CIG Saude | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | 061 | AgMedica


logocigsaudebarco4


<<  Novembro 2019  >>
 Lu  Ma  Me  Xo  Ve  Sa  Do 
      1  2  3
  4  5  6  7  8  910
11121314151617
18192021222324
252627282930 
Frase pra baixar os modulos en firefox

Farjas non aclara se se van cubrir as ausencias no verán Imprimir Correo-e
Recurtes Sociais e Salariais
Xoves, 22 Xullo 2010 09:09
Artigo extraido (e traducido) de Xornal.com:

Sanidade garante a asistencia sanitaria durante o período estival. Con todo, a Conselleira Pilar Farjas non aclarou se este verán se cubrirán as baixas e as vacacións dos profesionais do Sergas, tal e como denunciou esta semana a nacionalista Ana Luisa Bouza. Así, desde o departamento autonómico simplemente argumentan que hai unha reorganización do persoal hospitalario similar á doutros anos.
staca
Con todo, a portavoz de Sanidade do BNG e as organizacións sindicais denunciaban esta mesma semana que este verán non hai sustitucións para as vacacións nin as baixas. É máis, poucos días antes, a Comisión do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) manifestaba que neste centro non se cubrirá durante o período estival a máis do 50% do persoal.

A actividade do Sergas cae mes a mes, denunciou a nacionalista Ana Luisa Bouza, quen ademais lembra que segundo os últimos datos sobre listas de espera publicados na web do Sergas, as persoas que están á espera por unha operación cirúrxica aumentaron en 12.000 respecto de xuño de 2009. Uns datos que, ademais, a nacionalista achacou ao peche masivo de camas durante este verán.

No entanto, Pilar Farjas volveu defender onte que o seu departamento garante o funcionamento do 92% das prazas nos hospitais galegos. Porén, o peche medio dunhas 580 camas xa fora anunciado anteriormente desde Sanidade, sen chegar a precisar en ningún momento qué hospitais e durante canto tempo levará a cabo.

Así, os datos da Consellería contrastan cos que manexan os sindicatos e que falan dunha perda de até duascentas camas máis das recoñecidas polo departamento autonómico. Neste sentido, Manuel González, da CIG, explicaba que este peche utilizase para recolocar o persoal noutros servizos e rebaixar a actividade.

Nesta liña, Farjas insistiu no funcionamento de todos os servizos de saúde, máis aló de situacións concretas, en alusión da falta de profesionais para a especialidade de pediatría, que atribuíu á inexistencia de pediatras en paro que contratar, que, segundo dixo, compleméntase con médicos de familia e a atención en hospitais.

A deputada nacionalista tamén acusou o pasado luns ao Sergas de comezar a derivar as urxencias a centros concertados. Neste sentido, Ana Luisa Bouza explicaba que desde hai dúas semanas as urxencias do Complexo Hospitalario de Ourense son derivadas a hospitais privados.

Pola contra, Farjas insistiu en que non é certo e recalcou que no CHOU actúase con criterios de rigor.

Non existe ningunha derivación a un centro privado desde Urxencias máis aló de causas concretas, afirmou, en relación á decisión de profesionais que requiran esa decisión para que os pacientes reciban asistencia. Ademais, reiterou que o Sergas está conxelando os concertos con centros privados e lembrou que a contía dos mesmos se ha visto rebaixada nun 5%.

Ademais, a Conselleira, preguntada polos recortes nos orzamentos anunciados pola Xunta para 2011, comentou que traballa coa Consellería de Facenda para ver as posibles políticas de eficiencia e subliñou que o presidente Alberto Núñez Feijóo deixou claro que as políticas sociais seguen sendo a prioridade na definición das partidas para o próximo exercicio.
Addthis
 


Non podes engadir comentarios. Tes que rexistrarte primeiramente.

20100407_hospitalvigo_04
573-81933-a-carrabxo
573-82097-a-pedra
573-82150-a-berro
573-82153-a-dixo
573-82384-a-manifa
573-82578-a-SERVIZOS20PUBLICOS-1
573-82696-a-qg
573-82703-a-DESPIDO20BARATO
573-82728-a-pontevedra
573-82843-a-queremos
573-83156-a-dspi2
573-83252-a-pon
573-83361-a-qgconcerto
573-83720-a-santiago
I1133
www.cig-saude.info | O Barco | Ferrol | A Coruna | Vigo | Pontevedra | Ourense | Lugo | Santiago | Monforte | Burela | Cee | 061 | AgMedica

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info