CIG Saude | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | 061 | AgMedica


logocigsaudebarco4


<<  Novembro 2019  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
      1  2  3
  4  5  6  7  8  910
11121314151617
18192021222324
252627282930 
Frase pra baixar os modulos en firefox

Preguntas sobre contratacións(pechado a 1.12.2010) Imprimir Correo-e
Preguntas de Contratacións
Xoves, 29 Abril 2010 16:44
Tema de preguntas pechado a 1.12.2010. As novas preguntas podédelas facer no novo artigo creado a tal efecto.

Deixámosvos as vellas preguntas aquí para que non as repitades no novo artigo.
Addthis
 

Comentarios

 
+2 # Alberto 02-05-10 20:48
Hola. Acabo de ler o borrador sobre o pacto de contratacions e estou bastante cabreado. Segun entendo ainda que non esta desarolado o baremo, desprendese o seguinte: a diferencia de aprobar ou non o examen da OPE pode supoñer solo unhas decimas de diferencia na baremación para as listas de contratacion. Esto quere dicir por exemplo que unha persoa que teña o max. ou esté cerca del, do tempo traballado, ainda que suspenda( por ex. con 24ptos e que teña 5ptos no 2ª e 3ª exerc.) viame pasar diante habendo eu aprobado, xa que o ex. casi nos puntua igual e sen embargo nos ptos de tempo traballado ten mais ca min.
Esta situacion non se daria co pacto vixente. Case non hai diferencia de haber aprobado a non. Considero que é inxusto para a xente que aprobamos xa que, con respecto a puntuacion do examen nas listas de contratacion, estamos casi en igualdad de condicions(pode darse difernacia solo de decimas).Deberia darselle unha puntuación adicional os que aprobamos o ex. como ocurria ata agora.
A parte non se dí nada de si vai puntuar a puntuacion adicional por haber prestado servicios no poll, e tampouco se fai mención do tempo de desemprego.
Gustariame saber se a miña interpretacion é correcta, e si é así a posicion da Cig o respecto. Moitas gracias.
 
 
+2 # CIG Saúde O Barco 03-05-10 08:07
O que temos enriba da mesa é un borrador sobre o que se pode alegar ou suxerir. Polo momento, o peso que se pretende dar á OPE é dun 60% sobre o total, mentres que o tempo traballado entraría no 40% restante xunto coa formación e outras actividades, polo que o peso dos servizos prestados non vai ser tanto como se está a supoñer. En todo caso inda non temos o borrador de baremo, polo que todo son suposicións.
En canto ao tema do pool, estamos nas mesmas, non hai ainda borrador do baremo, mais o SERGAS xa adiantou que a súa posición é non dar puntuación adicional por figurar nesas listas. Veremos en qué queda a cousa na seguinte reunión.
 
 
+2 # Alex 03-05-10 09:22
Boas!En primeiro lugar dar os parabéns pola actualización da páxina.
Estiven a ler o novo borrador do pacto de contratacióne non vexo por ningures a creación de novas categorías.
Explícome:
Na OPE 2009 sairon por vez primeira 9 prazas de Enfermeiras Especialistas de Saúde Mental.E nas listas de contratación non se contempla esta categoría.A cuestión é ben simple senón existe esta categoría nas listas de contratación ......quen irá a sustituir a estas Especialistas cando estén de baixa?
Moitas grazas de antemán
 
 
+3 # CIG Saúde O Barco 03-05-10 11:10
tomamos nota do que nos dis e plantexámosllo á xente que está a negociar o pacto para que llo plantexen ó SERGAS na próxima reunión.
 
 
# laura 03-05-10 17:32
podenme sancionar se me estan a chamar coma se fose un poll, estando nas listas xerais e non collo o teléfono?
graciñas.
 
 
+2 # CIG Saúde O Barco 03-05-10 18:09
primeiro aclarar que cando se esgota a lista de pool, poden tirar da xeral, e se te negas a ir pódente sancionar, outra cousa é que non collas o teléfono e non te localicen e se non mandan telegrama en principio non deberías ser sancionada.
 
 
# Filipe 04-05-10 09:20
O primeiro de todo, parabens pola actualización da paxina!
A miña dúbida é relativa a negociación do novo pacto de contratacións, tralo remate da mesma, abriránse de novo ás listas de contratación? e de ser + a resposta, gostariame saber a vosa estimación do cando?

De novo, parabens e sorte neste nova andaina
 
 
# CIG Saúde O Barco 04-05-10 09:58
O SERGAS o que plantexa é abrir solo as listas que levan en vigor dende decembro do 2008, para o resto de categorias (enfermeria, TCAE, cociñeir@s etc) non contempla abrir esas listas ata a próxima OPE. Nas asembleas e reuniois que se fagan plantexaremos isto a ver que pensa o persoal, de abrirse unha nova convocatoria dubidamos que fose antes de setembro, pero isto sólo é unha especulación.
 
 
# uf 04-05-10 13:45
Nas contratacións quen ten prioridade a lista xeral ou a promoción interna, son os mesmos criterios para todo o SERGAS ou depende da área.
E unha última pregunta, as listas de forma extraordinaria, cándo se abren.
Un saudiño.
 
 
# CIG Saúde O Barco 04-05-10 14:34
os chamamentos producense ó 50% o primeiro vai a promoción interna e o segundo a libre, a partires de ahí, mírase cal foi o último chamdo, se foi promoción tócalle a libre e viceversa.

con respecto ás listas paralelas, ábrense en setembro marzo, xullo e outubro
 
 
# Sandra 05-05-10 10:09
Sabese por que número van chamando nas lista de auxiliar de enfermería na área de Santiago?? Grazas
 
 
# CIG Saúde O Barco 05-05-10 10:24
Non temos información dos chamamentos doutras áreas.
 
 
# ANA 05-05-10 12:14
Vanse abrir listados de contratacións para feas no novo pacto de contratacións?Moitas grazas.
 
 
+1 # CIG Saúde O Barco 05-05-10 12:19
No borrador que entregou a administración na pasada reunión non figura tal posibilidade. Como CIG-Saúde xa lles fixemos saber na mesa que non estabamos de acordo, que os listados de contratación debían de ser para todas as categorías, incluidos FEAS, e que este tema xa estaba acordado no Plano de Estabilidade do 2006. Esa foi a nosa alegación nese momento e continuaremos insistindo para que se teña en conta.
 
 
# manu 06-05-10 07:09
hola, enhoraboa pola páxina.
Gustariame saber que van facer, ca nota desta ope, nas categorias de tcae, due.. que abriron fai pouco e non pensan volver a abrilas hasta a seguinte ope? significa esto que non nos vale de nada tela aprobada?
muitas grazas pola vosa resposta.
 
 
# manu 06-05-10 07:12
canto tempo teñen para dar resposta os recursos que presentamos nas listas? grazas de novo.
 
 
# CIG Saúde O Barco 06-05-10 10:58
Aínda se están levando a cabo as negociaciaciois do novo pacto, a ver se nas próximas reuniois nos aclaran o que queren facer e chegamos a algún tipo de acordo, en todo caso, manterémosvos informados do que alí aconteza.
 
 
# CIG Saúde O Barco 06-05-10 11:00
a que recurso te refires, ó de alzada ou o de reposición?
 
 
# Sandra 06-05-10 11:12
Xa sei que non levades os chamamentos doutras áreas pero se algún usuario e das listas de auxiliar de enfermeria da área de Santiago e sabe por que número van, quedareille eternamente agradecida se o pon. Por moito que chamo non hai que colla o telefono, e cando o fan colgan sen contestar. Grazas e perodade a molestia.
 
 
# CIG Saúde O Barco 06-05-10 11:44
habilitamos como poderías ver na páxina un enlace para que a xente poda preguntar e comentar como van os chamamentos das distintas áreas.
 
 
# Maria Luz Feijoo Fernandez 06-05-10 14:24
Hola,quixera saber si o tempo traballado nunha fundación privada na que celadores e auxiliares figuramos como "auxiliares de servicios non cualificados" pode puntuar nas listas de contratacion,e canto puntuaría?
 
 
+1 # CIG Saúde O Barco 07-05-10 07:26
Como no baremo do pacto en vigor fala de "servizos prestados na categoría" e a denominación non coincide, é probable que non o puntuaran; mais sempre se podería reclamar alegando as funcións que se realizan, se son as mesmas.
En todo caso, isto sería polo pacto actual, haberá que ver como queda o baremo no pacto que se está a negociar.
 
 
# manu 06-05-10 15:47
referíame o recurso de alzada que fai un mes que se acabou o plazo para presentalo. grazas.
 
 
# CIG Saúde O Barco 07-05-10 07:23
O SERGAS ten un prazo de tres meses para respostar.
 
 
# amalita 07-05-10 12:59
Boas, hoxe chamaron a miña irmá para aux enfermeria da coruña pero chamarona as 14:15 horas, e estaba a 100 km, para incorporarse as 15 horas, dixolle a quen a chamou que non sabia se daba chegado as tres xa que vive lonxe e contestoulle que fora ainda que chegara as 4 h, Doulle un nº de telefono(imaxin o que do departamento para onde vai) para que se informase e aqui dixeronlle que se non estaba as 15h que non fora, foi igual por suposto pero se ten algun problema que ten que facer.gracias.
 
 
# amalita 10-05-10 12:52
Sigo co comentario anterior,miña irmán chegou as 15,15h ao CHUAC e estivo traballando venres, sabado e domingo de tarde, hoxe(luns) foi a firmar o contrato e dixeronlle que llo anularan porque como dixo que non sabia se daría chegado a hora, cando da delegacion lle dixeran que fora igual ainda que chegara tarde, que xa sabian que chamando as 14,15h para incorporarse as 15h do mesmo dia que era dificil ser puntual, pero que non puidera chamar antes porque lle pediran a xente daquela.Que ten que facer ahora,porque non é moi normal chamar 45 minutos anter de empezar o turno para incorporarse. gracias.
 
 
# CIG Saúde O Barco 11-05-10 12:06
pero aparte da túa irmá contrataron a alguén mais para cubrir ese posto?, é decir, houbo 2 persoas cubrindo un solo posto?.
Que a túa irmá se poña en contacto coa sección sindical de CIG-Saúde do CHUAC para que estes leven o caso á dirección provincial, de entrada o que pode facer é un escrito a atención do presidente da mesa de contratación de A Coruña, e tamén porque non a mesma carta ó presidente da mesa de contratación central, nela debe explicar todo o que lle aconteceu, con nome da persoa que sustituia dia e quenda, etc, tamén a hora en que a chamaron.

pero o dito, recomendámosche que te poñas en contacto coa CIG do CHUAC.
 
