CIG Saude | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | 061 | AgMedica


logocigsaudebarco4


<<  Setembro 2019  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
        1
  2  3  4  5  6  7  8
  9101112131415
16171819202122
23242526272829
30      
Frase pra baixar os modulos en firefox

Mobilizacións pola Sanidade Pública Imprimir Correo-e
Actualidade
Venres, 14 Maio 2010 08:01
Onte levaronse a cabo dúas mobilizacións máis en defensa da sanidade pública. A primeira delas, pola mañá, diante do Hospital Comarcal Valdeorras, unha concentración de traballadores que protestaba polo intento de implantar un proxecto piloto de gardas de radioloxía "mancomunadas" entre os centros de O Barco, Verín e Monforte, o que deixaría a estes centros en certos días sen radiólog@ de presenza. Este proxecto, xunto coas deficiencias que non se subsanan en outros servizos sanitarios, enmárcanse na tentativa da Consellería de Sanidade de suprimir as competencias das actuais áreas sanitarias, para facer unha entidade de xestión sanitaria provincial, coas consecuencias negativas que traería consigo para a poboación das áreas periféricas.

A noticia na Región.

De similar cariz eran as reivindicacións da grande manifestación que se levou a cabo onte en Monforte. Miles de persoas sairon ás rúas para reivindicar unha área sanitaria forte, con plenas competencias e sen dependencia orgánica de Lugo. O rotundo éxito da mobilización debería facer pensar ás "cabezas pensantes" da Consellería e do PP de que a poboación destas áreas non vai permitir que se xogue coa súa saúde.

Noticia no Xornal.

Noticia na Voz.

Noticia no Progreso.

monforte

 

Sanidade Pública Digna e de Calidade! Non ao negocio coa saúde!
 
O galego, o noso existir Imprimir Correo-e
Lingua e Cultura
Xoves, 13 Maio 2010 10:33

A Plataforma QUEREMOS GALEGO! Valdeorras convida a toda a poboacion a que festexe connosco o dia 17 de maio, nunha celebracion que e, ao mesmo 17_de_maio_cartaztempo, ludica e reivindicativa, de amor e de denuncia.

O idioma galego e, para a inmensa maioria dos galegos e galegas, un patrimonio propio, unico, e insustituibel. Sentimos o galego como algo noso,  independentemente da lingua que empreguemos no noso dia a dia. E a nosa creacion mais valiosa e pertencenos.

Poucas dubidas hai de que se Galiza ten hoxe un certo grao de autogoberno cunhas institucions propias e, nunha parte fundamental, debido a termos unha lingua e unha cultura propias.

Lamentabelmente, desde hai un ano, temos un presidente e un goberno da Xunta que parecen non decatarse de que se estan ai e grazas a termos un idioma de noso. Incumpren de forma incivica o mandato estatutario de promover o galego e andan as patadas con el. O mellor exemplo desta politica tan lesiva e o decretazo contra o galego, que, por exemplo, varre a nosa lingua da educacion infantil nas cidades e prohibe ao profesorado o seu uso nas materias do ambito  cientificotecnico.

A sociedade galega esta a responder mobilizandose contra a extincion da nosa lingua e reclamando as institucions que cumpran coa sua obriga de promovela, para garantir a igualdade de conecemento, a igualdade de dereitos e a igualdade de oportunidades.

A Plataforma QUEREMOS GALEGO! chama con ese obxectivo a mobilizacion social o vindeiro 17 de maio, Dia das Letras, nunha manifestacion que partira as 12 hs da Alameda de Santiago de Compostela e se fechara na Praza do Obradoiro.

Ademais, QUEREMOS GALEGO! anima ao conxunto da cidadania a que apoie coa sua sinatura unha proposicion de lei de garantia dos dereitos linguisticos, para o que anuncia en Valdeorras a colocacion dunha mesa de recollida de sinaturas o pŕoximo sábado, día 15 de maio, a partir das 19 hs, no Paseo do Malecón do Barco (zona parques infantis).

Asemade, e para facilitar a participacion na manifestacion do luns dia 17, QUEREMOS GALEGO! Valdeorras pon a disposicion de quen o precisar, un autobús que partira o propio dia 17 de maio ás 8:30 hs desde a Praza do Concello do Barco, facendo paradas onde for preciso. Para reservar praza no autobus so hai que chamar ao telefono 690 76 82 95.

