CIG Saude | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | 061 | AgMedica


logocigsaudebarco4


<<  Novembro 2019  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
      1  2  3
  4  5  6  7  8  910
11121314151617
18192021222324
252627282930 
Frase pra baixar os modulos en firefox

Información da Mesa Sectorial e outras Imprimir Correo-e
Actualidade
Mércores, 21 Xullo 2010 07:57

Nesta reunión abordáronse os temas que estaban incluídos na orde do día e outros temas que plantexamos coma CIG-SAÚDE, entre eles, preguntamos sobre os traslados e sobre a OPE de Psiquiatría.

aagpOrde do día:

1.- Decreto de Xestión Integrada.

2.- Decreto de Ordenación de Recursos Humanos.

3.- 4º grao réxime extraordinario de carreira, pendente de convocar.


1.- Xestión Integrada.

A Administración fíxonos entrega dun novo documento que mantén integramente o modelo de xestión recollido no anterior, as pequenas modificacións son de redacción. Despois do debate e de reiterar as alegacións xa presentadas esta foi a nosa conclusión sobre o Decreto de Xestión Integrada:

 

O debate que hoxe trouxo a Administración a esta Mesa Sectorial sobre o Decreto de Xestión Integrada é a maior farsa sen precedentes. O documento que hoxe se presentou xa foi aprobado e presentado perante a opinión pública o día 6 de xullo no acto que o presidente da Xunta fixo do plano estratéxico do SERGAS 2014. Ademais , as liñas xerais deste decreto están recollidos no devandito documento.

Non imos entrar no xogo da Admón de debater os cambios de redacción. Para a CIG-SAÚDE o debate débese centrar no modelo sanitario que este decreto nos quere impor. Este Decreto pretende criar un marco normativo que supere os límites xeográficos das actuais áreas sanitarias: encubertamente está a mudar o mapa sanitario, xa que pode acoller, baixo unha única Xerencia Integrada, dispositivos integrados territorialmente en áreas diferentes do actual mapa sanitario de Galiza. Este Decreto condiciona de xeito negativo o futuro desenvolvemento da Atención Primaria, de modo que perda autonomía no desenvolvemento dos seus proxectos e vai quedar funcionalmente subordinada ás estratexias de xestión do centro hospitalario de referencia. Isto aféctanos sobremaneira de cara ao novo decreto de xestión integrada da área do Barco, xa nos facemos unha idea de por onde vai ir, na liña do que xa avisábamos e avisaba a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco: imos depender de Ourense.

 

Debemos facer unha mención específica ao modelo que esta Administración sanitaria pretende facer do tratamento dos doentes crónicos , remitindo estes ao plano integramente sociosanitario, sector que esta Administración pretende privatizar na súa totalidade. No tratamento dos doentes crónicos e a súa derivación aos servizos sociosanitarios, o SERGAS recupera o texto da LOSGA (Lei de Ordenación Sanitaria de Galiza, Lei sanitaria do PP).

 

Con estes argumentos e coa totalidade das alegacións que recolle o noso documento, solicitamos a retirada do mesmo e a publicación dun Decreto de Xestión Integrada que apoie a creación dunha xerencia de área sanitaria que favoreza a coordinación asistencial, a integración dos servizos que mellore a implantación de guías e protocolos coa implicación de todas/os as/os profesionais, que mellore a utilización dos RRHH e materiais, e que favoreza a creación dun sistema de información común dos dous niveis.

 

A pesares da nosa insistencia, como isto xa estaba aprobado, o SERGAS dá por finalizada a negociación do Decreto.

 

En síntese, este Decreto é: Un Decreto Marco que deixa aberta todas as portas para que a Admón faga un posterior desenvolvemento do mesmo, adaptándoo á política sanitaria que o PP quer implantar. Iso si, baixo a falacia de que as normas de desenvolvemento deste Decreto serán negociadas en Mesa Sectorial. De que negociación están a falar?

