CIG Saude | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | 061 | AgMedica


logocigsaudebarco4


<<  Decembro 2019  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
        1
  2  3  4  5  6  7  8
  9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031     
Frase pra baixar os modulos en firefox

CONVOCATORIA DE FOLGA Imprimir Correo-e
Actualidade
Martes, 26 Novembro 2019 13:56

Diante da convocatoria de folga dos días 27 e 28 de novembro dos profesionais de medicina de familia e pediatría de Atención Primaria, CIG-Saúde quere manifestar o seguinte:

 

Desde CIG-Saúde reiteradamente vimos denunciando o desmantelamento da atención primaria, a falta de orzamento e a súa subordinación aos obxectivos hospitalarios. E o mais grave, a eliminación de postos de traballo coa amortización de prazas nos últimos anos.

Tamén vimos denunciando o grave problema que supón o importante número de xubilacións de persoal facultativo que se van a producir e a falta de planificación da Administración sanitaria para dar unha resposta que garanta a continuidade asistencial, en condicións de dignidade para a cidadanía e as e os profesionais.

Xa temos manifestado que a situación na que se atopa a Atención Primaria precisa que se tomen medidas urxentes, mediadas esixidas, reiteradamente, por todos os colectivos profesionais de atención primaria, chegaría  con que  a Consellaría  de Sanidade  escoite as demandas das/os  profesionais.

A Consellería de Sanidade, se quere demostrar que aposta pola Atención Primaria, ten que:

  • Modificar os orzamentos presentados e incrementar a cantidade dedicada á Atención Primaria para dar cumprimento ás propostas dos grupos de traballo.
  • Modificar o Decreto que regula as Areas Sanitarias e os Distritos Sanitarios para crear unha verdadeira estrutura de xestión da Atención Primaria.
  • Negociar un verdadeiro plano de Ordenación de RRHH que de resposta ás necesidades actuais e futuras de tódalas categorías da nosa Atención Primaria.
  • Crear prazas novas nos Centros de Saúde que viven situacións máis críticas, en cantidade suficiente para que repercuta no tempo da atención e na calidade asistencial.
  • Incorporar novos colectivos de profesionais para dar unha asistencia integral desde a atención primaria
  • Desenvolver a carteira de servizos de todos os colectivos.

CIG-Saúde entende que a convocatoria de folga é a resposta das/os profesionais  ante o desmantelamento da atención primaria que está a provocar a  Consellería de Sanidade, medida que esixe  unha solución global para toda a Atención Primaria.

Por todo isto, desde CIG-SAÚDE apoiamos esta mobilización. E apoiaremos todas as mobilizacións que se fagan en defensa da sanidade pública, e en contra das políticas  que provocan que as/os profesionais non poidan realizar un traballo de calidade. A poboación tamén  ten que participar das mobilizacións xa que o que está en perigo é a súa saúde.

CIG-Saúde comprométese a seguir defendendo unha Atención Primaria digna, para pacientes e profesionais, promovendo e convocando as mobilizacións que sexa preciso convocar e participando nos ámbitos de representación e negociación que nos corresponden como sindicato, coa forza que nos dan as traballadoras e traballadores.

Compostela, 25 de novembro de 2019

Addthis
 


Non podes engadir comentarios. Tes que rexistrarte primeiramente.

20100407_hospitalvigo_04
573-81933-a-carrabxo
573-82097-a-pedra
573-82150-a-berro
573-82153-a-dixo
573-82384-a-manifa
573-82578-a-SERVIZOS20PUBLICOS-1
573-82696-a-qg
573-82703-a-DESPIDO20BARATO
573-82728-a-pontevedra
573-82843-a-queremos
573-83156-a-dspi2
573-83252-a-pon
573-83361-a-qgconcerto
573-83720-a-santiago
I1133
www.cig-saude.info | O Barco | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | Cee | 061 | AgMedica

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info