 
# beatriz 12-05-10 15:18
Hola buenas tardes.Como puedo ver los llamamientos de pontevedra ,con la nueva pagina nose como se ven.Gracias
 
 
# CIG Saúde O Barco 12-05-10 16:10
teis que ir á cabeceira do blog contratación - chamamentos vigo pontevedra, unha vez ahí preme no tou (o monequiño) e abriránseche
 
 
# milly 18-05-10 09:01
me gustaría saber una cosa: Desde que cesas ¿Cuanto tiempo tardas en volver a las listas?
 
 
# CIG Saúde O Barco 18-05-10 09:13
se non estás no periodo de paro forzoso, estás dispoñible a partires do da seguinte a cesar
 
 
# celata 69 19-05-10 14:31
o novo borrador de contratacion apesta....esperemos que no sea un refrito de los veteranos que suspendieron para no perder sus vacantes, en rpincipio me trae sin cuidado que estoy bien en las listas PERO LOS NUEVOS APROBADOS NO VAN A TRABAJAR NADA..... Y ESO ES INJUSTO.
de hecho voy a pasarme a psx suspendi pero para lo qeu lo van a valorar ...tengo tiempo trabajado
 
 
# Marisol 23-05-10 21:34
Hola amig@s, teño unha consulta:
Admitíronme nun curso que empeza o 1 de xullo, e non é compatible co traballo. ¿Podo pedir suspensión de chamamentos a partir desa data? o curso non é de sanidade pero interésame moito facelo.
saúdos
 
 
+1 # CIG Saúde O Barco 25-05-10 08:21
Non está contemplado no pacto ese suposto específicamente , pero poidera ser que che concedesen a suspensión de chamamentos se lle remites á Mesa provincial de contratacións un escrito no que expoñas a túa argumentación ao respecto.
 
 
# laura 24-05-10 19:38
e legal o que estan a facer en vigo? a xente que ten acumulos os estan cesando obrigatoriament e pa darlles bloques de vacacions. e a xente que estamos esperando a cumprir o paro biologico, temos que esperar a que recorran toda a listaxe e non collemos bloques de vacacions? non e xusto, que se pode facer?
 
 
# CIG Saúde O Barco 25-05-10 08:22
Esta é unha máis das políticas de "austeridade" do SERGAS. Legal é, polo que só queda mobilizarse.
 
 
# ro 26-05-10 10:24
en qué consiste as listas paralelas a para qué categorías sería?
 
 
# CIG Saúde O Barco 26-05-10 11:39
son listas que se abren 3 veces no ano para as categorias con déficit de persoal, médicos de familia, dipolomadas de enfermaria e cociñeiras.
Estas listas son subsidiarias das ordinarias, quere isto decir que ata agotar aquelas non se tiraría destas.
 
 
# Dana 26-05-10 16:38
Antes de nada saudos a tod@s e enhoraboa pola páxina (o que se chama un pouco de educación vaia).
A miña cuestion é a seguinte, deronme un acumulo de 4 meses no mesmo servicio (fabuloso) pero resulta que realmente non é un acumulo si non que é unha baixa por maternidade que vai durar mais. Terianme que dar a baixa en vez de acumulo? Terianme que renovar o acumulo ata que se incorpore? ou me poden rescindir o contrato cando se me acaben os catros meses?. E que a verdade non entendo nada do que estan a facer, si é legal ou non.
Graciñas.
 
 
# CIG Saúde O Barco 27-05-10 08:45
polo que nos contas volvemos os antigos métodos de fod... ó persoal.
Se o que cubres é unha baixa maternal, deberíanche facer o contrato como tal e non por acumulación de tarefas. posto que con este tipo de contrato non podes exercer o teu dereito de seguir nel ata a incorporación física da persoa que sustitues.
no momento de ser chamada para a acumulación estabas de primeira para este tipo de contratos, polo que tamén o estabas para a IT, e é posible que no momento en que se che remate o contrato xa non o estés, ou que te excedas en tempo para que che podan renovar o contrato, así mesmo ó non ter un contrato nominal, se a persoa a que deberías sustituir pedira vacaciois ou unha excedencia ó rematar a baixa, tampouco che correspondería por non ter contrato nominal.
 
 
# Lucía 27-05-10 11:07
Eu tamén estou nun caso así. Resulta que me deron un acúmulo para o mesmo sitio do día 12 ata final deste mes. Pero resulta que realmente estou por unha persoa que está de baixa e o que me mandan é firmar mes a mes. O máximo de acúmulo que podes facer son 6 meses, non é así?(ademais de que non podes facer outro de 6 meses ata despois dun ano, é asi?) Se a baixa dura máis diso(cousa que é posible),supoño que a min mándanme fóra igual e contratarían a outra?
Menuda merda, con perdón, pero que mal están as cousas. Antes daban baixas e agora fan estos chanchullos tontos que non entendo a razón!!! No servicio que estou hai unha rapaza que está nunha baixa dende fai moito, non sei por qué a algunhas persoas lle dan baixa e con outras fan estas cousas!
 
 
+1 # perlasone 28-05-10 00:08
hola deixovos un escrito que fixo unha compañeira para solicitar que modifiquen o borrador do novo pacto de contratación...que den puntuación adicional a xente que aprobamos a ope, senón un que non aproba pero ten moito tempo traballado pasache por diante.
podíades publicalo?
www.fernocas.com/noticias/20100525120150.pdf

saudos
 
 
# Cristina 28-05-10 23:40
Sábese algo de se van puntuar o tempo traballado na empresa privada na mesma categoría, cando aproben o novo pacto? Graciñas.
 
 
# CIG Saúde O Barco 31-05-10 08:01
Polo momento esa parte do pacto inda non está enriba da mesa. Será na próxima reunión cando se vexa.
 
 
# merryn 31-05-10 13:42
Ola,
A semana pasada deronme o bloque de verán.Escollín un de dous meses.E hoxe chamanme desde dirección provincial para dicirme que se anula o primeiro bloque(16 xullo ó 15 agosto) que a orde ven de primaria e que non ten solución.Tamén me chaman de primaria coa mesma noticia.
A miñas dúbidas son:
-Teño dereiro a reclamar?e se é si a resposta como?(considero que todo isto é un erro deles que estou pagando eu)
-En caso de que as cousas quedasen como están.Ata o día 16 de agosto(2ºbloque )que contratos poderían ofrecerme,baixa s???(eles din que o que me queda e esperar a que surxa algo en verán pero non sei se creermo.)
Tamén dixeron que se eso mande un fax a primaria pero non sei se serviria de algo.
Grazas de antemano.Levo pouco no sergas e esto pilloume hoxe por sorpresa.
 
 
# CIG Saúde O Barco 01-06-10 07:41
Podes reclamar, pero pensamos que non vas ter moito que facer se a anulación das vacacións foi porque o/a traballador/a as anulou. En todo caso o que podes pedir na reclamación é que che permuten o teu bloque por outro mellor, ao estar mellor situada na lista.
 
 
# isabel 31-05-10 17:13
MERRYN:
Podrias decirme en que area estas anotada ,categoria y en que numero ?
Yo estoy esperando , soy del area de pontevedra norte , auxi, y estoy en el 230.
No se que pensar.Si estarán haciendo muy bien las cosas...
Graciñas de antemano
 
 
# merryn 01-06-10 09:23
isabel, son de outra categoría(psx) asique non te podo axudar.O que podes facer e chamar á dirección provincial en vigo e que te poñan con chamamentos (xa te preguntan a categoría que queres)e preguntar por que número están dando os bloques de vacacións.Sorte que a cousa está bastante maliña.
 
 
# merryn 01-06-10 10:35
Citando CIG Saúde O Barco :
Podes reclamar, pero pensamos que non vas ter moito que facer se a anulación das vacacións foi porque o/a traballador/a as anulou. En todo caso o que podes pedir na reclamación é que che permuten o teu bloque por outro mellor, ao estar mellor situada na lista.

Primeiro grazas pola resposta.
A anulación foi por traslado da traballadora a outro posto.
A petición de permuta ante que órgano tería que presentala?
 
 
# CIG Saúde O Barco 02-06-10 07:46
Tanto a reclamación como a solicitude debes dirixila á mesa provincial de contratacións correspondente.
 
 
# Martin 03-06-10 06:30
Bos días, só quería poñer isto aquí para que a xente o saiba.
Tiven que asinar a miña primeira prórroga de contrato de acumulo para conseguires saber onde estaba a famosa lei dos 6 meses de acumulo en 12 meses, cando firmei este contrato deime conta de que facía referencia a esta norma. Aquí vola deixa queridos compañeir@s:
Citar:
LEI 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do
empregado público. («BOE» 89, do 13-4-2007.)
Título II
Artigo 10. Funcionarios interinos:
1. Son funcionarios interinos os que, por razóns
expresamente xustificadas de necesidade e urxencia, son
nomeados como tales para o desempeño de funcións
propias de funcionarios de carreira, cando se dea algunha
das seguintes circunstancias:
a) A existencia de prazas vacantes cando non sexa
posible a súa cobertura por funcionarios de carreira.
b) A substitución transitoria dos titulares.
c) A execución de programas de carácter temporal.
d) O exceso ou acumulación de tarefas por prazo
máximo de seis meses, dentro dun período de doce
meses.


Eu agora o que digo é: enton cando asinamos un día de acúmulo ou 15 días esporádicos, sen seres un acúmulo destes de 6 meses renovables mes a mes, ¿por que non se fai referencia a mesma norma? ¿Non será que non están interpretando correctamente a lei?

Xa mi dixerades fai tempo que tendes un caso nos tribunais, pero bueno deixo isto aquí como reflexión.

Moitas grazas novamente pola vosa labor nesta web.
 
 
# CIG Saúde O Barco 03-06-10 09:09
Graciñas, Marin pola túa reflexión. Seguimos intentando que un xulgado decida se é ou non legal limitar a duración dos contratos de acumulación de xornada.
 
 
# laura 05-06-10 17:23
estou no paro bioloxico, esperando que se agote a lista para que me chamen. ¿é certo como din en santiago que chaman antes a xente das automáticas e a xente que renunciou a un contrato?? se e así, que inxusto. primeiro, cesan a xente dos acúmulos pa darlle outros mais largos, polo que retrocedemos nos, e agora isto, de verdade que non o entendo. gracinas, afiliada.
 
 
# CIG Saúde O Barco 07-06-10 08:46
en principio é así, sempre e cando quen renunciara o fixera por primeira vez, ninguén pode ser cesado para ofertarlle outro contrato por acumulo, somente para contratos de longa duración se contempla este caso.
 
 
# laura 07-06-10 21:07
pois en vigo estan a facelo. cesaron a xente dos acumulos que estaban a cubrir, e deronlles bloques de vacacions ata setembro.
 
 
# LUCIA 08-06-10 08:46
Quería saber no pacto de contratacións se avisando a Delegación dunha suspensión de chamamentos por uns días, por motivos de viaxe para asistir a unha entrega de Despachos da Guardia Civil, se estaría xustificado e se non é motivo de sanción, no caso de avisar con antelación.
 