 

2.- Decreto de Ordenación dos Recursos Humanos.

O debate deste Decreto posponse para una mesa sectorial que se celebrará o día 27 de xullo, xa que a Administración enviou onte a última hora da tarde un novo documento , que fai una nova ordenación dos capítulos e só recolle modificacións de redacción. Non varía no substancial con relación ao documento anterior, e, ao igual que o Decreto de Xestión Integrada, as grandes liñas deste documento xa están recollidas no Plan Estratéxico do SERGAS 2014, presentado o día 6 de xullo.

 

As nosa alegacións non se recollen, e como o Decreto anterior, é un Decreto Marco que deixa moitas cousas importantes para un posterior desenvolvemento, adaptando os nomeamentos do persoal á nova estrutura de área.

 

Na reunión do día 27 o noso posicionamento vaise centrar nas nosas alegacións, xa que estas están dirixidas a reducir a temporalidade e crear estabilidade no emprego:

  1. Erradicar o encadeamento de contratos sucesivos que encubran postos de traballo estábeis.

  2. Facer aflorar os postos de traballo estábeis, de maneira que poidan ser regularizados na vindeira Lei de Orzamentos e convocados no próximo concurso de traslados e OPE.

  3. Convocatoria do 100% das prazas.

  4. Convocatoria anual do concurso de traslados.

Sobre estes dous decretos (Xestión Integrada e RR HH, tendes aqui un folleto explicativo da posición de CIG-SAÚDE.

 

3.- 4º grao de Carreira Extraordinaria.

A Administración dá lectura ao informe xurídico que tiñan solicitado para ver se era posíbel convocar o 4º grao e diferir o pagamento e, como era de esperar, o informe conclúe que non é posíbel unha aplicación parcial do acordo, xa que isto suporía unha alteración do mesmo. O acordo e o propio Estatuto Marco recollen que o principal efecto do recoñecemento dun grao de carreira é o recoñecemento económico.

Preguntamos se a Administración tiña unha estimación aproximada de cando se ían recuperar os acordos retributivos , ou si, como no Plano Estratéxico do SERGAS 2014, se fai referencia a unha nova redución do orzamento do Sergas nos próximos anos; este é o horizonte temporal da recuperación dos nosos acordos, o ano 2014.

A resposta da Administración foi que neste momento non se poden comprometer a dar unha data, a crise económica e a baixada de ingresos impiden facer valoracións a medio prazo. A preocupación da Administración é poder facer fronte ao pagamento das nóminas deste ano. Comunícannos que non teñen efectivo para pagar os atrasos das fundacións, pendentes desde o 2007, os trienios dos interinos, a mellora de IT do persoal facultativo…

 

Temas que plantexamos fora da orde do día.


OPE Psiquiatría 2006. A Administración está cabreada connosco por sementar dúbidas na nosa páxina sobre a celeridade do proceso; mostran a carta enviada a todas/os os opositores comunicándolles o calendario do proceso. Recoñecen que non enviaron a comunicación ás organización sindicais, pero  din que isto non é motivo para sementar dúbidas.

 

Concurso de traslados. Comunican que nesta semana enviarán as listaxes coas prazas definitivas, previsibelmente o concurso convocarase a próxima semana.

 

Obxección dos profesionais á Lei de interrupción do embarazo. Como en moitos temas, informámonos pola prensa de que a Consellaría de Sanidade vai entregar un documento ás/aos traballadoras/es para que amosen, ou non, a súa obxección. Amosáronse resistentes a enviarnos o documento dirixido ás/aos profesionais ; non sabemos que lle van preguntar que non poidamos coñecer. Despois de moito insistir en que se nos enviase o documento, xa que o relacionado co persoal é materia de M.S , a directora de RRHH comentou que podería incorporar este tema nunha Mesa Sectorial. Enviaremos por escrito a solicitude de que se nos envíe o documento.

