CIG Saude | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | 061 | AgMedica


logocigsaudebarco4


<<  Novembro 2019  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
      1  2  3
  4  5  6  7  8  910
11121314151617
18192021222324
252627282930 
Frase pra baixar os modulos en firefox

mesa sectorial traslados 18 xuño Imprimir Correo-e
Traslados
Venres, 18 Xuño 2010 17:02

Esta de abaixo é a información que nos envian do acontecido na mesa sectorial de hoxe, deixamos enlace tamén as que parece van ser as prazas definitivas a convocar.

 

ATENCIÓN PRIMARIA

  • O Sergas cambia de opinión e oferta as vacantes ocupadas por interinos en Atención Primaria ( nos PAC ) coa condición de que non van a ofertar as RESULTAS.
  • Os cambios en Odontólogos son sin incrementar o número total das ofertadas, o que fixeron foi aplicar o criterio de menor antigüidade na praza e cambian unha que estaba ofertada e que o interino era máis antiguo por outra que o interino ten menor antigüidade.
  • Os cambios que hai en prazas de enfermaría e médicos de familia son fundamentalmente de turno ou para clarexar mellor o lugar onde están ubicadas as prazas.
  • Engaden unha praza nova de auxiliar administrativo en Ourense.

ESPECIALIZADA

Neste apartado os cambios que hai son únicamente aqueles que aportaron dende as Xerencias, os aportados polos sindicatos quedan para unha revisión posterior na semana que ben, quedando o Sergas en que nos remitirá un listado DEFINITIVO o mércores.

PREVISIÓNS

Preven sacar a convocatoria a primeiros de xullo en DOG, as incorporacións as manteñen para o mes de outubro, xunto coas da OPE, dun xeito gradual, primeiro as categorías pequenas e logos as máis grandes quedando para o final as de enfermaría.

FACULTATIVOS/FEAS

Xa teñen os traslados pechados na semana que ben nos adiantaran os destinos para que se difundan, se poden os colgarán tamén na web, a publicación en DOG, será o día inmediatamente anterior á elección de destino ( 25 xuño ) , xa que escollen destino o 26. A primeiros de xullo publicarase no DOG o nomeamento co destino e xa irá tamén a data de incorporación ( setembro ).

OPE RESTO

Notas a semana que ben as das categorías pequenas, o resto de categorías queda para primeiros de setembro, coa excepción de enfermaría que sairán as notas a finais de setembro, iniciando a incorporación en outubro.
Addthis
 

Comentarios

 
+2 # tipinho 18-06-10 17:40
só unha preguntiña nada mais fisioterapia é unha categoría pequena e dan as notas a semana que ven ou somos unha categoría de septembro.
 
 
# CIG Saúde O Barco 21-06-10 08:52
imaxinamos que as categorias grandes as que se refire o SERGAS é onde hai mais xente presentada, é decir, enfermeira, TCAE, aux administrativo, celador e pinche, o resto pensamos que son as que denomina o SERGAS como pequenas.
 
 
# Miriam 18-06-10 18:02
O final pillannos en plenas vacacións, sempre fan igual. Unha vez que convoquen os traslados, cantos días nos dan para presentar os papeis?
 
 
# CIG Saúde O Barco 21-06-10 09:21
o sergas comentou que darían o tempo suficiente, tendo en conta o periodo vacacional,cant o é iso? pois non o sabemos (poidera ser un mes, pero de momento non temos constancia)
 
 
# Currito 18-06-10 19:09
¿Dúas prazas de celador na Xerencia de AP da Coruña...?, veñaaaaaaaaa....
 
 
# Currito 18-06-10 19:12
Entendo que estas son prazas a maiores das que xa había....
 
 
# albmuela 18-06-10 20:31
Según parece hasta el día antes de la convocatoria para elección de plaza de FEA no se sabrá a ciencia cierta ni si es la fecha ni las plazas... ¿o se publicará antes en el DOG la convocatoria y las plazas oficiales saldrán el 25 con el concurso de traslados aunque se pasen oficiosamente para difusión a través de sindicatos?
Gracias por mantenernos informados.
 
 
# CIG Saúde O Barco 21-06-10 15:08
estamos á espera que nos faciliten esas prazas, xa contábamos con elas hoxe pero de momento non chegou nada, en canto as teñamos as publicarem,os sen demora.
 