Animamos a todo o mundo a participar, festexando e defendendo a lingua, porque O GALEGO, é O NOSO EXISTIR.

 
O tempo danos a razón Imprimir Correo-e
Actualidade
Xoves, 13 Maio 2010 09:01
O TEMPO DANOS A RAZÓN

No 2009 a Consellería de Sanidade suspende acordos con melloras retributivas para os vindeiros anos, e presenta uns orzamentos para o 2010 que entre outras mermas conteñen unha reducción respeto dos cartos destinados no 2009 para sustitución de personal. Ademáis desta drástica reducción de orzamentos neste senso, elimina prazas de profesionais xa consolidadas, conxelando tamén calquer posibilidade de medre a nivel de recursos humanos tanto no ámbito de atención primaria cómo a nivel de atención especializada. 

CIG-SAÚDE convocou folga xeral no SERGAS o dia 16 de decembro, para denunciar estes orzamentos e as súas repercusións.

COMPORTAMENTOS SERGAS

CONSECUENCIAS

  • Dificultade disfrute dias libre designación.
  • Denegación permisos por necesidades servizo.
  • Incremento cargas traballo nos compañeiros
  • Ausencia sustitucións.
  • Reducción das contratacións hasta nun 50%.
  • Cambios arbitrarios de quenda e libranzas.
  • Contratación en precário.
  • Mingua dos cadros de persoal nos hospitais comarcais.
  • Sobrecarga do persoal.

  • Atención sanitária de peor calidade.

  • Cambios de quenda forzosos.

  • Incremento das horas extraordinárias.

  • Menor número de contratos.

 A escravitude voltou ao SERGAS

Máis carga de traballo = Peor calidade asistencial 

A flexibilidade na contratación a potenciación da mobilidade forzosa son obxetivos a acadar polo SERGAS, as traballadoras/es non podemos darlle  folgos para avanzar no camiño da precariedade e da perda de dereitos.
  • Contra a reducción das contratacións
  • Contra os contratos lixo
  • Contra a  precariedade laboral
  • Contra a desaparición do persoal non sanitario
  •  
    Farjas di que os técnicos decidirán se se unen ás gardas de radioloxía Imprimir Correo-e
    Actualidade
    Xoves, 13 Maio 2010 08:17
    Deixámosvos aqui un artigo da Voz de hoxe sobre o acontecido onte en Monforte, na visita da Farjas aos alcaldes. A muller esta non se corta un pelo en dicir que os que decidirán se aceptan as gardas "mancomunadas" serán @s radiólog@s. O que non dí é qué pasará se dicen que non. A algúns xa llo dixeron: privatizar o servizo. Así de claro. Hoxe, tod@s a Monforte!

    Aqui podedes ver a noticia da  Voz:

    Farjas di que os técnicos decidirán se se unen ás gardas de radioloxía

    A conselleira de Sanidade evitou dar prazos para a centralización do servizo no Barco, Monforte e Verín.

     
    concentración HCV Imprimir Correo-e
    HCV
    Mércores, 12 Maio 2010 16:48

    contracion


    hoxe tivemos unha nova concentraciçon contra a intención do SERGAS de unificar as gardas dos servizos de radioloxia de Verin, Monforte e O Barco. Mañá ás 11,30 mais.
     
    CIG manifesta o seu máis contundente rexeitamento ás medidas propostas polo goberno para afrontar a crise Imprimir Correo-e
    Mércores, 12 Maio 2010 14:21

    As federación da área pública (Administración, Sanidade e Ensino) chaman aos traballadores/as a mobilizarse e non desbotan ningún tipo de medida, incluída a folga

    strampaopqnoA CIG manifesta o seu máis contundente rexeitamento ás medidas propostas polo goberno para afrontar a crise 

    A Confederación Intersindical Galega manifesta o seu máis contundente rexeitamento ás regresivas medidas que vén de propor goberno español e denuncia a pretensión do executivo de facer que sexa a clase traballadora quen pague a crise, mentres que quen nos levou a esta situación, o sistema capitalista neoliberal, que baseou o seu crecemento nun modelo de economía especulativa, mantén intactos os seus beneficios. Estas medidas denotan que quen dirixe a política económica dos estados é, precisamente, ese capital financeiro e poñen de manifesto a covardía e incapacidade do goberno para afrontar reformas estruturais imprescindíbeis non só para frear a crise, senón mesmo para evitar que se reproduza, se cadra con máis crueza. 

