CIG Saude | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | 061 | AgMedica


logocigsaudebarco4


<<  Setembro 2019  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
        1
  2  3  4  5  6  7  8
  9101112131415
16171819202122
23242526272829
30      
Frase pra baixar os modulos en firefox

Cortexo cívico-reivindicativo Rosalía de Castro Imprimir Correo-e
Lingua e Cultura
Martes, 13 Xullo 2010 12:02
A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) coordina e convoca para este xoves 15 de xullo un cortexo cívico e reivindicativo en lembranza do traslado dos restos mortais de Rosalía de Castro, acto que tivo lugar o 25 de maio de 1891, e para que se garanta o acceso ao Panteón dos Galegos Ilustres.

O acto conta co apoio e colaboración de máis de 200 entidades e colectivos culturais de todo o país.

Un tren, identificado como "Follas Novas", partirá da estación da Matanza, a carón da casa de Rosalía, o xoves día 15 de xullo, para facer o traxecto Padrón-Compostela. Previamente, haberá unha concentración na colexiata de Santa María de Iria, no cemiterio de Adina, onde o presidente da AELG, Cesáreo Sánchez Iglesias, informará do sentido dos actos, á vez que se lerá un poema de Rosalía de Castro.

Na estación de Compostela agardará a comitiva restante, actuando a banda municipal de Santiago. Despois, o cortexo sairá pola rúa do Hórreo cara á Praza do Toural, primeira parada da comitiva, onde haberá unha lectura de tres poemas de Cantares Gallegos (“A gaita gallega”, “Castellanos de Castilla” e “Eu cantar, cantar, cantei”), para continuar pola Praza da Universidade e pola Praza de Cervantes, onde se lerán outros poemas de Rosalía.

Finalmente, en San Domingos de Bonaval celebrarase unha audición do Ángelus, de Massenet, e unha lectura de poemas de Follas Novas, intercalando actuacións do diversos grupos musicais e artistas participantes, para rematar o acto coa lectura dun comunicado reivindicativo da figura de Rosalía de Castro, no día en que se fan 125 anos da súa morte acontecida o 15 de xullo de 1885, e para que se garanta o acceso ao Panteón dos Galegos Ilustres, unha vez coñecida a intención do Arcebispado de Santiago de Compostela de pechar as súas portas, despois dun litixio que lle outorga a titularidade do panteón á Igrexa.

 

Podedes obter máis información sobre as actividades na páxina web da Asociación de Escritores en Lingua Galega.

 

Parécenos sumamente importante, neste ano que se conmemora o 125 aniversario da morte de Rosalía, a participación nestes actos lúdicos e á vez de reivindicación, non só da apertura do Panteón de Galegos Ilustres, senón tamén da figura de Rosalía de Castro, deturpada históricamente como esa muller chorona que escribía poemas intimistas, cando na realidade é a nosa poeta nacional, avangarda no seu momento da denuncia da situación da muller e da situación de Galiza.

  

Animámosvos a participar este xoves no cortexo cívico-reivindicativo.

Addthis
 


Non podes engadir comentarios. Tes que rexistrarte primeiramente.

20100407_hospitalvigo_04
573-81933-a-carrabxo
573-82097-a-pedra
573-82150-a-berro
573-82153-a-dixo
573-82384-a-manifa
573-82578-a-SERVIZOS20PUBLICOS-1
573-82696-a-qg
573-82703-a-DESPIDO20BARATO
573-82728-a-pontevedra
573-82843-a-queremos
573-83156-a-dspi2
573-83252-a-pon
573-83361-a-qgconcerto
573-83720-a-santiago
I1133
www.cig-saude.info | O Barco | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | Cee | 061 | AgMedica

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info