 
# CIG Saúde O Barco 09-06-10 14:20
que nos saibamos non se contempla por ese motivo unha suspensión de chamamentos, polo que emtendemos sí sería obxeto de sanción. Outra cousa é que non te localicen eses dias por non ter o mobil operativo, entón non poderían sancionarte, sempre e cando non cho comuniquen por telegrama e haxa alguén que o recolla
 
 
# perlasone 11-06-10 13:56
podedes preguntar si abren novas listas este ano? categorias como TER, TEL, TEAP, CELADORES, PINCHES...levamos sen listas dende mayo de 2007 e xa sei que esas listas tardaron casi 18 meses en ser operativas, pero vamos moitos novos titulados de 2008 destas categorias estamos sen poder inscribirnos e sin ter oportunidade de traballar e mentras postos ocupados por interinos coa OPE suspensa!!!!!!! ! isto é o Sergas
outra cousa lin por ahi que parece ser que esta ope pasado non puntua para as novas listas xa que o novo pacto é para opes posteriores...como pode se isto por deus!!!!!!! qeu publicaran que no ía puntuar é asi non se presentarían mais de 10 mil persoas como ocurriu en algunhas categorías
por favor non permitades que se faga isto, os que estamos agardando polas listas porque nos poñan os puntos da OPE, nos sumen o cursos que tempo e cartos nos custan, estamos verdadeiramente frustados

moitas grazas e noraboa pola vosa paxina, con información de primeira e de rigor.
saúdos
 
 
+1 # CIG Saúde O Barco 14-06-10 11:14
unha vez que o SERGAS teña xa operativa a plataforma dixital, queren abrir as listas para tódalas categorias, iso sería probablemente no primeiro semestre do ano que ven,
 
 
# pepi 14-06-10 15:10
Hola, quería preguntarvos que vou substituir a unha enfermeria nun centro de saúde que é apd, fai gardas en pac e no centro de saúde traballa ata as 12.30h. Cal sería a miña xornada laboral? a mesma? teño que facer esas gardas e teño que estar ata as 15h ou podo irme as 12.30?
 
 
# CIG Saúde O Barco 15-06-10 08:49
Depende do contrato que che fixeran. Se é un contrato de substitución nominal, en principio terías que facer o mesmo horario que a persoa substituida. Pero se che fixeron contrato de reforzo ou acumulación polo novo modelo (que é o que adoitan facer) terías horario de 8 a 15 e farías as gardas que che corresponderan (as que lle tocaran á persoa substituida). En caso de dúbida, ponte en contacto con CIG-Saúde da túa área.
 
 
# perlasone 15-06-10 12:10
moitas grazas pola pronta resposta sobre a apertura das listas de contratación..pareceme correcto que abran para todas as categorías...asi xa non hai distincións...se supón que puntuarían esta ope de 2008-2009 non é? xa que según teño entendido sempre se ten en conta a OPE anterior...
moitas grazas pola paxina e polo voso inmellorable traballo.
saudos cig o barco...
 
 
# CIG Saúde O Barco 15-06-10 12:32
A intención do SERGAS é convocar listas para todas as categorías en canto estea publicado o novo pacto e preparada a plataforma informática que contempla. Esas novas listas puntuarían a OPE 2009.
 
 
# Pilar celadora 16-06-10 11:46
Vais aceptar que la gue la gente que haya suspendido la OPE tenga los puntos del examen? Gracias
 
 
# CIG Saúde O Barco 16-06-10 12:20
esa foi a nosa proposta inicial, emanada das asembleas de afiliad@s e traballador@s
 
 
# paciente 16-06-10 13:14
Hola.
o tempo traballado nas privadas, conta para o baremo nos traslados?. E por outra banda, por qué o Centro Oncolóxico de Galiza que absorve toda a Oncoloxía de Ferrol e Lugo, está concertado co sergas, e recibe inxeccións de cartos públicos, non se ten en conta á hora de computar en OPES, traslados e carreira profesional?. E por último, anque sei que isto poderían ser os de Lugo os que respostasen, a xente da diputación que se integra agora no sergas, én calidade de qué o fai? os temporais pasan a ser fixos? cubrirán prazas de ope?.
Moitas grazas polo voso servizo.
 
 
# CIG Saúde O Barco 17-06-10 07:58
polo que podemos ver no borrador de traslados, o tempo na privada non computa para estes.
Con respecto ó resto de preguntas que fas, non temos suficientes datos para contestalas.
 
 
# Maria 16-06-10 17:55
Ola to tod@s

En primeiro lugar os meus parabens pola web.
A miña pregunta e a seguinte, eu son Due en listas especiais, se me ofrecen algun contrato q non sexa destas listas estou obrigada a aceptalo?? Se o rechazo conlevaría sanción??

De anteman grazas pola vosa atención e polo voso traballo
 
 
# CIG Saúde O Barco 17-06-10 07:41
estás obrigada a aceptar tódolos contratos que che oferten (excepto os de xornada reducida), de rexeitalo levaria penalización.
 
 
# MARIA COSTA 21-06-10 09:50
EU QUERO FACER UN COMENTARIO SOBRE AS INTIRENIDADES, NON ESTOU DE ACORDO EN QUE UNHA PERSOA ACADE UNHA INTIRENIDADE UN ANO E LOGO SE CAMBIE DE AREA, SUSPENDA OS EXAMES, QUEDE NAS LISTAS NO QUINTO INFERNO , E SIGA AHÍ MENTRES QUE OS QUE APROBAMOS EXAMES E ESTAMOS MOITO POR RIBA DELES TEÑAMOS QUE ANDAS UN DIA AQUI E OUTRO ALÓ,.PARA MIN SERIA MAIS XUSTO TER QUE REVISAR ESTAS INTIRENIDADES CADA VEZ QUE EMPEZASE A FUNICIONAR AS LISTAS NOVAS, ESTA VEZ TUVECHE SORTE DE ESTAR MAIS ARRIBA POIS MAIS PROBABILIDADES DE ESTAR INTERINO AUNQUE SEVA 1 OU 2 ANOS , E OS QUE NON QUE VAIAN FACER SUSTITUCIONS OU INCLUSO QUE SE VAIAN PARA A SUA AREA, XA QUE AI CASOS NA MIÑA LISTA QUE ESTAN ANOTADOS EN OUTRAS AREAS PERO SIGUEN AQUI , A MIN PARECEME QUE SE ESTAN A RIR DE TODOS NOS . TODOS TEMOS DEREITO A QUE ALGUNHA VEZ TER OPORTUNIDADE DURANTE CERTO TEMPO E NAS SIGUENTE XA SE VERIA SEGUN PUNTUACION
 
 
# CIG Saúde O Barco 21-06-10 11:15
pregamos non utilicedes as maiusculas mais que para remarcar algo do texto
 
 
# vero 21-06-10 23:45
Saberíadesme dicir a q teléfono, fax ou dirección tería q dirixir a miña solicitude d "baixa" temporal nas listas d contratación d celador? moitas gracias polo voso traballo.
 
 
# CIG Saúde O Barco 22-06-10 08:35
con dar entrada en calquera departamento de persoal do hopital mais cercano ou xerencia de primaria, esa baixa xa cha envian eles, dependendo da provincia que sexa, senon os teléfonos que temos nós son os seguintes.
DIRECCIÓN PROVINCIAL A CORUÑA (áreas de A Coruña, Ferrol, Santiago):
Teléfono: 981 15 56 00

DIRECCIÓN PROVINCIAL PONTEVEDRA (áreas de Pontevedra Sur, Pontevedra Norte e O Salnés):
Teléfono: 986 81 41 18

DIRECCIÓN PROVINCIAL LUGO (áreas de Monforte, Lugo e Burela):
Teléfono: 982 29 69 30

DIRECCIÓN PROVINCIAL OURENSE (áreas de Ourense e O Barco):
Teléfono: 988 38 53 49 (O Barco)
988 38 59 39 (Ourense)
 
 
# ringostar 22-06-10 11:01
Buenos días, me gustaria saber sobre el nuevo pacto,donde dice que se aplicara la nota de la ope. A que se refiere a la suma total incluido el de gallego o solo a los exámenes que eran eliminatorios. Un saludo.
 
 
# CIG Saúde O Barco 22-06-10 11:28
como sabrás, aínda se están levando as negociaciois, polo que non podemos respostarche cunha certeza do 100% pero entendemos que non inclue o galego.
 
 
# laura 23-06-10 10:53
estou no paro bioloxico, no ñº douscentos e nas listaxes xerais. sei que a xente que está nas listaxes especiais, non lle respetan dito paro, pero a miña pregunta ,e: ¿podenllo cortar, para darlle un contrato fora da sua listaxe (quirófano) pa darllo noutro servizo antes que a min, que estou mais alta na lista? gracias, afiliada.
 
 
+1 # CIG Saúde O Barco 23-06-10 12:17
A xente que está en listados especiais e cumpre o ano de traballo ten que pasar os tres meses de descanso e non poden ser chamadas para ningún contrato (exceptuando longa duración se lles corresponde, claro). Só se pode acurtar o tempo de descanso, tanto para a lista xeral como para as listas especiais, se hai indisponibilida de, é dicir, se non hai xente dispoñible na lista. Se coñeces algún caso como comentas en que estando no descanso chaman a alguén habendo xente na lista debes poñelo en coñecemento da sección sindical CIG para proceder a denuncialo.
 
 
# laura 23-06-10 15:49
E na direcc. provincial (de vigo), xa me dixeron varias veces que a xente dos listados especiales, non se lles respeta o paro obligatorio...., e claro, chamanos pa calquera outro servicio, e acaban traballando mais ca nos... graciñas por todo.
 
 
# CIG Saúde O Barco 24-06-10 07:34
Ponte en contacto coa sección sindical de CIG-Saúde de Vigo para que pasen a aclarar o tema.
 
 
+1 # aca 28-06-10 14:10
Hola! dixeronme que hay unha lista de contratacion actualizada, pois borraron a xente que renunciou,de tecnicos de farmacia, onde a podo ver. na paxina de sergas non a vexo. gracias
 
 
# CIG Saúde O Barco 29-06-10 08:36
Non sabemos a qué te refires, as listas definitivas que se publicaron no seu momento non se modificaron que nós saibamos.
 
 
# Natalia 28-06-10 19:50
ola! parabens pola nova paxina.Queria saber se as listas de tecnico especialista en documentacion sanitaria se moven, xa que estou pensando en facer ese ciclo moitas grazas de anteman
 
 
# CIG Saúde O Barco 29-06-10 08:38
Tendo en conta que hai poucas prazas e coa política de "austeridade" (ou sexa, de non contratacións) do SERGAS, non é que se movan moito, mais tampouco hai moita xente nesas listas.
 
 
# aca 29-06-10 13:02
Hola! a min dixeronme que habia unha nova lista porque habia xente que renunciara. eu mirei na paxina do sergas e hai listas definitivas de admitidos do 14-5-10 de lugo e monforte. gracias
 
 
# CIG Saúde O Barco 02-07-10 07:36
Parece ser que por algunha resolución da Dirección Provincial de Lugo si que se renovaron esas listas. Non saberíamos dicirche o porqué. Diríxete ás compañeiras de CIG-Saúde Lugo ou Monforte.
 
 
# mariairam 03-07-10 14:10
Hola necesito saber varias cousas, cales son os motivos polos que se poden pedir suspension de chamamentos? por matrimonio podese? e se estou cun contrato poden darme os 15 dias por matrimonio ou danme o tempo proporcional o tempo de contrato que leve? Moitas gracias
 
 
# CIG Saúde O Barco 05-07-10 08:34
podes pedir suspensión de chamamentos por coidado a maiores, a menores ou a discapacitados.
tamén por matrimonio durante 15 dias.

se estás nun contrato depende o tempo que leves nel para darche os 15 dias, o acordo de concertación marca que se coñecias a data da boda no momento de aceptar o contrato, non teis dereito ós dias, na práctica están tendo problemas para disfrutar este permiso (ou non llo están concedendo directamente) ó persoal qe cubre vacaciois e acumulaciois de tarefas).
 