    A CIG manifestou, desde o primeiro momento, que a vía para reducir o déficit público non era nin o incremento dos impostos indirectos nin o recorte do gasto público, porque isto levaría a deteriorar aínda máis as condicións de vida, reducir dereitos e mesmo paralizar en grande parte a actividade económica, dado o retraemento do capital privado, por mor da crise. En troques diso, a CIG afirmou a necesidade de incrementar o investimento público de carácter produtivo e o gasto social para contribuír a reactivar a economía, a xerar emprego e loxicamente a mellorar a calidade de vida dos cidadáns. 

    Suso Seixo, secretario Xeral da CIG explica que para corrixir o déficit público, a CIG aposta por incrementar os ingresos modificando as políticas fiscais, incrementando os impostos directos sobre as rendas máis altas e sobre o capital, recuperando o imposto de patrimonio, eliminando os paraísos fiscais, combatendo a fraude fiscal centrada fundamentalmente no empresariado e nas profesións liberais. “Hai moitas cousas que facer vía ingresos para controlar o déficit público sen recorrer ao recorte do gasto público, fundamentalmente de caracter social”. 

    Seixo sinala en todo caso a posibilidade de recortar gasto público na administración eliminando a súa duplicidade e mantendo só a administración autonómica naquelas materias nas que estean transferidas as competencias e eliminando gastos superfluo que hai no ámbito dos ministerios e das consellarías, en materia de propaganda, entre outras. 

    Porén, a CIG denuncia que as medidas que se están a adoptar son xustamente as contratrias, redución dos salarios dos empregados/as públicos ou conxelando as pensións, cando o propio goberno ten recoñecido que son moi baixas e cando no caso galego son as máis baixas do estado. “É redundar no recorte de dereitos precisamente naqueles sectores que xa de por si son os que están pagando as consecuencias máis duras da crise económica”. 

     
    suma de notas Imprimir Correo-e
    OPE
    Mércores, 12 Maio 2010 12:09
    Listas en excel de aprobados PSX e aux. adm elaborada por A. L., graciñas por compartir o teu traballo

    aprobados.xls
     
    traslados 100% Imprimir Correo-e
    Traslados
    Mércores, 12 Maio 2010 11:58

    traslados100

     
    recorte do 5%? a crise que a pague o capital Imprimir Correo-e
    Recurtes Sociais e Salariais
    Mércores, 12 Maio 2010 09:21
    A noticia xa se extendeu polos centros como un regueiro de pólvora.

    Despois de que o governo do PP fulminase os acordos acadados dun plumazo, incluida a carreira profesional.
    Agora é o  goberno central do PSOE, quén anuncia que pretende recortar os "grandes salarios" que temos (en moitos casos non chega ós 1000€) nun 5%.

    É curioso que a crise provocada polo capital a teñamos que pagar os sectores con menos recursos.

    Deixamos aquí a noticia en "la voz de galicia".

    Medidas de axuste en Ezpcspaña
     O Goberno baixa un 5% o soldo dos funcionarios e conxela as pensións

    Dentro do plan de austeridade para reducir o déficit público, Zapatero tamén anunciou a supresión do cheque bebé.

    O Goberno vai rebaixar os soldos dos empregados públicos este ano e conxelaraos o que vén, vai retirar o cheque-bebé a partir de 2011 e tamén o próximo exercicio deixará de subir as pensións contributivas.

    Éstas son as tres principais medidas anunciadas polo presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero , na súa comparecencia extraordinaria no Congreso, na que xustificou estas actuacións para acelerar a redución do déficit.

    Este esforzo, dixo, é «especial, singular e extraordinario» e debe facerse «precisamente agora», cando se están vendo «signos» que poñen de manifesto o inicio da recuperación económica.

    Funcionarios

    A primeira gran medida anunciada por Zapatero é a da rebaixa media do 5% no soldo dos empregados públicos, que se conxelarán o ano que vén.

    Con este anuncio, o Executivo rompe co acordo que alcanzou en setembro do ano pasado cos sindicatos para elevar os soldos dos empregados públicos un 0,3% este ano cunha cláusula de revisión salarial ao final do exercicio.