 
# rita333 18-06-10 21:22
Ou sexa... que de 100% nada de nada. Sigo sin saber por qué non se oferta a praza de PSX do ambulatorio de Coruxo.
Pero nada que non me extrañe.
 
 
# CIG Saúde O Barco 21-06-10 15:06
tomamos nota desa praza e llo comunicamos @s compañeir@s de Vigo para que miren cal é a razón pola que non sae
 
 
# pepa 19-06-10 07:44
Si no dan resultas entonces se solicitan solamente las q ofertan no? No las q se creen q tambien pueden quedar
 
 
# CIG Saúde O Barco 21-06-10 15:05
se falas da categoria de celador en PAC, que é a que se refire o texto, solo podes pedir as que oferten.
 
 
# Currito 19-06-10 12:24
Citando pepa:
Si no dan resultas entonces se solicitan solamente las q ofertan no? No las q se creen q tambien pueden quedar


Home, eu quero entender, polo que dí a nota, que non ofertaran resultas dos PACs, pero do resto supoño que sí. Sería o mais normal. Senón....
 
 
+1 # celtiña 20-06-10 19:23
Citando tipinho:
só unha preguntiña nada mais fisioterapia é unha categoría pequena e dan as notas a semana que ven ou somos unha categoría de septembro.


Hola, tipinho, cómo ves a cousa? que puntuación tés? Esperas sacar praza? eu ando sobre 65 e non teño esperanzas. Unha aperta
 
 
# paciente 21-06-10 08:03
Bos días.
Lendo o publicado hoxe sobre o sergas en relación ós traslados, dín que sairá a convocatoria a primeiros de xullo, e que darán o tempo suficiente para a xente que estea de vacacións. Será esto unha manobra política para despois dicirnos que se retrasan precisamente por este feito. Por favor, insistídelles sempre en que cumpran os prazos que fixaron dende o comezo, é dicir, outubro. Porque me da que non o van a facer, e nós dependemos de moitos cambios nas nosas vidas e non só de levar unha maleta dun lado a outro. Moitas grazas.
 
 
# Valentina Alba 21-06-10 10:13
os servicios prestados teñen k solicitarse a cada xerencia de onde traballaches ou sacanno xa do fides???
 
 
# CIG Saúde O Barco 21-06-10 11:13
da vez anterior habia que solicitalo nos centros onde se traballou, desta vez non sabemos se chegará solo co certificado fides, pero é posible que entanto non esté operativa a famosa plataforma de xestión de datos do persoal haxa que seguir solicitándoos ás xerencias oportunas, haberá que estar atentos á convocatoria
 
 
# XURXO 21-06-10 11:22
alguén pode aclararme algo? estas plazas seran a maiores, non?
 
 
# CIG Saúde O Barco 21-06-10 14:47
estas son as prazas que sairán, ou a que te refires co de "a maiores"?
 
 
# tipinho 21-06-10 13:26
para celtiña:
animo que dicen que vai ser esta semana. eu estou nas mesmas que estas ti . moita sorte.
 
 
# Edys 21-06-10 15:26
Quisiera saber si las resultas afectará a toda atención primaria; o solo a las plazas de los Pacs...
 
 
# CIG Saúde O Barco 21-06-10 16:07
solo as prazas de celador en PAC
 
 
# rita333 21-06-10 19:37
moitas gracias, espero entón unha resposta.Citando CIG Saúde O Barco :
tomamos nota desa praza e llo comunicamos @s compañeir@s de Vigo para que miren cal é a razón pola que non sae
 
 
# martiño 22-06-10 07:31
Hola compañeiros.
Saberíadesme dicir canto se paga a hora de garda localizada de tecnicos especialistas, e se estas gardas localizadas son de 17 horas?. Moitas grazas
 
 
# CIG Saúde O Barco 22-06-10 08:39
non hai paga homoxénea nos hospitais, son negociaiois por centro, polo que terás que dirixirte á sección sindical de CIG-Saúde do teu centro de traballo e preguntar alí.

no acordo marco contemplaba unha negociación sobre este aspecto, pero o governo PP deixouno sen efecto co roubo que sofrimos dos acordos asinados
 
 
# Antía 22-06-10 12:53
Citando CIG Saúde O Barco :
imaxinamos que as categorias grandes as que se refire o SERGAS é onde hai mais xente presentada, é decir, enfermeira, TCAE, aux administrativo, celador e pinche, o resto pensamos que son as que denomina o SERGAS como pequenas.

Logo psx, entendo que é das pequenas???
 