 
# monica30 07-07-10 14:02
Estou pendente da resolución dun recurso de alzada por non estar de acordo coa puntuación de tempo traballado das listas de contratación DUE,presenteino o 5 de Abril e xa pasaron 3 meses. Escoitei que se non recibes contestación no plazo de 3 meses , considérase desestimado por silencio administrativo e que só me queda a via xudicial. É certo isto? vos sabedes algo de se queda por resolver algún recurso na categoría de DUE?Gracias
 
 
# CIG Saúde O Barco 09-07-10 07:47
si, efectivamente ao cabo dos tres meses considérase desestimado se non hai resposta; mais o SERGAS conta os 3 meses desde o último día de prazo para interpoñer o recurso, non desde a data que ti o rexistraches. Polo tanto, para o SERGAS os 3 meses inda rematan agora en xullo. Comentaron que nas categorías grandes, Aux, DUE etc... inda lles quedaba bastante sen revisar, polo que ata setembro seguramente non poderán actualizar as listas despois das resolucións dos recursos.
En todo caso, e posto que para a vía xudicial tamén tés un prazo, ponte en contacto coa sección sindical CIG-Saúde do teu centro para que cho miren.
 
 
# sanxscelador 12-07-10 16:10
ola boas tardes en primeiro lugar quero felicitarvos pola paxina e fercervos unhas preguntas ¿sobre o novo pacto de contratacions cando saberemos algo? ,¿estades"apretandolle" o sergas para que agilicen?¿tendo en conta os resultados que van saindo na vosa "enquisa" sobre si ay que puntuar mais os aprobados na OPE que aos suspensos que faredes vos o respecto pediredes o sergas que asi o faga? espero poidades respostarme as miñas dudas grazas
 
 
# CIG Saúde O Barco 13-07-10 08:17
O novo pacto de contratacións está en negociación, quedando pendente que o SERGAS entregue a parte final do documento de debate, que é a que contén os baremos. A reunión sobre esta parte e sobre as alegacións das partes anteriores será despois do verán. En canto estea rematada a negociación e se chegue a un acordo (ou non) o pacto será publicado e estará vixente.
Con respecto á enquisa, xa temos explicado en diversas ocasións como funcionamos en CIG-Saúde: recollemos as opinións da afiliación nas reunións da afiliación, e d@s traballador@s nas asembleas e cada comarca trasládaas ao grupo de traballo nacional que se reune ao efecto. A posición maioritaria é a que se adopta. A enquisa é unha forma máis de recoller as vosas opinións, pero, como saberás non é en absoluto fiable.
 
 
# rebe 13-07-10 10:47
Hola compañeiros, queria saber se as listas de contratacion do 061 son compatibles con algunha das listas especiais do sergas, con cal? Graciñas de antemán.
 
 
# CIG Saúde O Barco 13-07-10 11:32
son incompatibles co resto de listas especiais
 
 
# rebe 13-07-10 12:09
É dicir, se alguén estaba anotado nas listas de primaria, poll ou calquera de especializada, saería destas listas para estar soamente na do 061 e xeral? entendín ben, non?
 
 
# CIG Saúde O Barco 13-07-10 12:32
entendiches ben, se te apuntaches nas do 061 e estabas nalgunha outra, quedaches excluida desta última e estás só nas do 061 e na xeral.
 
 
# rebe 13-07-10 12:53
Moitas gracias pola pronta contestacion. Un saudo.
 
 
# pepi 13-07-10 14:19
Hola, queria preguntaros si hay alguna fórmula para calcular las horas por ajuste de jornada, ya que al hacer contratos nos liquidan cada dos por tres y en las nóminas me están descontando bte dinero por este motivo y quería comprobarlo. MUCHAS GRACIAS POR VUESTRA RESPUESTA.
 
 
+1 # CIG Saúde O Barco 14-07-10 08:36
Todas as fórmulas existentes para calcular a xornada atópanse no Acordo de Concertación Social, que podes atopar aqui: www.cig-saude.org/Barrnav/acordos/AcordoCSocial2001.pdf
A liquidación faise seguindo estas fórmulas, dependendo da duración do contrato.
De teres calquera dúbida ponte en contacto coa sección sindical CIG-Saúde do teu centro.
 
 
# Martin 14-07-10 02:57
Boas noites, teño unha pequena dúbida:
¿Nos contratos iguais ou inferiores os 31 días como se fai a liquidación de exceso ou defecto de xornada? No acordo de concertación social do 2001 dí que a liquidación será por hora, sen embargo onde traballo dín que se non fas por exceso ou defecto 7h (1 días) nin che pagan nin che descontan....
Moitas grazas.
 
 
+1 # CIG Saúde O Barco 14-07-10 08:42
Do ACS despréndese que a liquidación debe facerse por horas, polo que, se no teu centro non o están a facer así, ponte en contacto coa sección sindical CIG-Saúde para que o miren.
 
 
# Martin 14-07-10 22:03
Grazas pola pronta contestación.
Agora teño outra dúbida, eu teño un contrato de tipo Acúmulo de Tarefas, cun periodo máximo de 6 meses, pero asinando de mes en mes. Eu asinei o 2 de maio un contrato normal que pon que a duración é do 2 o 31 de maio e o 1 de xuño asinei unha pórroga do mesmo, por 30 días máis e o 1 de xullo outra nova pórroga, en tódalas prórrogas pon o seguinte:

Citar:
Prorroga de nomeamento de persoal sanitario non facultativo eventual fora de cadro de persoal.
O abeiro do artigo 14 do Estatuto de perosal Sanitario non Facultativo Da SS e na Orde da Consellería de Sanidade .... do 1 de xullo de 1997, modificada pola Orde do 22 de marzo de 2000,.......... acórdase prorroga-lo nomeamento suscrito o día 02-05-2010 con...... para realiza-la función por un periodo de 30 días a contar dende o día 01-06-10 ata o día 30-06-10

A pregunta é a seguinte: estes contratos considéranse en sá, un mesmo contrato (polo tanto tería dereito por exemplo o me día de libre disposición por cada 40 días ininterrumpidos de traballo, vacacións....) ou aínda que sexan prórrogas dun mesmo contrato inicial considéranse contratos distintos?

Novamente moitas grazas, e xa vos comunicaréi como queda o tema da liquidación da xornada.
 
 
# CIG Saúde O Barco 15-07-10 07:55
Con independencia de se son un ou varios contratos, se son continuados, ou sexa, se están encadeados, tés dereito aos días de libre disposición e vacacións que xeres, sempre que non chos liquiden ao finalizar cada contrato, polo que deberías poñerte en contacto coa túa supervisora ou xefe correspondente para comentarlle que queres disfrutalos. De teres algún problema ponte en contacto con CIG-Saúde do teu centro.
 
 
# vero 15-07-10 10:41
hola!, cantas baixas para chamentos se poden solicitar sen ningún tipo de penalización? outra duda un punto subxetiva: se nas listas q se están utilizando agora para os chamentos estás nun posto mellor situado ca nas q ainda non funcionan,dousc entos postos de diferencia,cred es q vale a pena deixar un posto na privada? grazas. celadora
 
 
# CIG Saúde O Barco 15-07-10 11:09
se as baixas están xustificadas non hai límite, outra cousa é que se xustifiquen por motivos de ter outro contrato, o que significaría que non poderías darte de alta nos chamamentos ata que o teu outro traballo cho permita e polo tanto poidera ser que á segunda renuncia pode haber sanción, depederá da mesa provincial que xestione os chamamentos.
Sobre o de deixar ou non o posto da privada, iso debes decidilo ti exclusivamente, nós ahí non entramos nin saimos, posto que é unha decisión moi persoal na que hai que ter en conta moitísimas variables que na maior parte dos casos sólo ti coñeces.
 
 
# nina 19-07-10 15:07
Hola,eu quero anotarme las listas de saude mental pero resulta que pidenme 3 meses de experiencia,can do me chaman para darme contratos sempre pregunto se teñen algun para saude mental e me din que non me poden dar nada por non estar anotada a non ser que se agoten as listas.¿Como podo facer para ter a experiencia? no caso de anotarme nas listas ¿teño que esperar que se abran outra vez? ¿cando volven a abrir?.Grazas.
 
 
# CIG Saúde O Barco 20-07-10 08:33
Se nestes momentos non estás anotada nesas listas tés que agardar a que se volvan convocar, cousa que non pasará antes do primeiro trimestre do ano que ven. Para coller experiencia hai que traballar en saúde mental, se non estás na lista o único xeito é que se esgote e chamen pola lista xeral.
 
 
# aca 20-07-10 11:11
Estou anotada ás listas de contratación, se me chaman para ir traballar e nese momento non podo atender a chamada.O sergas avisame de que me chamou e podo xustificar por qué non collin o telefono ou sancionanme directamente. gracias
 
 
# CIG Saúde O Barco 20-07-10 11:22
se non colles a chamada e se o tempo o permite deben comunicarcho telegraficament e, antes de proceder a sancionarte.
 
 
# aca 20-07-10 11:26
É dicir,non poden sancionrme sen antes avisrme de que me chamaron. Porque eu estaba traballando e teño unha chamada que creo que deles, pero non teño porque saber que foron eles. gracias
 
 
# CIG Saúde O Barco 20-07-10 11:52
nós xa vimos cousas raras nos chamamentos, como unha persoa que a chamaron ás 10 da mañá e ela chamou ás 12 posto que staba de viaxe e tiña o mobil apagado, pretenderon sancionala, pero ó final non o fixeron, pero tivemos que darlles un toque, o que sí que deberías facer é chamalos e preguntarlle o motivo da chamada, alegando que non tiñas o mobil contigo.
 
 
# aca 20-07-10 12:38
Fareino. Moitas gracias
 
 
# uf 21-07-10 10:41
Tendo praza de TCAE en primaria e sendo DUE podería facer promoción interna a hospitalaria cando se agotaran as listas ou non houbera ninguén dispoñible?. Ó ser primaria xerencia única para toda a provincia de Ourense, tería que apuntarme nas listas só en primaria ou podería apuntar tamén en hospitalaria?.
Grazas por toda a información.
 
 
# CIG Saúde O Barco 21-07-10 11:47
A promoción interna en principio é por centro, a menos que nos últimos tempos non houbera oferta no centro, caso no que se faría a oferta por área. Ao estar en primaria, entendemos que se te incorporas nas listas de promoción interna estarías dispoñible para contratos de toda primaria, tanto ordinaria como PAC da área, ou sexa, da provincia.
 
 
# ro 21-07-10 18:44
hola! buenas tardes.
Me voy a apuntar a unas opos en castilla y león y estoy en las listas de contratación del sergas. Si me apunto en las de castilla cuando salgan, ¿me quitan de las del sergas o puedo estar en las 2?
muchas gracias
 
 
# CIG Saúde O Barco 22-07-10 08:14
Non é incompatible estar en dúas listas á vez. O que non é posible é obter a praza da mesma categoría en dúas administracións sanitarias distintas.
 
 
# M.E.Rodríguez 27-07-10 08:41
Hola,gustaríame me informarades do tema do descanso obligatorio.Onte pola tarde,infórmanm e que ceso da baixa que estaba cubrindo porque se incrpora a titular (pasado mañan colle as vacacións...)e chamo hoxe a contratos de auxiliares de enfermería e dinme que teño que ir o descanso .O tema é que estuven no paro no mes de marzo,12 días,e anteriormente contratabanme por días soltos,a razón de 18-23 días o mes.A miña dúbida é : Si non me contratan continuamente durante un ano ,porque "descanso" dias soltos durante o mes ¿teño que ir tamen o descanso ese ?
 