 

Drogodependencias. Amosan a súa negativa a convocar unha M.S para abordar este tema. Como CIG-SAÚDE insistimos que é materia de M.S o tratamento do novo Plan Galego sobre Drogas e o referente ao persoal desta unidades. A directora de RRHH comprometeuse a convocar unha reunión coas organización sindicais que solicitábamos esta reunión e darnos a información demandada. Nós continuamos a insistir no tratamento deste tema na M.S pero se é máis operativo esta primeira reunión aceptámola. Solicitámoslle que ten que ser convocada, como máis tardar, na próxima semana. De non recibir convocatoria da reunión, falaríamos co resto de organizacións e coa asociación de profesionais para iniciar unha campaña de denuncia.

 

Isto non deu para máis, moitas horas de reunión con poucos avances.

 

Documentos para descarga:

 

*Novo documento do Decreto de Xestión Integrada.

*Novo documento do Decreto de RRHH.

*Folleto explicativo posicionamento CIG-SAÚDE.

Addthis
 

Comentarios 

 
# PR 21-07-10 09:01
E da carreira ordinaria non sabedes nada? Polo menos que non deixen pedir o grao inicial, que ese non se paga, que os da ope06 levamos dous anos de retraso, a este paso non teremos nin o grao 1 na vida
 
 
# CIG Saúde O Barco 21-07-10 09:24
tanto este persoal como o do último grado do persoal xestión e servizos, técnico e auxiliares de enfermaria, están colgados debido ó corte presupuestario imposto por feijóo, ó igual que a eliminación de tódolos acordos que tíñamos asinados. Precisamente fixemos unha folga en decembro para reivindicalo, lembraste?.
A dia de hoxe está todo parado por estes "axustes" o que sí di o SERGAS que está disposto a negociar para recoñecer os graos de carreira novos pero sen efectos económicos, é decir que solo valdría para a xente que se pode ir de traslado fora do SERGAS e onde vai sí teñan recoñecida a carreira.
Despois do verán esperamos se volte a negociar o de carreira e veremos se acadamos algo ou non, pero, e repetímolo por milésima vez, ou TOMAMOS CONCIENCIA E NOS MOBILIZAMOS TOD@S ou a levamos clara.
 
 
# PR 21-07-10 10:53
Sí me lembro, posto que eu secundeina, pero non vexo avances, polo menos o inicial, para que quede constancia de cando empezamos e canto levamos
 
 
# CIG Saúde O Barco 21-07-10 11:23
é que corren malos tempos, son de retroceso nos dereitos adquiridos pero iso non é o pior, o pior é que os traballadores e traballadoras non acabamos de tomar conciencia disto e non solo nos chimpan a carreira e os atrasos senon que teremos que traballar 2 anos mais antes de xubilarnos, se empeza a falar tamén do copago, etc etc etc.
O dito antes, ou nos concienciamos e os paramos ou vamos a perder moitas mais cousas
 
 
+1 # Currito 21-07-10 11:34
Pois, francamente, eu, o tema do copago non o acabo de ver tan mal... .Penso que de ese xeito solucionaríanse moitos dos problemas da atención primaria. O problema é que político ten arrestos de tomar a iniciativa e mollarse porque sabe que é o seu suicidio político...
 
 
# miguel 21-07-10 17:05
Gustariame saber se nesta mesa sectorial do 19 de Xullo ou na do 27 de Xullo(ainda que supoño xa debedes estar un pouco fartos disto),pero preguntabame se o sergas ou vos como sindicato sabedes algo ou comunicouvos o sergas sobre posibles publicacions de listaxes provisionais de baremacions dalgunha categoria, que segun o sergas deberia sacar a finais deste mes. Un saudo e grazas.
 