    O pasado 24 de febreiro, o secretario de Estado de Facenda, Carlos Ocaña, apuntou que se estaba estudando a posibilidade de revisar devandito pacto, aínda que un día despois a vicepresidenta segunda, Elena Salgado, corrixiulle e asegurou que se respectaría ao «cento por cento» este acordo hoxe roto.

    Zapatero asegurou que a rebaixa salarial será proporcional aos ingresos, é dicir, afectará máis aos salarios máis altos, e tamén ha adiantou que os soldos do Goberno vanse a rebaixar o 15%.

    Cheque-bebé

    O presidente do Goberno anunciou despois que se suprimirá a partir do 1 de xaneiro de 2011 o denominado cheque-bebé, a prestación de 2.500 euros por nacemento ou adopción dun fillo.

    Esta prestación, unha das medidas «estrela» da política social do Goberno socialista, foi anunciada tamén por Zapatero no pleno do Congreso en xullo de 2007, durante o Debate do estado da Nación, e entrou en vigor de xeito inmediato.

    Pensións

    Doutra banda, o Goberno suspenderá en 2011 a revalorización das pensións, excepto as non contributivas e as mínimas, o que significa que as contributivas non se actualizarán o próximo ano de acordo co IPC. Así mesmo, prevese a eliminación do réxime transitorio para a xubilación parcial previsto na Lei 40/2007. Isto implica que só poderán acceder a esa modalidade de retiro os maiores de 61 anos, que teñan un mínimo 30 anos cotizados á Seguridade Social e polo menos 6 anos de antigüidade na empresa, en tanto que só se poderá reducir a xornada laboral un 75% como máximo.

    Sanidade

    Por iso é polo que anuncie a adecuación dos envases de medicamentos a esas necesidades de acordo coas indicacións da comunidade científica. A posibilidade de dispensar unidosis farase mediante o fraccionamiento dos envases.

    Segundo o Goberno, o paciente poderá comprar así a cantidade exacta de unidades (comprimidos, cápsulas, etcétera) que necesite para o tratamento prescrito polo seu médico.

     
    prestaciois fill@ a cargo Imprimir Correo-e
    Actualidade
    Martes, 11 Maio 2010 20:19

    Prestación anual filla/o menor a cargo. 2010

    neno_osinhoPersoas beneficiarias:

    Persoas que teñan ao seu cargo crianzas menores de 3 anos na data de 1 de xaneiro de 2010 (con data de nacemento entre o 2-1-2007 e o 1-1-2010, inclusivos) e que, por razón dos ingresos obtidos durante o ano 2008 nin elas nin ningún dos/as membros da unidade familiar estivesen obrigadas a presenta-la declaración do IRPF.
    • No caso de crianzas adoptadas ou acollidas entre o 31 de decembro de 2008 e o 31 de decembro de 2009, a prestación poderase conceder durante os tres anos posteriores á data da inscrición no Rexistro Civil ou, cando esta non sexa necesaria, a partir da data da resolución xudicial ou administrativa que a declare.
    • Nos supostos de nulidade, separación ou divorcio, o pai/nai que teña a custodia dos fillos.
    • Persoas estranxeiras que residan na Galiza, sempre que cumpran as condicións da lei  sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros e a súa integración social e os requisitos establecidos na presente norma, e tiveran a condición de contribuíntes.

     
    CELADORES: a cualificación é necesaria Imprimir Correo-e
    Actualidade
    Martes, 11 Maio 2010 15:55
    corresillaCELADORES A CUALIFICACIÓN É NECESARIA A CATEGORIA IMPRESCINDIBLE


    Os últimos acontecementos que se están a producir como son a negativa do Ministerio de Sanidade á aceptar o NIVEL 2 e a ubicación na FAMILIA SANITARIA, xunto coa negativa do SERGAS á dotar de CELADORES as antigas fundacións ( CEE e Barbanza ) obrigan a CIG-Saúde a ter que realizar unha aposta por esta categoría. 

    CUALIFICACIÓN

    CIG-SAÚDE solicitará á CONSELLERÍA DE TRABALLO que aposte por esta categoría, presentándolle un informe de cualificación que contén dous aspectos fundamentais:

    1. NIVEL 2
    2. FAMILIA SANITARIA

    QUÉ NECESITAMOS

    • Unha celadora ou celador con competencia en actividades concretas, con autonomía propia, capacidade para usar instrumentos e técnicas propias e con coñecementos técnicos e científicos inherentes á sua actividade.
    • Que Galicia asuma ás suas responsabilidades e avance na Cualificación Profesional que CIG-Saúde lle propón.