 
# CIG Saúde O Barco 27-07-10 09:14
O Pacto de contrataciois marca que toda aquela persoa que teña un ano traballado nos últimos 3 como máximo, pase ó "descanso obrigatorio" 3 meses, non importa o tempo que estes no paro durante o mes. Sólo que teñas acumulado un ano de traballo no SERGAS nos últimos 3 anos.
 
 
# pepi 27-07-10 09:12
Hola, em primeiro lugar felicitarvos pola vosa labor, estou traballando en primaria e na nómina descóntanme 40 duros por axuste extra-soldo 2, iso é polo axuste de xornada?, outra cosa
 
 
# CIG Saúde O Barco 27-07-10 09:45
para consultar calquer tema sobre os descontos que vos fan nas vosas nóminas, debedes dirxirvos ó servizo de persoal do voso centro de traballo ou xerencia, nós sen vela poderiamosvos dar información equivocada, pero dubidamos que sexa como ti dis polo axuste de xornada posto que en todo caso deberan axustar ó final do ano, mais ben parece que é polo recorte de soldo que este mes vaise facer mais palpable, consúltao co servizo de persoal do teu centro
 
 
# pepi 27-07-10 09:13
Sabedes algo dos cursoso qde formacion do 061?? cando serán?? moitas gracias.
 
 
# CIG Saúde O Barco 27-07-10 09:49
de momento non temos noticias, intentaremos enterarnos e respostarémosch e aquí mesmo
 
 
# rebe 27-07-10 12:56
Hola compañeiros, queria facervos unha pregunta en relacion ao comentario de M.E.Rodríguez. Vou poñer un exemplo, se tes que comezar o paro bioloxico a 1 de decembro, rematarias a 28 de fevereiro. Pero se no medio chamante para traballar porque se esgotou a lista e estas a traballar ata 1 de marzo, poden obrigarte a continuar o paro biolóxico que te falta por cumprir ou a data de fin como era o 28 de fev xa conta como feito. É que coñezo a xente que me din que unha vez comezado o paro biolóxico a fecha de fin é fixa, pero outra xente a obrigaron a rematar cumprindo así 3 meses exactos. ¿Cómo é? Graciñas de antemán.
 
 
# CIG Saúde O Barco 28-07-10 09:26
Se estás no paro obrigatorio e te chaman para un contrato porque se esgotan as listas, o tempo de paro sigue correndo, é dicir, a data final segue a ser a mesma.
 
 
# Silvalina 28-07-10 07:10
Hola eu mais que unha pregunta o que quero deixar é a miña opinión sobre o "novo pacto de contratacións".
Non é que este en desacordo co novo pacto, simplemente penso que deberíase de haber informado antes da ope que esta vez ibanse a coller as notas dos exames e non o feito de aprovar ou non os mesmos, ademais non me parece xusto que non se teña en conta o paro a hora de puntuar.Ademais no caso dos PSX estamos "discriminados" no sentido de que nós facemos exame por exame é non todo xunto como como fan noutras categorias que fan varios xuntos e ainda que non aproves un si aprovas o outro teñencha en conta, a nota digo..Non sei se estar ven escrito porque non vexo o que estou escribindo xa que teño os videos por diante do texto é e estou escribindo a cegas asique p perdoade se hai faltas.E que quede claro que nos estou contra o pacto senón de que deberían de habelo dito antes de facer a OPE.
Saudos.
 
 
# pepi 28-07-10 09:18
Hola, queria facervos outra pregunta e que esiven nun contrato no chop e solicitei un ld que me correspondia é o ver a nómina resulta que por axuste de xornada dedscóntanme uns cartos, entón o ld é relativo, porque se non fas aas horas é como se non o disfrutaras... isto é lóxico?? gracias
 
 
# CIG Saúde O Barco 28-07-10 09:29
efectivamente, o ld é relativo, porque depende de se se cumpre ou non a xornada; como persoal do SERGAS debemos cumprir unha xornada anual, de xeito que se fás menos da que che correspondería quedas a deber horas ou días ao centro; e se fás xornada de máis é o centro quen che debe horas ou días. O caso é que ao final tés que facer as horas que che corresponden, independentemen te de que collas ou non collas ld.
 
 
# rebe 28-07-10 11:51
Graciñas pola pronta contestacion.
 
 
# Yeni 31-07-10 12:29
Se non teño entendido mal,o venres dia 30,tiña que sair as listas de contratacións de TCAE despois dos recursos de alzada,sabedes se saíron?,e se non é así ,para cando saíran?graciñas
 
 
# CIG Saúde O Barco 02-08-10 07:55
Ao que parece, publicaron os listados de TCAE, mais non os de DUE. Podes velos na páxina do SERGAs.
 
 
# Yeni 03-08-10 00:10
Pois estou por dicir que a lista de TCAE ,despois dos recursos de alzada é exactamente igual que a anterior,unha tomadura de pelo mais.
 
 
# elpitu 06-08-10 12:03
un saudo a todos
se traballas cun contrato a tempo parcial para o sergas e ó mesmo tempo noutro contrato nun privado ou noutra institución púlica, ¿como puntua o sergas? ¿cada contrato por separado como se non se solapasen no tempo ou só puntúan o contrato no sergas?
 
 
# CIG Saúde O Barco 09-08-10 07:56
Non sabemos a qué proceso te refires (OPE, traslados, contratacións..), máis cando os tempos de contrato son solapados, polo xeral puntúase só o contrato SERGAS.
 
 
# elpitu 09-08-10 08:26
Citando CIG Saúde O Barco :
Non sabemos a qué proceso te refires (OPE, traslados, contratacións..), máis cando os tempos de contrato son solapados, polo xeral puntúase só o contrato SERGAS.

Refírome a poutuación nas listaxes de contratación. Sei de xente que doblou sergas+privado e lle puntuaron tanto polo sergas como polo tempo traballado no privado.
 
 
# elpitu 09-08-10 08:27
Cando dis "polo xeral", a que casos te estás a referir?
 
 
# CIG Saúde O Barco 09-08-10 09:00
Cando dicimos polo xeral, significa que é o que se fai como normal xeral. en concreto no tema dos contratos a tempo parcial é posible que haxa algunha excepción, que neste momento non podemos asegurarche.
 
 
# fisioponte 10-08-10 18:02
Ola!! Moitas gracias polo voso traballo. Quería saber a razón pola que o Sergas non deixa apuntarse nas listas de substitución de dúas ou máis áreas diferentes? Por exemplo en Educación permiten que te movas por toda a comunidade se así o desexas. Pregúntoo porque pese a ter unha boa puntuación na OPE xente con menor baremo traballa moito máis dependendo do área no que se atope.
 
 
# CIG Saúde O Barco 11-08-10 07:54
Así está estipulado no pacto en vigor. Na negociación do pacto futuro o SERGAS xa avisou de que quería seguir con este sistema.
 
 
# laura 10-08-10 22:40
Estou a cubrir as vacacions dunha titular, e,pode a supervisora do servizo modificar os turnos, se son os mesmos cos da titular, e quitarme dias de descanso??? graziñas. afiliada.
 
 
# CIG Saúde O Barco 11-08-10 07:52
Pode facelo, igual que llo pode facer á titular, sempre que avise con tempo. En todo caso, ti tés unha xornada que cumprir, polo que se che quitan días libres, ao facer o cómputo é probable que che queden a deber días. Compróbao e reclama se é o caso.
 
 
# Martin 18-08-10 09:11
Bos días, o Acordo de Concertación Social do 2001, mediante o cal fanse os cómputos de xornada, sabedes se algún día se vai estudar elaborar un novo ou variar o vixente? É que o que se fai con contratos iguais ou menores de 31 días paréceme abusivo ou incluso explotación. Teño un bloque de vacacións de 2 meses (1 mes + 15 días + 15 días) e ha diferencia de facer un cómputo dun seito ou de outro son nada máis e nada menos que 25horas que son casi 4 días de traballo, e que pareceme unha diferencia increible, porque ademáis non é que esas horas mas váian pagar, vou cobrar o exactamente o mesmo.
Totalmente inxusto, e quizá este non sexa o mellor momento para entrar en negociacións con ninguén pero tedeo en conta para un futuro non moi lexano.
 
 
# CIG Saúde O Barco 18-08-10 09:34
Se eses contratos que tés son ininterrumpidos e coa mesma xerencia non deberían aplicarche a liquidación de xornada en cada contrato, senón ao final do bloque. Ponte en contacto coa sección sindical CIG-Saúde do teu centro para que o miren.
 
 
# Martin 18-08-10 09:14
Citando CIG Saúde O Barco :
Pode facelo, igual que llo pode facer á titular, sempre que avise con tempo. En todo caso, ti tés unha xornada que cumprir, polo que se che quitan días libres, ao facer o cómputo é probable que che queden a deber días. Compróbao e reclama se é o caso.


Pola mesma circunstancia que dixan no meu apunte, canda te fan o computo por 31 días tes que traballar 154 horas que veñen sendo unha media de 2 días máis que o titular o que sustitues e o que fan e poñerte a sustituir LDs ou Xornada dos teus compañeiros ou incluso che cambian de servizo. O que xa dixen INCRIBEL!!
 
 
# beatriz 19-08-10 15:10
Hola buenas tardes.Yo tengo un bloque de verano de 3 meses.Dado que las listas no se mueven nada en invierno y se me avaba el contrato el 30 DE SEPTIEMBRE,ME OFRECIERON OTRO TRABAJO DE OTRA COSA.pODRIA PEDIR SUSPENSION DE LLAMAMIENTOS O NEGARME AL CONTRATAO SI ESTOY TRABAJANDO PRESENTANDO EL CONTRATO.eL AÑO PASADO ME LLAMARON EN NAVIDADES Y PRESENTE EL CONTRATO DE SUSPENSION DE LLAMAMIENTOS Y ME DIJERON QUE NO SENCIONAVAN PRESENTADO EL CONTRATO.mI DUDA ES PUEDO DECIR QUE NO OTRA VEZ PRESETANDO EL CONTRATO DE QUE ESTOY EN OTRO LADO .o ME PUEDEN SANCIONAS.mUCHAS GRACIAS.mUCHAS FELICIDADES POR LA PAGINA.
 
 
# CIG Saúde O Barco 23-08-10 07:56
Para que non se produza sanción debes comunicar con anterioridade ao chamamento que estás traballando, axuntando o contrato de traballo e pedir a suspensión de chamamentos. En principio, segundo o pacto, se o fas despois do chamamento si que serías sancionada, inda que nalgunha dirección provincial pasan por alto isto.
 
 
# milly 23-08-10 08:49
hola, mi pregunta es la siguiente: ¿los lds sólo se pueden solicitar si tienes un contrato de más de 40 días seguidos o se pueden solicitar si empalmas varios contratos en el mismo centro? Gracias de antemano por la respuesta.
 
 
# CIG Saúde O Barco 23-08-10 09:31
podes solicitalos aínda empatando contratos
 
 
# milly 23-08-10 09:41
¿y si cambias de servicio pero no de centro tambian los puedes solicitar? yo tenía entendido que si mientras pertenezcan al mismo año, pero hay compañeros que me dicen que no, incluso me discutian que si el contrato no era seguido no se podían solicitar.
 