 
# CIG Saúde O Barco 23-06-10 07:58
Pensamos que PSX vai ir no lote das grandes.
 
 
# Antía 22-06-10 13:01
Non sei se so me pasa a min, pero neste arquivo non saen as prazas especificadas por areas e centros como os outros que publicárades....no outro arquivo de excel en cada folla saían as prazas por áreas e por cada centro...neste non.
 
 
# CIG Saúde O Barco 23-06-10 07:57
Neste arquivo figuran só as prazas que non aparecían no primeiro borrador e que foron engadidas despois das alegacións. Estamos á espera de que envíen o arquivo definitivo con todas as prazas, e publicarémolo completo.
 
 
# PR 23-06-10 10:46
e digo eu, hay categorías como a de auxiliar administrativo, que estan ainda con exames e non empezaron o concurso, eses tamen daralles tempo a incorporarse antes de que acabe o ano?
 
 
# CIG Saúde O Barco 23-06-10 12:11
O SERGAS insiste en que pretende finalizar os procesos neses prazos.
 
 
# amalita 23-06-10 19:05
Gustariame saber que pasa con 2 plazas de psx, ocupadas por interinos, do pac de curtis, xa que non saen na lista, Gracias.
 
 
# CIG Saúde O Barco 24-06-10 07:37
As alegacións que os sindicatos fixemos ás prazas de traslados o SERGAS quedou en estudalas e consultalas coas xerencias. Dixo que nos enviaría o listado final de prazas esta semana, e agardemos que esas prazas estean incluidas nel.
 
 
# Xavier345 23-06-10 19:14
GUSTARIAME ACLARAR UNHA DUBIDA.
PRIMEIRO ESCOLLEN PRAZA A XENTE DE TRASLADOS.
E DESPOIS ESCOLLEN A XENTE DA OPE, PERO CAS PRAZAS QUE QUEDEN VALEIRAS DE TRASLADO SUPOÑO.
PERO QUE PASA SE NON CHEGAN AS PRAZAS PODEN TER MELLORES DESTINOS O PERSOAL DA OPE, E QUE SE SAEN O MESMO NUMERO DE PRAZAS DA OPE A TRASLADOS E A XENTE ESCOLLE NON ME SAEN OS NUMEROS.
UN SAUDO
 
 
# CIG Saúde O Barco 24-06-10 07:45
Para empezar, pregaríamosche que non utilices as maiúsculas. En internet, escribir en maiúsculas equivale a berrar, e supoñemos que non é o que ti pretendías.
O proceso é como segue: primeiro, das prazas ofertadas a traslados, o persoal fixo solicita as prazas que lle interesen. Unha vez resoltas as adxudicacións de destinos para traslados, entre as prazas que queden vacantes, o SERGAS escolle as que quere sacar a OPE (sempre o número de prazas que ofertou a OPE, pero segundo o seu criterio ofertará unhas ou outras) e das que se oferten a xente de OPE escollerá.
O feito de que o SERGAS nalgunhas categorías non oferten a traslados o 100% das vacantes débese precisamente a que queren evitar que haxa menos prazas vacantes que as ofertadas a OPE e teñan que crear prazas novas. Nesas categorías saen o mesmo número de prazas a traslados das ofertadas na OPE, pero non significa que non haxa máis vacantes. Unha vez que escolla a xente de traslados, de entre todas as que queden vacantes ofertarán as de OPE.
 
 
# Juan 24-06-10 11:20
Boas!!! Non quedara o Sergas de mandarvos o listados defeinitivo das prazas a traslado este mercores de San Xoán?. Sabedes algo novo ou a que se debe o retraso?.

Grazas!!
 
 
# CIG Saúde O Barco 24-06-10 11:47
Polo momento non enviou esas prazas, en canto as recibamos, publicarémolas.
 


Non podes engadir comentarios. Tes que rexistrarte primeiramente.

20100407_hospitalvigo_04
573-81933-a-carrabxo
573-82097-a-pedra
573-82150-a-berro
573-82153-a-dixo
573-82384-a-manifa
573-82578-a-SERVIZOS20PUBLICOS-1
573-82696-a-qg
573-82703-a-DESPIDO20BARATO
573-82728-a-pontevedra
573-82843-a-queremos
573-83156-a-dspi2
573-83252-a-pon
573-83361-a-qgconcerto
573-83720-a-santiago
I1133
www.cig-saude.info | O Barco | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | Cee | 061 | AgMedica

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info