    CATEGORÍA

    No tocante á este aspecto, para CIG-Saúde a categoría de celadora/celador resulta insustituible no sistema sanitario e eseixímoslle ao Sergas a cobertura inmediata das vacantes de CEE e Barbanza xunto coa consolidación como emprego fixo das prazas do Salnés, hoxe ocupadas por persoal temporal.

    Alertamos do peligro que a día de hoxe hai para a eliminación de prazas desta cetegoría en todo o Sistema Nacional de Saúde, en función dos distintos modelos de creación de hospitais que se están levando a cabo ( financiación privada ) que levan aparellada a desaparición da categoría, co empeoramento de todo o sistema en xeral.

    QUÉ NECESITAMOS

    Que o Sergas oferte as prazas necesarias desta categoría naqueles centros onde hoxe non existen, para que cumpran coa sua competencia xeral de: “Realizar a mobilización e traslado dos usuarios/as e/ou pacientes dun centro sanitario, e a ordenación e traslado de documentos e materiais do mesmo, utilizando as técnicas, equipos e materiais accesorios, baixo a supervisión do persoal correspondente, para garantir a integridade e seguridade dos usuarios/as e/ou pacientes, cumprindo cos protocolos e/ou normativa aplicable nos centros sanitairos.”

    Se isto non é asumido por esta categoría o hospital estará en peores condicións para ofrecer unha asistencia sanitaria digna.

    Na semana que ven teremos unha asemblea de celadores para explicar este asunto e captar as opiniois do persoal desta categoria.

    ESTAR CUALIFICADO É GARANTÍA DOS POSTOS DE TRABALLO

    PARTICIPA  NAS ASEMBLEAS CONVOCADAS POR CIG-SAÚDE E MOBILÍZATE APOIANDO AS SUAS DEMANDAS

     

     
    Manifestación contra a Represión Sindical Imprimir Correo-e
    Actualidade
    Martes, 11 Maio 2010 14:56

    A manifestación que anunciábamos neste artigo en apoio á compañeira Chelo queda aprazada á espera de integrala nunha campaña informativa e de solidariedade mais complexa.
    reivindicando 

     

    Contra a represión sindical, en apoio a Chelo Martínez.

     
    Convocatorias do SERGAS Imprimir Correo-e
    Actualidade
    Martes, 11 Maio 2010 14:54

    O SERGAS vén de remitir dúas convocatorias para os próximos días:

    * Convocatoria de Mesa Sectorial para o próximo xoves, día 27 de maio.

    * Convocatoria do Grupo de Traballo do Novo Pacto de Contratacións para o próximo mércores, día 2 de xuño.

    Daremos cumprida conta do que aconteza nestas reunións.

     
    reunión traslados 10-5-2010 Imprimir Correo-e
    Traslados
    Luns, 10 Maio 2010 12:03

    axa1Esta de abaixo é a información que enviada dende Santiago pola xente que está negociando este tema, como podedes ver o SERGAS tomao con calma e medio que nos debe tomar polo pito do sereno, en fín, ahí vai a información achegada.

    Na reunión de traslados de hoxe, para empezar, a Administración nin sequera traía os deberes feitos: só achegou as prazas que pensan sacar de licenciadas/os  Atención Primaria (medicos de familia, odontólog@s, farmacéuticas/os e pediatras).

    Sobre o borrador fixéronse varias alegacións:

    Desde CIG prantexamos a necesidade de regular e categorizar as prazas desta categoría, lembámoslles que xa figura recollida como tal na orde de nóminas, segundo se recolle no acordo retributivo, pero que está sen desenvolver, e sería o primeiro que habería que facer. Finalmente non van sair a traslados estas prazas, posto que primeiro haberá que ordear e categorízar esas prazas, cousa que solicitamos que se tratara na Mesa Sectorial á maior brevidade.

    Como CIG volvimos solicitar que se nos clarificara cómo van baremar á xente de Atención Continuada e a resposta foi que só se baremarán os servizos prestados ás persoas que teñen sentenza e nela se recolle expresamente que a Alta Continuada será computada a efectos de servizos prestados.