 
# CIG Saúde O Barco 23-08-10 11:29
tamén o podes solicitar, non obstante, parece que nalgunhas xerencias están pondo problemas ó persoal temporal á hora de coller os LDs, de ser o teu caso, ponte en contacto coa sección sindical de CIG-saude do teu centro de traballo para que te asesoren
 
 
# pepi 30-08-10 14:35
hola, queria hacerlos unas consulta y es que estoy de baja por enfermedad y se me acaba el contrato mañana dia 31, despues tengo otro para el dia 1 pendiente de firmar, supongo que al seguir de baja lo pierdo mi pregunta es: si me incorporo el dia 5 lo recupero o ya no?? gracias.
 
 
# CIG Saúde O Barco 31-08-10 08:45
ese contrato de ser cuberto por outra persoa, xa non cho poden ofertar.
 
 
# liliana 30-08-10 16:31
Se estas facendo substitución, como se pode facer para pedir un LD (teñen que ser contratos seguidos) e se necesito levar ós meus fillos ó médico ou teño que ir eu que fago se estou traballando?.
Sabedes algo de para cando sairan as novas listaxes de contratación de PSX?.
moitas grazas.
 
 
+1 # CIG Saúde O Barco 31-08-10 08:50
en moitas xerencias non dan LDs ata que leves 40 dias traballados, nós entendemos que o deben dar antes posto que estes calcúlanse por exceso, pero habría que denunciar, se encadeas contratos cortos ou teis un bloque de vacaciois de un mes e medio, deberiancho dar.
para levar os teus fillos o médico teinche que dar o tempo necesario para facelo, así o recolle a normativa vixente no SERGAS e as leis de conciliación familiar e laboral.
De momento non sabemos cando poden sair as novas listas de contratación, lembra que se está negociando un novo pacto de contrataciois.
 
 
# laura 30-08-10 17:13
boas tardes: teño un contrato de acúmulo de tarefas e estou en lista de espera para operarme. se me chaman, o incorporarme da baixa, inda me corresponde a min ese acumulo se non rematou? graciñas.
 
 
+1 # CIG Saúde O Barco 31-08-10 08:51
se te incorporas antes que che remate o contrato, obviamente teiste que reincorporar a el.
 
 
# sanxscelador 03-09-10 10:00
bos dias ¿queria saber ,xa que levo un mes e medio no paro obrigatorio e non estou moi enterado das novas ,de cando esta prevista a nova xuntanza para decidir e fixar os baremos do novo pacto de contratacions?¿que ideas levaredes vos en principio para plantearlle ó sergas?moitas grazas
 
 
# CIG Saúde O Barco 03-09-10 11:07
de momento non hai data sinalada pero parece ser que o SERGAS quere reunir a Mesa na última semana de setembro.

O noso plantexamento na mesa está publicado no apartado de contrataciois do blog, neste e no antigo.
 
 
# montse 03-09-10 10:19
ola.queria preguntar con canta puntuacion estan contratando nas listas de psx
 
 
# CIG Saúde O Barco 03-09-10 11:07
esa pregunta debes dirixila á dirección provincial á que pertenzas, posto que a nós non nos pasan dato ningún ó respecto.
 
 
# maria 03-09-10 18:15
Hola, me gustaría saber si van a abrir las listas de contratación para celadores este año y para cuando se cuenta.
 
 
# CIG Saúde O Barco 06-09-10 07:19
Estase a negociar o Pacto de contratacións novo. Segundo comenta o SERGAS en canto estea acordado e publicado e preparada a plataforma informática sobre a que se basa, convocaranse listas de todas as categorías. Isto podería ter lugar no primeiro trimestre do 2011.
 
 
# perlasone 05-09-10 21:40
hola amigos da cig
deixóvos aqui esta noticia que non ten desperdicio, os do pp rechazan no parlamento a decisión de dotar ó hospital da barbanza con celadores...acaso deben pensar que non fan falta? porque estas funcións teñen que ser asumidas por outras categorías, como as aux de enfermería? non todos somos sergas?

que vos parece a noticia?

http://queremosceladores.blogspot.com/2010/09/o-pp-rechaza-no-parlamento-chegada-dos.html
 
 
# M.E.Rodríguez 06-09-10 07:41
Hola,son aux.de enfermería,e a miña pregunta é:si teñen pensado convocar outras listas de contratación no primeiro trimestre de 2011,¿vanno facer antes de resolver a ope-2008?
 
 
# CIG Saúde O Barco 06-09-10 08:08
Non sabemos como cadrarán os calendarios. Posto que agora o SERGAS xa fala de incorporacións o ano que vén, podería ser que se solaparan os procesos.
 
 
# Martin 07-09-10 17:22
Boas tardes, unha dúbida: ¿Pódese un anotar las listaxes automáticas estándo xa anotado nas últimas listaxes xerais ordinarias pra cambiares de área por exemplo? Non se supón que o pacto dí que é para novas incorporacións a listaxe? Grazas
 
 
# CIG Saúde O Barco 08-09-10 07:48
Só se pode estar anotado nunha lista dunha área. Polo tanto a opción que comentas non é posible. Se alguén se quixera apuntar nas automáticas estando xa nalgunha xeral debería ser excluido/a por duplicidade de área.
 
 
# sonioska 08-09-10 11:21
Hola!Puedo anotarme en las listas de promocioón interna en un área distinta de dónde tengo la pla
 
 
# sonioska 08-09-10 11:22
No sé por qué se me ha cortado el mensaje....
Repito la pregunta: puedo anotarme en las listas de promoción profesional temporal en un área distinta de dónde tengo la plaza??
 
 
# CIG Saúde O Barco 08-09-10 11:30
as listas de contratación son por área sanitaria, e as de promoción interna por xerencia, sólo no caso de que non exista esa categoria na túa Xerencia ou sexa moi limitada a oferta, podes acceder dentro da área sanitaria, pero nunca fora según o pacto actual.
 
 
# Martin 08-09-10 17:32
Citando CIG Saúde O Barco :
Só se pode estar anotado nunha lista dunha área. Polo tanto a opción que comentas non é posible. Se alguén se quixera apuntar nas automáticas estando xa nalgunha xeral debería ser excluido/a por duplicidade de área.

Pois cónstame que insto non é así, aparece nestas últimas automáticas a lo menos unha persoa que xa constaba nas ordinarias, e non foi excluida.... aparece na Provisional de admitidos e na Definitiva de admitidos da ordinaria do 17 de abril do 2009 se non recorda mal a data, a min e que me pareceu rarísimo por iso vos preguntei
 
 
# Martin 08-09-10 17:37
Perdon que se me esqueceu comentar algo: porque en realidad agora ninguén vai borrar esa persoa das listas ordinarias, salvo que a dende a xerencia provincial correspondente a borren de forma "manual" da outra lista, vamos refírome a que unha vez que saíron as listas tra-lo recurso de alzada e demáis non se poden modificar, e so cambiaría nos casos de penalizacións nos que en verdade non se actulizan cunha nova publicacion senon só na xerencia (ou como sexa que se chame o sitio dende onde chaman para contratar)... que raro é todo isto
Para o novo pacto, pedida as cousas claras, moi claras que xa sabedes que senon logo fan o que queren e un pouco máis non credes?
 
 
# CIG Saúde O Barco 09-09-10 07:37
As cousas están moi claras no pacto actual, polo que de ser certo o que comentas, é probable que o que sucedera é que non comprobaran se a persoa estaba inscrita noutras listas e por iso figura finalmente nas dúas. Nós, de saber dun caso así, poñeríamolo en coñecemento da Mesa de Contratacións correspondente.
Por certo, cando falábamos de excluir, referíamonos ás listas automáticas, non ás xerais.
----
Actualización: consultamos este tema e parece ser que nalgún caso o SERGAS a única opción que dá para cambio de área en casos como a reagrupación familiar é apuntarse nas automáticas da área á que se queira ir. Podería ser ese o caso, mais insistimos en que habería que ver o caso concreto e falar coa Mesa de Contratacións correspondente.
 
 
# Martin 09-09-10 12:44
Home se cadra ese é o caso da persoa que eu digo que aparece nas automáticas estando tamén nas xerais, a verdade non o sei, comentareillo o delegado de CIG Saúde do meu centro, moitas grazas novamente.
E por certo, se cadra se ese suposto está permitido o pacto non está tan claro coma vos pensades non? digo eu vamos, porque cando unha cousa é clara non hai grises polo medio...
 
 
# uf 09-09-10 14:08
H
No caso que comentades arriba sobrre listas e promoción interna,Cando falades de xerencia en primaria está moi clara, en Ourense en primaria só hai unha pero en especializada son dúas as xerencias?, Ourense e O Barco?
 
 
# CIG Saúde O Barco 10-09-10 08:40
en Ourense non son duas senon 3 posto que tamén está Verín.
Peo a efectos de contratación o que se ten en conta é aparte da Xerencia a área sanitaria, polo que unha persoa do HCV non pode participar por promoción interna a postos de primaria que estén fora da área de O Barco
 
 
# maria jose 09-09-10 14:34
boas tardes, que dí o novo pacto sobre os cursos, van se ter en conta para as listas ou non?
graciñas
 
 
# CIG Saúde O Barco 10-09-10 08:42
o novo pacto aínda se está negociando, peo os cursos sí serán elemento de baremación, aínda que sexa a través da OPE.
 
 
# uf 10-09-10 09:35
Pero en primaria na provincia de Ourense todo depende dos mesmos, non?. Os centros de saúde non están rexidos polo HCV senon pola xerencia de primaria. E ésta funciona totalmente independiente das áreas. Si eu traballo no HCV podo pedir unha promoción interna para o CS de O Barco e á inversa?.Penso que agora me liei, podedes explicar esto. Gracias.
 
 
# CIG Saúde O Barco 10-09-10 12:31
se a categoria na que estás apuntad@ para a promoción, non se oferta no hcv ou os chamamentos son mínimos, entón sí podriancha ofertar en primaria, dentro da área sanitaria, entón sí que cha ofertarían.
por exemplo se pides promocion para enfermeira, celador ou auxiliar non poderías optar fora do HCV posto que estas categorias ofertanse frecuentemente nel.
e por exemplo a tua promoción é de PSX entón sí habría opción, posto que esta categoria non se oferta en hospitalaria.
 
 
# Lucía 10-09-10 15:09
Boas! Son DUE e quixera plantexar unha dúbida pois ultimamente están a facer este tipo de cousas que digo a continuación.
É legal que se a persoa que sustitúes está de baixa por enfermidade (longa),non den o contrato como baixa senón coma acúmulo?
Graciñas. Non sei ata qué punto podes reclamar ou se están en todo o dereito de fastidiarte unha baixa que pode ser moi longa.
 
 
# CIG Saúde O Barco 13-09-10 07:57
Como legal é, posto que non están obrigados a substituir. Mais está claro que non debemos consentir este tipo de situacións. Ponte en contacto coa sección sindical CIG-Saúde do teu centro para que miren o tema.
 
