CIG Saude | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | 061 | AgMedica


logocigsaudebarco4


<<  Outubro 2019  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
   1  2  3  4  5  6
  7  8  910111213
14151617181920
21222324252627
28293031   
Frase pra baixar os modulos en firefox

pondo ó dia a web Imprimir Correo-e
CIG Saúde O Barco
Sábado, 08 Maio 2010 12:56
barkinho_waperas_copiaHai unha semana que saltamos á nova web; aínda que pouco a pouco ímonos familiarizando con ela, partimos dunha estructura básica pensada por nós que non distara moito da antiga para que se vos fixera mais fácil acceder e navegar polos contidos, a verdade que o noso compañeiro Fran de Ferrol tivo un chollo e unha paciencia sen límites con nós, foi arranxando tódolos problemas e tódalas cuestiois que lle plantexamos con respecto ó blog.

Acabamos de engadir na pestaña superior de contratación, accesos a outras webs de CIG-Saúde onde se publican (de momento Lugo, Pontevedra-Vigo e Ferrol, nos chamamentos de O Barco, estamos á espera que nos den unha solución para recibilos, pero de entrada podedes utilizalos para preguntar ou decir en que número van os chamamentos da área ou categoría que sexa.

Dectámonos que hai algunha xente que non completa o rexistro, para completalo unha vez se solicita na web, tedes que ir ó correo que puxérades, alí veredes un correo enviado automáticamente polo servidor cun enlace que teredes que premer para confirmar o rexistro, en tanto non fagades isto non estaredes logueados.

Estamos a traballar na posta en marcha dun foro, que serva para plantexar nel os asuntos do voso interese e o punto de vista que podades ter na cuestión que sexa, non sería un espazo de preguntas dirixidas a nós, para iso xa están os apartados destinados a iso, pero valdríanos para coñecer o que pensades, así como para ter outro ángulo de visión distinto e a tod@s para compartir informaciois e experiencias.
Neste foro non participaríamos mais que no papel de moderadores.

En CIG-Saúde O Barco quermos que esta web resulte de axuda e orientación, a finalidade do blog non é resolver problemas (para iso están @s delegad@s de CIG-Saúde), a finalidade é informar e orientar. Pensade que situaciois idénticas resólvense de distinta forma según en que centro se traballe, ata moitas veces según en que servizo; polo tanto é a sección sindical de CIG-Saúde do centro onde estedes quén mellor vos pode informar do que acontece nese centro. Na parte superior do blog, tedes acceso directo ó resto de áreas onde temos presenza como CIG-Saúde.

En fín, seguimos traballando na web co fín de que resulte de mais utilidade para tod@s.
Podedes utilizar este mesmo post para dar a vosa oponión en aras de mellorala.
Addthis
 

Comentarios 

 
# Antía 08-05-10 16:54
Todo moi ben ...Grazas!!!
 
 
# Marisol 09-05-10 08:11
Como tódolos cambios, da traballo afacerse, pero se é para mellorar, que sexa benvido. Unha vez máis darvos as grazas por toda a axuda e información que nos ofrecedes.Xa perdín a conta de tódalas veces que aclarei dúbidas ou tiven información útil a través desta páxina. Estades a facer un traballo que debería facer o SERGAS e deberíalles caer a cara coa vergoña, a información clara e a transparencia non vai con eles ou non lles interesa
 
 
# rosac 07-02-13 10:08
Noraboa polo traballo que estades a facer. De seguro leva moito tempo e esforzo, pero os usuarios o agradecemos moito!
Un saúdo
 


Non podes engadir comentarios. Tes que rexistrarte primeiramente.

20100407_hospitalvigo_04
573-81933-a-carrabxo
573-82097-a-pedra
573-82150-a-berro
573-82153-a-dixo
573-82384-a-manifa
573-82578-a-SERVIZOS20PUBLICOS-1
573-82696-a-qg
573-82703-a-DESPIDO20BARATO
573-82728-a-pontevedra
573-82843-a-queremos
573-83156-a-dspi2
573-83252-a-pon
573-83361-a-qgconcerto
573-83720-a-santiago
I1133
www.cig-saude.info | O Barco | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | Cee | 061 | AgMedica

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info