CIG Saude | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | 061 | AgMedica


logocigsaudebarco4


<<  Outubro 2019  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
   1  2  3  4  5  6
  7  8  910111213
14151617181920
21222324252627
28293031   
Frase pra baixar os modulos en firefox

Farjas di que os técnicos decidirán se se unen ás gardas de radioloxía Imprimir Correo-e
Actualidade
Xoves, 13 Maio 2010 08:17
Deixámosvos aqui un artigo da Voz de hoxe sobre o acontecido onte en Monforte, na visita da Farjas aos alcaldes. A muller esta non se corta un pelo en dicir que os que decidirán se aceptan as gardas "mancomunadas" serán @s radiólog@s. O que non dí é qué pasará se dicen que non. A algúns xa llo dixeron: privatizar o servizo. Así de claro. Hoxe, tod@s a Monforte!

Aqui podedes ver a noticia da  Voz:

Farjas di que os técnicos decidirán se se unen ás gardas de radioloxía

A conselleira de Sanidade evitou dar prazos para a centralización do servizo no Barco, Monforte e Verín.

Sen aclarar cal será o futuro da área sanitaria de Valdeorras

Na súa visita de onte a Monforte Pilar Farjas asegurou que os hospitais comarcais non perderán servizos co novo sistema de xestión integrada, e repasou as bondades deste procedemento. En resposta aos xornalistas, dixo literalmente que «a xestión integrada en Monforte (e por extensión ao Barco) permitirá que a área sanitaria teña un único xerente, con autonomía de xestión e con dirección tanto sobre a asistencia primaria como a especializada». A resposta só convenceu aos alcaldes e edís do PP presentes, pero non aos demais grupos políticos nin aos traballadores. Era a repetición do que se falou pola mañá no Parlamento, onde Farjas evitou (a pregunta do BNG) confirmar se se manterá a área sanitaria do Barco.



Addthis
 


Non podes engadir comentarios. Tes que rexistrarte primeiramente.

20100407_hospitalvigo_04
573-81933-a-carrabxo
573-82097-a-pedra
573-82150-a-berro
573-82153-a-dixo
573-82384-a-manifa
573-82578-a-SERVIZOS20PUBLICOS-1
573-82696-a-qg
573-82703-a-DESPIDO20BARATO
573-82728-a-pontevedra
573-82843-a-queremos
573-83156-a-dspi2
573-83252-a-pon
573-83361-a-qgconcerto
573-83720-a-santiago
I1133
www.cig-saude.info | O Barco | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | Cee | 061 | AgMedica

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info