    Sobre as prazas:

    • Os criterios que o SERGAS nos indica manexou para sacar as prazas de licenciados Primaria foron os que seguen:
    1. Para medicos de Familia, sacan a traslados o 100% das prazas de ordinaria, e o resto en PACS proporcionalmente ata cubrir o total de prazas ofertadas a OPE.
    2. Para odontólogos usan un criterio distinto: antigüidade no posto, de xeito que convocan as prazas que están cubertas desde hai menos tempo.
    3. Para pediatras: o criterio é a necesidade asistencial de cobertura, polo grande problema que teñen á hora de atopar efectivos que cubran certas prazas que son as que sacan.
    • Desde a CIG solicitamos que se renove o acordo de 2006 polo que se facían listas de vinculacións de FEAS segundo o resultado da OPE.

    En canto ao resto de prazas que faltan, comentan que posíblemente as terán para mediados de semana e que as enviarán, o máis seguro o mércores. Falarase na próxima reunión, que quedou para o martes 18.

    InformacionSergasTrasladosMaio10.pdf

     
    concentración contra a perda de servizos no HCV Imprimir Correo-e
    Actualidade
    Luns, 10 Maio 2010 11:38
    concentracion Hoxe o persoal do HCV levou a cabo a primeira concentración contra a pretensión do SERGAS de eliminar as gardas localizadas do servizo de radioloxia e a súa unificación cos hospitais de Monforte, e Verín, por certo que a dia de hoxe aínda non temos recibida ningunha información parte da dirección do HCV sobre este tema que aparte de afectar moi negativamente ós usuarios da nosa área, tamén afecta moi significativamente ás condiciois de traballo dalgún persoal.

    Perto dun cento de traballadores e traballadoras participaron nela, cortándose o tráfico durante 5 minutos, non éramos poucos pero o xoves temos que ser mais e sobre todo non estaría de mais ver mais persoal do colectivo afectado nela.

    As próximas concentraciois levaranse a cabo o mércores e o xoves desta semana ás 11,30 horas.

    Por outra banda mañá ás 19 horas reúnese a plataforma en defensa da sanidade pública da área de O Barco co fin de organizar diversos actos que desmbocarán o xoves 3 de xuño nunha manifestación en O Barco.
     
    publicación DOG categoria de documentación sanitaria Imprimir Correo-e
    Normativa
    Luns, 10 Maio 2010 08:02

    O Decreto no DOG

    Decreto 73/2010, do 29 de abril, polo que se configura e introduce a especialidade en documentación sanitaria na categoría estatutaria de técnico/a especialista do Servizo Galego de Saúde.

    Decreto 73/2010, do 29 de abril, polo que se configura e introduce a especialidade en documentación sanitaria na categoría estatutaria de técnico/a especialista do Servizo Galego de Saúde.

    No tempo transcorrido desde a creación do Servizo Galego de Saúde producíronse importantes cambios na atención sanitaria prestada nas súas institucións. O dereito á protección da saúde consagrado no artigo 43 da Constitución require dos poderes públicos unha constante adaptación das estruturas sanitarias ás novas necesidades e a incorporación ás ditas estruturas, cando sexa procedente, de persoal cunha formación profesional específica para a realización de determinadas funcións.

    Nos últimos anos obsérvase un incremento considerable da demanda asistencial na atención especializada e na atención primaria, tanto en hospitalización coma nas consultas e en urxencias. Tendo en conta o anterior, veñen funcionando nos centros sanitarios os servizos de admisión e documentación clínica, encargados da organización e tratamento da información e documentación clínica e a súa codificación.

    Para a súa correcta xestión operativa parece adecuada a incorporación de persoal formado especificamente para a realización de funcións de xestión e organización da documentación sanitaria, así como de avaliación e control de calidade nesa materia; e isto sen prexuízo de que concorran no desempeño destas actividades e funcións con outras categorías de persoal sanitario e de xestión e servizos.

    Preténdese, pois, incorporar persoal técnico especialista que, baixo a supervisión correspondente, colabore en definir e organizar procesos de tratamento da información e da documentación clínica, codificándoa e garantindo o cumprimento das normas da Administración sanitaria e dos sistemas de clasificación e codificación internacionais.

