CIG Saude | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | 061 | AgMedica


logocigsaudebarco4


<<  Outubro 2019  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
   1  2  3  4  5  6
  7  8  910111213
14151617181920
21222324252627
28293031   
Frase pra baixar os modulos en firefox

Cambios na xestión de IT a partir do 1 de decembro Imprimir Correo-e
Normativa
Mércores, 11 Novembro 2015 08:33

O Real Decreto 625/2014, de 18 de xullo, polo que se regulaban determinados aspectos da xestión e control dos procesos por incapacidade temporal nos primeiros 365 días da súa duración, introduciu modificacións na xestión da Incapacidade Temporal. O maior cambio que traía ese Real Decreto versaba sobre a expedición dos partes médicos de baixa, de confirmación e de alta. Para desenvolvelo ditouse a Orde ESS/1187/2015, de 15 de xuño, que regula con máis detalle os procesos de tramitación, expedición e funcionamento destes partes médicos, así como o control das situacións de incapacidade temporal. Esta Orde entrará en vigor o 1 de decembro de 2015.

O primeiro a destacar desta Orde é a introdución de novos modelos de partes médicos de baixa/alta e de confirmación da incapacidade temporal, os cales se poden ver nos seus anexos. Doutra banda, tanto o Real Decreto como a Orde clasifican os procesos de IT segundo a súa duración e en base a esta duración estimada (a estimación farase con referencia a unhas táboas elaboradas en función das estatísticas dos últimos anos) establécese cando deben expedirse os partes de confirmación da baixa médica:

  • PARTE DE BAIXA. O persoal facultativo terá que escribir a duración estimada do proceso e as baixas clasificaranse en función desa duración:

•             moi curta: inferior a 5 días naturais

•             curta: de 5 a 30 días naturais

•             media: de 31 a 61 días naturais

•             longa: mais de 61 días naturais

  • PARTE DE CONFIRMACIÓN. Dependendo da duración:

*Baixas de moi curta duración. O/A traballador/a non terá que ir recoller a alta. O persoal facultativo emite a baixa e a alta no mesmo parte médico. O/A traballador/a poderá solicitar recoñecemento médico para o día da alta, se considera que non está inda recuperado/a.

*Baixas de máis de 5 días. No parte de baixa sempre figurará a data da próxima revisión.

•             Curta - 1º parte máximo 7 días, 2º e sucesivos 14 días

•             Media - 1º parte máximo 7 días, 2º e sucesivos 28 días

•             Larga - 1º parte máximo 14 días, 2º e sucesivos 35 días

Modificación ou actualización do diagnóstico. Emitirase un parte de confirmación co diagnostico actualizado, a duración estimada e a data de revisión.

Cambio de Servizo Público de Saúde que presta servizos. Emitirase un parte de confirmación no que se recolla o novo servizo e a data da próxima revisión.

  • PARTE DE ALTA. Pode ser por curación, melloría, recuperación da capacidade laboral, proposta de incapacidade permanente, inicio da situación de maternidade, ou comparecencia a revisión médica.
  • TRAMITACIÓN DOS PARTES ALTA/BAIXA E CONFIRMACIÓN. Presentación na empresa pola persoa traballadora:

Parte de baixa e confirmación, en 3 días a partir da data de emisión.

Parte de alta, dentro das 24 horas seguintes á emisión.

IT de moi curta curación, parte de baixa/alta dentro das 24 horas da data de alta. Se a/o facultativa/o emite o 1º parte de confirmación (se se solicita revisión e a/o facultativa/o estima que non pode haber alta), dentro das 24 horas da emisión.

Desde a CIG-Saúde denunciamos que na tramitación do marco legal da regulación da xestión das Baixas Laborais non se escoitou as e os profesionais e non se teñen en conta os dereitos das e dos pacientes.

Diante da entrada en vigor da reforma están aínda moitos aspectos sen aclarar, como quen e en que momento ten a competencia para emitir a baixa, e en que condicións se fai o seguimento. Tampouco están dispoñibles as táboas de tempos medios de duración das baixas en función dos diagnósticos e das condicións dos postos de traballo, táboas que, ademais, non poden condicionar a capacidade do profesional para establecer a duración da baixa.

Coa posta en marcha desta reforma increméntase a burocratización do traballo das e dos médicos de Atención Primaria coa elaboración de informes repetidos que non garanten un mellor seguimento clínico das e dos pacientes e que só ten xustificación na presunción, non xustificada, de fraude xeneralizado por parte das traballadoras e traballadores.

Addthis
 


Non podes engadir comentarios. Tes que rexistrarte primeiramente.

20100407_hospitalvigo_04
573-81933-a-carrabxo
573-82097-a-pedra
573-82150-a-berro
573-82153-a-dixo
573-82384-a-manifa
573-82578-a-SERVIZOS20PUBLICOS-1
573-82696-a-qg
573-82703-a-DESPIDO20BARATO
573-82728-a-pontevedra
573-82843-a-queremos
573-83156-a-dspi2
573-83252-a-pon
573-83361-a-qgconcerto
573-83720-a-santiago
I1133
www.cig-saude.info | O Barco | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | Cee | 061 | AgMedica

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info