 
# CIG Saúde O Barco 22-07-10 08:15
Non temos máis información que a publicada.
 
 
# PR 21-07-10 17:21
Para currito: é moi perigoso iso que dis, que comezas pagando 1 euro e acabas pagando 20. É moi fácil para o san, pero para o enfermo sería un auténtico desastre, e dígoo por experiencia. Se eu por desgracia tivera que pagar parte dos tratamentos que levo no corpo xa non estaba aquí. pero bueno, que iste non é o lugar para falar destas cousas, o que é que convoquen os traslados dunha p... vez, e que se cumpran os prazos da ope, e que consigamos algúns avances non temas do cumplimento dos acordo.
 
 
# APAJDOM 21-07-10 18:02
OLa:

Queria ver o enlace do decreto de RRHH e non funciona.

Grazas
 
 
# CIG Saúde O Barco 21-07-10 19:08
Desculpas, xa está en funcionamento.
 
 
# jessica 21-07-10 20:13
con respecto ó borrador anterior que aparece colgado na páxima do sergas, hai cambios. Entre eles está que no anterior borrador (o que está colgado na páxina do sergas), pon que vai haber convocatorias do 2010 ó 2013. 2010 e 2012 para facultativos, e 2011-2013 para o resto do persoal. Eu neste novo borrador non vexo nada diso. ¿quere dicir que xa non se van producir esas convocatorias que anunciaban no borrador antigo?
 
 
# CIG Saúde O Barco 22-07-10 08:18
Entendemos que pretenden negociar o calendario na reunión da Comisión Técnica de OPE do vindeiro día 27.
 
 
# jessica 22-07-10 13:47
ok, graciñas pola pronta resposta
 
 
# Xavier345 22-07-10 15:25
NON ENTENDO COMO PODEN TER CARREIRA OS MEDICOS E AS ENFERMEIRAS E O RESTO NON.
O PERSOAL NON SANITARIO ESTA DISCRIMINADO DE FORMA SALVAXE, HAI CARTOS PARA UNS SI, PERO NON PARA OUTROS. ISTO NON PASA EN OUTRAS COMUNIDADES.
 
 
# abelardo 23-07-10 08:24
en portugal ya existe el copago, y os puedo decir que es una gran mierd.... por que al final siempre pagan los mismos, los gitanos ,pensionistas y rendimiento minimo 0 patatero, los ricos tienen su seguro privado y se estan cagando para lo publico y los gilipollas de clase media a pagar, me acuerdo que solo por entrar a las urgencias eran 10 euros pero despues la analitica unos 15 mas si una rx otros 9 y con suerte note hacian mas pruebas, pero yo solo lo necesite una vez y me llego una factura de 150 asi que veremos a ver,la verdad es que asi es insostenible a ver lo que hacen
 
 
+1 # Currito 23-07-10 11:31
Yo, cuando me refiero al copago, hablo de cantidades simbólicas, 1€ por consulta y 50 céntimos por recetas. Con eso sería suficiente. Incluidos, por supuesto, los pensionistas y los ¡¡¡ PSR de cualquier tipo !!!. Eso, sí, en donde habría que "cargar el carro" sería en las pruebas realizadas a petción del paciente... (analíticas...etc).
 
 
+1 # Currito 23-07-10 11:34
Por cierto...., viernes 13:27 horas, y las prometidas listas sin salir...., eso es tener palabra y lo demás tonterías. A partir de ahora podemos hacer lo mismo con los pacientes, podemos vacilarlos dándoles citas erróneas, cambiando los días, etc, etc..., al fin y al cabo también somos "portavoces" de la Consellería...
 


Non podes engadir comentarios. Tes que rexistrarte primeiramente.

20100407_hospitalvigo_04
573-81933-a-carrabxo
573-82097-a-pedra
573-82150-a-berro
573-82153-a-dixo
573-82384-a-manifa
573-82578-a-SERVIZOS20PUBLICOS-1
573-82696-a-qg
573-82703-a-DESPIDO20BARATO
573-82728-a-pontevedra
573-82843-a-queremos
573-83156-a-dspi2
573-83252-a-pon
573-83361-a-qgconcerto
573-83720-a-santiago
I1133
www.cig-saude.info | O Barco | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | Cee | 061 | AgMedica

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info