do importe vixente a 1 de xaneiro de 2010”.

                A paga extra que se cobre no mes de decembro é a que cobremos de futuro: xuño e decembro do 2011-12 e

 
sobre a manifestación da área e a folga Imprimir Correo-e
Recurtes Sociais e Salariais
Luns, 07 Xuño 2010 10:56

A folga de empregados e empregadas públicas que vai ter lugar mañá dia 8 de xuño, prodúcese despois da gran mobilización que se levou a cabo o pasado xoves, na que volcamos tódolos nosos esforzos, por considerar dende esta sección sindical que a perda de servizos na nosa área e a política privatizadora levada a cabo polo partido popular que ameaza a toda Galiza é moito mais prioritaria neste momento que a mais que xustificada folga contra o ataque ós intereses do persoal da administración que vimos sofrindo por parte do goberno central como da Xunta de Galiza.

Non levamos a cabo as concentraciois do dia 2 de xuño para non confundir as reivindicaciois como parte da plataforma en defensa dunha calidade asistencial digna, coas de defensa do persoal, lembrade que levábamos 3 semanas facendo concentraciois 2 ou 3 dias por semana en defensa dos servizos do hospital.

Neste punto atopámonos na víspera dunha folga, sen ter dado tódolos pasos previos que quixéramos para a concienciación do persoal para acudir a ela, limitámonos a repartir información polos servizos do HCV, así como por email e que colgamos no noso propio blog, así como facer unha asemblea informativa, onde explicamos en qué consistía o desconto tanto central como o do SERGAS e os motivos que nos levan a convocar a folga.

É por isto que aínda que sabendo a gran implicación da meirante parte dos traballadores e traballadoras nas mobilizaciois da área sanitaria que contrasta coa desgaña de participar na folga de mañá martes; pedimos que cada un recapacite e faga un esforzo por acudir, pero en todo caso que sexa producto do convencimento propio de que vamos a unha folga, para que lles saia cara a agresión contra os nosos dereitos e intereses, que o teñan que pensar antes de volver a agredirnos, que non sempre paguemos os mesmos a crise do capital.

Lembrade que de ter problemas cos mínimos ou calquera outra cuestión derivada da folga nesta área sanitaria, estaremos dispoñibles todo o dia no local da nosa sección sindical ou nos números:

fixo:       988 339112 externo
                     239112 interno

Mobil:     678 493929

Aproveitamos para deixarvos enlaces ás fotos da manifestación do 3 de xuño:
galeria 1
galeria 2


 

 
<< Inicio < Anterior 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 Seguinte > Final >>

20100407_hospitalvigo_04
573-81933-a-carrabxo
573-82097-a-pedra
573-82150-a-berro
573-82153-a-dixo
573-82384-a-manifa
573-82578-a-SERVIZOS20PUBLICOS-1
573-82696-a-qg
573-82703-a-DESPIDO20BARATO
573-82728-a-pontevedra
573-82843-a-queremos
573-83156-a-dspi2
573-83252-a-pon
573-83361-a-qgconcerto
573-83720-a-santiago
I1133
www.cig-saude.info | O Barco | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | Cee | 061 | AgMedica

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info