CIG Saude | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | 061 | AgMedica


logocigsaudebarco4


<<  Outubro 2019  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
   1  2  3  4  5  6
  7  8  910111213
14151617181920
21222324252627
28293031   
Frase pra baixar os modulos en firefox

o pp contra a ATENCION PRIMARIA Imprimir Correo-e
Atención Primaria
Luns, 15 Abril 2019 14:22

Considera que “fixeron saltar polos aires” o acordo asinado o pasado 10 de abril

CIG-Saúde denuncia que a “soberbia” do PP e de Feijóo impide solucionar a problemática de Atención Primaria

Compostela, 11 de abril de 2019.- O pasado luns asinábase o acordo de negociación de todos os temas que se viñan denunciando, desde hai anos, referidos o deterioro de Atención Primaria. Un acordo polo que o SERGAS se comprometía, a través da Directora de Recursos Humanos -designada por eles-, a negociar en dúas mesas as demandas presentadas polo comité de folga. “Transcorridas menos de 24 horas xa fixeron saltar todo polos aires”, denuncia a secretaria nacional de CIG-Saúde, María Xosé Abuín.

Abuín explica que tan só un día despois da sinatura deste acordo desde o Presidente da Xunta, até o Xerente do SERGAS, pasando polo portavoz de Sanidade no Parlamento e mesmo o propio conselleiro de Sanidade, en comparecencia parlamentaria, retiraron publicamente o apoio ao acordo asinado no ámbito de negociación. “O PP non só desautoriza así á Directora de Recursos Humanos, senón que constata a súa indecencia política e o escaso, por non dicir nulo valor dos seus compromisos, que xa non se sustentan sequera en campaña electoral”, denuncia a secretaria nacional de CIG-Saúde.

María Xosé Abuín lembra as manifestacións públicas de uns e outros e denuncia que mesmo chegaran a cualificar a plataforma de Primaria como un “chiringuito”; que manifestaran que xa tiñan asinado todo cos Colexios Profesionais e outros colectivos; que o conselleiro chegara a afirmar que o modelo de Primaria do PP xa era un modelo de éxito que non precisaba máis orzamento e que só ía dedicar 17,3 millóns de euros en dous anos; que a solución pasaba por facer campañas de información á cidadanía e por aumentar máis tecnoloxía na Atención Primaria. “Isto quere dicir, nin máis nin menos, que o que pretenden é ampliar o negocio que agora está nos hospitais, tamén á primaria e que o único que farán, en todo caso, será redefinir algúns temas”.

A secretaria Nacional de CIG-Saúde considera “inadmisible” que xa antes de iniciarse a negociación do estudo de necesidades de persoal na atención primaria, que é un dos compromiso recollidos na acta, xa o conselleiro adiante en sede parlamentaria que non teñen a máis mínima intención de dotar o servizo de máis medios humanos, nin materiais, nin máis orzamento. Nin sequera de dotar á Primaria de capacidade resolutiva ou a creación dunha Xerencia. “Antes de cuantificar as necesidades reais xa anuncian o ridículo orzamento que van investir, o que é a proba máis evidente de que a súa intención era e é non facer nada”, denuncia Abuín.

Desde a CIG-Saúde “lamentamos o erro cometido ao confiar en que a consellaría de Sanidade e Feijóo ían cumprir o que a Directora de Recursos Humanos, que adoita respectar os compromisos que adquire e que dela dependen, nos estaba a transmitir. Estaba sendo utilizada e eles non tiveron sequera a decencia de asistir a ningunha reunión coa Plataforma”.

A CIG-Saúde lamenta, xa que logo, ter desconvocado a folga e terlle dado ese voto de confianza ao goberno do PP, que “sabemos que non é digno de tal”, afirma Abuín, quen anuncia que “imos convocar unha reunión da plataforma en breve para propor retomar a folga no mes de maio se o día 26 o SERGAS non trae á mesa sectorial as propostas para desenvolver os acordos acadados o 10 de abril. Estamos dispostas a incrementar a mobilización a todos os niveis”.

Para calquera aclaración podedes contactar con María Xosé Abuín no 662 312 958.

Gabinete de Comunicación

Confederación Intersindical Galega

Addthis
 


Non podes engadir comentarios. Tes que rexistrarte primeiramente.

20100407_hospitalvigo_04
573-81933-a-carrabxo
573-82097-a-pedra
573-82150-a-berro
573-82153-a-dixo
573-82384-a-manifa
573-82578-a-SERVIZOS20PUBLICOS-1
573-82696-a-qg
573-82703-a-DESPIDO20BARATO
573-82728-a-pontevedra
573-82843-a-queremos
573-83156-a-dspi2
573-83252-a-pon
573-83361-a-qgconcerto
573-83720-a-santiago
I1133
www.cig-saude.info | O Barco | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | Cee | 061 | AgMedica

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info