 
# CARLOS 13-09-10 10:35
Boas, teño praza de PSX e tamen son DUE, polo tema da promocion interna teño unha dubida, podo ter a miña praza nunha xerencia e anotarme na lista de promocion interna para promocionar noutra xerencia ou nun hospital? ou solo se pode promocionar onde estes traballando? grazas
 
 
# CIG Saúde O Barco 13-09-10 10:44
no teu caso é sólo na mesma xerencia onde estés traballando
 
 
# Martin 15-09-10 10:05
Boas de novo teño unha dúbida sobre como afectan os LDs (Días de Libre Disposición) no cómputo de xornada, plantexemos un caso:
- Contrato de 61 días que se desenvolve da seguinte maneira:
+ 12 Mañás
+ 15 Tardes
+ 11 Noites
Seguindo a fórmula para contratos inferiores ó ano: 1620 x 61 / 326 - 3x11) = 270h que son as que se debería traballar, se facedes as contas en realidade neste turno trabállanse 299h é dicir, 29h máis da conta ou expresado en módulos ordinarios de 7h, 4 días a maiores.

- O contrato o séres de 61 días tense dereito a 2 LDs, xa que por cada 40días traballados corresponde 1LD redondeándose por exceso a fracción que se puidera producir.

- Agora a dúbida é a seguinte: se se quere disfrutar dos 2LDs ¿como computan os seus efecto no cómputo? é dicir, no cálculo saían 29h de exceso de xornada o disfrutárense os 2LDs (14h) pasaríanse a ter só 15h de exceso de xornada ou estes LDs contanse como traballados e polo tanto manteríanse as mesmas horas de exceso de xornada?

A pregunta ven sendo que se para poderes disfrutar dun LD tes que traballa-lo previamente por exceso de xornada ou como vai o conto. E se podedes dicirme onde podo ver a norma o respecto máis que mellor, moitas grazas.
 
 
# CIG Saúde O Barco 15-09-10 11:03
A xornada a realizar efectiva exclue os LDs, no caso que comentas, en efeco teis dereito a 2 LDs pero eses dias hai que descontalos da xornada polo tanto esas 14 horas hai que descontalas das 29 de exceso de xornada que dís que che saen.
a norma teila no acordo de concertación social.
 
 
# ana 16-09-10 08:54
hola buenos dias.
se sabe algo sobre la reunion de hoy sobre contrataciones? gracias
 
 
# CIG Saúde O Barco 16-09-10 09:18
que nos saibamos hoxe non hai reunión de contrataciois co SERGAS, temos unha pero é do grupo de traballo interno da CIG-Saúde.
 
 
# ana 16-09-10 09:22
PUES NO SE SI ES INTERNA. POR ESO PREGUNTO. E ESTA EN CIG SAUDE ORG EN CLANDARIO
 
 
# CIG Saúde O Barco 16-09-10 09:26
sí, pero é do noso grupo de traballo, ese calendario utilizámolo entre outras cousas como axenda de traballo. As convocatorias de Mesa temos por costume publicitalas como un novo artigo no blog.
 
 
# ana 16-09-10 09:26
[quote name="ana"]PUES NO SE SI ES INTERNA. POR ESO PREGUNTO. E http://www.cig-saude.org/CENTRAL/ EN EL CALENDARIO. como : Grupo de Traballo OPE-Contratacións
entiendo que es interna , por lo q me comentas, privada entonces, no se puede saber las conclusiones? gracias
 
 
# CIG Saúde O Barco 16-09-10 09:34
Os acordos definitivos non os toman os grupos de traballo senon o Consello de CIG-Saúde, eles sólo se encargan de elaborar as propostas e estratexia a seguir.
de estar afiliad@, podes dirixirte á túa sección sindical, para que te informen deles.
 
 
# ana 16-09-10 09:28
gracias. por la aclaracion. un saludo
 
 
# Meiga 16-09-10 15:58
Hola a tod@s. Teño que comentar unha cousa que non ten nome: a unha compañeira celadora intentáronlle anular un contrato (por unha baixa) que xa lle deran por ESTAR EMBARAZADA. Tivo que moverse para que non llo fixeran. Esto pasou no hospital Meixoeiro de Vigo.Qué vos parece?
 
 
# CIG Saúde O Barco 17-09-10 09:36
Coa a política de austeridade que leva este goberno (para o que eles queren claro); non nos extrana nada e grazas que se moveu senon houbera quedado sen contrato e seguro que o SERGAS quedaba tan pancho.
Sentimos ser pesad@s de tanto repetilo ou nos MOVEMOS ou vamos a seguir estando a merced dos intereses do goberno de turno.
O dia 29 hai unha boa oportunidade para tomar conciencia indo tod@s á folga, porque se esta sae mal, non queremos imaxinar a que nos espera de aquí en adiante.
 
 
# sanxscelador 17-09-10 09:22
sobre o borrador do novo pacto de contratacion.para baremar nas listas queren sexa o 60% da puntuacion a nota do exame suspenderas ou non e o 40% da puntuacion o tempo traballado mais a formacion.
Se fan asi unha persoa que ten todo o tempo traballado e so cuatro respostas ben no exame(xa facendo a resta de acertadas e falladas) queda por encima de outra persoa que aprobando xustiño o exame só teña un ano de tempo traballado. E dicir unha persoa con todo o tempo traballado podeia ir o exame sen estudiar que nas listas poucos lle ian pasar por diante. eso me parece que é un engaño pra xente que foi a aprobar o exame e a intentar subir nas listas .É INXUSTO TOTAL por favor opinade sobre ello e comprobadeo se queredes.
 
 
# CONCEPCIÓN 17-09-10 14:15
Cal é a diferencia entre un aprobado da ope e dun suspenso???.
Si na ope, aprobando, contache a puntuación do exeman específico e o galego. ¿puntúanche istes últimos se non aprovaches?
E pregaríadevos que na mesa do pacto de contratacions, puxerades todolo voso interes e non vos erguerades dela ata chegara un acordo. Moita xente está a esperar con un acordo con ánsia. Fumos á ope para algo, non só para estar pendientes dun acordo que nunca chega.
 
 
# sanxscelador 18-09-10 23:15
totalmente dacordo contigo CONCEPCION, fumos a OPE pra algo, non estudamos pra suspender se non pra intentar aprobar e que o aprobado servira pra mellorar nas lista.Se ainda aprobando quedas como estabas estamos dandolle diñeiro o sergas pagando as tasas do exame e a nos non nos supon unha mellora ¿cal e o beneficio de aprobar? no meu caso e os de outros que non temos muito tempo traballado creo que ningun, pero o diñeiro o gastamos.gracias por opinar.
 
 
# Martin 28-09-10 00:03
Teño unha dúbida coas retribucións dun DUE nos PACs:
Segundo eu entonde debíase cobrar:


  • soldo base, complementos e demáis tal como aparecen en dito decreto (tendo en cosa a baizada dos soldos claro
    +

  • Atención Continuada Presenza Física ATS/DUE: €/h
    +

  • Festividade ou Nocturnidade tamén pagado en €/h isto ultimo se procede claro.




A dúbida é se realmente son esas tres cousas, ou a segunda que pusen non é para os enfermeiros do PAC...
Todo isto ven porque fixeron un desaguisado coas miñas primeiras nóminas nun PAC, e quero ir coas cousas sabidas antes de falar con eles.
 
 
# CIG Saúde O Barco 28-09-10 08:01
O concepto de Atención Continuada non forma parte da retribución ordinaria de PAC. É un complemento que se cobra por facer xornada complementaria voluntaria, no caso do persoal de PAC, ou ben por facer gardas de PAC, no caso do persoal de ordinaria.
 
 
# nalanico 06-10-10 15:31
Na área de pontevedra estanse escoitando os seguintes comentarios respecto o persoal de enfermeria: que van pasar uns cantos anos antes de convocar de novo oposicions, e que queren quitar as lista s e empezar a contratar a xente por empresas temporais.¿ sabedes algo ?
 
 
# CIG Saúde O Barco 07-10-10 08:20
non sabemos nada do que mencionas; a posibilidade de contratación por etts está ahí despois da última reforma laboral pero de momento non ten suxerido que nos saibamos introducilas, veremos que pasa, e sobre a OPE futura de momento o SERGAS aínda non se pronunciou.
 
 
# CARLOS 13-10-10 10:21
Poñamos o seguinte caso: estou cubrindo a un PSX e este pide unha excedencia con reserva de praza, correspondeme a min esa excedencia ou o por ser contrato largo chaman o que corresponda por lista? grazas
 
 
# CIG Saúde O Barco 13-10-10 10:41
sempre que haxa reserva de praza segue a persoa que o ven sustituindo.
 
 
# Martin 13-10-10 11:06
Hai algunha forma de saberes por onde van chamando nas novas listas de caracter autonomico do 061?, moitas grazas.
 
 
# CIG Saúde O Barco 14-10-10 10:39
Ao ser unhas listas de carácter autonómico os chamamentos fanse desde servizos centrais. Proba a chamar a Recursos Humanos do SERGAS.
 
 
# natalia 13-10-10 19:03
Buenas:

A mi cuñada la llamaron de una acumulación de tareas para 3 semanas en la categoria de auxiliar de enfermeria que se suponía que era en turno de mañana pero cuando llegó allí le dijeron que por la mañana era para formación y luego tendría que trabajar por la tarde y sólo cobraría el tiempo trabajado, es decir, la primera semana tendría que ir de 8 a 15 horas para formación y luego seguir trabajando hasta las 22 horas cobrando solamente la tarde, eso es legal? habría alguna manera de reclama que le pagasen la formación?.
 
 
# CIG Saúde O Barco 14-10-10 10:51
entendemos que non poden esixirlle ir a formación sen ser en tempo de traballo, polo tanto que se poña en contaco coa sección sindical da CIG do centro onde lle pasara isto para que a asesoren de que xeito pode reclamar.
 
 
# margor 17-10-10 13:14
hola! o venres pasado tivestes unha reunión sobre o nvovo pacto de contratacións co sergas. Nos podedes informar si xa se chegou a algún acordo? hai xa fechas para a publicaciñon de novas listaxes? que se sabe?
moitas gracias
 
 
# CIG Saúde O Barco 02-11-10 08:44
Desculpa, colóusenos esta pregunta sen respostar. A negociación segue en marcha. Na última reunión (xa o puxemos no resumo) entregóusenos o que sería o borrador completo do novo pacto, que está colgado na páxina. Agora é cando toca negociar as alegacións a este borrador. Polo momento non hai convocatoria para unha nova reunión.
En canto á publicación de novas listas non será, desde logo, antes do ano que ven, e o SERGAS fala do primeiro semestre, prazo bastante amplo.
 