    O colectivo de persoal que se axusta a estes requirimentos é o que acredita o título de técnico/a superior en documentación sanitaria establecido polo Real decreto 543/1995, do 7 abril (BOE número 133, do 5 xuño).

    A creación da nova especialidade dentro da categoría de técnicos/as especialistas, en exercicio das competencias atribuídas nos artigos 14 e 15 da Lei 55/2003, do 16 de decembro, do Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde, e no artigo 113 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, responde ao consenso existente na mesa sectorial de negociación respecto á necesidade de promover a incorporación de profesionais da área sanitaria con novas titulacións aos cadros de persoal das institucións sanitarias. Esta previsión, polo demais, xa figuraba expresada no acordo sobre mellora retributiva e profesional asinado o 1 de outubro de 2003 (DOG nº 232, do 28 de novembro). As institucións do Servizo Galego de Saúde advirten tamén da necesidade de incorporar profesionais que teñan formación adecuada ás funcións que se realizan nelas.

     
    pondo ó dia a web Imprimir Correo-e
    CIG Saúde O Barco
    Sábado, 08 Maio 2010 12:56
    barkinho_waperas_copiaHai unha semana que saltamos á nova web; aínda que pouco a pouco ímonos familiarizando con ela, partimos dunha estructura básica pensada por nós que non distara moito da antiga para que se vos fixera mais fácil acceder e navegar polos contidos, a verdade que o noso compañeiro Fran de Ferrol tivo un chollo e unha paciencia sen límites con nós, foi arranxando tódolos problemas e tódalas cuestiois que lle plantexamos con respecto ó blog.

    Acabamos de engadir na pestaña superior de contratación, accesos a outras webs de CIG-Saúde onde se publican (de momento Lugo, Pontevedra-Vigo e Ferrol, nos chamamentos de O Barco, estamos á espera que nos den unha solución para recibilos, pero de entrada podedes utilizalos para preguntar ou decir en que número van os chamamentos da área ou categoría que sexa.

    Dectámonos que hai algunha xente que non completa o rexistro, para completalo unha vez se solicita na web, tedes que ir ó correo que puxérades, alí veredes un correo enviado automáticamente polo servidor cun enlace que teredes que premer para confirmar o rexistro, en tanto non fagades isto non estaredes logueados.

    Estamos a traballar na posta en marcha dun foro, que serva para plantexar nel os asuntos do voso interese e o punto de vista que podades ter na cuestión que sexa, non sería un espazo de preguntas dirixidas a nós, para iso xa están os apartados destinados a iso, pero valdríanos para coñecer o que pensades, así como para ter outro ángulo de visión distinto e a tod@s para compartir informaciois e experiencias.
    Neste foro non participaríamos mais que no papel de moderadores.
     
    Borrador concurso de traslados Imprimir Correo-e
    Traslados
    Venres, 07 Maio 2010 11:39

    O SERGAS envíanos o borrador da resolución da convocatoria do concurso de traslados , das prazas e a súa ubicación nada de nada, e aínda por riba na reunión do luns só van traer as prazas de atención primaria. Morro a estes non lles falta.touflipao

    Este de abaixo é o correo que envian acompañando ó borrador da convocatoria:

    Bos días: envio novamente a Resolución de convocatoria do concurso de traslados que xa fora obxecto de vosas alegacións, por se considerades conveniente facer algunha matización na reunión que celebraremos o vindeiro luns.

    Por outra banda nesa reunión entregaremos a relación de vacantes, por localidade e quenda, das categorías de atención primaria, quedando as de especializada, para unha vindeira reunión se celebrará o  venres, día 14 de maio, salvo que propoñades outra data.

     
    << Inicio < Anterior 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 Seguinte > Final >>

    20100407_hospitalvigo_04
    573-81933-a-carrabxo
    573-82097-a-pedra
    573-82150-a-berro
    573-82153-a-dixo
    573-82384-a-manifa
    573-82578-a-SERVIZOS20PUBLICOS-1
    573-82696-a-qg
    573-82703-a-DESPIDO20BARATO
    573-82728-a-pontevedra
    573-82843-a-queremos
    573-83156-a-dspi2
    573-83252-a-pon
    573-83361-a-qgconcerto
    573-83720-a-santiago
    I1133
    www.cig-saude.info | O Barco | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | Cee | 061 | AgMedica

    Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
    Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
    Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
    executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info