 
# ana 27-10-10 11:45
- ya no hay la caducidad de los cursos de 8 años. valen otra vez todos?
- con respecto a la voluntariedad de aceptar contratos a media jornada? solo te llamarian para ese tipo de contratos en primera opcion? serian 4 horas. tienen un horario estipulado? es decir, serian , si es de mañana . de 9 a 1, por ejemplo. o el horario variaria. dependiendo del centro?
- y ya por ultimo. ya no valoran los servc prestados de celador para categoria de psx. como se hacia hasta ahora?

pido disculpas, por tantas preguntas juntas, aunque me contengo.. al leer el pacto , me surgen muchas mas dudas.gracias
 
 
# ana 27-10-10 11:50
el mensaje anterior se corto. disculpas.
hola, tengo unas dudas con respecto al borrador del nuevo pacto:

ya no hay la caducidad de los cursos de 8 años. valen otra vez todos?
- con respecto a la voluntariedad de aceptar contratos a media jornada? solo te llamarian para ese tipo de contratos en primera opcion? serian 4 horas. tienen un horario estipulado? es decir, serian , si es de mañana . de 9 a 1, por ejemplo. o el horario variaria. dependiendo del centro?
- y ya por ultimo. ya no valoran los servc prestados de celador para categoria de psx. como se hacia hasta ahora?

pido disculpas, por tantas preguntas juntas, aunque me contengo.. al leer el pacto , me surgen muchas mas dudas.gracias
 
 
# CIG Saúde O Barco 02-11-10 08:48
Son temas que se están negociando. Polo momento non che podemos respostar en base a un novo pacto, posto que inda non é definitivo o borrador. Podemos respostarche o que nós entendemos do que expresa o borrador:
* a baremación e caducidade dos cursos figurarán nos baremos, e o borrador do pacto remite aos baremos de OPE, polo que a resposta estará alí.
* sobre a listaxe de contratos de redución de xornada, non ten porqué ser necesariamente para 4 horas, as reducións poden ser de un tercio, un medio ou máis. E, desde logo, non terían horario estipulado, porque dependería de cómo o/a traballador/a quixera organizar a redución e das posibilidades do centro de organizarse.
* con respecto á última pregunta a resposta é a mesma que para a primeira. Dependerá de como figure no baremo OPE.
 
 
# victoria 29-10-10 15:06
Bos días. Son persoal temporal do Sergas. E teño a seguinte dúbida: vou casar en Xulio do 2011. Nesta fecha,con toda probabilidad estarei traballando para o Sergas. A pregunta é:¿teño dereito os 15 días naturais por matrimonio?. En caso afirmativo, debo disfrutalos ininterrumpidam ente, pero ¿teñen que ser os 15 días inmediatamente despois do día da boda, ou podo ir collendo días antes da fecha da boda?. Por certo, como coñezo con antelación o día exacto no que me vou casar, ¿Teño que avisar cando me chamen do Sergas para ofrecerme o contrato?, ¿teño que renunciar a dito contrato?. Moitas grazas.
 
 
# CIG Saúde O Barco 02-11-10 08:55
Este dereito non está recollido, como norma xeral, para persoal substituto. Se no momento do casamento estás traballando en contrato de longa duración ou con praza, sí terías dereito. En todo caso, averigua se no teu centro existe algún tipo de acordo sobre o tema para que o persoal temporal poida gozar deste dereito. No HCV temos un acordo nese senso.
En canto ao xeito de gozar eses días, o ACS di: o permiso poderá abarcar os días inmediatamente anteriores ou posteriores á data do feito causante.
Outro tema é o de avisar. Se é un contrato temporal e non hai acordo na xerencia correspondente, non terás dereito a ese permiso, polo que podes (non é obrigatorio, é a túa elección) renunciar ao contrato acolléndote a unha das causas de suspensión de chamamentos. Tamén podes, se coñeces a data do evento, solicitar esta suspensión de chamamentos con antelación, para que non te chamen neses días.
Ponte en contacto coa sección sindical de CIG-Saúde do teu centro para que che aclaren todas as dúbidas ao respecto e te orienten sobre qué é mellor neste caso.
 
 
# carmen 02-11-10 21:11
sabe alguien que pasara con los contratos que estan ahora de moda, en vez de vacante los de un año de duracion, que posibilidad exist que vuelvan a ser de nuevo renovsdos? gracias
 
 
# CIG Saúde O Barco 04-11-10 10:03
non sabemos a que contratos te refires, en todo caso debes preguntalo no teu centro
 
 
# EGOVA 02-11-10 22:14
Hola,
Para variar quisiera haceros una pregunta. ¿En base al nuevo pacto, en las listas de contratación puntuarán las calificaciones del expediente académico (titulación oficial)?.
Muchísimas gracias por vuestro trabajo.
Saludos.
 
 
# CIG Saúde O Barco 04-11-10 10:02
o baremo sería o de OPE e este está sen negociar de momento
 
 
# may 09-11-10 14:33
Hola! Onte comentaronme no Sergas, que ahora, co novo pacto a puntuaciòn acadada na ope, porase automaticamente nas nosas listas de contrataciòn temporal, engadindo a que lle corresponda a cada un. Esto è posible?. Gracias por todo. Sodes fantàsticos.
 
 
# CIG Saúde O Barco 10-11-10 11:25
iso será unha vez se aprobe e entre en vigor o novo pacto, e terá que haber unha nova convocatoria por ese pacto, hai que esperar a ver como quedaa definitivamente o pacto, para ver se se incorporarán os méritos de OPE despois de X tempo dos listados definitivos ou a convocatoria se fai no mes de outubro como se barallaba.
 
 
# margor 11-11-10 14:03
como??? esperar ata outubro de 2011 para sacar listados de contratacion????
 
 
# margor 11-11-10 14:04
como que se barallaba no mes de outubro??? de que ano??? xa é demasisado tardar, non???
 
 
# CIG Saúde O Barco 12-11-10 09:45
o mes de outubro é o que se baralla no borrador para actualizar méritos, o SERGAS para o 2011 pretende facer unha convocatoria no primeiro semestre
 
 
# nalanico 17-11-10 10:08
Hola.Estou anotada para traballar nas listas de contratación na area de pontevedra norte, e en 2 meses voume a vivir a Viveiro ¿ teño que esperar a que habran de novo as listas para pedir cambio a area de burela ou podo pedir cambio xa alegando como motivo cambio de domicilio ? se podo pedilo xa ¿ canto soen tardar en facer efectivo o cambio e a quen teño que dirixir a petición ?
 
 
# CIG Saúde O Barco 17-11-10 10:55
Polo Pacto vixente non se pode cambiar de área, nós intentámolo xestionar nun par de ocasiois estes ultimos anos e o SERGAS sempre se negou. Polo que hai que esperar ás novas listas para facelo.
 
 
# may 21-11-10 15:26
Si no entro en vigor el nuevo pacto, como es que en la ope nos evaluan por el nuevo pacto y a la hora de añadir la puntuaciòn directamente a las listas de contrataciòn tenemos que esperar a que entre en vigor?. No entiendo. O es que estoy mal informadada. Un saludo.
 
 
# CIG Saúde O Barco 23-11-10 14:13
que é o que evaluan polo novo pacto?
 
 
# ana 23-11-10 08:28
Se sabe ya cuanto vale el mes trabajado en la misma categoria, y si valoran el tiempo trabajdo de celador para psx y viceversa.
Hasta ahora lo valoraban, la mitad..

Y cuanto valoran la hora del curso de formación. Y el tope de horas?
gracias
 
 
# ana 23-11-10 12:15
dedel pacto contratacion!
 
 
# CIG Saúde O Barco 23-11-10 14:14
de momento non hai mais novidades que aspublicadas
 
 
# margor 24-11-10 09:49
hola! ides a ter algunha reunión para a negociación do novo pacto nestas fechas? está todo un pouco parado, non?
 
 
# CIG Saúde O Barco 24-11-10 10:21
en principio a mesa sctorial para debatir o novo pacto reúnese o 14 de decembro
 
 
# uf 25-11-10 19:02
¿Os contratos que ofertan por promoción interna é obrigatorio aceptalos?
 
 
# CIG Saúde O Barco 25-11-10 20:01
obrigatorio non é, sólo que á primeira renuncia pasas ó final da lista de promioción e coa 2ª saltas fora durante 1 ano.
 
 
# Silvalina 26-11-10 18:03
Hola.Chamaronme hoxe para un contrato que empezaría o luns 29 de noviembre e remataria o 10 de decembro, eso si, avisandome que sin incluir o fin de semana, dos festivos non me dixeron nada pero imaxino que tampoco os incluirán.O contrato é pola mesma persoa,poden facer iso?Gracias.
 
 
# CIG Saúde O Barco 29-11-10 09:56
Ola, entón asinache 2 contratos? hai que ver ese contrato en que consiste, en todo caso debenche pagar o exceso de xornada.
 
 
# Silvalina 29-11-10 11:38
Por ahora ainda non firmei ningún, pero cando me ofreceron o contrato xa me dixeron que era sin o fin de semana, dos festivos non me dixeron nada pero si non me incluen o fin de semana menos me incluiran os festivos non?.Eu imaxino que terei que firmar 3 contratos: un do 29 ao 3 de decembro outro do 7 de decembro e outro do 9 ao 10 de decembro,pero bueno isto imaxinoo eu.Que é eso de que me deben pagar o exceso de xornada?En que me teño que fixar cando vaia firmar os contratos? Gracias.
 
 
# CIG Saúde O Barco 29-11-10 12:03
O obxetivo das respostas que damos non é mais que o de orientar, resulta case imposible en moitos casos, sen ver os contratos decir se algo se fai ou non de acordo a normativa, polo que dis, intuimos que o que vas cubrir son dias libres, probablemente de libre disposición, debes mirar no contrato o tipo, se é de acumulación de tarefas ou de sustitución e se é de sustitución se é pola mesma persoa ou por varias.

Se no contrato que che fan non teis dias de descanso, entón o sergas debeche compensar o descanso que che corrspondería, no caso do HCV é algo que conseguimos xa hai tres anos grazas as reclamaciois presentadas e despois de negocialo coa antigua xerencia, non sabemos se isto se fai ou non en tódalas Xerencias, probablemente sí posto que tódalas sentenzas eran favorables ó persoal.

En pouco mais podemosche axudar, se teis dúbidas diríxete á sección sindical da CIG do teu centro de traballo e leva contigo copia do contrato.
 
 
# henrique 30-11-10 16:26
A miña pregunta é a seguinte. Un traballador/aspirante das listas de contratacións que está en suspensión de chamamentos por estar traballando fora do sergas, ¿Qué ten que facer para darse de alta? Simplemente avisar para que o empecen a chamar, ou debe facer un escrito á mesa de contratacións e esperar a que esta se reúna na súa reunión periódica e decida dalo de alta nas listas de novo?
Gracias de antemán
 
 
# CIG Saúde O Barco 01-12-10 09:42
debe facer un escrito á mesa e esperar que esta se reuna, para facer efectiva a reactivación nas listas
 
 
# henrique 30-11-10 16:33
Cando unha praza vacante se convirte nunha praza en propiedade dalgunha persoa que non se chega a incorporar a ela (por atoparse nunha situación especial, cargo político, directivo, sindical, etc…) ¿a quén corresponde substituir a ese novo propietario? ¿á persoa que estaba previamente nesa praza como interina en vacante, ou á persoa que lle corresponda tras ser ofertada novamente polos listados de contratación? gracias
 
 
# CIG Saúde O Barco 01-12-10 09:44
se non hai incorporación física, entendemos que é á persoa que a ven ocupando
 


Non podes engadir comentarios. Tes que rexistrarte primeiramente.

20100407_hospitalvigo_04
573-81933-a-carrabxo
573-82097-a-pedra
573-82150-a-berro
573-82153-a-dixo
573-82384-a-manifa
573-82578-a-SERVIZOS20PUBLICOS-1
573-82696-a-qg
573-82703-a-DESPIDO20BARATO
573-82728-a-pontevedra
573-82843-a-queremos
573-83156-a-dspi2
573-83252-a-pon
573-83361-a-qgconcerto
573-83720-a-santiago
I1133
www.cig-saude.info | O Barco | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | Cee | 061 | AgMedica

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info